Issuu on Google+

Comezamos a ensaiar a obra a finais de novembro. Ensaiabamos todos os días na hora do recreo excepto os martes que a ensaiabamos na hora de relixión. Cada un tivemos un papel, eu era Melchor, primeiro tivemos que aprender o texto e logo a saber interpretar cada un o seu papel. Uns días antes algúns fomos probar os traxes, a todos nos gustaron moito. A obra trata de que uns nenos fan o Belén, e danse conta de que lle faltan figuras, entón poñen os seus xoguetes. Pola noite o Belén recobra vida, e as figuras que estiveron sempre danse conta de que hai intrusos. Despois de moitas broncas, un guitarrista conta a pasión que sentía por coñecer áo neno. Despois de escoitalo todos se desculparon e fanse amigos. Ó final da obra cantamos a panxoliña de 'Tan,tan van polo deserto'. A min gustoume moito, aínda que estaba moi nervioso. Os meus amigos e familia que me viñeron ver tamén quedaron encantados. Se facemos algunha outra obra gustaríame participar. Tampouco estaría mal ser actor de maior. (Joel Sotelo Bouzán)


Representación da obra