Issuu on Google+

A finais de novembro e en decembro estivemos ensaiando unha obra de teatro chamada “Alarma no nacemento”. Os ensaios foron moi divertidos; como cando a lavandeira case lle daba co caxato á hippi. Algunha xente nos ensaios non sabía o papel, pero cando a representamos todos o fixemos moi ben. A representación tivo lugar os días 19 e 20, o 20 de decembro representámola para os pais. Eu estiven un pouco nerviosa, pero fíxeno ben. O meu papel era o de narradora. Levei un gorro de Papá Noel. A obra trataba de que os personaxes clásicos querían rexeitar a uns que viñeron por primeira vez, pero ao final fanse todos amigos. Participamos todos os da clase menos Brandon que foi o tremoieiro. A obra foi de risa, aos pais gustoulles moito, sobre todo cando entrou o gorila, o camelo e cando a lavandeira lle tiña que dar co caxato á hippi. Cando terminamos sentinme relaxada porque nos saíu xenial, menos un fallo que houbo, pero ninguén se enterou. Os pais animáronos moito, e participaron cando era necesario. Pasámolo moi ben. Encantaríame volver facer outra obra. (Andrea Sarmiento)


Comentario sobre a obra de teatro de nadal (2)