Page 1


O día 4 de Novembro celebramos o día da Ciencia en Galego, estivo adicado este ano a Clerk Maxwell, Alfonso X e Ramón Mª Aller Ulloa. A profesora de Tecnoloxía, pouco tempo antes do día, dounos a idea aos alumnos de 2º de ESO de construír uns papaventos para voalos no patio. A nós pareceunos ben xa que era un proxecto que viña incluído no noso libro, e en grupos buscamos información e eliximos o tipo de papavento que máis nos gustou. O noso Centro tamén solicitou uns papaventos comerciais e concedéronnolos. Montáronnos os alumnos de 4º ESO na aula de Tecnoloxía, e probáronnos no patio. Nos grupos de 2º de ESO propuxeron que se organizase una competición de voos no patio, co lema “VOANDO MÁIS ALTO” As categorías foron : - Papaventos en pequeno grupo - Papaventos individuais - Papaventos do CPI DE VEDRA

Fixémolos tetraédricos, celulares,….etc. Os tetraédricos con palillos de madeira e papel, unimos os palillos de cada celda con cinta adhesiva e pegamento, despois fomos unindo varias celdas e fixémolos máis grandes chegando hasta 16 celdas. Outros como o celular, fixémolos con cañas de bambú e plástico.


Algúns grupos , fixeron papaventos máis pesados , con canas de bambú e cubertos de bolsas de plástico ou tea ,que decoraron con papel de celofán ou pintáronos con acuarelas. Despois de deseñar o modelo do noso papavento, e construílo, decorámolo, e rematámolo. Como este día non facía vento , non puidemos sacar a voar os nosos papaventos , xa que algúns pesaban moito, e ademais ao non facer moito vento podían caer ao chan e estragarse, entón sacamos os papaventos comercias , que eran máis lixeiros e voaban máis facilmente e estivémolos voando durante o recreo. Os gañadores foron: Xosé Lois Aldrey (2º ESO A) e Jordan Vila (4º ESO B)

Despois de desmontar a exposición cada curso de 2º ESO saíu un día que facía máis vento a voalos o patio. O grupo de Yolanda, Paula, Alberto e Ramón de fixo o papavento tetraédrico máis grande. Estaba feito con materiais sinxelos o que provocou que rompera varias veces e tiveron que amañalo. Levoulles moito tempo e custoulles traballo porque era a primeira vez que facían un proxecto en tecnoloxía, pero ao final saíu ben. Tamén expuxeron outros obxectos relacionados coa ciencia moi interesantes, como por exemplo xogos matemáticos, foi como unha pequena exposición na que todos colaboramos. Non fomos o único colexio que fixemos papaventos xa que tamén alumnos ata de infantil doutros colexios disfrutaron con esta experiencia. Todo isto fixémolo para expresar que en galego tamén podemos transmitir coñecemento científico e tecnolóxico e divulgar experiencias. Gustounos moito esta experiencia xa que nunca fixeramos papaventos. E así foi como celebramos o día da ciencia no noso Centro. Foi un día moi divertido cremos que para todos e sería moi interesante volvelo repetir.

