Page 1

BIBLIO

tk18

O escritor ANTONIO REIGOSA estivo no noso centro

BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA

Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. ... Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.

“Falaba con palabras que semellaban pombas”

Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño...

PRIMARIA, INFANTIL

2

SECUNDARIA

4

BANDA DESEÑADA

6

MÚSICA

7


PRIMARIA

INFANTIL Sopra neste furadiño, Antón Cortizas Amado

Sopra, sopra polo furadiño. Verás como se transforma o mundo Ilustracións de Leandro Lamas

Rodribico é un paxaro moi especial, que, a través de cinco

libros

co m e za

a

coñecer o mundo

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

En Planet 51 gozarás cuns simpáticos extraterrestres. Un guacamaio de Spix a piques de extinguirse en Río. Diversión a esgalla con Happy feet, un pingüín con alma de Fred Astaire.

Preséntanse os Bolechas nunha nova colección, a

Bolechas,

Biblioteca Básica dos

de Pepe Carreiro. As cativas e

cativos descubrirán o mundo: como nacemos, os animais... e sempre de maneira divertida.


( 7- 11 anos)

Bat Pat é un morcego escritor (amante dos pasteis de mosquito). Como detective enfrontarase a meigas, vampiros, mamuts e piratas. Nestas entretidas aventuras acompáñano os irmáns Silver (Martin, o chapón; Rebecca, a amante dos animais, e Leo, o comellón); xuntos resolverán os misterios que veremos en cada libro.

“Numba e Amadou deixaron á súa nai e corricaron ata onde os homes estaban a discutir. Nunca tiñan a oportunidade de asistir a un consello dos guerreiros do clan. (...) —O fume, como os tambores de guerra, só traen fame —sentenciou Mkebe con solemnidade. —E que imos facer, fuxir outra vez? —preguntou un home poñendo en dúbida ...”

Andrea necesita regresar á sua antiga casa. Aí vai vai atopar un anel e escoitar unha voz que sae dun espello: “ Por favor, non chores” Novela que conxuga o misterio

MOSTRA DE TRADICIÓN ORAL

cun proceso de maduración da protagonista.

Camuflados no ecosistema, mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas. Sabías que se a SOLLA se sitúa nun taboleiro de xadrez, na súa pel aparecen cadros brancos e negros?


SECUNDARIA As meigas de Lupa Tres curmáns van pasar unhas trepidantes e “enmeigantes” vacacións coa súa avoa Berta e unhas estrañas amigas en Santa

Cruz de Rivadulla. Nas covas do Pico Sacro perigará a vida dalgún dos rapaces.

Jules Verne

Miguel Strogoff Un clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.


HUMOR GRÁFICO “Aquela fenda abriu un abismo insondábel do que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terrible das critaturas, un ser o que ninguén osou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda”.

O CLAN DO OSO DAS CAVERNAS

Un libro coas olladas dos humoristas gráficos galegos sobre a situación do noso agro. Esta é, basicamente,unha homenaxe de humoristas (como Xaquín Marín, Siro, Armando Salas, Gogue ou Kiko da Silva ...) aos homes e mulleres do agro.

Ayla,unha nena CroMagnon de cinco anos queda soa no mundo tras un terremoto que fai desaparecer a súa tribo.Atacada por un león das cavernas, un grupo de neanderthalenses rescátaa dunha morte segura.

Fahrenheit 451 ofrece a historia dun sombrío e terrible futuro. Montag, o protagonista, pertence a unha brigada de bomberos coa misión, de queimar libros. Porque no país de Montag está terminantemente prohibido ler. Ler obriga a pensar, impide ser, inocentemente, feliz, e no país de Montag prohíbese ler e hai que ser feliz ...


BANDA DESEÑADA MENSAXES

Nun contexto apocalíptico no que o mundo, a piques de ser destruído, está dominado pola desorde e o caos, transcorren as últimas horas de vida dunha parella que se refuxia nunha imprenta.Anxo debuxa arreo para que se algún día atopan as súas creacións se entenda o que aconteceu, convencido de que a única arte do futuro será o cómic; mentres, María non se resigna a morrer.

A historia dunha moza aventureira

Ardalén Un grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.


MÚSICA Malvela O aghinaldo 

Dez bicos,

Cancións para aprender a andar pola rúa nos pasos de peóns, para comer con sentidiño ou para gozar da primavera e o resto das estacións do ano.

Libro-disco, con CD e DVD no que viaxan unha chea de artistas Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, e moitas amigas e amigos...

Canta co seu karaoke!!!

O novo disco de

Dios Ke Te Crew

,

formado por Mou, Jamas, Garcia e Dj Murdock,

“Humanose” componse de trece

temas. Neles vese unha autocrítica á nosa existencia como especie. Músicas repletas de varios estilos como o rock, funk, jazz ou arranxos electrónicos. Débese destacar o traballo visual dos artistas urbanos Liqen e Sekone. Escoita “ Todo dá voltas”


Revista da Biblioteca do CPI Plurilingüe de VEDRA  

Recomendacións de libros e novas da Biblioteca do CPI Pl. de vedra

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you