Page 1

A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística

CURSO 2013-2014

Nº 4


BENVIDA

CIENCIA E TECNOLOXÍA O futbolín ................................................. 44

Xornadas de acollida ............................... 2

Michael Faraday ..................................... 45 Crónicas Tecnorívoras .......................... 46

ACTIVIDADES

Canta química te rodea? ....................... 48

Magosto e Samaín .................................... 4 O xardín das pernas roubadas ............ 5

PASATEMPOS ........................................ 50

Visita ao Muncyt ....................................... 6 Carreira contra a fame ........................... 7 Proxecto Lector ........................................ 8 Educación Plástica .................................... 9

Aquí estamos outra vez! Queremos

Economía .................................................... 11

presentarvos este novo número da

Cultura Gastronómica .............................12

Puga Zeta.

Falamos latín sen sabelo ........................13 Bioloxía e Xeoloxía ..................................14 Intercambio coa Bretaña francesa ....15 Matemáticas .............................................16 Día dos dereitos humanos .....................17 Estudar en USA .......................................19 Memorándum ............................................ 20 Obradoiro de poesía .............................. 22 Pegatinas ................................................... 24 Lendas ........................................................ 25 Obradoiro de relatos ............................ 26 Obradoiro de cómic ............................... 29 REPORTAXE

Certo é que cada vez temos máis experiencia

na

realización

desta

publicación pero nunca podemos evitar os nervios de última hora cando vemos que o tempo se nos bota enriba. Un ano máis este proxecto sae á luz grazas á colaboración de todos vós que sempre lle poñedes toda a vosa ilusión e o voso empeño. Esperamos que vos guste e que continuedes a colaborar con nós. Felices vacacións! O Equipo de Dinamización Lingüística

O automóbil galego................................. 30 ENTREVISTA Paul Clark Behrend ................................. 36 A NOSA CULTURA Os nosos instrumentos ......................... 38 Os nosos bichos ..................................... 38

Depósito Legal: C-700-2013 ISSN: 2340-2148

As nosas paisaxes ................................. 39 A nosa cidade ......................................... 40 As nosas festas ..................................... 42 Homenaxeado 2014 ................................ 43

Portada: Alejandro Antelo Barral, 1º ESO C

Estudiosos galegos ................................. 43

Contraportada: Clara García Catoira, 1º ESO B


O COMEZO DA NOSA GRAN AVENTURA O primeiro día estabamos moi nerviosos; non sabiamos cal sería a nosa clase, os nosos mestres e os nosos compañeiros. Ao chegar ao instituto tiñamos uns carteis cinematográficos

coas

fotos

de

todos

os

rapaces de primeiro, dividido en clases e coas nosas respectivas titoras, desta maneira xa sabiamos moito máis sobre como sería este curso ou polo menos de cales serían os nosos compañeiros. Pasamos ao salón de actos, onde a partir dese momento unha nova etapa da nosa vida ía comezar. Alí estaban os membros do equipo directivo, a orientadora e as nosas titoras. Tras unha pequena explicación da directora, fóronos podiamos

chamando sentir

por os

onde

nervios

alfabética, dos

nosos

compañeiros... e os nosos. Fomos subindo, grupo a grupo ás que serían as nosas clases. Todo eran nervios. Ao chegar ás nosas respectivas aulas atopamos un debuxo dun caracol no encerado, que quería dicir aquilo? Por que

estaba

alí

aquel

caracol?

Todos

nos

preguntabamos que tiña que ver un caracol con nós. Con esta curiosidade sentámonos onde nos indicou a titora e así comezaron o que ela chamou as xornadas de acollida coa finalidade de coñecernos mellor e irnos acostumando ao instituto pouco a pouco. Estas xornadas duraron tres días durante os que fixemos unha morea de actividades lúdicas.

2


Primeiramente presentámonos de un en un na clase para que os nosos compañeiros nos coñecesen e nos coñecelos a eles. A continuación, visitamos as instalacións para poder orientarnos e saber onde dariamos as diferentes materias. Nas aulas as que fomos había un mestre que nos daba unha pequena explicación do que se faría en cada aula e do funcionamento e normas das mesmas. Así coñecemos a aula de informática, a de debuxo, a aula Esther, a aula de música, os laboratorios, a cociña, o pavillón e como non, a biblioteca. Despois desta visita guiada por todo o instituto acompañados pola nosa titora, regresamos para clase. Tras unha explicación da titora de como se ía a organizar o novo curso viñeron os do Equipo de Mediación. Que será iso? Pois eles explicáronnos de que se trataba e tamén fixeron unha representación cuns alumnos da clase para contarnos que farían eles para tentar axudarnos a resolver os conflitos que poderiamos ter. Que tranquilidade uns alumnos de cursos superiores ofrecéndose a axudarnos! Nestes días tamén soubemos

o que era o RRI (Reglamento de Réximen Interor) e

traballamos sobre e con el. Cantas normas! E por fin, as nosas titoras explicáronnos por que había en cada clase o debuxo dun caracol e que nos representaba a cada un de nós, pois chegamos tímidos e escondiámonos coma un caracol cando se sente agredido ou está ante unha situación descoñecida. Continuamos realizando máis actividades para poder coñecernos mellor entre os compoñentes da clase. O último día reunímonos todos os grupos de primeiro no patio cuberto e xogamos todos misturados por grupos a diferentes xogos, cada un compartiámolo con xente diferente, así coñecémonos todos, non coñecemos só aos compañeiros da nosa clase. ASÍ COMEZOU A NOSA AVENTURA NO INSTITITUTO. PERO, ISTO É SÓ O PRINCIPIO, POIS QUEDAN MOITAS COUSAS POR APRENDER E SABER, A NOSA AVENTURA CONTINÚA.

Mencía González Rodríguez. 1º ESO B

3


Como choveu este ano o día que celebramos o Magosto e o Samaín! Pero iso non impediu que o pasaramos en grande con Tim Bowley e Charo Pita e os seus contos blingües galego-inglés, nin que asaramos as castañas no pavillón. Tamén aproveitamos para entregar os premios do concurso de cabazas.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS: 1º PREMIO: Isidro Paredes Rivera, 1º ESO B; 2º PREMIO: Iago Barreiro López, 2º ESO A; 3º PREMIO: Mencía Gonzále Rodríguez, 1º ESO B

ENTRE CASTAÑAS ANDA O XOGO Érase unha vez, unha pequena castaña que vivía nun castiñeiro con moitas outras castañas. De cando en vez caía algunha que outra castaña, pero pronto chegaba un rapaz que as recollía para unha bolsa que gardaba para o Magosto. A pequena castaña vivía tranquilamente no castiñeiro, vendo como caían as súas amigas, dándose castañazos contra o chan. A pequena castaña vía como ía quedando soa na árbore. Xa case non quedaban castañas no castiñeiro, e a pequena non estaba para asar castañas, cando o rapaz lle dixo: -Pequena castaña, que che pasa? A castaña respondeulle triste: -Estou soa, nesta árbore, e xa non teño amigas… O rapaz díxolle: -Baixa! Ven con elas! Están esperándote todas no forno, xa case chegou o Magosto. A castaña tentou baixar da árbore, pero non o conseguía, o neno comezou a axitar a árbore cunha vara. A pequena levou un bo castañazo ca caída. Ao levar á pequena castaña para a casa estaban todas no forno a punto de celebrar o Magosto, todas xuntas, e con ela tamén. Logo celebraron o Magosto, e montaron unha boa troula.

Alfonso González Cambón, 1º ESO C

4


O pasado 24 de abril o alumnado de 3º da ESO, acompañado polo EDL, asistiu á representación desta obra teatral de Xoán Carlos Mejuto no Teatro Colón. A representación correu a cargo da compañía Tuerka e está ambientada nunha illa,na que viven uns máis que estraños personaxes e na que se monta unha boa lea cando aparece un náufrago ao que deben matar porque así o ditan as normas. Así é como interpretou a obra o noso alumnado.

O traballo daquela illa consistía en matar ou mutilar a todos os náufragos que chegaban alí para recrear unha guerra inexistente, xa que ninguén podía decatarse do que realmente sucedía. Os habitantes desta illa simplemente traballaban na fábrica para satisfacer as ordes do seu líder, non sabían para que nin por que pero tampouco facían preguntas. Penso que a situación social actual é parecida á desta illa, xa que todos se preguntan que está a facer o goberno pero ninguén ten unha resposta. Téñennos enganados cuns traballos miserables nos que debemos traballar porque iso é o que se nos esixe.

Michele Rodríguez Galeiras, 3º ESO A

O autor intenta criticar a forma de actuar dos políticos e a desinformación da sociedade. Ninguén sabe para que traballa nin por que. Maximiliam, o líder da illa, utiliza as leis ao seu antollo e os medios de comunicación menten falando dunha guerra que realmente non existen.

Brais Freire Braña, 3º ESO C

5


Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía organizaron unha visita a este museo para o alumnado de 1º de Bacharelato. Unha forma amena de consolidar os coñecementos adquiridos nas clases. O pasado mes de xaneiro os alumnos de primeiro de bacharelato fomos de excursión ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT). Neste museo exhíbense varias exposicións, todas elas relacionadas co mundo da ciencia e da tecnoloxía. O obxectivo deste museo é que as persoas que o visiten aprendan dunha forma divertida, diferente e innovadora como foi evolucionando a ciencia ao longo da historia e como este proceso se acelerou grazas á tecnoloxía. A nosa visita ao museo foi coma un xogo. Dividíronnos en grupos e, a cada grupo, déronnos unhas actividades que tiñamos que resolver coa información que tiñamos de axuda nos paneis do museo. Ademais destas actividades, estivemos dentro do famoso rei dos ceos, o jumbo “Lope de

Vega”, que é un tipo de avión comercial transcontinental moi coñecido polo seu gran tamaño. Neste jumbo foi trasladado o Guernica de Pablo Piccaso desde Nova York ata Madrid en 1981. O MUNCYT tamén conta con dous robots que, ademais de explicar unha parte da exposición, interactúan co público e con moitos obxectos de gran valor coma o primeiro acelerador de partículas de España. O MUNCYT é, en definitiva, un museo innovador e diferente a tódolos demais museos nos que estiven e un dos poucos ao que non me importaría volver.