Alumnas/os 2º ESO


ACTIVIDADES CIENCIA EN GALEGO


O día  20  de  xaneiro  do  2011,  fixemos  unha  visita  didáctica  a  varios  lugares.  O  primeiro  deles  foi    o  complexo  medioambiental  de  Sogama  (Sociedade  Galega  do Medio Ambiente). Nada máis chegar déronnos unha pequena charla sobre a  forma de separar os residuos e o que se fai en Sogama con eles. Logo déronnos  un equipo especial e comezamos a visitar as instalacións.   A  primeira  que  vimos  foi  a  Planta  Automatizada de Clasificación de Envases.  Accedemos  en  dous  grupos.  Contáronnos  que  antes  se  facía  todo  manualmente,  pero  hai  pouco  sustituiran  o  traballo  manual  por  máquinas,  o  que  o  facía  máis  rápido e fácil. Igualmente, quedaban algún  traballadores  para  revisar  se  cada  envase  ía  no  sitio  correcto.  Logo  visitamos  a  Planta  de  Elaboración  de  combustible.  Debido ao tempo da visita, o resto do percorrido fixémolo en autobús, mentres  a monitora nos explicaba para que servía cada instalación. Cando terminamos,  volvemos ao lugar onde nos deran a charla, para encher un cuestionario sobre a  visita  e  os  nosos  coñecementos  á  hora  de  separar  os  residuos,  e  déronnos  folletos e regalos.   Ao rematar a visita a Sogama, viaxamos en  autobús cara A Coruña. Alí iríamos comer  e  visitar  un  dos  museos  coruñeses,  o  Domus. Comemos no centro comercial Os  Rosais;  podíamos  levar  a  nosa  comida  ou  comprala  alí.  Tivemos  tempo  tamén  para  dar  unhas  voltas  polo  edificio,  comprar  recordos  e  divertirse,  ata  xuntarnos  no  punto de encontro ás 3:20.   Cando chegou esa hora, volvemos montar no autobús para ir visitar Domus. O  primeiro  que  fixemos  foi  ir  visitar  a  exposición  Eureka,  que  trata  sobre  a  imaxinación e a creatividade á hora en que os científicos descobren algo novo.  Había 30 módulos orientados cara o proceso creativo na ciencia. Cousas como  descubrir  formas  nas  nubes,  intentar  facer  un  debuxo  ao  revés,  xogar  coas 


ilusións ópticas  das  cores,  ver  se  unha  peza  feita  cun  material  pesa  o  mesmo  que o material en estado puro, investigar a historia das tabletas electrónicas…  Despois visitamos máis módulos sobre o corpo humano que había. Algúns deles  consistían en vídeos ou mostras. En outros o noso corpo tomaba protagonismo,  como  descubrir  olores,  comprobar  canto  saltamos  ou  pesamos,  etc.  E  outros  deles  requerían  a  participación  tamén  da  nosa  mente,  como  o  Mindball,  que  consiste  en  unha  especie  de  “fútbol  cerebral”  no  que  unha  bóla  se  move  conforme nós estamos relaxados ou tensos; tamén un nó que descubrías cantas  persoas  podían  ter  o  mesmo  aspecto  ca  ti.  Estiveron  todos  moi  ben,  e  algúns  eran particularmente científicos e divertidos á vez.   Ata as cinco estivemos vendo os módulos. A partir desa hora, fomos a unha sala  de cine en 3D, dentro do propio Domus, a ver varias películas. A primeira era un  corto de animación e humor. A segunda era un documental que trataba sobre a  bio‐diversidade, e os grandes animais en África.  

Vimos elefantes,  rinocerontes,  leóns…  O  efecto  3D  facía  a  película  máis  espectacular  aínda.  Foi  divertido  ver  aos  animais  no  seu  hábitat,  e  como  fan  algunhas  cousas.  Chegamos  a  Vedra  sobre  as  oito  da  tarde.  Viñemos  cansos,  pero contentos da experiencia de aprender e divertirse.   Rosa Veiga Otero – 3º ESO A 


Na Domus “A casa do Home”, había una gran variedade de exposicións didácticas. Podería botar horas contando cousas moi curiosas que observei alí. Vouvos a explicar o apartado Eureka, unha das exposicións didácticas que máis me gustou

Que significa o título da exposición? Unha das historias máis famosas sobre Arquímedes conta como inventou un método para determinar o volume dun obxecto de forma irregular. Vitruvio Hierón II mandou fabricar unha nova coroa coa forma da coroa de triunfo e pediulle axuda a Arquímedes para averiguar se a coroa era feita só de ouro ou se lle engadiran algún metal como prata,… Arquímedes tiña que averigualo sen danar a coroa, polo que non a podía fundir e transformalo nun corpo regular para calcular a súa masa e o volume, para a partir de aí calcular a densidade. Cando estaba tomando un baño notou que o nivel da auga subiu cando el entrou, e pensou que este efecto podería ser utilizado para determinar o volume da auga. Porque a auga é incompresíbel e a coroa ao se mergullar desplazaría unha cantidade de auga igual ao seu propio volume. Ao dividir o peso da coroa, e volume da auga desprazada, podería obter a densidade da coroa. A densidade da coroa sería menor ca densidade do ouro se estivesen engadidos outros metais. Arquímedes ao darse de conta do seu descubrimento saíu a rúa berrando “Eureka” (en antigo grego), que significa “Atopeino”. Dise que de tan animado que saíu a rúa olvidouse de vestirse.


