Page 1

Conxuros: E.Infantil e 1ยบ Ciclo. CEIP de ANDRADE


Ollos de sapo, patas de rá, que teñas sorte toda a semá…!


As de morcego, cola de lombriz, que hoxe e sempre, sexas moi feliz!


Moas de hipop贸tamo, cornos de drag贸n, que nunca ningu茅n fira o teu coraz贸n!


Dentes de serpe, osos de cadela, nunca olvides pechar a cancela.


Unllas de gato, plumas de gali単a , que sempre te leves ben coa veci単a!


CONXURO: Escobi単a, escobi単a, que cada ano me po単a mais boniti単a.


Sapo, sapi単o, que este ano mellore moiti単o.


Caldeiro, caldeiri単o, que me abunden os Carti単os!!!


Se no 2011 da boa sorte queres gozar, a 7 bruxas esto has de mandar...


REPRESENTADAS P0LO 3ยบ CICLO CEIP de ANDRADE


Fago embruxos e pocións. Tamén fago algún feitizo. E nalgunhas ocasións ovos fritos con chourizo. Son malvada e repelente E a miña risa é horrorosa. Como só teño un dente Podo parecerche fermosa? A quen me chame granuxa O estruxo. Pois son a…?


Para varrer utilízase. Tamén para dar malleiras.

A presumida ratiña tiña unha pequeniña. A bruxa voa con ela veloz coma unha centella. As modernas, as de agora, usan unha aspiradora. Que non che pareza boba Quen use unha boa...?


Todos din que son malvado. E iso crea mala fama. No verán e no inverno, Pola noite ou polo día, Vivo a gusto no inferno. Gústame moito a calor, O frío non o soporto, Cantos máis graos mellor. Pota, tixola ou caldeiro Calquera que se descoide, O guiso como a un cordeiro. Outra cousa diríache: Teño cornos afiados E a calquera picaría. Son … ?


Serve para cociñar E no inverno, quentar. Parece unha marabilla Se usas unha cerilla. Farás unha boa fogueira Con poliñas e madeira.

Hai que ter un gran coidado Debe de estar moi controlado. O peor, o gran problema, É que todo, todo queima. Cando hai un, o primeiro; Avisar aos bombeiros. Moito ollo, non é un xogo. É moi serio, é o ... ?


Son un vampiro terrible. E รก luz, sensible. Horrible. Pola noite Busco pescozos. moi belos. Para mordelos. Moitos non saben onde? Se esconde? O conde. O conde...?


O normal é que as veas Sempre estean disto cheas. Nalgunha operación Fan unha transfusión. Sabemos algo seguro: A súa cor é vermello escuro.

Pero a da nobreza É azul ¡vaia rareza! O vampiro, tan contento, Úsaa como alimento. Claro que ninguén diría Que hai… nunha sangría.


En vellas e frías mansións, en bastantes ocasións, encántame deambular e bos sustos pegar.

Se de noite oes un ruído, ou un lastimero alarido, non me vou, é que vin. Claro que non teño asma, O meu xemido é de… ?


Sempre, cando te deitas na cama están postas. Son brancas ou de cores, e algunha ata ten flores. Dentro da lavadora lávanse en media hora. Algunha pantasma úsaa coma se fose unha blusa.

En Nova York ou na Habana todos saben que é a...?


Medo che dan as miñas roupaxes, Pois teñen xa moitos anos. Soamente son vendaxes Horripilantes, estranos.

Outra cousa que impresiona, Case sempre son exipcia, Faraón ou faraona Non hai ningunha de Galicia Métenme nunha tumba, Pirámide regular, E así acabará tarumba O que pretenda roubar A pesar de todo isto Causo poucas simpatías, Venme como algo funesto, A xente queda fría Son a …


Son de tea, son delgadas, E veñen sempre enroladas.

Se alguén ten unha ferida Poranllas enseguida. Logo un esparadrapo E todo queda tan guapo. Atopalas é normal, Dentro dun hospital. É moi fácil que o aprendas A que si? Pois son as ...


Son grande, son colosal, Un réptil descomunal Que a algúns caio mal. Aínda que che pareza un xogo Pola boca boto lume. Agora voume. Ata logo. Son verde como un melón Un pouquiño fanfarrón, Son o terrible … ?


Que non, que ninguén che engana, Adoita estar na montaña. Como non hai luz, é escura E ten rocas moi duras. Outra cousa diría, O normal é que sexa fría. É bastante habitual Que teña algún animal.

Sen salón nin habitacións Aquí viven os dragóns. Aínda que neve ou chova Non te mollas na …?


“ADIVINANZAS MONSTRUOSAS”

Atoparás o libro na nosa BIBLIOTECA.

CONXUROS E ADIVIÑAS  

ADIVIÑAS PRIMARIA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you