Page 1

A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística

CURSO 2012-2013

Nº 3

0


BENVIDA

As nosas paisaxes .............................. 37

Apertura de curso ................................. 2

A nosa cidade ..................................... 38 As nosas festas .................................. 39

ACTIVIDADES

Xogos populares ................................. 40

Magosto e Samaín .................................. 3

50 anos despois ................................... 41

O Pugadramón ......................................... 5

Homenaxeado 2013............................. 42

Correlingua .............................................. 6

Centenario de Celso E. Ferreiro ....... 43

Visita ao Mucyt ...................................... 6

150 anos de Cantares Gallegos.......... 44

Proxecto Lector ..................................... 7 Educación Plástica .................................. 8

CIENCIA E TECNOLOXÍA

Departamento de Economía .................. 9

Ramón Verea ........................................ 45

Cultura Gastronómica .......................... 10

Non-renewable energy ....................... 47

Falamos latín sen sabelo ......................11

Realidade aumentada .......................... 49

Viaxe á neve .......................................... 12 Obradoiro con Yolanda Castaño ......... 13

PASATEMPOS..................................... 50

Concurso “Esther Iglesias”................. 14 Intercambio coa Bretaña francesa ... 15

Portada: Alejandro Lavié Reguera, 1º ESO A

Departamento de matemáticas .......... 16

Contraportada: Elías Rey Morón, 1º ESO C

Proxecto Anoca .................................... 17 Concurso “Te Toca”.............................. 18 Eleccións ao Consello Escolar ............. 18 Estudar en USA ................................... 19 Día dos dereitos humanos ................... 21 Día da non violencia e da paz ............. 23

Pois xa van tres con esta! Aquí estamos de novo. Como ben sabedes sempre chegamos co verán.

Festa de graduación ........................... 24

Este é o traballo que fixemos entre

Obradoiro de poesía ........................... 25

todos durante este curso.

Obradoiro de cómic ............................ 26 Obradoiro de relatos.......................... 27

Grazas a todos pola vosa participación, polo voso entusiasmo e pola vosa axuda.

REPORTAXE A cidade vella ....................................... 31

Esperamos que vos guste e bo verán! O Equipo de Dinamización Lingüística

ENTREVISTAS A nai de Lola ........................................ 33 El corazón de Kira ............................... 35 A NOSA CULTURA Os nosos instrumentos ....................... 36 Os nosos bichos .................................. 36 Depósito Legal: C-700-2013 ISSN: 2340-2148

1


Como cada ano comezamos o novo curso cun acto de apertura. Este ano acompañáronnos a escritora Diana Varela Puñal, unha antiga alumna do centro e Xulio que a acompañaba. Os alumnos de Bacharelato tivemos a sorte de poder compartir parte do noso tempo con Diana que nos deu forzas e ánimos suficientes para comezar o curso a tope. E ben que llo agradecemos!, xa que este ano está a resultar máis intenso e duro do que nos esperabamos, aínda que, hei de recoñecer, estabamos ben “avisadiños”, diso non cabe dúbida. É esperanzador constatar coa visita desta

rapaza

que

estudou

no

noso

instituto que, con esforzo e ilusión, podes

converter

os

teus

soños

en

realidade e, coma ela, acadar os teus obxectivos

tanto

académica

coma

profesionalmente. Ás veces lembro os poemas que Diana nos leu e que fixo con tanto esmero e con eles,

tento

superar

as

diversas

dificultades que vou atopando ao longo do curso. Penso que sempre recordarei, con certa saudade, este inicio de curso porque probablemente sexa un curso que nunca esqueceremos, nin os meus compañeiros nin eu. Este será o noso derradeiro ano no instituto, e logo cada un terá que comezar a súa nova etapa na Universidade. E, si, realmente aí comezará a nosa andaina profesional. Creo que falo por boca dos meus compañeiros cando digo que foi algo moi construtivo que persoas da súa relevancia no ámbito cultural nos dedicaran un ratiño de seu tempo e que compartiran con nós o seu inestimable talento e parte das súas experiencias vitais. Ángel Arcay Mallo, 2º Bach B

2


Como xa sabedes, sempre aproveitamos un día do mes de novembro para celebrar o Magosto e o Samaín, dúas festas tradicionais galegas. Este ano divertímonos cun contacontos que nos relatou historias curiosas, asamos castañas e foi a entrega

dos

premios do concurso de cabazas.

A palabra magosto, ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín Magnus ustus, gran fogueira, marcando o paso das estacións, outros, de magnus, que significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo ou mesmo do proto-celta Magon- e glustu- grande luz, suposto "mago do lume". Tamén se celebra noutras localidades do noroeste peninsular, como Asturias (baixo o nome de magüestu),Cantabria (Magosta) País Vasco (Gaztainerre ou gaztañarre), León e Zamora. Mesmo en Cataluña: Castanyada. Tamén é unha festa moi popular en Portugal, co nome de magusto, ao redor do día de San Simón (18 de outubro), Tódolos Santos ou San Martiño.

3


O MAGOSTO DAS LEMBRANZAS Collín a boina derriba da mesa da cociña e sentei uns segundos máis no poio de pedra. Vin os cartos –pouco máis de catro duros- na caixiña de madeira e, colléndoos, saín da cociña dirixíndome á porta. O ceo estaba gris pero non chovía. A lama do camiño ensuciou pronto os meus zapatos de domingo pero xa non importaba. –Bos días Tomás -dixen e, os dous enlamados de pés a cabeza comezamos a correr cara o camposanto.-Crin que non viñas- dixo el- Cres que mo ía perder?- -Xa pero como mañá te vas...Ao día seguinte ía coller o primeiro barco a Bos Aires para buscar traballo alí, non tiña pena, só o medo de ir tan lonxe. Ao chegar vin a miña irmá Carmiña. Ela non se decataba de que eu a miraba ata que Tomás a saudou e, ela, allea ao saúdo de Tomás correu a darme un bico na meixela e un cariñoso abrazo,-Non quero que marches- -Só será por un tempo, xúrocho-. PUUM!, nese momento, mentres Tomás remexía nas castañas, unha estoupou na súa cara; a miña irmá escachou a rir, pero con bágoas nos ollos.-Voute botar moito de menos- -E eu-. Hoxe escribo estas liñas sentado nunha cadeira diante do meu escritorio da casa onde vivo mentres a miña muller Cecilia dorme no sofá, sen saber o que fago. Agora teño 89 anos e fai 65 dende aquel Magosto. Endexamais volvín ver a miña Galicia, e o que é máis triste, nunca volvín ver á miña irmá. Brais Freire Braña, 2º ESO A

GAÑADORES DO CONCURSO CABAZAS

1º PREMIO: Andrea Insua Salgueiro, 1º ESO A 2º PREMIO: Iago Barreiro López, 1º ESO B 3º PREMIO: Ismael Antonio Noya Castro, 1º ESO A

4


A escola é puro teatro... ...

e

o

teatro

na

nosa

escola

chámase

PUGADRAMÓN, que malia ao seu nome ten moito máis de comedia que de drama. A comedia e a alegría veñen da man dos alumnos e alumnas do grupo de teatro, que ensaian tódolos luns entre as dúas e media e as catro e media da tarde (vaia paliza!) e sempre atopamos algo para rir e pasalo ben. Comedia tamén foi a obra representada o ano pasado como celebración de fin de curso, e que repetimos neste primeiro trimestre para os pais: O Achado do Castro. E abofé que rimos todos e todas!

