Page 1


A Camelia é moi fermosa E parécese a unha rosa, Só lle faltan as espiñas Para seren igualiñas. A Camelia é unha árbore Con flores cor de rosa, Brancas ou vermellas Segundo queiras escolleas. Fátima Solís Torres


Carballo carballiño Aínda que sexas Pequeño, pequeniño Eu quero que te vistas Doutra cor Aínda que sexa marrón. Se te pos moito ao sol Ten coidado coa insolación Porque te vas por debilón. Carballo, carballón De cor marrón A túa orientación É cara o sol. Laura Paz


Laranxeira, laranxeira Dos teus froitos Dame laranxiñas. Aínda que es pequena Ti vas medrar E eu os teus froitos Vou coller para comer. Laranxas, froita, laranxa, Laranxas, froitas zumentas, Laranxas, froitas saborosas, Laranxas da miña laranxeira. Manuel Fernández Núñez


Maceira que me das mazás, Que estás sen follas Porque o vento tirouchas todas. Dame mazás Polas mañás, Dame sombra Polas tardes, E abrígame Pola noite. Iván Vázquez


O meu pino, pino, pino É moi grande, grande, grande Coas follas En forma de agulla Poden pinchar Ata unha faragulla. Cando eu durma Rogarei por ti Para cando sexas maior Ter pinas ata o fin. Lucía Beceiro


A roseira é resistente Gústalle á xente, Pero, coidado! Que pica, pica Sacando os seus dentes. Roseira resistente, Pequena Pero ardente. Roseira, ti es fatal Picas sen avisar. Alma


Nogueira, nogueiriña Es pequena, tes que medrar Tamén tes que engordar Porque no Outono Froitos nos has dar. Nogueira, nogueiriña Dame esas noces túas Que me saben A delicias. Cando as noces consigues Mola cantidade! Nacho


Chor贸n, choroncete Non chores, non chores Que me fas chorar a min. Dasme pena, pena, pena Non chores m谩is Chor贸n choroncete. Alba


Ciprés, rei xigante Deste xardín colexial As túas ramas son Brazos mirando ao ceo, As túas follas son A cuberta que me tapa Da choiva que cae. Á túa sombra xogamos Cando o sol quenta moito. Toño


Planta bonita Follas fermosas Flores preciosas Moi olorosas. Planta planteira Eres a mellor Da escola enteira. Ricardo


Guindeira, guindeira Xa sei que estรกs espida Pero quero que te vistas Para a primavera. Florearรกs e darรกs guindas Que comeremos Os paxaros e mรกis eu E saberannos moi ben. Miguel


árbore e poesía  

poemas alumnos/as de 4º de Primaria

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you