Issuu on Google+

tk19 BIBLIO

BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA

Cantart' ei, Galicia, Teus dulces cantares, Qu' asi mó pediron Na veira do mare. DE VALDE... Cando me poñan ó habito, S'é qu'ó levo; Cando me metan na caixa, S'é qu'á teño; Cand'ô responso me canten, S'hay con que pagarll'os cregos, E cando dentro d'a coba... ¡Qu'inda me leve San Pedro Se sô ó pensalo non rio Con un-ha risa d'os deños! Qu'enterrar han d'enterrarme Anque non lles den diñeiro!...

150 aniversario da publicación de

     Cantar t' ei, Galicia, Na lengua gallega, Consolo dos males, Alivio das penas.      Mimosa, soave, Sentida, queixosa, Encanta si rie, Conmove si chora.      Cal ela, ningunha Tan dulce que cante, Soidades amargas, Sospiros amantes.

Cantares Gallegos de Rosalía de Castro


INFANTIL

En O PAÍS DOS MANDÓNS mandan uns poucos e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. Todos nenos e nenas, papás e mamás, avós e avoas séntense moi infelices.Haberá que facer algo para que isto cambie.

Un día, cando Gatiño volvía da escola, atopou un bonito balón diante da súa casa. Gatiño mirou ao seu redor pero non había ninguén na rúa,ninguén no xardín, ninguén no patio... Gatiño pensou entón que aquel balón non era de ninguén e colleuno

—Ola! Chámome Octavio. Gustaríame traballar no circo do fondo do mar, pero os meus tentáculos son un estorbo: non sei que facer con eles! Estou farto de ser un polbo!

Margarida e outras pequenas elefantas viven ailladas nun xardín de anémonas e peonias; o alimento para conseguiren un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos, lazos e colares do mesmo ton.


PRIMARIA Historia dunha sobreira obra teatral que alerta dos perigos de non coidar, respectar e amar a Natureza que nos rodea.

Un home e unha muller vivían desconsolados porque non tiñan fillos. Por fin, unha primavera, a parella viu cumprido o seu desexo: Esperaban un bebé! Un día en que a muller se sentía moi débil, pediulle ao seu home que lle fose por uns rapuncios...ao xardín veciño, onde vivía unha poderosa meiga, temida en todo o val. –Quen es ti para vir aquí a roubar? Isto vaiche custar caro! Teredes que entregarme o voso bebé en canto naza.

Entra no circo con máis maxia e poesía do mundo.

NUEVA YORK EN PIJAMARAMA é un libro lúdico e interactivo para todos os públicos que basea o dinamismo das súas imaxes nunha técnica cinematográfica denominada ombrocinéma, desarrollada na Francia do século XIX.

Os Barbanzóns realizan unha accidentada viaxe a terras irlandesas, onde se encontrarán cos Moloney, unha familia moi peculiar


SECUNDARIA A mirada dunha nena, coas impresións e sentimentos que experimenta nunha viaxe a África constrúen esta historia. O contraste cos modos de vida europeos sérvenlle para valorar outros modos de afrontar a existencia e gozar da vida.

Un mozo de Coruña que percorría a Cidade Vella, atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende por el para pescudar. Unha porta pintada na parede dálle acceso a un mundo fantástico, mais estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras polas terras de Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros

Este libro é unha antoloxía de tres marías, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María

Castaña, María Soliña e María Balteira.


Novela de aventuras ambientada na Sevilla do século XVII. Sebastián Corcovado vive recluído na casa onde

traballa súa nai adoptiva. Case non sae debido ás burlas da xente. Nunha

escapada, coñece a Diego Velázquez, faranse amigos, e a unha escrava,

Marcela, maltratada por su amo da que se namora. Decide liberar á súa amada, coa axuda de Diego e un samurái, Tomás Felipe.

Brensa, a vaca protagonista,

Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A amnesia que semella padecer, fai que o internen nun hospital psiquiátrico.

tece un relato do seu mundo vacún, con moito humor e crítica. Conta en primeira persoa como se desenvolve a vida na aldea, o seu proceso de aprendizaxe desde que é unha xovenca, a relación cos rapaces da familia, as trasnadas, os consellos

Quen é realmente esta persoa?

de súa nai e tamén os castigos recibidos.

A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado.


BANDA DESEÑADA Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea. “Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor”. Escribe Agustín F. Paz sobre o álbum.

Unha viaxe conmovedora ao extremo sur do mundo. Uns personaxes que camiñan ao límite da súa humanidade.

Corenta historietas mudas marcadas por un humor negro que oscila entre as pinceladas surrealistas e as macabras


TK19