Cristina Losada Mateo 1ºC Bach

6


O departamento de Educación Física e o alumnado do primeiro ciclo da ESO quixeron sumarse a esta iniciativa solidaria. Foi un éxito rotundo: esforzáronse moitísimo e recadaron unha boa cantidade de cartos. Noraboa! O pasado 16 de maio tivo lugar a Carreira Contra o Fame, promovida pola Fundación “Acción Contra el Hambre”. Unha carreira na que centros escolares de todo o mundo participaron neste proxecto solidario co obxectivo de loitar contra a desnutrición infantil. Dende o noso instituto colaboraron un total de 90 alumnos de 1º e 2º da ESO, facendo un percorrido de 200 metros ao redor do patio. Os seus compañeiros contábanlles as voltas, mentres que eles entre camiñar e correr intentaban chegar ao seu obxectivo, acadar as 20 voltas máximas, en total 4 quilómetros. O suor fíxose notar xa nas primeiras voltas tendo que recorrer á auga para aliviar a sede. Algúns incluso a botaron por riba para mollar a cabeza e a camiseta, e que vaia calor!. Pero o mellor de todo foi sen dúbida o entusiasmo de tódolos participantes, o seu desinterese e a súa solidariedade, correndo incluso máis que nas clases de Educación Física. Pero sen desmerecer o traballo dos anotadores e ao grupo de animadoras de 1º da ESO que se tatuaron nos seus brazos o lema “todos contra o fame”. Tampouco nos podemos esquecer dos alumnos do recreo que seguiron a carreira dende as escaleiras animando aos alumnos de 2º que aínda non remataran. E moitas grazas a axuda incondicional de dous dos nosos alumnos Marcos Codesal e Alejandro Segade que estiveron na mesa de control anotando tódolos datos. O más importante e que entre todos puidemos chegar a conseguir a cantidade de 3050 euros, cantidade que será destinada a Madagascar.

Grazas a todos pola vosa colaboración! Miles de nenos estánvolo agradecendo. 7


O Proxecto lector organizou numerosas actividades para fomentar a lectura entre as rapazas e os rapaces do noso instituto. Aquí vos deixamos una pequena mostra de todo o traballo desenvolto durante este curso.

CONCURSOS FOTOGRAFÍA GAÑADORA “DÍA DO LIBRO”

MARCAPÁXINAS GAÑADOR

Paula souto Cores e Ana Fernández Carballeira,

Isidro Paredes Rivera de 1º ESO B

4º ESO C

PREMIOS

CELEBRACIÓNS

8


ACTIVIDADE PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS Recreos de Cine Solidario. Realización de vídeos e stop motion sobre os dereitos dos nenos. Agradecemos a participación de todos os alumnos da ESO.

.

CONCURSO INVESTIGARTE Esta é a ilustración coa que participou Giorgia Yang, alumna de 3º ESO A.

EXPOSICIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS Retratos de Xosé María Díaz Castro realizados polo alumnado de 1º ESO. Palabras, textura e cor.

FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

9


Estes son os sete vídeos seleccionados do noso centro:

ESCULTURAS NA AREA O alumnado de 3º e 4º da ESO de EPV asistiu á décima xornada de Esculturas de area na Lanzada, actividade na que a creatividade e a convivencia se conxugan nun marco natural único. A temática deste ano foi “personaxes de animación dos últimos 20 anos”.

10


Como di o refrán “a mal tempo, boa cara” e senón botádelle unha ollada á viñeta que nos prepararon para esta revista desde o departamento de Economía. Ademais poderedes coñecer unha interesante á vez que innovadora actividade que este departamento organizou en colaboración coa empresa Líbolis.

Darío Pérez Bergantiños, 1º Bach B

O alumnado de 3º e 4º da E.S.O está a desenvolver un proxecto social de recollida de alimentos (para a cociña económica) na materia de “Obradoiro de iniciativas emprendedoras”. O obxectivo é conciencialos da situación económica actual que os rodea e poder así detectar as oportunidades que teñen para cambiala, é dicir, converterse en verdadeiras e verdadeiros emprendedores. A elaboración do proxecto (entendido como un proxecto empresarial) aporta ao alumnado unha aprendizaxe real baseada nas súas propias experiencias. Para levar a cabo esta iniciativa contamos coa empresa Líbolis (www.libolis.com) que titoriza ao alumnado na elaboración do proxecto. O equipo desta empresa desenvolve no alumnado tanto habilidades emprendedoras (traballo en equipo, conciencia crítica, flexibilidade, creatividade, falar en público, etc) como coñecementos técnicos (modelos de negocio, ferramentas de traballo colaborativo, ferramentas analóxicas de creación de ideas, etc.) Podedes ver máis información neste blogue, que elabora o propio alumnado:

http://desarrollodecompetenciasemprendedoras.wordpress.com/

www.libolis.com

11


VISITA A SOBRADO DOS MONXES

OS ALUMNOS A PIQUES DE PROBAR

“CASA DO QUEIXO”

AS RECEITAS REALIZADAS.

ALGUNHAS DAS PRÁCTICAS REALIZADAS EN CULTURA GASTRONÓMICA

12


Velaquí a segunda entrega de latinismos que continuamos a empregar case a diario. Grazas a estas leccións que nos brinda o departamento de Latín, xa non cometeremos ningún “lapsus linguae”.

Historia vitae magistra est: A historia é a maestra da vida. Cogito, ergo sum: Penso logo existo, principio da filosofía de Descartes. Mens sana in corpore sano: Unha mente sa nun corpo san. Excusatio non petita, accusatio manifesta: A escusa que non se pediu é unha acusación clara. In dubio pro reo: Na dúbida, a favor do reo. Alea iacta est: A sorte está botada Ave, Caesar, morituri te salutant: Saúde, César, os que van morrer saúdante. Veni, vidi, vici: Cheguei,vin e vencín. Errare humanum est: Errar é humano. Verae amicitiae sempiternae sunt: As verdadeiras amizades son eternas. Iunior : Abréviase Jr. Significa "o máis novo". Oponse a senior. Lapsus linguae: “Erro”, “fallo” ao falar. Mare magnum: "Confusión de asuntos ou cousas". Literalmente significa "gran mar". Maxime: “sobre todo”. Modus operandi: “maneira de obrar”. Per cápita: “Por cabeza”. O que correspondería a cada individuo. Beatus ille: “Feliz aquel que...”. Principio dun famoso verso de Horacio que ensalza a vida sinxela. Carpe diem: “Goza do día presente”. Outro verso de Horacio. Cum laude: “Con loanza”,”con eloxio”. Dise frecuentemente do resultado dun exame. Deficit: “Falta”. Oponse a superavit. Fac simile: "Facsímile". A súa abreviatura é fax. "Fai algo semellante". Utilízase coa acepción de "reprodución exacta de algo" Honoris causa: "Por causa da honra, para honrar. Referido á concesión de títulos honoríficos.

Lucía López Bujeiro e Pedro Chavarría Farto, 4ºESO C

13


O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha serie de visitas a diferentes museos da nosa cidade. Deste xeito o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer a Domus, mentres que 1º de ESO foi ao Aquarium e máis ao Planetario. Din que o pasaron moi ben e que aprenderon moitas cousas novas.

Na nosa visita á DOMUS, tivemos a oportunidade de ver un documental sobre a aviación e máis coñecer unha nova exposición que tiñan alí. O documental era en 3D e relataba a historia duns modelos de Boeing, uns dos avión máis grandes do mercado cuxo deseño está baseado na anatomía dos albatros, un tipo de ave. Foi realmente divertido. Por outra parte, a exposición, tiña partes moi interesantes e bastante amenas nas que podías participar con compañeiros ou só. Reaccións ante estímulos, comprensión ou mesmo a percepción que temos a través dos sentidos formaban parte dos contidos nesta parte do museo. Tamén estivo moi ben e, en definitiva, aprendín moitas cousas novas.

Andrea Bellón Hernaiz, 3º ESO A

“O planetario foi o que máis me gustou. Alí aprendín como era a astronomía en cada civilización ou que a arte estaba relacionada coa astronomía” Franllelys Soler, 1º ESO A "A sala Nautilus e como un “A sala Nautils está baixo o mar, observatorio submarino inspirada no submarino do

onde podes ver un montón

capitán Nemo (20.000 leguas de

de peces todos autóctonos,

viaxe submarino). Nela hai

coa excepción dunha quenlla

peixes de todo tipo e tamén está

á que chaman Gastón."

Gastón, unha quenlla touro que

Alejandro Antelo, 1º ESO C

todos queriamos ver” Mencía Gonzalez, 1º ESO B

"Aprendín que como os peixes non teñen pálpebras, non debemos sacarlles fotos con flash". Carolina Añón, 1º ESO C

14


Un ano máis parte do alumnado do segundo ciclo da ESO e 1º de Bacharelato, viaxaron a Francia para facer un intercambio co alumnado do Lyceé Saint François Xavier de Vannes e despois poder pasar uns días en París. Evidentemente volveron encantados, aquí nos contan todo o que fixeron e o ben que o pasaron.

15


MEDINDO COA TRIGONOMETRÍA O día 23 de xaneiro os alumnos de 4ºESO fomos ao dique de abrigo de A Coruña para poñer en práctica os nosos coñecementos de trigonometría. Como realizamos a actividade? Utilizamos dous teodolitos, un para medir ángulos horizontais e outro para medir ángulos verticais, e así, calcular as distancias e a altura da Torre de control marítimo. Catro prácticas para realizar, recollemos os datos no dique e despois a operar! A parte positiva desta actividade foi poder aplicar os nosos coñecementos de matemáticas para resolver problemas da vida cotiá. Ademais, tamén nos serviu para aprender como se traballa en grupo, que ás veces pode resultar un pouco difícil.