De que trata? É unha exposición interactiva que presenta a creatividade asociada ao mundo da ciencia. Nela plantéanse distintas cuestións demostradas con experimentos e cando premes o botón ilumínase unha luz e podes observar a resposta no propio experimento.

Que Relación creatividade?

teñen

os

descubrimentos

científicos

coa

Que a creatividade nútrese dos fundamentos psicolóxicos e biolóxicos, das fases do proceso creativo, da relación coa investigación científica, da tecnología, da innovación,… A parte de todo isto se os experimentos se representan con creatividade son moito máis fáciles de explicar e mellor de recordar polas diferentes persoas. tres dos descubrimentos científicos que maparecen explicados na exposición 1) A relación que hai entre as estructuras dos diferentes tipos de avións coa forma e o esqueleto de diferentes tipos de insectos e aves. 2) Como se copiou o deseño dos antigos aparellos para realizar uns máis sostificados e moito máis pequenos. 3) Que as diferentes cores nas que se descompón a luz teñen diferentes temperaturas. O módulo da exposición que máis me chamou a atención. O módulo que me chamou máis a atención foi un que consistía en dúas bombillas. Unha proporcionaba luz branca e outra vermella. Entonces tiñas que premer un botón, as bombillas prendíanse e tiñas que poñer as mans no cristal que as protexías e notabas máis calor na man que estaba sobre a bombilla que proporcionaba a cor vermella.

DIEGO DE LA TORRE CARRIL 3º ESO B


O xoves 17 de Xaneiro, saímos de Sogama e puxémonos de camiño ao centro comercial onde íamos comer. Cando chegamos ao centro comercial xuntámonos en varios grupos e fomos comer. Despois de comer andamos polas súas instalacións pasándoo ben e regresamos ao punto de encontro na hora dada. Emprendimos camiño á Domus, A Casa do Home. Alí había unha gran variedade de exposicións didácticas. Primeiro fomos ao apartado Eureka e a continuación percorremos todo o museo e vimos unha película en 3D. Podría botar horas contando cousas moi curiosas que observei alí, pero para non extender moito este traballo vouvos explicar o apartado Eureka é unha das exposicións didácticas que máis me gustou: O módulo do que vos vou falar titúlase “A 600 litros por hora”. No Domus situábase na segunda planta ao lado da proba de mover a bóla coa mente debido a nosa relaxación.

Este módulo trataba sobre o corazón. O corazón é un órgano que pertence ao Sistema Circulatorio e é o seu centro, pois sen el non sería posible realizar o transporte do sangue, osíxeno, etc. Tampouco sería posible a vida. O corazón axuda xunto con outros órganos a realizar a función de nutrición. O experimento consistía no seguinte: Había dous bidóns de aproximadamente 600 litros cada un. Un estaba situado a dereita e outro a esquerda. Estes bidóns estaban cheos dun líquido da cor do sangue. No medio de estes dous bidóns situábase unha bomba manual que ao accionala pasaba o líquido contido no bidón para o outro bidón. Para dar conseguido pasar o líquido todo terías que botar unha hora dándolle á bomba de enriba para abaixo sen parar, pois o corazón bombea 600 litros de sangue cada hora. O que me chamou máis a atención foi que a bomba estaba dura e supoñía un gran esforzo estar bombeando durante unha hora, por iso non sei como un órgano tan pequeno dá bombeado tanta cantidade de sangue nunha hora e ademais non pode parar de bombear durante ao longo da nosa vida. O módulo gustoume moito pois ademáis de ser incríble, pareceume que con catro cousas tan sinxelas como son dous bidóns, unha bomba e un líquido se dá representado o gran esforzo que realiza o corazón. Tamén o representa dunha forma recreativa, educativa e moi interesante. DIEGO DE LA TORRE 3º ESO B