E comedia serán tamén os sketches que

estamos a preparar e nos que vai haber un pouco de todo: deuses, vellos con retranca, chonis e avoas marchosas e, por riba de todo,moito, moito humor, humor sempre... e talento. Por vez primeira, imos representar unha peza que foi escrita por un dos nosos actores: O Olimpo xa non é o que era.

Pero como en toda boa obra tamén ten que haber algo de drama, aínda que sen esaxerar. O drama pode estar nos nervios, nas carreiras de última hora, cando se che esquece o texto no medio da representación, se o traxe che aperta ou se cae algún elemento do decorado... en fin, cousas que pasan! Pero que risas nos temos botado! Agardámosvos na próxima estrea! O Pugadramón

5


O correlingua arrincou en Ourense o 2 de maio e rematou o día 16 do mesmo mes en A Mariña tras percorrer 12 localidades. O noso centro estivo representado por 2º da ESO. Reivindicamos a nosa lingua e pasámolo en grande pero se nos fixo curto de máis. O 13 de maio todo o alumnado de 2º de ESO participamos no Correlingua. Saímos da Torre de Hércules e fomos camiñando ata os Cantóns para defender o uso do galego,

conscientes de que debemos

empregalo moito máis a miúdo para non perdelo. Todo o traxecto estivemos acompañados de moitos institutos e colexios, polo que foi

unha

boa

ocasión,

tanto

para

reencontrarnos con xente coñecida coma para facer novos amigos. Mentres paseabamos, íamos cantando, rindo, falando…portando pancartas, unhas máis grandes e outras máis pequenas, pero todas elas defendendo o mesmo lema “O galego, a chave do mundo.” Cando chegamos aos Cantóns houbo unha pequena festa na que o pasamos moi ben. O presentador foi Pepe Penabade que animou a reunión coa axuda de Fernando Vázquez e tamén coa actuación do grupo Monoulious que cantaron unha morea de cancións. En resumo, foi unha experiencia que nos gustou moito a todos e que desexamos poder repetir o próximo ano. Iria Pico Amado, 2ºESO B

Os

alumnos

de

de

Bacharelato realizaron unha visita

a

coruñés

este

novo

museo

organizada

polos

departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

6


Dende O Proxecto lector organizáronse innumerables actividades para fomentar a lectura entre a nosa comunidade educativa. Unha destas actividades foi un concurso para conmemorar o Día da Poesía.Aquí tedes o poema gañador.

Pensando que te había olvidado cuando en realidad estabas ahí. Aquello que una vez fui, ahora en el pasado está. Los recuerdos vienen a mí. ¿Mis heridas no cicatrizarán? El solo volver atrás, parar el tiempo en esos minutos, es sumergir a uno en el abismo, lo oscuro y misterioso de lo desconocido. Nace el miedo e inseguridad, te invaden las ganas de llorar, pedir a gritos la luz, eso, que todos quieren, pero, muy pocos logran conseguir.

Te encuentras solo y alzas las manos para sentir el cálido roce de lo prohibido. Albergas en tu corazón, un fuerte deseo de encontrarse y no ser tragado por la llamada oscuridad. Hasta que al fin, lo que tanto esperabas llegó a ti llenando tu vida de un dulzor indescriptible, el cual se percibía en la belleza de tu expresión facial y rostro sin preocupaciones. Cuando te veo me das fuerzas para seguir, y hoy me doy cuenta de que soy más fuerte que el yo de ayer. Karina del Carmen Acosta Paulino, 3º ESO C

7


CONCURSO DE VIÑETAS “POLA IGUALDADE REAL” DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2º Premio: Adrián Martelo Martínez, 3º ESO A

CONCURSO “XURXO LOBATO” DE FOTOGRAFÍA Fotografía: Andrés Antelo Abeijón,3º ESO C

CONCURSO DE VIDREIRAS PARA MEDIACIÓN Traballos de Antón Xuíz García, Andrea Insua Salgueiro e Nerea Barreiro Álvarez.

PUBLICACIÓN DO Nº4 DA REVISTA “PUGACÓMIC” Recollemos o cómic “A illa máxica de ”Nuria López Ballat

8


Non cabe dúbida de que coa crise a economía está a ocupar un lugar máis importante ca nunca nas nosas vidas. Neste apartado quixemos amosar algunhas actividades realizadas por este departamento que incluso ofrece a súa particular visión sobre estes tempos que corren. Este curso tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa ex alumna

Noemí

Bellas

Mella,

economista e máis emprendedora. Noemí veu impartir un obradoiro sobre ideas de negocio ao alumnado de 4ºESO da materia de Obradoiro de

Iniciativas

Moitas

grazas

emprendedoras. pola

túa

colaboración!

Eva Paola Bermúdez e Cristina Lameiro, 1º Bach

9


O alumnado de 3º da ESO xunto coa súa profesora, queren deixarvos esta sinxela á vez que apetitosa receita. Se necesitades algún consello, non dubidedes en preguntarlles. Bo proveito!

CROQUETAS DE BONITO E QUEIXO INGREDIENTES  4 latas pequenas de bonito  120 g de queixo de untar  Pan relado  2 ovos

ELABORACIÓN  Escorre o aceite do bonito (se o bonito é ao natural escorre a auga).  Mestura ben o bonito co queixo.  Fai boliñas coa mestura.  Pasa as boliñas primeiro polo ovo batido e logo polo pan relado.  Frite en aceite ben quente.

10


Como ben sabedes, son moitas as expresións latinas que continuamos a empregar cada día. O departamento de Latín quérenos amosar unha relación dalgunhas destas frases nesta sección que ben poderíamos dicir que lles quedou para “cum laude”.

Cristina Lameiro e Noelia Canosa, 1º Bach B 11


O alumnado do primeiro ciclo da ESO pasou unha semana en Astún aprendendo a esquiar e queren compartir con vós a súa experiencia. A conclusión final é que o pasaron tan ben que todos queren volver. Este ano os alumnos de 1º e 2º de ESO puidemos gozar dunha viaxe a Jaca, para poder aprender a esquiar durante unha semana. Eu creo que para todos foi unha experiencia incrible, pasámolo de marabilla. A viaxe fíxosenos moi longa pero mereceu a pena. Esquiamos na estación de Astún, que era moi grande e tiña moitas pistas. O primeiro día ensináronnos a técnica: como se xira, como se frea… e o resto dos días xa comezamos a ir por pistas verdes, azuis, vermellas e algúns incluso polas negras. Ao final, xa sabiamos esquiar todos bastante ben. A comida non estaba moi boa, pero todos os días había patacas fritas e a maior parte de nós sobrevivimos grazas a elas. Polas noites non se durmía moito porque estabamos nerviosos e nunca tiñamos sono, aínda que os últimos días xa estabamos cansos e durmimos mellor. Fixemos algunhas excursións: fomos á pista de xeo a patinar, visitamos unhas covas, fomos andando ata Francia, visitamos o pobo de Xaca… e tamén fomos en “telesilla” moitas veces e subimos nas cintas. A min gustoume moito esta excursión, pasámolo xenial! Ademais aprendemos a esquiar, aínda que caemos moitas veces e visitamos moitos sitios. O último día estabamos moi cansos e durmimos no bus, pero a min sinceramente non me importaba quedarme uns días máis. Se para o ano se repite, eu sen dúbida algunha, recoméndovolo. Raquel Mahía Vilariño 2º ESO B

