A Nova Peneira Número 100. Outubro 2018.

Page 67

Outubro 2018 [ XI]

Absolutamente. Por que? O trato que se lle dá ao inmenso caudal de expresión cultural que ten Redondela é nefasto. Como dato significativo, en 7 anos 4 concelleiros e para min só un deses catro estivo á altura do cargo que foi Julio Alonso. Poño máis exemplos, cando o PP chegou á alcaldía o multiusos tiña unha actividade inxente, hoxe só se utiliza para actividades esporádicas. Os Centros culturais están desatendidos e as súas iniciativas atopan no Concello, no canto de axuda, unha barreira de importantísimas trabas burocráticas. Por outra banda a presunta boa xestión económica é só iso, presunta. Os orzamentos que o PP coas súas artimañas foi sacando adiante, cando os sacou foron totalmente ficticios. No tocante ao gastos as partidas de Servizos Sociais, por exemplo, quedan sempre sen executar e a iso chámanlle aforro, non se pode aforrar no que máis se precisa. No tocante aos ingresos foi a veciñanza quen sufriu a xestión económica do PP, no primeiro mandato coas plusvalías derivadas dunha ordenanza inxusta e que o PP non quería modificar porque lle sacou moito rendemento e neste segundo mandato co tema do Catastrazo e o cobro da subida do IBI dos catro anos anteriores. O mesmo pasa coa presunta transparencia, tamén presumen dela máis os ingresos do alcalde non aparecen por ningún lado, no pleno do mes de Setembro por unha pregunta de AER puidemos saber que cobra case 80.000€, pero eses datos non aparecen na web do concello por máis que busques.

Outra eiva importantísima deste goberno é que Javier Bas, é un militante fiel e leal aos intereses do PP, e cando eses intereses chocan cos de Redondela, escolle sempre PP. Ben, no tema da AP9 agora está moi activo nas protestas? Si claro, pero terías que preguntarlle a Javier por que non foi tan impetuoso nestes 7 anos, seguramente de telo sido seguro que as xustas demandas da veciñanza de Chapela estarían xa atendidas. Agora é evidente que se pon así porque o Partido Popular non acaba de encaixar o cambio de goberno central. Se ti es alcaldesa de Redondela, actuarías igual na defensa do interese de Redondela, haxa en Madrid un goberno do PP ou un goberno do PSOE? Si, rotundamente si. O meu compromiso será con Redondela. Ademáis que non sería nada novidoso, gobernaba Xaime Rei en Redondela cando eu protestaba diante do concello pedindo o patio cuberto para o colexio Santa Mariña onde estaba meu fillo, e Zapatero era aínda presidente cando eu comecei a protestar polos desafiuzamentos. Como estás levando o proceso interno de primarias? Con normalidade. Penso que este tipo de procesos xa forman parte da cultura política do PSOE e así o vai interiorizando a nosa militancia. No caso de que a afiliación lle dea o apoio á túa compañeira Digna, ti estarás detrás dela como unha militante leal? Con certeza absoluta, como estou segura que fará ela, no suposto de que os

meus compañeiros e compañeiras ma dean a min. Só quero dicir que estou encantada de que a próxima socialista que compita pola alcaldía de Redondela sexa muller. Agora o PSdG ten 6 representantes na corporación. Que número de actas asinarías ? As necesarias para que o PP abandone o goberno municipal. Se teño o aval das miñas compañeiras e compañeiros para encabezar a candidatura vou poñer todo o que teño para tentar recuperar a confianza das persoas que algún día confiaron en nós, e logo deixaron de facelo. Chapela é tratada con xustiza polo goberno local? Non. Chapela non ten a atención nin as infraestruturas adecuadas para o seu número de habitantes. E iso hai que resolvelo. Quero falar de Eduardo. Se obtés a confianza maioritaria, Eduardo Reguera pasará a ser un vaso chinés? Non me gusta esa expresión de vaso chinés referida a Eduardo, non é de xustiza. Eduardo é un moi bo compañeiro, anunciou que ao rematar este mandato se retiraba da vida institucional pero segue a traballar no orgánico, el é membro do Comité Nacional, e sei que podo contar con el para o que precise. Sempre no suposto de que gañes as primarias, se es elixida alcaldesa, serías a primeira muller na historia de Redondela en asumir esa responsabilidade, non te dá certa vertixe? Non, todo o contrario, prodúceme un enorme orgullo, ademais con esta res-

posta quixera aproveitar para homenaxear a Paqui Canal, e Cecilia Pérez Orge, mulleres pioneiras que no seu momento encabezaron listas electorais no noso pobo, a do PP a primeira e a do BNG a segunda. Na hipótese de que chegues a ser alcaldesa, dime algún dos eixos fundamentais que tes pensado desenvolver? -Recuperar o inxente caudal de expresión cultural que ten Redondela. Facer que o Concello sexa unha ferramenta que axude á actividade do asociacionismo local e non que sexa unha lousa de inmensas trabas burocráticas. -Atender de maneira xusta e dilixente as necesidades dos colectivos máis vulnerables. Eu non podería presumir dos cartos de tesourería, se hai veciñas e veciños que sofren e quedan atrás -Desenvolver programas de atención á mocidade. O concello actualmente non ten nada neste eido. -Mellorar os espazos e os contidos de atención á xente maior, e fomentar a participación inter xeracional e o voluntariado. -Tratar con xustiza e equidade a todas as parroquias. Un veciño de Cabeiro ten os mesmos dereitos ca un do casco urbano. Modificar a idea de orzamentos participativos, o que hai agora non vale. -En definitiva, facer do Concello un instrumento para resolver os problemas reais da xente, non unha sorte de improvisación e aforro onde non hai que aforrar. Todo isto pódese e débese facer cunha política económica responsable e con capacidade de empatizar cos problemas e necesidades das persoas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.