Issuu on Google+

tk15

A Noite de Reis

BIBLIO

BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA

Os Bolechas

NADAL O APALPADOR

lecturas Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva

PRIMARIA

2

SECUNDARIA

4

BANDA DESEÑADA

7


PRIMARIA “...Un bo día este pau apareceu no obradoiro dun vello carpinteiro chamado tío Antonio, a quen todos chamaban tío Cereixa porque sempre levaba a punta do nariz lustrosa e avermellada coma unha cereixa madura. -Esta madeira vaime de marabilla. Farei con ela a pata dunha mesiña. Meu dito, meu feito: pillou un machado ben afiado para quitarlle a casca e desbastala. Pero cando estaba a piques de dar o primeiro machadazo, escoitou unha vociña que dicía: -Non batas en min con moita forza! Imaxinade como ficou o bo de tío Cereixa!”

INFANTIL

Os Bolechas festexan o Nadal

O Apalpador e a castaña máxica

Ambientado en Londres na época

victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas

internacionais. Roberto Innocenti. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro

revelaranlle ao avaro Scrooge

canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida.

Xa me tardan estes Magos Novo libro-disco de Mamá Cabra. Cancións para esperar a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar e para choutar Se queres escoitar unha canción clica aquí


Isto é París

Blancanieves Érase unha vez, en pleno corazón do inverno, unha raíña que cosía á beira da fiestra. A través do marco de ébano, contemplaba os copos de neve que revoloteaban no aire, como plumas. De súpeto, picouse o dedo, e tres pingas de sangue caeron na neve. Sobre o fulgor da neve, o vermello era tan fermoso que pensou: «¡Ai! ¡Oxalá tivese un fillo coa pel branca como a neve, os beizos vermellos como o sangue e o cabelo negro como o ébano!». O clásico dos irmáns Grimm representado a través das marabillosas ilustracións de Benjamin Lacombe.

Isto é Nova York

Xoeliki. As aventuras

Isto é Roma

dun ciberpirata de Maties Segura e Abraham Carreiro. Sotelo Blanco Ed. Arrástranos a unha trepidante aventura protagonizada por un rapazolo de once anos afeccionado aos videoxogos, que se verá impelido a axudar a unha sociedade secreta (a Resistencia Pirata, da que pasará formar parte) para librar o mundo dun ataque aniquilador da Rede por parte de Mr. Virus. LU e GO POLA MURALLA Antonio Reigosa

Coas súas brillantes, frescas e alegres ilustracións, Miroslav Sasek amósanos estas tres cidades dunha maneira diferente. Publicados por El patito Editorial

Nunca antes un paseo pola muralla romana de Lugo resultara tan accidentado. Un gato e un rato, Lu e Go, un negro e outro branco, comezan unha aventura cando escoitan unhas palabras de Álvaro Cunqueiro que sospeitan da existencia dun fabuloso tesouro na cidade. Unha viaxe instintiva, divertida, iniciática, circular, onírica...


SECUNDARIA MÚSICA

Fantasmas de luz

CELTIC ROOTS

Agustín Fernández Paz (Autor) Miguelanxo Prado (Ilustrador)

Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.

O disco reúne dez cancións populares gravadas por escolares de Galicia, Irlanda e Inglaterra nun intercambio de tradicións populares. BERROGÜETO:

PALABRAS ENVELENADAS

O PULSO DA TERRA

de Maite Carranza

Premio Nacional de Literatura para Nenos e Mozos Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

Editorial Galaxia presenta a primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira e cun limiar de Manuel Rivas.( Inclúe DVD e


NÓMADES de Xosé Tomás Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte, a súa lectura, nunha experiencia estética completa.

Que desfeita! Unha

co lección

PAUL JENNINGS

de

contos

como

sempre cheos de ternura, de humor e desa

inocencia

que

ás

veces

se

empapa de tristeza. Unha receita literaria non apta para alérxicos á risa. Un libro grande que contén

historias

moi

curtas,

moi

divertidas e que servirán para que aprendas a ver cousas moi cotiás doutra maneira. Historias de malos disparatados. Humor

e

irreverencia

no novo libro do autor de Vaiche boa

Las bicicletas son para el verano Obra de teatro escrita por Fernando Fernán Gómez. En 1977 conseguiu o Premio Lope de Vega do Concello de Madrid. No

verán

de

1936

estala

a

Guerra

Civil. Na cidade de Madrid, a familia formada por don Luís, a súa esposa Dolores e os seus fillos, Manolita e Luisito, guerra

comparten

o

día

criada

e

os

L u i s i to,

a

p e s ar

coa

e d i fi c i o.

a

día

da

veciños

do

de

suspendido, quere que o seu pai

ter lle

compre unha bicicleta. Pero a situación vai obrigar a postergar a compra. E o atraso, como a propia guerra, durará moito máis do esperado.


Colección:

Las manzanas del saber

A historia conta como unha nena de 9 anos, Elizabeth Ann, é orfa e debe continuar a súa vida tras o cambio que acontece cando a mandan dende a cidade á granxa de Vermont. Na súa nova vida rural, acaba por ser chamada Betsy, e atopa ademais moitas actividades para pasar o día Xa entende que pode facer cousas por sí mesma.

Emma, aos seus dezasete anos, viviu unha experiencia próxima á morte. Nela non viu túneles luminosos nin nada semellante: pola contra, coñeceu un ser fascinante, Ethan, con quen axiña sentiu unha conexión especial, coma se por fin atopase a súa alma xemelga, o amor da súa vida.

Galileo y el sistema solar Paul Strathern

Vídeo e blog

A chave da Atlántida Anxo Fariña

A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.


BANDA DESEÑADA “Stratos" é o terceiro libro de Miguelanxo

Prado que publica a  editora compostelá, que

xa ten nas librarías "De Profundis" e  "Os Compañeiros. A Orde da Pedra", dentro do seu obxectivo de ir traducindo ao galego todos os seus títulos. Prado é, sen dúbida, o autor máis importante de historieta de Galicia e un dos más laureados a nivel europeo. Deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficcióN, unha sociedade futurista baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos

A Mansión dos Murmurios Guión de David Muñoz | Debuxos de Tirso Cons | Cor de Javi Montes

Primeira entrega dun cómic que mestura fantasía e retallos da realidade. Unha intriga cuxas orixes proceden dun remoto pasado e que avanza nunha atmosfera pechada e desacougante.

Panini Comics España publica este cómic protagonizado por Lobeto, baixo o selo Marvel Graphic Novel. O fío condutor é o deseño do galego Das Pastoras. A BD contén dúas obras de 2009, Wolverine: Switchback e Wolverine: Revolver. Os guións son de Joseph Clark e de Victor


tk15