12


O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a un obradoiro de poesía que veu impartir Yolanda Castaño. A poetisa que naceu en Santiago de Compostela en 1977 foi alumna do noso centro e posteriormente estudou Filoloxía Hispánica. Dirixiu a Galería Sargadelos desta cidade e formou parte durante varios anos da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Recibiu, entre outros, o Premio Espiral Maior, o Premio da crítica da poesía galega, o Premio Ojo Crítico e o Premio Mestre Mateo. O pasado 21 de maio visitounos Yolanda Castaño, unha gran escritora galega. Falounos da súa experiencia e animounos a ler e escribir poesía. Convenceunos de que a poesía pode ser algo divertido, que non só estudamos poemas de “vellos con barba” senón que a poesía é algo máis. É imaxinación. Todos participamos e fixemos varias metáforas e composicións diferentes e imaxinativas. Tamén nos leu diversos poemas que comentamos dende o noso punto de vista. Foi unha boa experiencia que anima aos novos poetas a que se esforcen e busquen o que queren, que todo é posible. María Gesto Sendón, 1º Bach A Pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda que perdese a saúde na miña mocidade. Eu tamén pensaba que podería controlalo. ¿Por qué me desesperas?, ¿por qué aínda me desesperas?

¿Cómo deixei que todo isto me sobreviñera? O meu propio soño marchou de min comigo Non podo permitir que se me malinterprete unha vez máis ¿Por qué me afectas?, ¿por qué me afectas aínda?. Unha absurda desposesión infranqueable.

13


Os departamentos de Filosofía e Audiovisuais veñen de organizar un concurso de curtas a nivel nacional en memoria da nosa entrañable compañeira Esther Iglesias. Animádevos a participar que aínda estades a tempo. Lembrámovos que tedes dous prazos para inscribirvos: 25 de xuño e 25 de setembro.

A Esther Iglesias, profesora e amiga Sentado, na soidade da aula, no medio de ausencias e silencio. O espazo baleiro. Quieto, escoitando, mirando. Pero a miña alma que é a dona do tempo se espreguiza. A memoria comeza a poboarse de centos de presenzas. Os sentimentos irrompen engadindo cor aos recordos. A nostalxia do pasado é gris, pero as ilusións compartidas cobren de intensidade e brillo cada momento, e as emocións céganme. Voces, risas, xestos, rostros que se aglutinan. Canta inxenuidade ou inocencia. E estás ti, como a neve no cumio dunha montaña. Co teu convencemento ilustrado: a educación, da man, afástanos do deserto. O mar e a esperanza, a salvación do mundo vén dos mozos. E o teu sorriso, a escuma e as ondas, o entusiasmo imprudente na mirada. Dedicación, traballo, vocación, alegría, loita. Ata que ese estraño, o tempo, coa súa fuxida te abandonou. E a túa paciencia e rebelión xuntas. E a dor, túa e nosa, esvaécese. Os teus pasos insonoros, rítmicos, constantes, as túas pegadas invisibles debúxannos o camiño. Sen desfalecer. Hai que seguir. É a vida. É o teu exemplo. Grazas. Ángel Porta Álvarez

O

obxectivo

do

concurso é promover a produción e a difusión de

vídeos

curtos

e

orixinais sobre temas de educación solidaria, e diversión responsable e cívica,

que sirvan de

consulta para calquera tipo de público. Todos os vídeos presentados serán proxectados na semana de cine solidario que se organizará no noso instituto. Cobrarase unha pequena tarifa pola entrada, a cal será destinada para recoller un fondo de cartos que serán doados a ONG Miradas al Mundo para os nenos de Guinea Bissau.

14


Como cada ano parte do alumnado do segundo ciclo da ESO e 1º de Bacharelato, viaxaron a Francia para facer un intercambio cos alumnos e alumnas do Lyceé Saint François Xavier de Vannes, na Bretaña. Primeiro, pasaron uns días en Vannes, a fermosa vila pesqueira onde se atopa o Lyceé, e despois marcharon cara a París para coñecer a cidade e os seus fermosos monumentos. Aquí vos deixan as súas impresións sobre esta marabillosa experiencia.

Échange 12-13

15


O 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas. Este ano, para conmemoralo, os profes do Departamento de Matemáticas, organizaron as seguintes actividades: II concurso de fotografía matemática do IES Puga Ramón e II obradoiro de matemaxia. II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Participou a meirande parte do alumnado que estrullou os miolos para buscar boas ideas e capturalas en instantáneas. Entregáronse tres premios por cada unha das categorías, son os seguintes:

Se visitades a páxina de mates do instituto podedes ver fotos da exposición dos traballos. II OBRADOIRO DE MATEMAXIA O xoves, 16 de maio, celebrouse o II Obradoiro de matemaxia no que o grupo de matemagos do noso instituto abraiou cos seus trucos ao público asistente, o alumnado de 1º e 2º de ESO. Todos gozaron coa maxia das matemáticas. Aprenderon como facer os trucos e tamén analizaron a base matemática dos mesmos. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e parabéns pola vosa maxia.

Matemagos principiantes: Jesús Deibe, Daniel Sánchez, Carlos Planes, Sergio Capelán, Uxía López, Adrián Aradas, Andrea Bellón, Raquel Cancelo, Clara Álvarez, Tania Silva, César Sosa, Carlos Boga, Andrés Carrodeguas e David Fraga. Veteranos:: Roberto Pazos, Alejandro Gª Pouso, Javier Tajes, Pablo Morales, Iván Espárrago e Nicolás Sante. +mago: Roberto Maneiro

16


O noso alumnado de Bacharelato recibiu a visita de dous profesores e dous internos do cárcere de Teixeiro, co programa “Aprender no Cárcere”. Con este proxecto preténdese crear unha vía de comunicación e colaboración entre os internos da escola de Teixeiro e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade. Aquí tedes o “rap” que compuxeron tres alumnas para agradecerlles a súa visita.

Todo comezou un 15 de novembro, contáronnos as súas historias, abríronnos a mente. Eles viñeron contarnos a súa verdade, todo o que dixeron non mo podía imaxinar. Mirando para os seus ollos, partíasenos a alma, cada palabra era unha bágoa. Entre rexas todo cambia, todo é diferente, ándate con ollo, no te fíes da xente. Alí non hai amigos, non tés confidentes, ándate con ollo, ten fría a mente. Non fales mal de ninguén, cala a boca, nós desde fóra contaremos a túa historia. A vida non é fácil, aínda que non o creas, cando menos o esperas, entre rexas te atopas. Empezas pouco a pouco a meterte neste mundo, sen saber onde estás sen saber cal é o teu rumbo. Da alegría á desolación só hai un paso. Cando te deas de conta, serás un fracaso. Roubas, matas, pegas, lévante á “trena”. Hai moitos metidos nesta puta merda. Nunca é tarde para decatarse, sempre poderás cambiar a túa vida enteira. Perderás uns meses, quizás uns cantos anos. Poderás cambiar, só está nas túas mans. A familia axúdate ou afúndete de todo. Non penses só en ti, non sexas bobo.