Andrés Antelo Abeijón, 4º ESO B 12 de maio, día escolar das Matemáticas No ano 2000, instituíuse a celebración deste día como Día Escolar das Matemáticas. Esta data foi elixida en honor a Pedro Puig Adam, nado o 12 de maio de 1900 e internacionalmente recoñecido no campo da divulgación das Matemáticas. “Fai de comer, limpa e gaña o premio Nobel”, podíase ler na portada dun xornal o día que Rosalyn Yallow recibiu o premio Nobel de Medicina. Cres que dirían o mesmo o día que o recibiu Severo Ochoa? Ao longo da historia da humanidade as mulleres contribuíron no desenvolvemento das ciencias aínda que só en casos excepcionais son recoñecidas as súas achegas. Relegadas da educación, da política …, a sociedade impúxolle ás mulleres o exercicio de roles moi definidos, relacionados normalmente co coidado e educación dos fillos/as e tarefas vinculadas ao ámbito doméstico, privado; ámbito moi importante sen o que non existiría todo o demais pero non valorado socialmente. Agora ben, tamén atopamos mulleres que loitaron por saíren da esfera do privado e seren recoñecidas no ámbito público. Só para algunhas delas foi un pouco máis doado, debido a unhas condicións familiares favorables, por seren fillas ou mulleres de científicos. Aínda así, a historia volveu discriminalas, esquecendo o seu nome e as súas aportacións. Son todas as que están, pero non están todas as que son. Co gallo da celebración do día escolar das Matemáticas, o profesorado de Matemáticas instalou no instituto unha exposición sobre mulleres científicas. Un calidoscopio feminino matemático con algunhas delas, matemáticas de diferentes épocas e diferentes ámbitos de estudo, co fin de que o alumnado se mergullara nas súas vidas e aprendera dos seus éxitos. O día 26 de maio o alumnado de 1º ESO tivo o pracer de asistir á conferencia impartida por Amelia Verdejo, profesora de Ánalise matemática da Universidade de Vigo que relatou moitas anécdotas destas mulleres matemáticas que tan ben coñece polo estudo das súas vidas na realización do traballo Matemáticas en pé de igualdade premiado cun Accésit no I Premio Antonia Ferrín Moreiras.

16


Co gallo do Día dos Dereitos Humanos o noso centro vestiuse de amarelo como mostra de solidariedade coas reivindicacións de Amnistía Internacional. Desde aquí queremos agradecervos a todas e todos a vosa participación e,en especial, ao Pugadramón que redactou o manifesto e ao noso compañeiro Ángel que soubo poñer palabras aos nosos sentimentos.

A CELEBRACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NO NOSO INSTITUTO. Falar dos dereitos humanos, debater sobre eles, permitiunos pensar xustamente naqueles que, polas súas condicións de vida, non os gozan. Tantos séculos de conquista, de loita cruenta dunha humanidade en desenvolvemento, para darnos conta da situación de privilexio duns fronte á desgraza, a debilidade e o estupor doutros. Sentimos compaixón por eles. Sofren e non preguntan, miran ao mundo sen curiosidade, resignados. Non esperan nada de nós e dóenos máis que se nos axitasen con violencia. Por un momento, os nenos famentos de Etiopía, os nenos traballadores explotados de Paquistán, os “nenos da rúa" de Brasil, as nenas perseguidas en tantos lugares.... Sen fogar, sen escola, sen alimento....sen nenez, por un momento están en nós, viven en nós, e esta presenza afóganos. Son inocentes, non acusan, non esixen, pero provocan unha tormenta na nosa alma. Os nosos sentimentos crecidos, nus, desvelándose como nunca nas palabras máis diáfanas que xamais pronunciaramos. A tristura, a angustia, a dor, a culpabilidade en estado puro, cunha luminosidade que nos deixa cegos. A nosa existencia esvaécese. Por un momento. Adquirimos conciencia do noso deber, coñecemos as nosas obrigas, proclamamos as nosas decisións. Buscamos cómplices, adhesións e modestamente actuamos. O noso mundo móvese, respiramos. O noso entusiasmo ao servizo da máis nobre das causas. Admiramos a valentía dalgúns que arriscan a súa vida. A súa xenerosidade, a súa humanidade. Recuperamos o sorriso, a nosa enerxía, as ganas de vivir. Fomos solidarios. Saímos indemnes do inferno. Por un momento

Ángel Porta Álvarez

17


Hoxe, 10 de decembro, celébrase o día dos Dereitos Humanos, dereitos que velan polas liberdades e loitan contra as inxustizas sociais. Para conmemoralo inundamos o Instituto de amarelo, cor de Amnistía Internacional, organización que loita polos dereitos humanos de tódolos cidadáns do mundo dende 1961. Son moitos os Dereitos que non se cumpren día a día en pobos, cidades e países do mundo. Son moitas as persoas que non poden expresar a súa opinión por viviren en lugares onde non existe a liberdade de expresión. Son moitos os nenos e nenas que non poder asistir á escola por non teren dereito á educación. Son moitos os homes e mulleres que morren de fame ou frío por non teren dereito a unha vivenda ou a alimentarse. Aínda que hoxe, como cada 10 de decembro, celebremos este día, tódolos días deberían ser O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. E os alumnos e alumnas do Rafael Puga Ramón seguiremos soñando con que todos e todas poidamos vivir en liberdade e se nos respecten os nosos dereitos fundamentais. Non hai barreira nin pechadura que ninguén poida impoñer á liberdade da nosa mente e dos nosos soños.

O Pugadramón

18


Estas son as inesquecibles experiencias que viviu a vosa compañeira Sofía o curso pasado cando marchou a Estados Unidos para estudar primeiro de bacharelato. Como veredes pasouno de marabilla, aprendeu inglés e fixo unha morea de amigas e amigos, quen puidera!

A MELLOR EXPERIENCIA DA MIÑA VIDA Ola, son Sofía, gradúome este ano e gustaríame contarvos a miña experiencia o ano pasado en USA. Eu fun mediante unha beca que concede o concello, que vos recomendo pedila. Grazas a esta beca eu tiven a oportunidade de ser unha Junior nun High School de Estados Unidos. Isto foi coma un soño! Vivín cunha familia de acollida, fun ao High School, participei en todos os deportes, fun a todos os bailes... E moitas cousas máis. Marchei a mediados de agosto e volvín a mediados de xuño.

Eu e miña irmá Kelsey no aeroporto

Nestes 10 meses coñecín a un montón de xente,

fixen

moitísimos

amigos

inesquecibles, ademais de que aprendín un idioma moi importante como é o inglés. Eu non sabía case nada de inglés cando cheguei, todo o que dicía era yes, yes, yes, non importaba o que me dixeran, eu sempre dicía yes! Os primeiros meses foron difíciles, pero en canto comecei a entender todo foi moito máis fácil! Tamén aprendín moito da cultura americana e divertinme moito nas súas festas. Unha das cousas que máis me gustaron foi o instituto,

era

exactamente

coma

nas

películas! Sen dubida eu repetiría esta experiencia, por iso se estades a tempo tedes que pedir a beca. Goodbye and enjoy your summer (:

Eu e miña irmá Kelsey no baile do Prom

Sofía Lago Bello, 2º BACH A

19


O pasado 23 de maio celebramos a festa de graduación dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato. A vosa compañeira Cristina quixo compartir con todos nós as súas experiencias durante os seis cursos que estivo no centro. Grazas Cristina e boa sorte a toda a promoción, botarémosvos en falta! Chegan os últimos días de curso e é hora de facer balance. Remata a nosa travesía, mesmo nalgúns momentos odisea, polo IES Rafael Puga Ramón, aquel instituto que todos nós viamos de pequenos como o territorio inescrutable ao que accederiamos nun futuro moi afastado. Pero nun abrir e pechar de ollos atopámonos aquí dentro, nas xornadas de acollida, cando aínda non remataramos a educación primaria, e nese momento desexamos non rematala nunca. Xunto aos nosos pais e da man da directora do instituto fomos descubrindo as aulas que ocupariamos os 6 anos seguintes, e aqueles corredores que semellaban infinitos foron testemuñas das nosas facianas que reflectían unha mestura entre ilusión e pánico. En poucos meses estariamos no instituto, e eran palabras maiores. O primeiro día da nova etapa que representaba o instituto confirmou os nosos peores presaxios. Estabamos en novas aulas, con novos compañeiros, separados da maioría dos nosos amigos e cunhas profesoras que, malia os seus esforzos por facernos sentir coma na casa, dábannos un certo respecto. Sen embargo, a desconfianza e temores dos primeiros días deron paso á tranquilidade ao ver como o instituto non era o cárcere que semellaba, e pouco a pouco fomos afacéndonos ao novo ritmo de estudo, relacionándonos cos novos compañeiros e coñecendo aos novos profesores. Desta maneira foron pasando os anos, máis rápido do que calquera de nós podería imaxinar, e coma da noite á mañá, chegamos a cuarto da ESO, o curso que non só significaba a obtención do título da ensinanza obrigatoria, senón tamén o traslado do primeiro ao segundo piso, e iso era outro nivel. En primeiro de bacharelato entendemos o ben que viviramos ata daquela e como a nosa vida social ía quedar orfa se queriamos conseguir uns resultados canto menos decentes. Pero co esforzo e o traballo de aliados, conseguimos superar o primeiro curso do inferno, e neste ano que agora remata, por fin chegamos á meta, o temido curso de segundo de bacharelato. Sería imposible levar conta das veces que pensamos e escoitamos aquilo de “quen me mandaría a min aprobar primeiro de bacharelato” ou aquilo outro de “que ben vivía os anos anteriores e canto me queixaba”. E era certo.