O dia 27 de Xaneiro fumos facer unha visita a Extrugasa (Valga) unha fábrica de perfís de aluminio. Ao chegar a esta fábrica primeiro sentáronnos nunha sala e puxéronnos un video sobre o que se facía nesa fábrica e en cantos sitios de España había tamén esta fábrica. Despois deixáronnos tomar un café cunhas madalenas para entrar en calor posto que facía un frío tremendo. A continuación dividironnos en dous grupos, nós, que fomos con Laura a profesora de tecnoloxía e os de PDC foron con Lourdes a profesora de física. O primerio que vimos foi os grandes perfís de aluminio que tiñan fóra do almacén, ao entrar no primeiro almacén vimos como collían un rolos grandes de aluminio e os metían nas máquinas para cortalos según quixera o cliente, e máis coas matrices( que eran pezas de aluminio con formas) dábanlle a forma que lles pedían é dicir redonda ou cadrada … etc. Na planta de extrusión, puidemos contemplar o proceso.

Despois fomos a ver a nave onde se facía o proceso de pintar e lacar o aluminio. Vimos como os pintaban, é dicir collían as barras de aluminio e colgábanas, despois ían rotando hasta entrar nunha máquina, que primeiro as mollaba para que a pintura quedase ben pegada e despois pintabanas do color que se lles pedía, cando nos fumos estaban a pintalas de cor azul. É unha das cadeas de pintura máis grandes de España, xa que é vertical e ocupa menos espazo. Contan cunha das máquinas de lacado máis modernas de Europa. Despois fomos a unha nave na que nos enseñaron como se lle daban os efectos da madeira e tamén como se lle poñía unha goma para o frío e o aislante térmico. Máis tarde fomos ver outro almacén onde almacenaban todos os aluminios e todos os pedidos que tiñan.


Tamén nos ensinaron os distintos tipos de matrices e de formas que se podían facer, o guía contounos que cada matriz desas custaba desde 3.000 a 6.000 euros e habías de diferentes tamaños.

Seguimos percorrendo a fábrica e leváronnos ao almacén intelixente, os aluminios estaban todos almacenados en diferentes cubículos e desde un ordenador mirabas e elexías o que querías e a máquina procesaba e entedía iso e dicíache se había dese material ou non, e se o había collíanos e baixábanos de alí. Tamén vimos nun almacén como tiñan os aluminios que non lles valían, e contáronnos que os vendían para reciclar e despois volvianos mandar a Extrugasa outra vez para que volveran a traballar con eses materiais. A continuación pasamos pola depuradora. Ao final de todo vimos outra máquina de extrusión pero moito máis nova e moderna que a que nos mostraron ao principio e cun diámetro máis grande. Marchamos de Extrugasa e paramos en Padrón antes de regresar para Vedra.

Alba Marque 4º ESO B Alejandro López 4º ESO A Marcos Nodar 4º ESO A


O día 17 de Febreiro os alumnos de 4º ESO fomos facer unha visita á Finsa (Padrón). Actualmente ten 22 factorías, nas que se fabrica unha amplia variedade de productos derivados da madeira. Nos últimos anos centrou as súas inversións na modernización das súas plantas e no desenrolo de novos productos: tableiros de aglomerado e MDF recubertos de melamina, chapa de madeira, rechapado, molduras, papel impregnado, módulos de cociña, compoñentes para mobles, chans laminados,.. etc. Grazas a esto, hoxe FINSA é un referente mundial no sector da madeira. Cando chegamos alí mandáronnos poñer uns chalecos reflectantes e déronnos unhas normas antes de entrar para cumprir. Tiñamos que ir por unhas líñas azuis como medida de seguridade, xa que podería ser perigoso andar por alí debido a que había vehículos de transporte en continuo movemento. Entramos todos xuntos na fábrica e o aire libre, ensinaronnos onde botaban os residuos da madeira que non lle servían para nada, despois unha máquina na que collían a resina e transportábana desde fóra da fábrica para dentro e para facer diferentes formas de madeira. Explicáronnos como se facía a fibra dos tableiros. Un tableiro DM é un aglomerado elaborado con fibras de madeira aglutinadas con resinas sintéticas mediante forte presión e calor, en seco, hasta alcanzar una densidade media. As fibras podían ser de difentes formas e de cores.