“Aprendemos sobre a vida, e sabemos que

O de rectificar é de sabios, xa mo coñezo.

podemos evitar as consecuencias das nosas

Sei que o máis fácil é andar ao teu “rollo”.

accións. Todo está en ti.”

Pero todo está en ti, non o digo porque si,

“Lembra, a vida non dá máis que dúas

para saír, loitar, chegaremos ata a fin.

oportunidades, APROVEITAAS”.

Alba Varela López, Iria Varela López e Marta Grela Fariña, 2º Bach B

17


A nosa alumna Paula Souto Cores participou no concurso “ Te Toca” que convoca cada ano Antena 3. Paula gañou un dos tres premios que se convocaban e quedou tan encantada que este ano presentou outro proxecto xunto coa súa compañeira Lucía Moreira Suárez. Boa sorte rapazas! O ano pasado participei nun concurso de Antena 3 a través da web. Este concurso consistía en propor unha idea sobre como xerar menos lixo no noso planeta. Primeiro, a miña idea foi seleccionada como unha das dez mellores por un xurado xuvenil e por persoas relacionadas co medio ambiente e na última fase quedei segunda na votación online. No mes de decembro fun a Madrid a recoller o meu premio, un ipad e tiven a oportunidade de presentar a miña proposta ante o Ministro de Agricultura e Medio Ambiente e SAR a princesa Letizia entre outros. Foi unha experiencia moi bonita e inesquecible pois estiven xunto a eles nunha mesa expoñendo a miña idea que consistía en volver a empregar e reutilizar as botellas de vidro para non xerar tanto lixo. Paula Souto Cores, 3º ESO B

Este curso celebráronse as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do noso centro. Todos os membros da comunidade escolar acudimos ás urnas para escoller aos representantes de pais, alumnos, persoal non docente e profesores. O Consello escolar é o máximo órgano regulador dos centros educativos de carácter público.

Está

composto pola directora, a xefa de estudos, a secretaria

(con

voz

pero

sen

voto),

tres

representantes de pais, catro representantes de alumnos, un representante do persoal non docente, sete

representantes

de

profesores

e

un

representante do concello. A presidenta do Consello é a directora, que ten que convocar un mínimo de tres reunións ao longo do curso escolar e tantas como considere necesarias. Nestas trátanse tanto temas económicos (aprobación de presupostos e balance económico), coma das actividades que se realizan no centro e dos problemas de convivencia que poidan aparecer.

18


Estas son as inesquecibles experiencias que viviron dúas das vosas compañeiras ao longo da súa estancia en Estados Unidos. Pasárono de marabilla, practicaron varios deportes, aprenderon un montón de cousas e fixeron unha morea de amigos e amigas, quen puidera! Yes, yes… e pouco máis. Entras nun país novo e co medo no corpo xa que non entendes o seu idioma, non coñeces a súa cultura, non hai ninguén coñecido e se te deixaran na rúa do lado nin saberías volver para casa. Como pode ser que algo que pinte tan mal, acabe por ser a mellor experiencia da túa vida? Polo bo e polo malo, de onde acabas por sacarlle boca´ Empezas a entender, e despois a falar, vas coñecendo xente e o teu oco empézase a notar na familia de acollida, esa que, polo menos no meu caso, perdeu o “de acollida”. O primeiro partido de fútbol americano, cando me confundín de clase (no segundo trimestre, por certo…), os bailes, os torneos de waterpolo, graduación, os días de praia cos amigos… Pensas en todo o que deixaches atrás e non é morriña, é a alegría de todo o que fixeches, o bo e o malo. E sobre todo, saber que vas volver, porque tes un fogar, unha familia e uns amigos, algo que non dura só un ano. Antía Campos Suárez, 2º Bach B

19


Ola, chámome Claudia e o ano pasado déronme unha beca para ir estudar un ano a Estados Unidos. En USA os institutos son moi diferentes aos de aquí. As clases son moito máis interactivas e divertidas, e incluso hai equipos de deporte no propio instituto.Eu formei parte do equipo de natación, do de baloncesto e do de soccer (tamén coñecido como fútbol). En todos eles puiden vivir experiencias xeniais e coñecer a moita xente. Cada tempada duraba 3 meses e despois comezaban novos deportes. Facíanche probas de acceso para poderen ser admitida nun equipo. Cada partido, cada competición era un evento importante para o pobo e todo o mundo ía velo. Tamén formei parte do coro de mulleres do instituto e ensinei a nenos de primaria a nadar, ambas eran materias que tiña todos os días en horario escolar. Fixen

primeiro

de

bacharelato,

aínda

que

estaba

considerada coma se estivera facendo a segundo curso, polo que me deixaron graduar coa típica túnica e co gorriño das películas, foi unha sensación impresionante. Foi un ano diferente, cheo de novas experiencias, cambios, probas… algunhas situacións difíciles, pero estas non foron nada en comparación coas aventuras vividas con novos amigos, as viaxes a grandes cidades coma Chicago, Nova Iorque ou Washington acompañada de cento e moitos estudantes de outros países do mundo, o poder vivir por un ano a vida dunha auténtica americana. Cada día era unha nova aventura,

nunca sabías que ía

pasarche ou con que nova situación te ías atopar, e así foron pasando os meses, e cando me din de conta xa tiña que volver para casa, e a pesar de que botaba moito de menos a toda a xente española, sentín moita mágoa ao despedirme de xente que se convertera en imprescindible para min en tan só un ano. Foi unha das mellores experiencias da miña vida e recoméndolla a todo aquel que teña ganas de poñerse a proba, queira aprender un novo idioma e coñecer a moita xente de diferentes países. Será inesquecible, asegúrocho. Claudia Otero Domínguez, 2º Bach A

20


Este ano o noso centro quixo aproveitar o día dos dereitos humanos para concienciar ao noso alumnado sobre a terrible situación que viven os refuxiados. Contamos coa colaboración de Acnur que nos prestou a exposición “Xóvenes refuxiados” e tamén con voluntarios de Misioneiros Combonianos, Miradas ao Mundo e Médicos sen fronteiras que se encargaron de facer unha rolda de conferencias sobre o tema. Ademais o noso grupo de teatro encargouse de recrear a vida nun campo de refuxiados, o alumnado de 3º ESO presentou o seu traballo "Somos persoas" e fixemos unha reconstrución dun campo de refuxiados no noso patio interior.

No ano 1948 as Nacións Unidas, despois dos terribles feitos acontecidos na segunda guerra mundial,

deciden

establecer

unha

barreira

insuperable que impida a repetición dos actos máis salvaxes

que

os

homes

cometesen

nunca.