20


Foi un curso moi duro, quizais máis do que esperabamos. Atrás quedan milleiros de horas de estudo e outras tantas horas de sono perdidas, litros e litros de café inxeridos e ese sentimento de só vir ao mundo para vivir recluído na casa estudando. Quen máis ou quen menos viu as súas tardes e noites de estudo acompañadas por estrés e mesmo bágoas, o que fixo roldar en varias ocasións pola nosa cabeza a posibilidade de abandonar. Pero chegados a este punto, botas a vista atrás e comprendes que todo o esforzo mereceu a pena, pois grazas a el podemos afirmar que sobrevivimos a segundo de bacharelato e á selectividade. Rematan desta maneira os nosos 6 anos de estadía no Puga Ramón, ese instituto que nos viu chegar coma nenos e nos ve saír coma persoas supostamente maduras, que se enfrontarán por primeira vez ao mundo sós. Abandonamos o refuxio do instituto, onde eramos constantemente guiados polos nosos profesores, e sabemos que por moito que nos queixaramos, botarémolo de menos. Por iso só cabe dar as grazas, tanto aos profesores, pedra angular da nosa formación, coma a todos aqueles que nalgún momento puxeron o seu gran de area no noso desenvolvemento, dende o persoal non docente ata a Antonio e o seu bar, que tantas forzas nos proporcionou neses días que semellaban interminables. Grazas por cada un dos 6 anos nos que formamos parte do Puga, o cal sempre formará parte de todos nós.

Cristina Lameiro Alba, 2º Bach B

21


ASÍ SON EU! Eu son Mónica e gústame tocar a harmónica son: atrevida e divertida segundo a miña amiga. Gústame o mar e nel métome para nadar. Gústame sentir a brisa na cara mentres nunha rocha estou sentada. Ver gaivotas me fascina, pois elas son a vida.

Mónica Jiménez, 1º ESO B

EN NÓS As liñas das miñas mans borráronse,

Triste é,

a nena chea de Sol apagouse

máis aínda converterse en furacán

todos van tras dela

esnaquizando todo ao seu paso,

pero ninguén a atopa.

cando no seu comezo tan só quería tronar.

O tempo deixouna marchar,

Todos somos un,

a realidade abateuna

todos fomos nenos,

desexos e aspiracións nesta vida

atrapados agora están

cheos de limitacións que os precedían.

esperando un receso no pensamento.

Quen deixa de crer para ver

Andrea Brandariz Rioja, 1º Bach C

pecha portas aos soñadores, superiores pensan ser, mais son vítimas de si mesmos, de alguén que quixo vencer.

22


UNA LÁGRIMA EN EL RÍO FLOTANDO Una lágrima en el río flotando se va tras un bello y dulce cantar una gran tristeza se desahoga, y tan solo una mirada basta. En un campo las flores empiezan a salir solamente cuando tú dejas de sufrir, sin amor tu voz cantando se va CON ONCE SÍLABAS POR VERSO………

y una gran tristeza te esperará. Caminando por la calle

Con once sílabas por verso, tienes

he recordado tus besos

mi soneto, cosa que nunca ví

pensando en tantos momentos bellos

y aunque ellos me digan que ya lo ví

especialmente cuando estás sonriendo.

no me importa nada; aquí lo tienes.

La verde hoja cae del árbol,

Necesitaba algo que tú descubres

el viento va silbando,

fácilmente, ¿rima consonante? Sí,

a ti te sonríe la felicidad

eso es; añádele dos cuartetos, y,

y nunca más te abandonará.

otros dos tercetos y ya lo tienes.

Subiendo las escaleras de la pasión,

Ten en cuenta que necesitas estas

se te va agrandando poco a poco el corazón.

rimas: ABBA, ABBA, CDC y DCD.

Las escaleras vas subiendo

Es necesario que claro lo tengas.

y poco a poco la luz vas viendo.

Y si te digo que con esto ya estás

Bajo unos grandes castaños,

ya te alegras; y sin saber por qué de

veo tus ojos almendrados.

repente ya terminaste en un plis-plas.

Cuando te veo se me sale el corazón, únicamente te puedo cantar esta canción.

Alejandro Antelo Barral, 1º ESO C

Diego Oreona Pena, 1ºC ESO.

GRAFFITI CON ROSALÍA Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO B e a súa profesora de Galego, Loli Cid Cid.

23


Claudia Fernรกndez Lรณpez, 1ยบ ESO C

24


A FONTE DE SAN XOÁN DA ROSA Esta fonte atópase ao lado da capela de Xan Xoán da Rosa, na parroquia de Vendrade, no concello de Oza dos Ríos. A Lenda di que tes que lavar a cara coa auga desta fonte e secala despois cun pano branco que debe quedar nun silveiro, preto da fonte, ou colgado da póla dunha árbore. Se fas todo isto, esa auga quítache as impurezas todas que tes na pel.

Tania Rilo, 2º ESO

A NENA QUE FOI LAVAR AO RÍO Na parroquia de San Estevan de Cós, Avegondo, conta a xente maior que, hai moitos anos, alí unha rapaciña foi lavar a roupa ao río. Pois esta rapaza disque desapareceu, nunca máis se soubo dela. Non se sabe se escapou, marchou, a levaron ou a levou o río. Entón hai algúns que din que na noite de San Xoán esta moura aparece por alí, a lavarse e a peitearse, iso é o que din. Non hai máis, cousas de mouros!

Tania Rilo, 2º ESO

A ERMIDA DE ARANGA A lenda di que había unhas mulleres que pasaban de noite preto de Aranga e sentiron soar unha campaíña por debaixo da terra. Elas foron correndo avisar o cura e cavaron no lugar ata que deron cunha cruz de ferro que tiña adornos de cobre e unha coroa de prata cunha campaíña que só sentían soar as mulleres. No sitio onde apareceu a cruz brotou unha fonte de augas milagreiras e alí ao carón ergueuse unha ermida. E hoxe aínda é o día no que se segue celebrando unha romaría no lugar cada tres de maio.

Sabela Espiño, 2º ESO

25


A PERDICIÓN DUN MESMO Espertábame cada mañá e todo era o mesmo:a mesma rutina,as mesmas discusións,sen facer nada... o único que me entretiña era o meu máis fiel compañeiro.Chamábase Mustafa, un vello elefante pertencente a un refuxio de animais que levaba a miña familia. Cada vez que o vía alegrábame, xa que dedicaba a maior parte do meu tempo a estar con el, ata que houbo un momento no que decateime de que as cousas non ían ben e comecei a sospeitar de que algo sucedía. Meus pais dicíanme que non era nada, mais sabía que me estaban a mentir. Cando eu menos mo esperaba, ao chegar ó lugar de encontro co meu amigo, para desgraza miña, non estaba... Supuxen o que pasara con só ver a cara dos alí presentes. Toleei freneticamente, un estraño sentimento apoderouse de min e as bágoas non paraban de precipitarse unha tras outra vertixinosamente. Miña dor transformouse en agresividade, e facíalle dano a todos os que me arrodeaban, miña frustración podía comigo e sen máis explotei, polo que alguén me dixo que podía axudarme. Sabía perfectamente o tipo de axuda que era, a cal sería a perdición para min, pero mellor iso que seguir con todo aquilo que estaba a sentir. Ao principio tomaba pouca cantidade, pero a adicción que posuía aumentou en tal medida, que só estaba consciente unha hora das vinte e catro que ten un día e era para conseguir máis droga.Deixei de atender a razóns, motivo polo cal meus pais non sabían que facer e déronme as costas. Máis tarde, despois de todo o que fixera, púxenme a pensar no que se convertera o que eu chamaba a miña vida. En todo este tempo, só lle causei dor a aqueles que me importaban, estaba cegado. Entonces, para que vivir? Fun ver o mar por última vez. Ó presenciar aquel acto, como se dunhas mans enormes batendo o mar, que parecía axitado, se tratase. As olas chocaban con forza, rompéndose unha a unha naquel empinado e rochoso acantilado, reconfortoume e deume as forzas que xa non tiña para avanzar coa miña decisión. Sen máis dilación adentreime pouco a pouco nesas frías augas, que me reprochaban todo. Non sentía nada, os meus oídos perderan audición e todo o meu ser comezou a desaparecer e cando estaba a punto de extinguirme por completo, vin a Mustafa, alí estaba, correteando tan san e cheo de vida como a primeira vez que o vira. As nosas miradas cruzáronse e sentinme aliviado ao ver que nos seus ollos non había nin pisco de odio nin rancor cara a mín. Pechei os meus, debuxándose un tenue sorriso nos meus labios, esvaecéndome.

Karina Acosta Paulino, 4ºESO B

26


EL GRAN LIBRO EXTRAÑO Estaba nevando en la aldea aquella noche. No era mucho más de la una y yo estaba escuchando música mientras estaba con el ordenador. De repente, me di cuenta de un pequeño libro que se asomaba en mi sucio y desordenado escritorio, que mis padres me mandaban limpiar todos los días. La verdad es que no tenía ganas de levantarme para cogerlo, así que decidí dejarlo para el día siguiente y ver de qué iba ese libro del cual desconocía su existencia, hasta el día de hoy nunca lo había visto. Por la mañana, al despertarme, me senté en la silla de mi habitación y me puse a buscar aquel libro, había desaparecido de la noche a la mañana. Empecé a ordenar toda la mesa para encontrarlo y nada, no estaba por ningún lado. Miré por los cajones y tampoco nada. De aquello ya habían pasado tres semanas y el libro continuaba sin aparecer, hasta que, de repente, lo veo ahí, en el mismo lugar y a la misma hora que lo había encontrado la primera vez. Me levanté y lo cogí. El título era La historia de mi infancia y no aparecía el nombre del autor, pero sí contenía una bonita dedicatoria: “para esa familia que, tal vez, nunca

llegaré

a

conocer”.