Subimos por unhas escaleiras onde nos explicaron como aplastaban a fibra, que pasaba por unha máquina moi grande que a aplastaba moito e depois víase como saía polo outro lado xa toda aplastada. Fomos ver as diferentes formas e texturas que se lle podían dar á madeira, e as imitacións da madeira co contrachapado.

Ao final da visita ensináronnos as diferentes madeiras: sapely, nogueira, cereixo,…etc e explicáronnos que propiedades tiñan cada una delas, o seu coste no mercado e para que tipo de mobles se empregaban. Eran de diferentes formas e tamaños e déronnos unha mostra de cada unha para nós. De regreso a Vedra fixemos un pequeno descanso en Padrón. Foi una visita moi interesante, e aportounos novos coñecementos.

Alba Marque 4º ESO Alvaro Freiría 4º ESO


O xoves sete de Abril de 2011 os alumnos de 2º e 3º ESO realizamos unha saída complementaria ao Parque Eólico Experimental Sotavento. Saímos en autobús do CPI de Vedra sobre as 9:30 da mañá e pouco despois de unha hora e media chegamos ao noso destino. Sotavento atópase situado no suroeste de Europa, en Galicia, España, concretamente na comarca da "Serra da Loba", a 10 km. ó sur das Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (LUGO) e Monfero (A CORUÑA), e a unha altitude entre 600-700 m. Unha vez alí, entramos no edificio, que ten a forma das tres pás do muíño, sentámonos e dividironnos en grupos. Cada grupo iamos cun monitor, e segundo as actividades ían cambiando os monitores. Unha monitora ensinounos uns paneis nos que habían distintos tipos de bombillas. Ela acendíaas e nos tiñamos que opinar sobre cales consumían e alumeaban máis ou menos. Despois de debater ela ensinábanos cunha televisión táctil a porcentaxe e dábanos a razón de por que isto era así. A continuación coa mesma monitora vimos outros paneis onde nos explicou o consumo dos diferentes electrodomésticos, en cales había consumo fantasma, etc. Nese mesmo apartado tiñan unha bicicleta coa que se producía enerxía ao pedalear e mostrounos canto tempo poderíamos ter prendido cada electrodoméstico con esta enerxía.

Outro monitor diferente ensinounos a sala de control, díxonos de cantos muíños dispoñían, canto medían, o seu prezo, etc. Despois desprazámonos a unha parte do edificio que era como un taller e nel ensináronnos a góndola e todas as súas partes (eixe principal, multiplicadora, eixe pequeno, freo mecánico, xenerador, controlador, anemómetro, veleta, motor de orientación, coroa de orientación, sistema de refrixeración, rotor) tamén nos ensinaron o rotor, as pás do rotor e o sistema que levan. Con unha nova monitora vimos a vivenda bioclimática. Nela ensinounos todos os recursos arquitectónicos que esta aproveita para obter enerxía e así non xerar residuos. Por exemplo cara que


sentido é mellor orientar a casa, como conseguir sombra para que non quente moito a casa no verán, como airear a casa sen que entre moita calor, cal é a mellor calefacción, etc. O que estaba moi curioso é que aínda que fose unha vivenda bioclimática, tiña mecanismos moi modernos e uns sensores para que a casa se airease ela soa pero tamén se podía controlar cunha PDA.

Despois de realizar estas actividades dispuxémonos a comer. Logo tivemos un pouco de tempo libre e por último realizamos un pequeno xogo que era como A Oca pero no que se realizaban preguntas sobre a materia impartida nestas actividades. Por último de todo compramos uns agasallos e marchamos en autobús ao colexio. E dende alí marchamos nos correspondentes autobuses ás nosas casas. Así foi a nosa visita a Sotavento. A min pareceume moi interesante esta visita pois é unha forma de aprender materia pasándoo ben e facendo algo diferente. Alí todos os monitores eran moi agradables e moi graciosos. Por todo isto aconséllovos que a vaiades ver, pois vale a pena.

                    DIEGO DE LA TORRE CARRIL      3º ESO B       

Tecnoloxía  

Visitas Didácticas do Departamento de Tecnoloxía do CPI de VEDRA Curso 2010-2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you