A

capacidade para realizar o mal manifestárase sen límites. Así, o sentimento de vergoña e de culpa asola ao mundo. É "isto" o que somos"? O home é malo por natureza? Debemos "recoñecer" que é algo inevitable? A extrema crueldade, o asañamento coas vítimas, a tortura, a humillación, o sufrimento....O coñecemento do Holocausto déixanos perplexos. Non é a guerra, é moito peor. Son vítimas inocentes, son familias enteiras con anciáns e nenos, son civís que foxen da fronte, son refuxiados desarmados, son a viva imaxe da humanidade aniquilada nos campos de exterminio. Esta barreira, este muro de contención, esta fortaleza defensiva, este intento de renacer o humano ten a súa expresión na DECLARACIÓN UNIVERSAL

DOS

DEREITOS

HUMANOS.

A

21


maioría dos países, representados polos seus gobernos, deciden, nunha votación histórica, que a barbarie debe ser desterrada do universo do home e proclaman unha lista de dereitos que deben de ser recoñecidos por todos e para todos. O seu fundamento está na dignidade inalienable do home: dereito á vida, á liberdade, á xustiza..... Son o froito dos bos sentimentos, da solidariedade, do recoñecemento dos iguais, da compaixón co que sofre. Agora podemos volver mirarnos aos ollos, poñer a nosa vontade e o noso esforzo ao servizo da reconstrución. O berro das vítimas non se confunde

co

ruído,

a

súa

queixa revólvenos as entrañas, o seu silencio e a súa mirada sinalan o noso corazón. A nosa

Os dereitos humanos son aquelas liberdades, facultades e reivindicacións que inclúen a todas as persoas sen ter en conta a súa etnia, color, sexo, idioma, relixión… Correspóndenos polo simple feito de ser persoas.

denuncia ten eco, resoa na

Carlos Rivas Senra, 4º ESO A

xeografía do

É moi importante velar polo cumprimento dos dereitos

mundo. Temos unha arma. Hai

humanos, xa que se non se respecta a súa declaración,

que coidala, mimala, que estea

as persoas quedamos completamente desprotexidas ante

sempre a punto, que brille

situacións como maltrato, falta de asistencia médica,

como o sol. A muralla necesita os nosos coidados, hai que retocala constantemente, ten que estar sempre presente. A

abandono…

Silvia Martínez Iglesias, 2º BACH B

Creo que grazas a esta exposición, moitos de nós nos decatamos do ben que vivimos e de que debemos valorar máis o que temos.

súa porta principal, vixiada, só permite a entrada da denuncia.

Cristina Rocha Gestal, 3º ESO C

dános

a

así

as

Agora coñecemos moito mellor como viven as persoas do terceiro mundo. As fotos eran moi boas e algunhas delas resultáronme bastante impactantes.

enfermidades do mundo, os

Iván García García, 3º ESO B

O

seu

medida.

equilibrio Coñecemos

novos achaques que socavan outra vez á humanidade e podemos combatelos. Ángel Porta Álvarez 22


O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cun emotivo acto no que o alumnado rexeitou a violencia e reivindicou a paz. Aquí vos deixamos o manifesto que leron e que nos emocionou a todos.

Hoxe, día escolar da non violencia e da paz, os alumnos do Instituto Puga Ramón queremos unir as nosas voces para pedir PAZ. Iso que semella algo cercano, pero que ao mesmo tempo é algo tan lonxano. Con este xesto queremos frear as guerras e a violencia. A loita pola PAZ é continua, non remata nunca e tódolos días deberían ser DÍAS DA PAZ. Todos podemos poñer o noso granciño de area, cultivando a non violencia. Viviremos en paz cando nos respectemos uns aos outros, e non nos pelexemos para impoñer as nosas razóns. Pararemos a violencia cando respectemos aos nosos compañeiros, aos nosos amigos, a nosa familia e todas as persoas que nos rodean. Construiremos a PAZ cando aprendamos a perdoar de verdade. Queremos que a PAZ sexa unha realidade nas nosas familias, na rúa, no noso centro escolar, e en tódolos pobos do mundo. Non coñecemos outro camiño que construíla día a día. Por iso, hoxe queremos DESAPRENDER A VIOLENCIA SUMÁNDONOS Á ALEGRÍA PARA CONSTRUIR UN MUNDO FELIZ, UN MUNDO EN PAZ.

23


O 24 de maio celebramos a festa de graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato. Estes son algúns fragmentos do discurso que fixeron para a súa despedida. Ímosvos botar de menos, boa sorte rapaces! Pais, nais, avós, avoas, tíos, tías, profesorado,

departamento

de

orientación,

departamento

de

dinamización lingüística, persoal non docente…

Parece

mentira

que

esteamos aquí neste salón de actos por última vez como alumnos e alumnas do instituto!. O día de hoxe permanecerá no noso recordo

para

inadaptados,

sempre. podemos

Nós, dicir

os que

sobrevivimos ó Puga Ramón, a pesar dos obstáculos do camiño. Comezamos con mal pé un setembro do 2006. O noso primeiro día aquí, sentados onde estades vós agora, pensábamos que a nosa estancia neste centro sería eterna. Pero non foi así, xa pasaron 6 anos, entramos sendo unha das peores xeracións que o profesorado nunca vira, e saímos sendo o mesmo e se cadra, algúns algo peor… Podemos recoñecer que somos un pouco faladores e se cadra algo repugnantes, uns máis ca outros, pero ante todo hai que destacar a nosa beleza (exterior principalmente), a nosa simpatía, o noso saber estar, a nosa capacidade de reflexión, a nosa madurez e sobre todo o noso traballo diario. Algúns dos nosos compañeiros marcharon, outros quedaron atrás e uns poucos chegaron novos, todos nós formamos esta promoción 2012/13. Poderíamos dicir que nos levamos ben, que somos una piña que nos imos botar de menos… (que sempre queda ben nestes actos) pero non é realmente así. Pero aínda que agora non sexamos os mellores amigos do mundo, aprendemos a respectarnos, a comprendernos, a rírmonos xuntos e a compartir bos ratos como os que vivimos na excursión de Barcelona . Estamos graduándonos, rodeados de familia e amigos. Conseguímolo; rematamos o curso, chegamos á meta. Pero non o fixemos sos, os profes estiveron apoiándonos todo este tempo: aguantando a nosa desesperación, os nosos nervios, o nosa angustia … todas estas cousas que vós credes que nós non padecemos.... Queremos darvos as grazas a todos e cada un de vós. Esperamos de corazón que todos lembredes o noso paso polo instituto con tanta emoción e cariño coma nós o faremos. Marta Grela, Daniel Castrillón, Alba Varela, Paula Antuña e Alba Castro, 2º de Bacharelato

24


La Cruda Realidad La vida es la vida. No la puedes cambiar. Esto es una cinta, cualquier cosa te puede pasar . Te enamora , tienes buenas notas, o no te riñe mamá. Conoces a personas nuevas y la cosa mejor no puede marchar. Pero siempre algo tiene que ocurrir y a la ruina todo se puede ir. Ella o él no te quiere, el examen era de otro y al enterarse tu madre…Todo será un rollo. Lo tendrás que afrontar. Pero tranquilo, la podrás enamorar, estudiarás más y todo arreglarás. Pablo Valle Castillo. 1º ESO C

Esos versos de verano que en un charco se estancaron ,ese amor que demostraron. Versos de verano que se dan por olvidados, escondidos en el tiempo siempre en largo momento.

