Issuu on Google+

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR

INFORMÁTICA PRÁCTICA VI Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social Profesor Miguel Anxo Nogueira Pérez Curso 2016-2017

Programa do módulo


ÍNDICE DE CONTIDOS 1. XUSTIFICACIÓN ..................................................................................................... 2 2. OBXECTIVOS ......................................................................................................... 3 2.1. Xeral ...................................................................................................................... 3 2.2. Específicos ............................................................................................................. 3 3. CONTIDOS ............................................................................................................ 3 3.1. MS Word ............................................................................................................... 3 3.2. MS Excel ................................................................................................................ 3 3.3. Google Drive .......................................................................................................... 3 3.4. Creación e publicación de arquivos PDF ............................................................... 4 3.5. Blogger .................................................................................................................. 4 4. COMPETENCIAS .................................................................................................... 4 5. METODOLOXÍA ..................................................................................................... 5 6. CRONOGRAMA ..................................................................................................... 6 7. RECURSOS PARA SEGUIR APRENDENDO ................................................................ 7

1


1. XUSTIFICACIÓN Na sociedade da información faise imprescindible a posesión de coñecementos e habilidades relacionados co uso de ferramentas relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs). Entre elas destácanse as aplicacións informáticas relacionadas coa ofimática (programas de oficina), que facilitan o desenvolvemento de tarefas de organización e xestión dentro de calquera tipo de institución e empresa. É de esperar, polo tanto, que no acceso a unha profesión que inclúa este tipo de competencias a desempeñar, requira de traballadores/as que dominen dun xeito efectivo e de xeito multidisciplinar ferramentas desta índole, de aí que boa parte dos programas de formación permanente inclúan contidos relacionados co dominio da ofimática. Existen múltiples suites ofimáticos no mercado que se axustan con creces ás demandas que se poidan esixir nas labores cotiás dunha institución. A súa selección dependerá en boa medida da súa facilidade de integración e adaptación aos recursos dispoñibles, así como do soporte técnico e formativo ofertado. Neste senso podemos atopar no mercado plataformas abertas como LibreOffice ou paquetes ofimáticos de sistemas propietarios como o ofrecido por Microsoft Office. Este curso centrarase no uso dalgunhas das principais aplicacións desta última suite, en base a súa longa tradición, soporte, actualización e recoñecemento a nivel persoal e profesional. Forman parte do MS Office, entre outras, a aplicación de procesador de textos Word, o editor de follas de cálculo Excel ou editor de presentacións Power Point. Así mesmo introducirase ao alumnado no uso complementario doutras utilidades ofrecidas por Internet que poden combinarse co uso das ferramentas de MS Office, como pode ser o manexo de xestores de documentos e arquivos en liña ou a edición e publicación de blogs e manexo de redes sociais de tan incipiente actualidade coa Web 2.0.

2


2. OBXECTIVOS 2.1. Xeral -

Organización e xestión de recursos a través da rede, a partir do coñecemento e uso dalgunhas das principais ferramentas ofrecidas por MS Office, Google, etc.

2.2. Específicos -

Coñecer e manexar aspectos básicos e avanzados de MS Word.

-

Coñecer e manexar operacións básicas e avanzadas con MS Excel.

-

Coñecer e manexar os principais aspectos relacionados coa edición e publicación de blogs.

3. CONTIDOS 3.1. MS Word 3.1.1. Aspectos básicos. 3.1.2. O deseño da páxina. 3.1.3. Táboas. 3.1.4. Gráficos. 3.1.5. Táboas de contidos. 3.2. MS Excel 3.2.1. Operacións básicas. 3.2.2. Uso básico de fórmulas. 3.2.3. Formato de celas. 3.2.4. Opcións de impresión. 3.2.5. Edición básica de gráficos. 3.3. Google Drive 3.3.1. Aspectos básicos. 3.3.2. Traballo con documentos de texto. 3.3.3. Traballo con follas de cálculo.