Me

pareció

una

dedicatoria muy conmovedora e intrigante, así que decidí leerlo. -¡No puede ser!-grité. -Pero, ¿qué te pasa Raquel? ¿Hace falta dar semejantes gritos? Ya te he dicho que si tienes problemas con los deberes me pidas ayuda. –me dijo mi madre, que se había asustado con mis gritos. -No, mamá. No es eso. ¡Es que he encontrado un libro que no está escrito! ¡Tiene las hojas en blanco! - ¿Y haces tanto ruido sólo por eso? De verdad, a los adolescentes de hoy en día no hay quien os comprenda.- iba farfullando mi madre mientras salía de mi cuarto. La verdad, no me hacía ninguna gracia que el libro no estuviese escrito; tanto buscarlo para nada. De repente, el viento hizo que las hojas del libro comenzasen a moverse y empecé a escuchar una voz masculina en mi habitación. ¿Qué estaba pasando?, ¿de dónde provenía esa voz? Cada vez que el viento entraba por mi ventana las hojas del libro se movían y yo oía aquella voz que estaba contando una historia. Esta historia hablaba de un niño que se había enamorado de una compañera de su instituto. Ella ya tenía novio pero aún así, él seguía soñando con

27


ella y con que algún día se casarían y tendrían una hijita a la que llamarían Raquel, nombre que a él le gustaba desde pequeño. Un buen día decidió que ya era la hora de expresar sus sentimientos hacia ella. Lo tenía todo planeado. Incluso había ensayado varias veces ante el espejo para no quedarse en blanco en ese momento. En la hora del recreo se acercó a ella y la invitó a dar un paseo. A la niña no le apetecía y lo rechazó, ¿cómo iba a ir a pasear con otro niño que no fuese su novio? Él se sintió un poco frustrado pero aún así decidió volver a intentarlo. ¡No podía renunciar a su sueño de estar con ella! A la salida del instituto esperó a que ella saliese y se acercó a ella para leerle un poema que le había escrito:

Fue en el primer día del instituto cuando me robaste algo que no era tuyo. Aquel corazón, triste ya abandonado, que sueña con estar a tu lado. Después, con el paso de los años, me percaté de que tu corazón pertenece a un extraño. Un extraño tan lejano y a la vez tan cercano.....

La niña se quedó sorprendida por la valentía de aquel niño, que con este poema le había robado el corazón. A Raquel esta historia le pareció maravillosa y familiar al mismo tiempo. ¡Cómo no le iba a resultar familiar! Su madre se la había contado muchas veces. Así se habían conocido sus padres y de ahí su nombre y su afición por la poesía.

Natalia Carro Varela, 2º ESO A

28


Antón Xuíz García, 2º ESO A 29


Velaquí unha exhaustiva reportaxe sobre a industria automobilística en Galicia que o noso alumno Diego quixo compartir con nós antes de deixar o instituto. Este compañeiro é colaborador desta publicación desde o primeiro número. Grazas polo teu tempo e polo o teu traballo que sempre é dunha calidade excelente!

Non vemos a importancia que ten. É tan usual que cada familia teña un ou máis que non somos conscientes do que supuxo no seu momento para as persoas este adianto. Representa, xunto co ferrocarril e o avión, a revolución dos transportes. Porén, é o coche o medio de transporte máis estendido entre a poboación mundial por ser o que máis liberdade de movemento permite

Coche de Karl Benz

(axeitado para os pequenos desprazamentos, o seu tamaño fai posible que sexa posuído por particulares nos seus fogares e que a persoa non teña que depender, por exemplo, das paradas que realiza un autobús se fose nel…). Temos que remontarnos a finais do século XVIII e comezos do XIX cando nacen os primeiros devanceiros: o Fardier (sobre 1770 en París) de Nicolas-Joseph Cugnot ou o

Puffing Devil (Cornualles, Reino Unido, arredor de 1800) de Richard Trevithick serían os ancestros máis antigos do coche tal e como o concebimos. O pai nacería en 1870, cando Siegfried Marcus puxo en funcionamento con éxito o primeiro automóbil cun motor de combustión interna propulsado por gasolina en Viena. Mais o nacemento do considerado primeiro automóbil (como o entendemos hoxe en día) produciuse en 1885 a mans do alemán Karl Benz, que comezou a producilos e vendelos despois do éxito que supuxera a viaxe de arredor de 100 km realizada pola súa muller cun dos seus coches. Parémonos agora no noso territorio: o primeiro coche con motor de gasolina que chegou a España foi un Panhard Levassor francés no ano 1881, e o que estivo matriculado antes que o resto de automóbiles a nivel nacional foi un Clément de matrícula

PM-1, cuxo

propietario era de Mallorca. Galicia estreouse no panorama automobilístico en 1903 cando unha adiñeirada familia catalana trouxo a Pontevedra desde Francia un Ranault Type N de 1902 que quedou matriculado na nosa terra como PO-2.

30


O PO-2 caeu en mans do marqués de Elduayen en 1904 que, tras velo perigoso, decidiu regalarllo o seu mecánico Jesús Pazó. Hoxe en día os seus descendentes son os propietarios desta antigüidade, o primeiro vehículo automóbil en pisar dominios galegos e o máis antigo en ser matriculado en Galicia. Por certo, actualmente aínda O PO-2 cun membro da familia Pazó

segue a funcionar sen moitos problemas.

Mais, que sabemos do primeiro “coche galego”? Pois teremos que pegar un salto temporal de case 50 anos para falar do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia. Foi en Porráns (Concello de Barro, Pontevedra) en 1950, no taller de bicicletas do que fora ata a Guerra Civil o tesoureiro do Partido Galeguista Xosé Moldes. Alí, segundo aparece recollido por Emma Tilves Pazos, Moldes empregou “un motor de gasolina de tres cabalos, que se dicía que era un motor de regar adaptado, que tiña tracción traseira feita cunha cadea de bicicleta e que contaba cun habitáculo para dúas plazas, ademais de espazo traseiro para carga”. Esta é a descrición do coñecido coma O Couso (El Coso en castelán), nome recibido cando o xefe de obras públicas de Pontevedra mandou retiralo da circulación tres anos despois da súa creación e que pasaría a facer referencia a esta máquina na posteridade. Nesta mesma década estaba a producirse simultaneamente o ascenso dunha das personalidades galegas máis importantes do século XX que, desde o meu punto de vista, non goza do recoñecemento popular que se merece.

X. Moldes e O Couso

Estou falando de Eduardo Barreiros, un dos personaxes que, como di o historiador Hugh Thomas no seu libro “Barreiros, o motor de España” (Editorial Planeta, 2007), “contribuíu ao desenvolvemento industrial e económico e á motorización da España dos anos 50 aos 70”. A súa impresionante historia comezou un 24 de outubro de 1919 nunha parroquia de Ourense, cando Luzdivina trouxo ao mundo o maior de cinco irmáns.

31


Iniciouse na mecánica desde rapaz, axudándolle ao seu pai Eduardo na humilde empresa familiar de autobuses que este fundara: tras participar na Guerra Civil, encargouse de reconstruír autobuses nun pequeno taller na casa adaptando pezas doutros automóviles que ían aumentando a liña de autobuses dos Barreiros. Pouco a pouco comezaron a ter máis ingresos e a ser máis coñecidos e influentes localmente grazas á fundación a mediados da década dos 40 de Becosa (Barreiros Empresa

Constructura, S.A.), xa que será esta empresa a que iniciará a expansión de Eduardo Barreiros: neses anos as primeiras

Eduardo Barreiros

construcións de obras públicas a nivel nacional permitíronlle conseguir unha forte cantidade de capital que fixo posible comezar a transformación desde o taller de Ourense de motores gasolina en motores diésel (nun principio, por necesidade propia para empregar nas obras; remataría comercializándoos, o que lle supoñería un gran número de ingresos). En 1954, grazas a eses cartos gañados, fundou Barreiros Diésel, empresa cuxa fábrica estaba localizada en Madrid na que creou o exitoso motor de tecnoloxía Barreiros EB-6 (6 cilindros e 90 cabalos de vapor) para camións de 5-7 toneladas métricas. Con este motor incorporado ao camión coñecido coma O Avó gaña un concurso en Portugal para subministrar estes vehículos todoterreo ao exército portugués. Tamén fabricara anteriormente o EB-2 (2 cilindros, para tractores) e, tras o EB-6, veu o EB-4, un motor de 4 cilindros e 55 CV (cabalos de vapor) preparado O Avó. Fonte: Fundación Barreiros.

para turismos, etc.

Á vez que todo isto ocorría (ata 1962) e entre outras moitas cousas, Eduardo fundaba numerosas empresas relacionadas en maior ou menor medida co automóbil, comerzializou dous novos camións (o Azor e o Súper Azor), foi condecorado coa Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil… Co primeiro lustro dos anos 60 produciríase a época de maior expansión do empresario ourensán, o seu período de auxe económico e de recoñecemento a nivel de España e mundial. Esta situación foi posible a causa da decisión de asociarse co grupo Chrysler Corporation en 1963, a mesma que propiciaría a fin do esplendor de Barreiros.

32


O non-cobro da totalidade das letras dos seus automóbiles

(o

elevado

custo

dos

seus

camións

imposibilitaba ao comprador de que puidese pagar enteiramente as letras) facía que Barreiros Diésel non puidese

conseguir

os

ingresos

necesarios

para

continuar ao ritmo que ía, polo que Barreiros viu a O Azor. Fonte: Fundación Barreiros.

necesidade de atopar un socio.