Vals de aniversario Nada hay tan dulce como una habitación para dos, cuando ya no nos queremos demasiado, fuera de la ciudad, en un hotel tranquilo, y parejas dudosas y algún niño con ganglios. Si no es esta ligera sensación de irrealidad. algo como el verano en casa de mis padres, hace tiempo, como viajes en tren por la noche. te llamo, para decirte que no te digo nada que tú ya no conozcas, o si acaso para besarte vagamente los mismos labios. Has dejado el balcón. Ha oscurecido el cuarto mientras nos miramos tiernamente, incómodos de no sentir el peso de tres años. Todo es igual, parece que no fue ayer. y este sabor nostálgico, que los silencios ponen en la boca, posiblemente induce a equivocarnos,

Esos versos de invierno que algunos no los entiendo ese frío que se advierte que su amor es excelente. Que ese calor que me das todo el viento se lo queda para poder esperar

en nuestros sentimientos. pero no sin alguna reserva, porque por debajo algo tira más fuerte y es (para decirlo quizá de un modo menos inexacto), difícil recordar que nos queremos, si no es con cierta imprecisión, y el sábado, que es hoy, queda tan cerca de ayer a última hora y de pasado mañana por la mañana. Carlota Castro Nieto, 1º ESO A

esa flor de primavera. Manuela Lareo Fernández, 1º ESO C 25


O alumnado de 1º C de ESO realizou un traballo en cómic para a súa clase de Lingua Castelá. Escollemos este de superheroes para vós, esperamos que vos guste!

Elías Rey Morón, 1º ESO C

26


Ía pasar uns días, coma todos os veráns, nunha casa de campo cos seus pais. A Melisa, que así era como se chamaba a nena, non lle gustaba esa idea de pasar uns días sen

televisión

nin

ordenador,

nin

amigos. Parecíalle un cruel castigo. Xa ao atardecer, a moza decidiu dar un

paseo

polos

afastarse

o

arredores,

antes

posible

quería daquel

lugar, tan pouco acolledor e tan cheo de ordes dos seus pais. A lúa xa brillaba no ceo, e Melisa estaba tremendo de frío, tal vez de medo. De súpeto, rompeuse aquel intenso insectos

e

incómodo

comezaron

silencio: a

cantar,

os e

tamén se uniu ao coro unha curuxa. Agora, xa comezaba a sentir medo de verdade, xa non podía aturalo máis. Comezou a correr, intentando fuxir daquel lugar, do ruído atronador daquela improvisada orquestra e, por suposto, de daquela curuxa. De repente, estaba rodeada dun sen fin de árbores. Berrou, ninguén respondeu. Tentouno de novo. E esta vez si, obtivo resposta. Era unha voz branca e cálida que a fixo sentir segura. Moi lentamente, a voz foise achegando. Non podía crer o que estaba vendo: era aquela unhas gafas, sombreiro e unha

curuxa. Levaba

vestimenta propia dos humanos. E antes de

que a nena puidera reaccionar e perder o coñecemento, unha das árbores achegouse e inmobilizouna. Agora si, o que o corazón lle palpitaba a máis de cen por hora. -Pooor queeee?! Poor quee…?-preguntou a árbore, liberando así cun forte son esas dúas palabras e todos os seus sentimentos contidos dende que, un día, se decatara de que cada vez había menos árbores no bosque. A nena non respondeu e a árbore continuou: Por que deixarnos medrar e matarnos coma se fosemos seres inertes, coma se non tivesemos sentimentos…? Soltouna. Melisa asustada correu e correu. Sentiu que todas aquelas árbores lle ían dicir o mesmo. Sentía angustia, quería gritar, pois nese instante sentía

27


todo aquilo que sufrían as plantas, sentía esa dor na súa pel, a dor de seren cortadas. -Porque somos crueis, egoístas, porque só pensamos en nós, porque cremos que todo xira arredor de nós? - ía gritando a nena mentres fuxía. Nese intre espertouse, estaba na súa habitación, na casa do campo e decatouse de que todo fora un pesadelo. Pero, a partir desa noite, decidiu comezar a loitar polo respecto á natureza. Giorgia Yang, 3º ESO B

CLARA Y SU MADRE Como cada lunes, martes, miércoles, jueves o viernes,

Clara

se

despertaba

a

las

07:50,

desayunaba, se vestía, se peinaba su preciosa melena dorada y se lavaba los dientes. A las 08:20 cogía el autobús para ir al instituto, aunque a veces lo perdía y llegaba tarde. A la salida de clase volvía a casa con su amiga Elena. A veces comían juntas en casa de una o de la otra. Eran muy amigas, aunque también discutían, como todas las buenas amigas. Por la tarde iba a natación o a hípica, también con Elena. Eran inseparables. Clara era la típica niña pija, con amigas pijas que hacían cosas de pijos. Aunque ella tenía algo especial, algo que no todos los niños pijos tienen. Ella era muy inteligente, muy astuta y poseía una memoria prodigiosa. No conocerás persona más astuta que ella. Captaba las indirectas a la primera, los jeroglíficos eran para ella lo más fácil del mundo, se aprendía las fechas de toda la historia en menos de media hora… Tenía algo especial, algo muy especial. Clara nació en Portugal, pero nadie de su familia vivía allí. Su nacimiento allí fue algo totalmente casual ya que sus padres estaban de viaje para celebrar el nuevo ascenso de su padre, Juan, y su madre, Sonia, rompió aguas en el hotel. La familia decidió quedarse a vivir en Portugal unos años, pero no tardaron mucho en volver a Madrid. Unos años después, su madre falleció repentinamente. Todos le dijeron que un infarto cerebral había provocado su muerte, pero ella creía que no, que había sido algo diferente, algo misterioso.

28


Nadie, incluida Elena, sabía que su madre había fallecido. A Clara no le gustaba contar su vida por ahí, ni a sus amigas más íntimas. Su vida era su vida. Miércoles,

las 08:27 y Clara aún no había salido de casa.

