Issuu on Google+


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2013/14 na sección bilingüe de plástica impartida en cuarto curso de primaria. No presente curso non contamos coa inestimable axuda dun auxiliar de conversa.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

16/09/2013

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van a realizar durante o curso. Na primeira sesión os nenos/as realizan unha mochila feita coa técnica de puntillismo (pointillism). Tamén poñen o nome na portada dos seus traballos.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao novo curso escolar.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

23/09/2013

Nesta ocasión fixeron un mural colaborativo do outono entre todas as clases de primaria. Utilizaron as ceras brandas de Manley e as cores propias desta estación. Repasaron o vocabulario propio do outono e cantaron algunha canción desta estación.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

30/9/2013

Nesta sesión os nenos/as seguen co mural do outono para rematalo e colocalo nun dos corredores do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

7/10/2013

Seguindo coas cousas propias da estación do outono, os nenos/as fixeron unha árbore con bastoncillos e témperas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

21/10/2013

Aproveitando que se acerca o Día dos bosques autóctonos e para participar nun concurso, os nenos/as realizan un traballo sobre os bosques. Fan tres murais por equipos e tamén fan unha árbore con material de reciclado.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Seguen co traballo sobre os bosques xa que é bastante laborioso.

28/10/2013


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

04/11/2013

Comezan nesta sesión o traballo para o calendario de A.M.A. (Aula de medio ambiente). O tema do calendario son as froitas da comarca. Aproveitan para repasar e aprender froitas en inglés. A froita seleccionada para eles son as cereixas (cherries).


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Nesta sesión seguen có traballo do calendario.

18/11/2013


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

25/11/2013

De cara a Nadal os nenos/as comezan a facer unha árbore de cartón reciclado. Pintan o cartón e despois recortan uns círculos onde van colocar os distintos adobíos.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

02/12/2013

Nesta sesión acaban a árbore de cartón e comezan a facer os adobíos para ela. Tamén fan unha árbore colectiva cós outros cursos de primaria a partir de triángulos.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

09/12/2013

Os nenos/as preparan a portada dos seus traballos para este primeiro trimestre.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

16/12/2013

Durante estos días de Nadal os nenos/as fan diversos debuxos de Nadal. No blog da sección bilingüe fomos poñendo as distintas actividades que se fixeron ao longo do trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

13/01/2014

Buscamos actividades para este trimestre. Comezan un novo proxecto sobre pintores, como fixeran o curso pasado. Nesta ocasión traballan primeiro con Van Gogh. Na primeira sesión ven un video sobre o pintor e algún dos seus cadros. Cantan o rock de Van Gogh e comezan pintando “Starry Night” con ceras e témpera aguada.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/01/2014

Para conmemorar o Día da Paz os nenos/as realizan nun plato de papel o símbolo da paz. Utilizan moitas cores e o resultado resulta moi vistoso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

27/01/2014

Nesta sesión os nen@s rematan os platos co símbolo da paz dándolles alkil. Ademais realizan un mural colaborativo da paz e preparan os seus rolos de papel hixiénico onde van colocadas unhas pombas cós seus desexos de paz para utilizar o propio día no pavillón do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/02/2014

Empezan o seguinte cadro de Van Gogh. O cadro é “Botas”. Os nenos/as interprétano á súa maneira con ceras grosas e recortando algún tipo de calzado para poñer na súa composición: botas, zapatos, deportivas,… O resultado resulta ben curioso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/02/2014

Os nenos/as celebran Saint Valentine’s. Falan do día e recordan as palabras máis importantes relacionadas con este día.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/02/2014

O seguinte cadro de Van Gogh co que van a traballar é “A habitación de Arles”. Nesta ocasión realízano con ceras acuarelables.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/02/2014

Con motivo do Entroido os nenos/as preparan os seus disfraces. Nesta ocasión o tema elexido é o espazo. O primeiro e o terceiro ciclo serán alieníxenas. Así confeccionan os seus traxes con bolsas de plástico de cor vermella. Tamén fan unhas ombreiras e un cinto de cor prateada. Realizan a súa máscara de alieníxena con detalles prateados nos ollos e estrelas na cara.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/03/2014

O terceiro cadro de Van Gogh é “Os xirasoles”. Os nenos/as realizan o cadro con ceras grosas e témperas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/03/2014

Seguen a facer o cadro dos xirasois e rematando aquelo que lles quedaba pendente.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/03/2014

A derradeira creación sobre pintores que están a traballar neste trimestre é un bodegón (Still life painting). Se lles propón unha composición que eles tratan de plasmar en papel.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN Preparamos a portada deste segundo trimestre para levar os seus traballos.

24/03/2014


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

31/03/2014

Nesta sesión avaliamos o traballo ralizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/04/2014

A actividade desta semana é unha cesta de primavera. Realízana en cartolina que máis tarde barnizan con alkil para darlle consistencia. Ao final adornan a cesta con motivos primaverais.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

28/04/2014

Para participar no concurso de reciclado convocado pola Aula de Medio Ambiente do noso colexio (A.M.A.) os nenos/as fixeron uns traballos colectivos. Consistían en dous xarróns feitos a partir dunha botella de plástico e un CD. Dentro dun dos xarróns meteron unhas flores ben curiosas feitas con botón e no outro cada neno facía a súa flor có material que desexase. Mirade que ben quedaron!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/05/2014

O traballo de reciclado fixéronno en dúas sesión. Nesta última remataron .


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/05/2014

Neste trimestre van traballar as distintas etapas da historia como complemento ao seu traballo en Coñecemento do Medio. Así a primeira etapa da historia que van a taballar é a Prehistoria. Comezan facendo unhas pinturas ruprestres nas que utilizan distintos elementos naturais: barro, azafrán, pemento,carbón, auga, etc. Tamén fan un vaso campaniforme coloreándoo con ceras. Despois fan debuxos no vaso raspando coa punta do pincel.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/05/2014

Nesta sesión van a traballar sobre a civilización exipcia.. Así debuxan ao seu faraón favorito: Tutankamon e ademais fan unha pirámide.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

02/06/2014

Como están a traballar a época medieval realizan o seu escudo. Para iso diseñan o que será o escudo para cada un dos seus apelidos.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

09/06/2014

Nesta última sesión cada neno colorea a portada para os seus traballos deste trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

16/06/2014

Nesta última sesión avaliamos as tarefas realizadas e revisamos a memoria. Tamén a modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que traballaron durante este ano.


Memoria art 4º de primaria (2013-14)