Cun case 40% do total das accións de Barreiros Diésel en mans de Chrysler (que lle custaran arredor de 20 millóns de pesetas), este último investiu 1000 millóns de pesetas. Ademais, disparáronse as vendas e comezaba a intuírse que a a produción de vehículos propios correría perigo no futuro posto que os obxectivos da corporación estranxeira eran introducir principalmente os automóbiles Dodge e Simca no mercado axeno aos EEUU. Todo isto, sumado ás continuas diferenzas entre Eduardo Barreiros e os dirixentes da

Chrysler que cada vez aumentaban máis e máis (a maioría ocasionadas pola forma de financiar os pagamentos dos coches e da propia Barreiros Diésel), rematou coa fin esperada: a derrota do empresario galego fronte a toda unha compañía de nivel internacional e multinacional coa que non foi quen de competir. En primeiro lugar, as débedas que alcanzaba esta empresa e a diminución das vendas fixeron necesario que en 1967 Barreiros vendese accións a Chrysler ata alcanzar este o 77% do total da entidade e converterse no seu accionista maiotitario. Tras adquirir a corporación americana practicamente a totalidade de Barreiros Diésel e convivir nun constante enfrontamento coa Chrysler, a familia Barreiros encabezada por Eduardo renuncia a todos os cargos que posuía e véndelle todas as participacións que lle pertencía (lembremos que Eduardo Barreiros era o presidente) no ano 1969. Mentres Armstrong, Aldrin e Collins establecían un fito histórico e protagonizaban a realización dun soño para a humanidade como era poñer o pé na Lúa, había outros americanos que remataban finalmente co soño que conseguira protagonizar un enxeñoso, inconformista e perseverante soñador galego. Un soño que comezara nun humilde taller ourensán e que con tanto esforzo, dedicación e ilusión fora forxado veuse, de súpeto, abaixo. Mais xunto á escalada e o descenso ó cumio do éxito (desde 1963 ata 1969), tamén ocorrían simultaneamente outros feitos non menos importantes na traxectoria de Barreiros:

segue

creando

empresas

coma

COFIC

(Comisión

Internacional

de

Financiamento e Crédito, unha empresa que financiaba a venta a prazos dos automóbiles

33


que máis tarde sería absorbida por Chrysler) ou Cipsa

(Centro de Investigacións

Petrolíferas S.A.), a revista TIME dedícalle unha reportaxe en 1964 e goza de recibir algunha das condecoracións máis importantes da súa vida, que foron a Medalla de Ouro ao

Mérito no Traballo do Goberno Español e, por enriba, o Premio Internacional Dag Hammarskjöld ao Mérito Industrial. Na seguinte década inmediatamente posterior ao seu abandono de Barreiros Diésel, Eduardo non realiza ningunha actividade referida ao motor, co cal saltarémola ata chegar o ano 1978. Nese ano funda Dimisa (Diésel Motores Industrias S.A.) coa función de investigar e desenvolver motores de combustión interna modulares en V (130-500 CV). Na fábrica de Dimisa que foi instalada en Pinto (Madrid) foi onde se fabricou o motor Barreiros de 8 cilindros que gañou o concurso realizado en Cuba polo Goberno Cubano para desenvolver a industria automotriz do país e producir os chamados Taino EB, motores diésel de entre 6-12 CV. Primeiro fixéronse as primeiras transformacións de motores rusos (ZIL-130) de gasóleo a diésel e posteriormente comezan a fabricarse os Taino EB10 (10 cilindros en V), Taino L3 (3 cilindros en liña), Taino L4 (4 cilindros en liña), Taino EB6 (6 cilindros en V, 200 CV, foi o máis fabricado en Cuba), Taino EB8 (8 cilindros en V, 320 CV), etc. Nos seus últimos anos seguiu recibindo recoñecementos. Os máis salientables foron que a Universidade d’A Habana outorgarlle o Título de Doutor Honoris Causa en Ciencias Técnicas e que lle foi concedida a Giraldilla d’A Habana, símbolo de agradecemento por unha gran contribución a dita cidade. A través de todo isto vemos que papel representa Eduardo

Barreiros

tanto

nacional

como

internacionalmente: a nivel nacional foi un dos principais propulsores de España na difícil época dos anos 60 ademais de ser responsable de terlle dado emprego a máis de 25000 persoas. A nivel internacional quedou moi presente, por exemplo, en Cuba, onde foi moi influínte, aínda que temos que lembrar que exportou a máis de 25 países do

E. Barreiros e Fidel Castro. A Habana, 1979.

estranxeiro os seus produtos. Por iso debemos facerlle o recoñecemento que se merece, porque é historia do noso país (mellor dito, da humanidade), un símbolo de que todo é posible con humildade e esforzo e de que a vida ás veces non é tan xusta como debería.

34


Ao mesmo tempo que Barreiros progresaba, tamén estaba xurdindo outro protagonista da historia automobilística galega actual: a fábrica Citröen de Vigo. Fachada da fábrica PSA Peugeot Citröen

Citröen

Hispania

instalou

a

fábrica

provisional na Aduana en abril de 1958, cun

número de máis ou menos 100 empregados producindo só a furgoneta AZU. Desde que a fábrica se traslada a Balaídos (localización actual) en 1959 ata mediados dos 60, as cifras sempre melloraban: en 1960 pasa a contar con 500 traballadores e no 63 chéganse a fabricar 19000 vehículos (coma o 2CV). O segundo lustro da década dos 60 supuxo un estancamento, e non sería ata 1973, coincidindo co comezo da Crise do Petróleo aínda que pareza mentira, cando se comezan a producir mostras de recuperación e de mellora, chegando a ser 6000 obreiros na planta e a superar os 100000 coches producidos no ano 75, ano no que Peugeot faise con Citröen, fundándose o grupo PSA. Desde ese momento ata os nosos días a fábrica irase modernizando e producindo novos automóbiles (o caso máis representativo foi o do Citröen C15, producido desde 1984 ata 2005 máis dun millón de unidades,

pero

tamén

foron

importantes o ZX, Xsara e Xsara

Picasso desde os 90), alcanzando

Coches producidos (eixo vertical) por ano (eixo horizontal1958-2008)

en 2007 a mellor campaña da súa historia, fabricando 5 anos despois o coche 11.000.000 da fábrica e contando a fins de 2013 cun total de 6900 operarios. A fábrica Citröen de Vigo xunto con Eduardo Barreiros contribuíron no desenvolvemento da industria do automóbil en España e, como galegos que son, temos que estar orgullosos e recoñecer a pegada que deixaron. Seguindo os valores da Fundación Barreiros e do PSA, agora tócanos a nós conducir un coche pola estrada da vida, construído na fábrica da ilusión e cun motor tirado por un combustible inesgotable: os nosos soños.

Diego López Pombo, 2º BACH A

35


Este curso tivemos a sorte de ter entre nós a Paul Clark Behrend, un rapaz estadounidense que nos axudou a mellorar o noso inglés. Esta é a entrevista que lle fixo o noso alumnado. Ola Paul, bos días!. Para comezar de onde es natural? Eu son doutro mundo, dos EE.UU. Nacín en Colorado pero son de Iowa. Gústache estar aquí, en Galiza? Encántame estar aquí. É a primeira vez que vés aquí? Non, este é o 3º ano. Xa sabías galego ou aprendíchelo aquí? E castelán? Aprendino aquí e é o terceiro ano que estudo galego. Castelán xa o sabía antes de vir. Ata cando vas traballar aquí? Queres voltar a Galicia a traballar? Ata finais do mes de maio. Sí, encantaríame, pero é complicado. Traballaches fóra de Galicia? Sí, na Escola de Idiomas da Rioxa. No verán estás de vacacións ou traballas nalgunha outra cousa? Traballo nos EE.UU. de moitas cousas, pero vou tentar seguir aquí. Que opinas do noso nivel de inglés? Está bastante ben. Pódese dicir que se comparamos o nivel dunha clase de español do norte dos Estados Unidos co voso de inglés, é mellor o voso. Gustaríache realizar saídas ou actividades extraescolares en inglés? En principio sí, por exemplo no IES Rafael Dieste fixemos un curso de educación física en inglés, un concurso de música, e un debate en inglés sobre a enerxía eólica. Viaxaches por España? E que sitios tes curiosidade por coñecer? Non moito, concentreime en aprender a cultura e a lingua galegas. Gustaríame coñecer Córdoba, porque foi unha cidade onde conviviron 3 culturas, cristiáns, xudeus e musulmáns, sen ningún problema; e tamén as Illas Canarias, polo sol e para facer submarinismo a gran profundidade. Que opinas da xente que non considera o galego como unha lingua? É un asunto complicado. Entendo as dúas posturas, porque por exemplo eu se non estudara galego, non entendería nada. Pero pola outra parte, existe unha literatura, unha cultura e tamén bandas de música en galego que non existirían se o galego non fose unha lingua.

36


Tamén existen conflitos lingüísticos no teu país? Sí, sobre todo nos estados do Sur. Por exemplo, no estado de Novo México o goberno funciona nas dúas linguas, español e inglés; pero no estado de Iowa, normalizouse o inglés como lingua oficial, porque a publicación de documentos en máis dunha lingua ten un custo máis elevado. No meu estado, onde se ve unha situación de bilingüismo é nas escolas bilingües. Que pensas dos políticos que utilizan a lingua como arma política? Non sei que contestar! Estou enfocado no proceso de aprendizaxe do galego. Respecto a política, para unha persoa estranxeira resulta complicado porque podes ter complicacións laborais e pode empeorar a vida. Penso que se unha persoa fala galego, fala galego. Listo. Hai xente que di que todo é política, pero eu penso que non todo o é. Non sei a miña postura sobre este tema ao 100%. Moitas grazas por atendernos!

Andrés Antelo Abeijón, 4º ESO B e Carolina Acosta Paulino, 3º ESO B.

37


O pandeiro cadrado é un instrumento tradicional galego de percusión. Consiste nun marco cadrado de madeira, duns

corenta

a

cincuenta

centímetros

de

lado,

recuberto por ambas caras cunha pelica ben resistente. No interior do pandeiro, moitas veces, colócanse axóuxeres ou campaíñas. Para tocalo, cóllese coa man esquerda pola beira de atrás co dedo polgar e co resto dos dedos por diante. Deixase a man dereita libre para golpear o instrumento. O seu uso estendeuse moito durante o século XX debido a que as primeiras corais sinfónicas de Galicia o utilizaban. Hai moitos lugares de Galicia onde aínda se toca este instrumento, como no sur da provincia de Pontevedra, onde é un instrumento tradicionalmente feminino, tócano elas sobre todo. Pero hai outros lugares como na Paradanta o os Ancares onde tamén é tocado polos homes.

Brais Freire Braña, 3º ESO B

Esta especie de lagarto pode verse en toda Galicia. Non é un animal acuático pero, sen embargo, sempre está a roldar polas beiras dos ríos. Vive en matogueiras e arbustos, sobre todo nas silveiras. Mide

ata

lonxitude

quince bastante

centímetros grande

(una

para

un

lagarto). O macho é de cor verde herba e a femia presenta una tonalidade parda. Trátase dun animal cazador que come caracois e todo tipo de insectos.