Estaba claro que hoy iba a llegar tarde, muy tarde. Al llegar al instituto, casi sin aliento, recordó que justo ese día se cumplían 4 años de la muerte de Sonia, su madre. Clara estaba muy deprimida, y aún por encima tenía examen de lengua y llegaba tarde. Llegó por los pelos y cuando llegó la hora del recreo, no pudo resistirlo más y salió llorando hacia una esquina del patio. Elena corrió tras ella y la abrazó. Clara no pudo soportar más y aunque fuera contra sus principios le contó ese secreto que tanto la hacía sufrir: su madre no se había ido, su madre había muerto y en extrañas circunstancias. En ese mismo momento ambas acordaron resolver el misterio de la muerte de su madre; con la astucia de Clara y la ayuda de Elena lo descubrirían. Jueves, 08:36 de la mañana, Clara estaba durmiendo… Apagó el despertador para no despertar. Estaba muy cansada ya que el día anterior había llorado mucho y… bueno, necesitaba descansar. Su padre, Juan, la despertó muy alterado, y le riñó por no haberse levantado. Un día más llegaba tarde y esta vez muy tarde. Después de una larga charla con la profesora por llegar siempre tarde. La mandó a dirección y la

castigaron

haciéndola ir durante tres semanas 20 minutos antes de que empezaran las clases. (Gracias a esto, Clara no volvió a llegar tarde a ningún sitio). Aquel día la profesora de Lengua, Margarita, le había preguntado por qué llegaba siempre tarde y ella se desmoronó y le contó que estaba muy triste por la muerte de su madre. ¡Dios, se le había escapado! ¿Por qué tras cuatro años sin contárselo a nadie se lo había contado justamente a esta profe que no le caía nada bien? Un domingo como otro cualquiera, Clara y Elena estaban en casa de Clara. Estuvieron hablando de Margarita, de por qué estaba tan rara desde que sabía de quien era hija Clara y por qué era tan diferente con Clara que con los demás. Elena pensó que quizás conociese a su madre, o algo, así que decidieron hurgar por las cosas del padre de Clara. Después de un rato rebuscando entre el baúl de los recuerdos, encontraron una foto muy peculiar. ¡Era la profe Margarita con los padres de Clara! ¡Nunca se habían imaginado a Margarita de joven! Verla en aquella foto tan guapa era tan chocante. En la foto estaba Sonia con Juan de la mano, y detrás, al fondo, Margarita. Margarita tenía una expresión de tristeza. Detrás de la foto se podía leer: We'll always be together, Juan. ¿Quién lo habría escrito? ¿Sonia o

29


Margarita? Estaba claro que Sonia. A la Señora Margarita no se le daba n ada bien el inglés… Pero, ¿por qué estaba tachada? Cuando oyeron llegar a su padre recogieron todo rápido y se fueron. Su padre se tenía que ir de viaje de negocios en un par de días, así que dejó a Clara con su tío. Elena también iba a pasar allí unos días, para hacerle compañía a Clara. En casa de su tío descubrieron más fotos en las que aparecían sus padres y la profe, pero ¿por qué nadie le había dicho que se conocían desde jóvenes? ¿Qué tenían que ocultar? Ellas solo querían descubrir el misterio de la muerte de su madre y cada vez había más misterios. Finalmente, Clara decidió pedirle explicaciones a su padre, pero lo único que consiguió fue que se pusiese muy nervioso y se enfadase. Elena le propuso hablar con la profe para saber qué pasaba. A Clara al principio no le pareció buena idea, pero realmente necesitaba saber la verdad y estaba claro que su padre no le iba a contar nada. Era jueves, un jueves que nunca podrá olvidar, cuando se atrevió a hablar con Margarita, su profesora. Margarita, al igual que había pasado con su padre, también se puso muy nerviosa. Le respondía mediante evasivas y respuestas ambiguas, mientras sollozaba. Clara no entendía nada, pero ¿qué estaba pasando? Ella necesitaba respuestas y nadie se las quería dar. ¿Por qué se alteraban todos tanto? No podía ser algo tan terrible, total su madre había muerto. ¿Qué podría ser más doloroso que eso? El sábado su padre le dijo que no podía bajar por la tarde que tendrían una visita. A las cinco llamaron a la puerta, ¡Dios! ¡No se lo podía creer! ¡Era su profe! Se sentaron los tres en el sofá, estaban todos muy nerviosos… Esa tarde descubrió que su verdadera madre era Margarita y que sus padres la habían adoptado de recién nacida. ¿Cómo podía ser? ¿Por qué no se lo habían contado antes? Pero, por fin, encajaba todo: el comportamiento extraño que había tenido siempre su profe, su exagerada preocupación, ciertos comentarios de su madre… Realmente lo extraño no había sido la muerte de Sonia, su supuesta madre, sino su vida y la vida de sus padres. Esa misma noche Clara se prometió así misma que jamás mentiría a nadie que con las mentiras y engaños lo único que se consigue es provocar sufrimiento. Ana Vázquez Pérez, 1º ESO C

30


Un lugar descoñecido, un mundo por coñecer.

O día 14 de Abril os alumnos de 2º A da ESO acudimos a unha visita á Cidade Vella de A Coruña, guiada por uns estudantes de turismo da UDC. Segundo nos contaron a zona que actualmente ocupa a cidade non estivo

habitada

ata

a

época

romana, xa que os xacementos anteriores máis antigos son os de Elviña. Na zona da Peixería na rúa Real encontráronse numerosos documentos romanos xunto cun alto número de tumbas. No 1208 comézase a repoboación da Peixería e no 1589 os ingleses arrasan con ela e intérnanse na cidade fortificada, actualmente coñecida como a Cidade Vella. Nesta acercámonos á Colexiata de Santa María, do século XIII. O tímpano desta Igrexa é románico (como a maior parte da súa totalidade) e representa a Epifanía. A igrexa divídese en tres naves, tapadas por unha bóveda de canón. En fronte desta encóntrase a casa Cornide, un pazo que pertenceu á familia Franco, comprado cos cartos dos soldos dos coruñeses. Entre as dúas encóntrase un cruceiro, feito nunha soa pedra que, curiosamente, é o punto máis alto da cidade vella. Posteriormente visitamos a Praza das Bárbaras, chamada así polo mosteiro (de monxas Clarisas) do mesmo nome. No tímpano poden observarse catro escenas diferenciadas ( de esquerda a dereita): S. Miguel, Deus pai e Xesús coa cruz, Santiago O Maior e S. Francisco. Pronto chegamos á Igrexa de Santo Domingo, de estilo barroco, e deseñada polo italiano Alberto Nicoi que, segundo di a lenda, ao rematala subiu ao alto do campanario e suicidouse tirándose ao chan. Esta igrexa ten unha particularidade, ao mirar para ela pode observarse que a súa torre parece que estea xirada con respecto á fachada, pero é ao revés xa que primeiro fíxose a igrexa e despois a rúa quedando a igrexa torcida polo que se decidiu construír unha nova fachada con respecto ás dos outros edificios e a rúa. Xunto a esta podemos observar a Delegación de Defensa, anterior Casa da Moeda.

31


Máis tarde chegamos aos xardíns de S. Carlos, onde nos contan que o xeneral John Moore, morto na batalla de Elviña, está soterrado. Dende estes pódese ver ao completo o porto da Coruña. Tamén poden verse dúas antigas cárceres, a de S. Antón, reconvertida en museo e a outra que na actualidade é o hotel Finisterre. Preto encóntrase o arquivo xeral do Reino de Galicia, onde se gardan os máis

importantes

documentos

da

historia do noso país. A dous minutos está a praza da Constitución onde se encontraba a Audiencia de Galicia, agora de uso militar. Subindo unhas escadas está a Praza de Azcárraga (xefe militar que conseguiu o traspaso da capitanía xeral de León á Coruña), ou da Fariña, chamada así por ser o centro coruñés do comercio deste produto. E así acabamos a visita parando no último lugar, a igrexa de Santiago. Esta igrexa, de estilo gótico, conta con tres ábsidas pero con só unha nave. Nun dos tímpanos laterais pode observarse o Cordeiro Místico. No tímpano da fachada principal poden verse a San Marcos (á esquerda), a San Xoán(á dereita) e a Santiago Matamouros (no centro). Na pequena praciña da Igrexa efectuábanse os plenos do Concello na Idade Media. Á dereita mirando cara a fachada encóntrase a casa da escritora galega Emilia Pardo Bazán. E con isto rematamos, alegrándome de facer a crónica desta interesante visita á historia dunha cidade na que vivimos, pero que moitas veces non coñecemos.

