Page 1

Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa! O paxariño da cuberta, creado por Borja Guerrero, convida os lectores a mergullarse neste libro-CD cheo de melodías e imaxes para gozar, ao tempo, dos sons e da lectura. Contos a pedir de orella!

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Antes de durmir, a avoa cociñaba, lía e contaba contos; logo deu en facer cousas estrañas... Un fermoso libro para todas as avoas e avós que esquecen, para todos os nenos e nenas que coidan dos seus avós e avoas.

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu poñer tamén leitugas, tomates, berenxenas... E a horta tanto medrou, que se encheu de hortalizas e duns laboriosos agricultores.

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Abellas, corvos, estorniĂąos, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades

.

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Nicomedes non atopa ningunha solución óptima para a súa prematura calvicie: a cada alternativa á frondosa cabeleira roxa que lucía, xorde un inesperado e molesto inconvinte, cada cal máis absurdo. De súpeto, comezan a subirlle á cabeza un peiteador, unha parella de bailaríns, unha avoa afeccionada á calceta… Pero afortunadamente, antes de que acabe perdendo a paciencia -e o caletre-, ocórreselle unha idea moi práctica. EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón. A señora Minia está tan triste que non pode parar de chorar, mais axudada polo seu amigo o sol, a súa sorte vai mudar.

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio. Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro


Simon e Peter van de vacacións a Grecia, á casa da súa curmá Penélope. Un día fan unha excursión á praia cun bote inflable. Alí aparece un paquete do que saen unhas voces, e descobren no seu interior unha gaiola, completamente amoblada, coma se fose unha casa. Nela discuten un papagaio e unha araña, procedentes de Mitoloxía, un país rexido por tres libros falantes e por Papagaio, o gardián das palabras. Os tres rapaces axudarán a salvar Mitoloxía do poder dos basiliscos. Un libro cheo de imaxinación e intelixencia, de lectura áxil, co que poderemos divertirnos e aprender sobre os personaxes mitolóxicos.

EDLG / 2018 ABRIL – Mes do Libro

Mes do libro  

Escolma de libros para o Mes do libro

Mes do libro  

Escolma de libros para o Mes do libro

Advertisement