15º Concurso de debuxo de Medio Ambiente

Page 1

C.P.I MONTE CAXADO AULA DE MEDIO AMBIENTE (A.M.A.) 15º CONCURSO DE DEBUXO DE MEDIO AMBIENTE A Aula de Medio Ambiente (A.M.A.) do Centro convoca ao 15º concurso de debuxo de Medio ambiente, que se rexerá polas seguintes bases: 1º.- Poderá participar todo o alumnado do Centro. 2º.- O tema será: OS XOGOS DOS NOSOS AVÓS. 3º.- O traballo presentado será un debuxo acompañado dun texto breve alusivo ao tema. O texto irá ben remarcado e redactado en Lingua Galega. As cores deben ir ben definidas e, a ser posible, que sexan cores vivas e procuraremos non pégalo ás beiras do papel no que estamos a traballar. 4º.- Cada concursante poderá presentar un só traballo individual, a excepción dos traballos colectivos. Deberán ir asinados pola parte traseira dos mesmos, indicando nome, curso e idade do concursante. 5º.- O tamaño máximo dos traballos será de DIN A3 respectando as marxes. O traballo deberá ser feito en sentido horizontal. 6º.- Premiarase un debuxo por nivel. Estes traballos premiados serán utilizados para elaborar o calendario 2017 da A.M.A. 7.- Cos traballos seleccionados realizarase unha exposición nos corredores do centro. 8.- O prazo de entrega dos debuxos para o concurso remata o día 3 de novembro. Entregaranse, no caso de Ed. Infantil e Primaria, a cada titor/a; no caso de Secundaria, ao profesor de Plástica e Visual, José Manuel Dopico, na súa aula. 9.- Os debuxos premiados quedarán en poder de A.M.A. 10.- O xurado estará composto por profesorado das tres etapas educativas do Centro. 11.- A participación neste concurso supón a aceptación das bases desta convocatoria.

C.P.I. Monte Caxado, 18 de outubro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.