Jesús Deibe Monteagudo, 3º ESO B

38


Este curso daremos un tranquilo e refrescante paseo por este bosque que se atopa ao norte de Lugo. Podedes xogar a abrazar as árbores que alí hai e que son francamente inmensas.

O Souto da Retorta non é realmente un souto xa que non ten castaños. Está situado en Chavín (Viveiro) na provincia de Lugo, á beira do río Landro. Dentro do souto pódense atopar un eucaliptal, o chamado eucaliptal de Chavín, con uns 600 exemplares aproximadamente, moitos deles centenarios e tamén dúas fervenzas, o Salto do Can e o Pozo da Ferida. Esta última ten unha caída de 30 metros e conta unha lenda que a súa cor é parecida á do estrume porque alí caeu de xeonllos unha vella xigante cun feixe de mulime e que nunca máis se puido erguer. Estes eucaliptos foron plantados a partir do ano 1860 para evitar que as terras continuasen a inundarse coas crecidas do río. As sementes foron traídas desde Australia por un misioneiro galego ao retornar á súa terra, Galicia. Estas árbores son as maiores de España, e mesmo de Europa. Entre elas destaca o Avó de Chavín, que ten 126 anos, unha altura de 61,78 metros e un perímetro de 7,55 metros. O Souto da Retorta foi declarado Monumento Nacional e Espazo Natural protexido o 25 de febreiro de 2000. O Avó tamén foi nomeada Árbore do ano en 2010.

Adrián Martelo Martínez, 4º ESO A

39


Este curso faremos un pequeno percorrido polos Cantóns que,como ben sabedes, están no centro da nosa cidade e constitúen un fermoso lugar para pasear. Esperamos que vos guste! É fácil cando se fala sobre A Coruña terminar caendo no tópico da Torre de Hércules, o milenario e omnipresente monumento que pola súa fama parece que se puidese apreciar dende calquera punto da nosa cidade, se ben a nosa historia tamén nos permite viaxar a outros lugares emblemáticos, como por exemplo os Cantóns. O que entendemos por Cantóns divídese en dúas rúas principais, a rúa Cantón pequeno e a rúa Cantón grande, sendo a primeira a que abrangue a maior parte dun dos principais parques da Coruña, os Xardíns de Méndez Núñez. Resulta imposible falar dos Cantóns sen falar dos Xardíns, que acompañan á cidade dende mediados do século XIX e que recollen historias e anécdotas para encher librarías enteiras. Contén dende monumentos aos nosos pais e grandes da literatura como Curros Enríquez ou Emilia Pardo Bazán ata un do cantante inglés

John

Lennon,

pasando

por

camiños

perfectamente coidados e nos que sobresae unha notable e viva variedade de árbores e plantas que decoran os Xardíns para ser acollidos por unha infinidade de actividades e exposicións, como as anuais “Feira do Libro” e a “Feira do Cómic” ou os postos gastronómicos que achegan aos coruñeses os diferentes sabores das distintas partes de España durante o verán. En resumo, os Xardíns de Méndez Núñez son un dos principais puntos recreativos, turísticos e de ocio da cidade, que deben ser visitados en canto se dispoña dunha mínima ocasión. Pero na nosa travesía polos Cantóns non podemos deternos só aquí. Ao outro lado da rúa está a parte máis financeira e un dos principais núcleos económicos, fundamentando a súa existencia coa presenza das grandes sucursais de compañías como Banesto ou Banco Popular. Se camiñamos un pouco máis arriba atoparemos tamén as sedes da Fundación Barrié e da Fundación Caixa Galicia, xa no Cantón Grande.

40


Aínda que se queremos salientar algo da historia desta

pequena

parte

da

Coruña,

podemos

remontarnos ata algo máis de dous séculos atrás, ata o 1809, cando en Europa primaban as ansias conquistadoras de Napoleón Bonaparte e o desexo de vencelo dos que combatían contra el. Unha vez que o francés conseguiu tomar a Península Ibérica ao completo, os británicos acudiron en axuda dos españois e portugueses, que se declararan contrarios ao goberno de Francia e de Bonaparte. E á Coruña chegou o que se convertería probablemente nun dos coruñeses máis internacionais a pesar de ter nacido en Glasgow. Estamos a falar do xeneral británico Sir John Moore.

A súa aventura militar comezou en

Portugal, onde formou un gran exército co que chegou a Salamanca, mais sendo avisado de que unha enorme forza militar francesa ía de camiño alí, Moore decidiu repregarse ata chegar á cidade da Coruña. O obxectivo dos británicos era o de reembarcar as súas tropas no porto e o dos franceses o de gañarlles o terreo e expulsalos. Unha vez aquí, a Moore non lle quedou máis remedio que loitar contra os franceses co apoio e axuda dos habitantes locais, exactamente o 16 de xaneiro de 1809 no episodio histórico coñecido como a batalla de Elviña. Durante a batalla,

o xeneral británico foi

ferido de gravidade por unha bala dunha peza de artillería. Foi apartado da zona de combate e levado ata a casa de Genaro Fontela, un comerciante local, situada no Cantón Grande. Alí Moore, xa moribundo, deu as últimas instruccións para o embarque das tropas británicas, que se produciu ás 17.30 e que trouxo a capitulación da cidade herculina, que pasaría a ser de dominio napoleónico ata finais de xuño de 1809, coa forzada retirada das tropas francesas de Galicia. Pero o británico sentou un precedente de loita e rebeldía cara os franceses que o converteron nunha especie de heroe simbólico para o resto da guerra. En definitiva, os Cantóns, ao igual que Roma, farán que cada camiñante independentemente do camiño que escolla seguir remate tomando algo ou simplemente paseando por esta querida e histórica zona, que permanecerá para sempre no seu recordo.

Darío Pérez Bergantiños, 1º BACH B

41


Este ano marchamos ata Catoira para enviarvos un avance de todo o que alí acontece cada primeira semana de agosto. Un espectáculo inesquecible que vén acompañado de boa comida e música en vivo. Vale a pena achegarse por alí, non si?

A festa da que imos falar agora, celébrase no concello pontevedrés de Catoira, situado na desembocadura do río Ulla na ría de Arousa. E ben, cando se celebra? Esta festa celébrase o primeiro domingo de Agosto. Vénse celebrando desde o ano 1960. A festa ten unha importancia suprema, e por iso, no ano 2002 foi declarada celebración de Interese Turístico Internacional. Queres saber como se desenvolve esta peculiar festa? E as súas orixes? Durante a xornada do primeiro domingo de Agosto, Catoira regresa ao S.XI, data de onde xurdiu a festa cando os habitantes desta vila defenderon as Torres do Oeste fronte o ataque dos vikingos que ían co obxecto de conquistar a cidade de Santiago de Compostela. Nesta data, pola mañá recréase un mercadillo medieval, e é sobre as 13.00 horas cando se dramatiza o ataque dos vikingos e a defensa das Torres do Oeste e dos lugares próximos. Logo da dramatización de obrigada vista, dáse paso a un xantar campestre. Pola tarde, atopan lugar actividades por parte do concello, e esta estupenda Romaría remata cunha actuación dunha verbena na alameda do concello. Pero aínda hai máis celebracións nesta vila aparte das do propio día da Romaría. Os días anteriores, celébranse actos como obras de teatro e xornadas de música para o que todos podan pasar un bo rato neste concello volcado na súa historia. Calquera que estea interesado en vivir esta historia en primeira persoa, non ten que facer máis que achegarse a Catoira e gozar tanto da paisaxe e das vistas como dun día de festa e diversión 100% asegurados.

Andrés Antelo Abeijón, 4º ESO B

42


O día das Letras Galegas dedicóuselle este ano a Xosé María Díaz Castro, tradutor e poeta galego. Esta conmemoración coincide co centenario do seu nacemento. Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares (Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e morreu en Lugo o 2 de outubro de 1990. Empezou a escribir poesía cando tiña tan só 12 anos e publicou o seu primeiro poema en castelán na revista “Lluvia de rosas” e o seu primeiro poema en galego no xornal “El Progreso Villalvés” aos 17 anos. Escribiu poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais e tamén nas revistas “ Estafeta literaria”, e “Ínsula” de Madrid. Tamén realizou traduccións ao galego e ao castelán de varios poetas e prosistas europeos. No ano 1946 publicou “Nascida dun sono” e “Eĺ cántico de la ciudad”. Neste mesmo ano gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña). A súa única obra foi Nimbos (1916) na que inclúe una escolma de poemas que xa publicara e tamén outros novos como “Penélope” que é quizais o seu poema máis coñecido.

Jeniffer Pereyra Príncipe, 4º ESO B

Este curso comezamos esta nova sección coa intención de renderlle unha pequena homenaxe a todas as persoas galegas que dedicaron a súa vida á investigación. Comezamos cun astrónomo e matemático. Ramón María Aller Ulloa, astrónomo e matemático, naceu e morreu en Lalín (3 de febrero de 1878 - 28 de marzo de 1966). Ordenouse sacerdote con vinte anos e con vinteseis, licenciouse en Ciencias

exactas

pola Universidade de Madrid e posteriormente

doutorouse en 1912. Este mesmo ano construiu en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. A partir de 1944 ocupou a cátedra de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela, onde puxeron á súa disposición un observatorio onde continuou os seus estudos en colaboración con outros astrónomos europeos relevantes da época. Foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Unión Astronómica Internacional de Zurich. Publicou varios libros, estudou 10 idiomas, inventou varios aparellos de medición e observación, foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago e ata na Lúa podemos atopar un cráter co seu apelido, Aller.

Iván Espárrago Álvarez, 4º ESO B

43


Como ben recordaredes, o curso pasado vos contabamos que a calculadora foi obra do inventor galego Ramón Verea. Pois ben, que saibades que este non é o noso único invento e senón botádelle un ollo ao seguinte artigo sobre o futbolín. Por certo, alguén se apunta a unha partida?

