Page 1

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

KAILA E A ZORRA Kaila e Sedna sempre foran bos amigos desde pequechos. Encantáballe xogar xuntos, facer pequenos iglús para os seus bonecos e, cando celebraban o Sinck Tuck, a festa con que os esquimós celebran o Nadal, sempre ían xuntos a escoitar as lendas que lles explicaban os contacontos. Kaila aprendeu que o seu nome proviña do deus do ceo que lle devolvera aos homes os animais que poboaban a Terra, incluido o fermoso caribú. Tamén lle regalara o lobo, que cazaba os exemplares máis débiles, para que o home puidese cazar os animais máis sans, comer a súa carne e protexerse coas súas peles. Sedna tamén descubriu grazas ao contacontos que o seu nome proviña da deusa da auga, de cuxos dedos naceran os peixes, de cuxas mans brotaran as focas e as morsas, que aínda vivía baixo a auga, e cuxos cabelos axitados se convertían na escuma das ondas cando se enfadaba. O día Sinck Tuck, mentres os máis vellos bailaban e se intercambiaban regalos, Kaila quixo tomar prestada a zorra que era de Sedna, pero ésta negouse, porque estaba moi cansa e quería volver a casa. Era a primeira vez que a súa amiga lle negaba algo, polo que Kaila guindou a zorra ao mar. -Non es a deusa da auga? Pois colle a zorra!- E botou a correr cara a casa. Sedna quedouse observando a zorra mentres afundía lentamente. Pasaron os anos, e Sedna e Kaila non se dirixiron máis a palabra. Cando coincidían na cabana onde se celebraba o Sinck Tuck, nen se ollaban e moito menos bailaban xuntos, e nuncha ninguén lle regalaba nada a el nin a Sedna. Cando preguntou aos seus amigos que por que ocorría aquelo, contestáronlle que, como de pequenos sempre xogaban xuntos, os seus amigos pensaban que eran noivos. Ése era o motivo para non regalarlle nada. Kaila quedouse cavilando, foi correndo ao seu iglú e tallou en madeira unha pequena zorra. Non era grande de abondo para montar nela, pero nunha data de celebración como aquela, non quería que Sedna volvera a casa sen ningún regalo. -Sedna -díxolle, dirixíndolle a palabra por primeira vez en anos-, este regalo é para ti, para celebrar o Sinck Tuck, e para pedirche perdón. Sedna perdoou a Kaila polo que fixera anos atrás, e doulle un bico ao xeito dos esquimós: frotándose o nariz.

Profile for Andrea

KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ  

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ  

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Profile for andrea828
Advertisement