Page 1

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

MAHATMA GANDHI


Cada ano, o día 30 de xaneiro desde 1964, celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz en conmemoración co día da morte de Mahatma Gandhi. O home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade. En 1993 a UNESCO recoñeceu o 30 de xaneiro coma o Día Mundial da Paz.


Gandhi naceu o 2 de outubro de 1.869 en Porbandar, India. Nesta época, o seu país formaba parte do Imperio Británico.


Ă idade de 13 anos, de acordo cos costumes daqueles tempos, casou cunha rapaza da sĂşa mesma idade chamada Kasturbai Makaniji. Os Gandhi tiveron catro fillos.


Posteriormente, nos seus discursos e escritos, Gandhi manifestĂĄbase en contra do costume dos matrimonios infantĂ­s.


En 1.888, pouco despois da morte do seu pai, foi a Inglaterra a estudar Dereito durante 3 anos. En 1.891 volve รก India. Gandhi estudando en Londres.


En 1.893 aceptou un contrato dun ano como avogado en Sudáfrica. Nesa época, Sudáfrica estaba controlada polos británicos. Ao pouco tempo de estar en Sudáfrica foi botado do tren por viaxar nun vagón de primeira onde só podían ir os brancos. Nese país existían moitas desigualdades raciais e sociais. Gandhi quedouse en Sudáfrica 21 anos loitando polos dereitos do pobo hindú.

Gandhi en Suráfrica (1895)


Para loitar contra as inxustizas que os brancos de Sudáfrica impoñían aos indios, Gandhi desenrolou un método de acción social directa baseado nos principios do coraxe, a non-violencia e a verdade chamado SATYAGRAHA. Satyagraha promovía a non-violencia e a desobediencia civil como os métodos máis apropiados para acadar obxectivos políticos e sociais.


De volta á India, Gandhi chegou ao porto de Bombay o 9 de Xaneiro de 1.915. Alí, vestido ao xeito hindú, foi recibido polos seus amigos con colares de flores.


Durante un ano dedicouse a viaxar e a coñecer a India. Varios políticos hindús e musulmáns uníronse con Gandhi para preparar a independencia da India. Os campesiños cultivadores de índigo pídenlle axuda ante os impostos excesivos dos propietarios ingleses. Gandhi axudoulles e organizou unha manifestación. Na India existía xa un Mahatma (Alma Grande) capaz de defender os oprimidos.


Para protestar contra a opresión do Imperio Británico, Gandhi propuxo a “Non-Cooperación": todos debían comprar produtos indios e deixar de utilizar os fabricados polos ingleses, así os hindús poderían vivir dos seus oficios e traballar. Queimaron a roupa que viña fabricada de Inglaterra e mentres o lume calcinaba as chaquetas e sombreiros, o Mahatma aconsellaba que, a partir dese momento, debían fiar o algodón indio coa roca tradicional.


Gandhi, alí onde estivese, sempre encontraba tempo para fiar o algodón para facerse a súa propia roupa. O seu exemplo foi seguido por miles de persoas. A roca foi debuxada como símbolo na bandeira do Congreso da India. En abril de 1.930 levouse a cabo a "Marcha do Sal". Gandhi saíu con 70 seguidores e ao longo dos 24 días que durou o percorrido uníronselle miles e miles de persoas. Con esta marcha Gandhi animaba os indios a exercer o seu dereito a recoller o sal que, de xeito natural, proporcionaba a auga do Océano Indico e que os ingleses lles prohibían obter.


Gandhi estivo varias veces detido no cárcere por desobediencia ás leis que os ingleses impuxeran aos habitantes da India. Alí, aproveitaba para descansar, ler, escribir e meditar.

Saíndo do cárcere en 1924


En 1.931 Gandhi trasladouse a Londres para participar na Conferencia que ía preparar a constitución da India. Para a viaxe a Inglaterra levaba a roca, a súa roupa de vestir e unha cabra que lle proporcionaba o leite co que se alimentaba Gandhi. Os 3 meses que Gandhi pasou en Londres viviu nun barrio pobre rexeitando hoteis e honras. Alí entrevistouse con obreiros, con Charlie Chaplin e cos Reis. Sendo moi admirado polos ingleses.


Pouco a pouco, aínda que con moitas dificultades, os ingleses viron que debían irse ao seu país e conceder a independencia á India porque os seus habitantes así o solicitaban. En 1.947 dividiuse a India en dous estados: a Unión India e o Paquistán. Gandhi intentou a reconciliación entre os dous territorios, pero isto non foi posible. Debido á separación dos hindús e musulmáns, en ambos os dous territorios houbo moitas loitas entre eles que causaron numerosas mortes e violencia.


Gandhi, ao coñecer os conflitos entre hindús e musulmáns, púxose en folga de fame como fixera outras veces. Cando remataron as pelexas, Gandhi deixou o xaxún. Cando ía facer as súas oracións acompañado de dúas sobriñas, o 30 de xaneiro de 1.948 en Delhi, Gandhi sufriu un atentado que lle causou a morte polas balas dun fanático hindú. Durante a noite, toda a India gardou silencio e non se acendeu ningún lume.


A súa morte causou unha gran dor a millóns de persoas. Ao funeral acudiron miles e miles de persoas de todo o mundo. Como é costume entre os hindús da súa relixión,o cadáver de Gandhi foi incinerado con madeira de sándalo ao lado do río. Dous millóns de indios encontrábanse no lugar da cremación.


Dez días despois, segundo a tradición, a urna que contiña as cinzas de Gandhi foi levada ata a confluencia dos ríos Ganges e Jamma, os dous grandes ríos sagrados da India. Alí, dende unha barca, foron vertidas á auga as cinzas de Gandhi que se convertera no "Pai da nación India".


LOITEMOS POLA PAZ.

CEIP CARLOS CASARES


MAHATMA GANDHI  

A vida de Gandhi para educación primaria.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you