O futbolín, fútbol de mesa, metegol, futbolo, futbolito, chapulín, fuchín, futío ou taca-taca é un xogo baseado no fútbol que consiste en manexar uns bonecos suxeitos a unhas barras para “xogar ao fútbol” nunha mesa. Sexa cal sexa o nome polo que é coñecido este popular xogo estendido por todo o mundo, poucos saben que foi ideado polo fisterrán Alexandre Campos en

1937

mentres

convalecía

nun

hospital

catalán. Alexandre de Fisterra foi ferido durante un dos bombardeos de Madrid durante a Guerra civil española. No hospital coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao fútbol, e foi daquela cando pensou na idea de crear algo para eles. Alexandre confiou no seu amigo Francisco Javier Altuna, un carpinteiro vasco, para a fabricación do primeiro fútbol de mesa seguindo as súas instrucións. Aínda que a invención foi patentada en 1937, Alexandre tivo que se exiliar a Francia e perdeu os papeis da patente durante unha treboada. Despois de se exiliar en América do Sur, introduciu algúns trocos no seu invento e espallou o xogo polo continente. O xogo espallouse decontado por Europa. Tanto é así, que na década dos 60, cando Alexandre de Fisterra volveu á península, o xogo estendérase amplamente. Non obstante, esta invención é discutida xa que moitos din que o futbolín foi creado polo alemán Broto Wachter. A diferenza é que todos os obxectos eran de madeira, incluídas as barras, e os "xogadores" non tiñan forma de bonecos, senón que eran pequenos triángulos. Agora o futbolín é coñecido por todo o mundo e o xogan millóns de persoas, onde ata realizan grandes campionatos. Ademais as mesas máis modernas teñen barras de titanio, bonecos de plástico e mesmo, nalgúns casos, marcador electrónico.

Cristina Rocha Gestal, 4º ESO B

44


O alumnado da Sección Bilingüe de Física e Química de 3º de ESO fixo varios traballos sobre algúns dos científicos máis salientables da historia, Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

He was born in England on September 22nd in 1791 and he died on August 25th in 1867. His father was a blacksmith and he couldn’t study at school . He started to work as a bookbinder in a bookstore, where he read some scientific books. Faraday went to Humphry Davy’s address and he started to work for him as an apprentice. He and his wife, Sarah, were members of a Christian sect but he kept his life as a natural philosopher completely separated from his life as a pastor. In 1824 he joined the Royal Institution and later he became a Professor of Chemistry at the Royal Military Academy. DISCOVERIES: 1. He discovered carbon chloride and benzene. 2. In 1831, he proved that a magnetic field could produce an eletric current, induction. 3. He started to study the idea that electricity can pass from a magnetic pole to another magnetic pole, he descovered electromagnetism. He built an electric engine, in which a copper disk spins between the poles of an electromagnet, producing an electromotive force. 4. He wanted to promote science between young people and he wrote some lectures, for example. “The History of a Candle”. 5. In 1845 he discovered Diamagnetism ; that’s magnetism is reflected in a substance in a magnetic field. He also said that light and magnetic forces are related. 6. He did two laws about matter and electricity, the Faraday’s laws. 7. He wrote 3 books. He was a very important person in Physics and Chemistry because he discovered many things about electrochemistry and electromagnetism.

Raquel Mahía Vilariño, 3º ESO B

45


Achéganse as vacacións e seguro que tes todo aprobado ou case, e toca pensar que facer co noso tempo. Seguro que tes moitas ideas, pero deixa que che propoña algunha idea tecnoturística. Falar de museos en vacacións pode parecer terrible, pero faime caso e poderás vivir experiencias fantásticas en lugares diferentes. Seguro que varios deles non están ao teu alcance actualmente, pero esperarán por ti para ser descubertos. Queremos buscar atraccións interactivas, divertidas, imaxinativas e diferentes que teñan a tecnoloxía nun lugar protagonista. Empezaremos na Coruña e remataremos nas aforas, para os mais aventureiros. Que tal a Casa das Ciencias, Domus e Casa dos Peixes? Sen dúbida opcións brillantes (=mc2). Sei que moitos xa estivestes neles por exemplo

co instituto, pero a súa orixinalidade e os cambios que

periodicamente realizan especialmente na casa das Ciencias fai que repetir sexa unha idea preciosa. Moito mais divertido do que poida parecer.

Que tal o MUNCIT? En A Coruña ou Madrid temos a oportunidade de experimentar con diversos aspectos da evolución da Tecnoloxía. A ter en conta que o MUNCIT Coruña foi nomeado pola European Museum Forum a mellor museo Europeo do 2014 e que a sección de Madrid cambia de sede este mesmo ano.

Que tal a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia? Sí, sei que non

está mesmo na Coruña, pero merece a pena visitalo. Unha

arquitectura sorprendente e polémica vai ser o primeiro que percibiremos, pero hai moito mais. Un museo das Ciencias, IMAX, Palacio das Artes e moito mais. A estrela é para min o Oceanografic, unha experiencia que non vos podo comparar con nada. Marabilloso!

46


Que tal Futuroscope? Estamos en Francia central, Poitiers, para ver un dos pioneiros e mais divertidos dos parques. Arquitectura impresionante, espectáculos únicos e atraccións de primeira liña como a divertidísima Baile cos Robots e os espectáculos multimedia. Prezos moi atractivos na tarde que permiten ver todo o parque e os espectáculos nocturnos..

Que tal o Museo Xaponés de Ciencias Emerxentes e Innovadoras ou MIRAIKAN? Xapón é un dos paraísos da alta Tecnoloxía e os seus museos están a cabeza. Moitas multinacionais como Toyota teñen o seu museo, pero este destaca entre todos. Experiencias de todos os niveis para participar activamente e especialmente unha sección de robótica ca súa estrela chamada Asimo, o famoso robot de Onda.

Que

tal o Museo da Ciencia de Londres? Un enorme e rexio

edificio cheo de experiencias no que facer un recorrido cos famosos esqueletos de dinosauros, un “Mini” cortado polo medio, e unha

cápsula

espacial

auténtica

entre

outras

marabillas.

Totalmente gratuíto, coma moitos outros museos londinenses.

Ignacio Ríos Suarez

47


Somos química pura, non cabe dúbida. Todo ao noso redor,e mesmo nós mesmos, estamos formados por átomos de diversos elementos que se unen entre sí para formar “megamoreas” de compostos. Aquí vos deixamos este interesante artigo co que, de seguro, te convencerás de que temos a química ata na sopa. Quizais esteas a pensar na química equivocada. Noooon, non é a que che gustaría que existise co teu amor platónico. Refírome a esa presente en tantas cousas do noso día a día, a que compón os obxectos máis cotiáns. Tan ben pasa desapercibida? Que presenza ten na nosa rutina? É pola mañá cedo e soa o teu espertador, adiviñas que fai posible isto? O teu espertador probablemente funcione con pilas ou, no seu defecto, cunha batería se é o teu teléfono. As pilas están compostas por elementos químicos como o mercurio e o zinc, pero só estamos a comezar. Espreguízaste e tomas un bo respiro, xa notas a química no teu corpo, pulmóns cheos de osíxeno. Non fai falla recordarche, que ao levantar a túa persiana, a estrela que nos dá luz non é máis que compoñentes químicos e reaccións, quizais os máis salientables sexan: o Helio, que tanto relacionamos cos globos, e o Hidróxeno, compoñente maioritario do espazo. Tes que coller enerxías así que, que mellor que un bo almorzo? TODO o que comemos é unha mestura de química. E non hai nada máis presente na nosa vida, ademais de respirar, que a alimentación.

AUGA

SALES

LÍPIDOS

PROTEÍNAS GLÍCIDOS VITAMINAS

E despois dese saboroso almorzo… unha agradable ducha. Auga, xampú e xel, é dicir, todo química.

48


E non ía ser menos o feito de acicalarse. Todas esas colonias, desodorizantes e pastas de dentes que empregas non existirían sen ela. Tes que saír á rúa, así que escolles as túas mellores roupas. Non penses que os tecidos ían quedar a marxe desta ciencia, para nada, hai que tratalos e darlles cor, así que: elementos e elementos, compostos e compostos. Pero daquela, de que química estamos a falar? Vexamos estes exemplos.

Sóache o ácido acético? Ben, pois debes saber que este é o compoñente característico do vinagre. Atópase disolto en maior ou menor concentración con auga. E que me dis do ácido láctico? Probablemente xa podas supoñer onde se atopa. En efecto, no leite e nos seus derivados, e ademais adoita ser empregado como regulador da acidez. E quen está detrás da condimentación dos nosos pratos? Ese "culpable" é o sal, ou dito doutro modo, o cloruro de sodio (NaCl). Outro exemplo, iso que conserva os alimentos; é dicir, os famosos conservantes tamén son produtos químicos que se encargan de ralentizar o deterioro dos alimentos. Compostos moi explotados ultimamente? Pois falemos dos polímeros. Teñen usos moi diversos. Tanto os podes levar na túa roupa (nylon, seda, almidón...) ou no teu corpo, o ADN. Son macromoléculas formadas por outras máis pequenas que se chaman monómeros, nucleótidos... E por último, imos facer limpeza. Quizás un dos máis empregados nos nosos fogares sexa o amoníaco (NH3), normalmente non nunha concentración maior ao 15% e co fin de desengraxar. Ten coidado co seu forte olor. Non rematariamos hoxe de nomear todos aqueles campos nos que a química está presente, así que faite á idea de que, alá onde mires, ela terá algo que ver. A conclusión disto? Química a todas horas.

Lucía Cortizas Villar, 1ºC Bach

49


AS CINCO DIFERENZAS

SOPA DE LETRAS Atopa o nome de dez ríos galegos.

SUDOKU

ENCRUCILLADO

Carmen Seoane Rodríguez, 3º ESO A e Daniel Sánchez Ponte, 3º ESO B

50


PUGA ZETA Nº 4  

A gaceta do IES "Puga Ramón" promovida polo Equipo de Dinamización Linguística

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you