3


3.3.4. Deseño de formularios. 3.4. Creación e publicación de arquivos PDF 3.4.1. Publicación de documentos PDF na rede: ISSUU. 3.5. Blogger 3.5.1. Introdución a Blogger. 3.5.2. Deseño do blog. 3.5.3. Creación, edición e publicación de artigos/noticias. 3.5.4. Outras configuracións. 4. COMPETENCIAS Ao finalizar este módulo o alumnado debera ser capaz de: 4.1. Empregar as opcións básicas e avanzadas do MS Word 4.1.1. Navegar e manexar con soltura os diferentes menús e opcións do programa. 4.1.2. Identificar e usar os principais elementos do deseño dunha páxina. 4.1.3. Inserir e editar táboas de forma personalizada. 4.1.4. Crear, modificar e usar diferentes estilos de texto. 4.1.5. Crear e editar gráficos de forma personalizada. 4.1.6. Inserir e editar táboas de contidos dun documento. 4.2. Empregar as opcións básicas e avanzadas do MS Excel 4.2.1. Crear e manexar unha folla de cálculo. 4.2.2. Usar fórmulas de forma básica. 4.2.3. Dar formato ás celas. 4.2.4. Crear e editar gráficos sinxelos a partir de datos introducidos na folla de cálculo. 4.2.5. Crear e editar táboas sinxelas, empregando filtros.

4


4.3. Xestionar documentos a través de Google Drive 4.3.1. Manexar configuracións básicas de Google Drive. 4.3.2. Traballar con documentos de texto. 4.3.3. Traballar con follas de cálculo. 4.3.4. Deseñar formularios básicos. 4.4. Crear e publicar documentos PDF na rede 4.4.1. Publicar documentos PDF na rede: plataforma ISSUU. 4.5. Editar e publicar un blog na rede 4.5.1. Manexar as configuracións e utilidades básicas da ferramenta Blogger. 4.5.2. Empregar e personalizar o deseño do blog. 4.5.3. Crear, editar e publicar de artigos con texto, imaxes e vídeos. 5. METODOLOXÍA As clases serán eminentemente prácticas, onde o alumnado, coa guía e axuda do profesor, irá interactuando cos diferentes contidos programados. Os temas iranse introducindo de forma expositiva e práctica a partir da elaboración de diferentes tarefas a desenvolver na aula de informática.

5


6. CRONOGRAMA 1ª SESIÓN 

Organización da aula e dos ordenadores

Indagando nos coñecementos previos

Presentación do programa do módulo

Publicación na Web 2.0: Blogger -

Teoría: conceptos básicos

-

Exercicios prácticos introdutorios:  Práctica guiada  Práctica independente: inserir contidos

Ofimática na nube: Google Drive -

Teoría: conceptos básicos

-

Exercicios prácticos:  Práctica guiada  Práctica independente: crear carpetas, crear/editar documentos (texto, formulario...)

2ª SESIÓN 

MS Office Word -

Teoría: conceptos básicos

-

Exercicios prácticos:  Práctica guiada  Práctica independente: dar “formato”, xerar índices, paxinar...

Creación e publicación de PDFs -

Teoría: conceptos básicos

-

Exercicios prácticos:  Práctica guiada  Práctica independente: gardar como PDF, publicar/compartir online

MS Office Excel -

Teoría: conceptos básicos

-

Exercicios prácticos:  Práctica guiada  Práctica independente: táboas con filtros, fórmulas, gráficos

6


7. RECURSOS PARA SEGUIR APRENDENDO Aula

Clic.

Cursos

de

informática

gratuítos.

Dispoñible

en

http://www.aulaclic.es/index.htm Aula CM. 30 programas y herramientas online para editar imágenes. Dispoñible en http://aulacm.com/programas-para-editar-imagenes Aula CM. Los mejores programas para crear y editar vídeos en PC y Mac. Dispoñible en http://aulacm.com/programas-edicion-videos Blog

de

Francisco

Ayén.

Curso

de

Blog

educativo.

Dispoñible

en:

http://blogeducativoenclase.blogspot.com.es/p/programa-del-curso.html DMtrends.

Presentaciones

originales.

Dispoñible

en

http://digitalmarketingtrends.es/presentaciones-originales RedTIC.

Tutorial

ISSUU.

Dispoñible

en

https://web2apf.wikispaces.com/file/view/Tutorial_Issuu.pdf Think Big. Aplicaciones web para editar vídeo desde el navegador. Dispoñible en http://blogthinkbig.com/aplicaciones-web-editar-video Think Big. Los 4 mejores editores de imágenes online y gratuitos. Dispoñible en http://blogthinkbig.com/los-4-mejores-editores-de-imagenes-online-ygratuitos Universidad de Cádiz. Centro de Recursos Digitales. Curso Google Drive. Dispoñible en http://www.uca.es/udinnovacion/portal.do?IDM=44&NM=3 Videotutorial Chamilo: https://www.youtube.com/watch?v=Ax20jqN8Eqs

7


Programa informática práctica 16 17