Ramón Brais Freire Braña, 2º ESO A

32


Grazas á iniciativa de Lucía Cortizas, o noso instituto sumouse á recollida solidaria de tapóns para Lola, unha pequena coruñesa de 4 anos que sofre de parálise cerebral e que necesita recadar fondos para poder facer unha serie de tratamentos médicos que mellorarían a súa calidade de vida. Aquí vos deixamos a entrevista que Lucía lle fixo a Paula, a nai de Lola. Ola, son Lucía Cortizas e tráiovos unha pequena entrevista con Paula, a nai de Lola, a nena pola que estamos a recoller tapóns no noso instituto. -Cando recibiches

a noticia de enfermidade de Lola? Durante o embarazo,

despois...? -Pois...estando eu embarazada de 27 semanas perdín á súa irmá, ela aguantou ata a semana 34 máis 4 e naceu. Aos dous días detectáronlle uns pequenos quistes arredor dos ventrículos, que o que facían era matar ás neuronas que pasaban por alí. Pedinlle aos médicos que a levasen á neuróloga, pero non accederon. Aos sete meses leveina eu, e lle fixeron unha resonancia, e alí foi onde detectamos a parálise cerebral. -Cal foi a túa primeira reacción como nai? -A miña primeira reacción xa foi cando faleceu a irmá e Lola loitou con todas as súas forzas por sobrevivir. E por suposto pensei: “Teño que seguir loitando. Por min e pola miña filla.” E ao verlle a cara sabía que tiña que darlle o mellor do mundo, coma calquera nai. -Es ti a que está no día a día con ela? -Si, eu son a súa coidadora, nai e coidadora. E estou completamente dependente da miña filla. -E dirías que se che fai moi complicada a rutina? -Non, porque a quero. Fisicamente é dura, e tamén psicoloxicamente, porque ela mesma quere facer cousas das que o seu corpo non lle responde. Quere poñerse en pé, pero o seu corpo non llo permite. Pero sobre todo é dura porque me gustaría que Lola, en lugar de ir ás terapias puidese ir ao parque, a xogar, como calquera nena. -O resto dos nenos interactúan ben con ela? -Si, no colexio. No colexio os nenos, sobre todo as nenas, intentan levala de paseo. Están moi pendentes dela e danlle moito cariño, pero ao fin e ao cabo acábanse cansando e ela queda soa. O ideal sería que a Lola, os profesores ou coidadores, puideran quitala da cadeira e conseguir o xogo cos demais. Pero por desgraza, con motivo dos recortes, iso non o hai.

33


-Como se vos ocorreu a petición da colaboración cidadá a través dos tapóns? -A verdade é que foi grazas a unha prima miña de Bilbao, que escoitou que estaban a facer o mesmo por un neno. Empezaron a moverse eles, despois pasou a Valladolid e logo xa nos mobilizaron a todos. -Hai algunha outra forma coa que podería colaborar a xente con vos? -Si, reciclando móbiles usados con ou sen batería e con ou sen cargador, tóner, cartuchos, CD’s... Todo con reciclado. Sei que se potenciou moito máis o dos tapóns, pero como hai moitos nenos que necesitan axudan tamén quero potenciar as outras campañas, para que non queden esquecidas. -E, para ir rematando, en que te cambiou a nivel persoal esta situación? -Pois, eu sempre fun unha rapaza moi positiva, e sigo a selo, pero cambioume moito o carácter. E por desgraza ou por sorte teño contacto con moitas nais nesta tesitura e a todas vainos pasando o mesmo. Porque a vida cos golpes que nos dá, temos que facernos tan fortes que moitas veces esquecémonos de divertirnos nós e pensar un pouco en nós mesmas. Cambioume niso, na maneira de ver a vida, agora o meu mundo e Lola. Antes pensaba: “Voume comer o mundo, vou a aproveitar, a vivir a vida...” agora si, pero todo en relación a ela e á súa saúde. Lucía Cortizas Vilar, 4º ESO A

34


O alumnado de 1º da ESO fíxolle unha amena entrevista a Alba Cernadas Lazaré que acaba de publicar o seu primeiro libro e Ana Belén Fachado Baña que ilustrou a portada. Grazas por presentarnos a vosa obra e moita sorte! Sabemos

que

sodes

ex

alumnas

deste

instituto,

cando

rematastes no centro? O curso pasado, 2011-2012. Vosoutras xa erades compañeiras de clase ou a vosa relación comezou por este libro? Coñeciámonos do instituto. (Aclaran que Ana estaba no grupo de ciencias e Alba no de letras). Ana, que sentiches cando Alba te propuxo ilustrar a portada do seu libro? Pois non sei, fíxome ilusión, fun o seu segundo prato, xa llo pedira antes a outra compañeira. Fixen varios debuxos que lle gustaron a Alba e enviounos á editorial Gustaríache adicarte a ilustrar libros ou consideras que isto é algo puntual que realizaches para axudar a túa amiga? Gústame debuxar pero non penso dedicarme a iso, só é un pasatempo. Alba, que significa para ti o seudónimo que empregas? É o meu nome en inglés. Sempre quixeches escribir un libro? Sí, teño moitísimos libros. Antes de comezar a ler xa escribía, aínda que os meus pais pasaban de min. Así que ata os dezaoito anos non fixen nada. O libro trata sobre o mundo fantástico, sempre che interesou esta temática? Non, teño libros de todos os temas, de feito non leo moitos libros de temática fantástica. Consideras que a literatura fantástica é unha forma de evadirte da realidade? Obviamente. Cres que son equiparables as dúas loitas que se reflicten no teu libro: a dos reis e a dos plebeos? Claro, os reis loitaron contra o malo porque querían as coroas mentres que os plebeos loitaban por non morrer. Que ensinanza cres que poderíamos extraer desta historia? O meu libro non pretende ter ningunha ensinanza, é puro entretemento. Leinad

é o personaxe más importante do teu relato, inspirácheste

nalguén para crealo?

Pois para Leinad non me inspirei en ninguén, en cambio para Alex inspireime en Ana. Por último, que consello nos dades para todos os anos que nos quedan neste centro? Que sexades “enrollados” cos profes. Grazas polo voso tempo. Alumnado 1º ESO C 35


A zanfona é un instrumento de corda frotada que presenta a peculiaridade de que as súas cinco cordas soan cando rozan cunha roda de madeira. Esta roda rota cando facemos xirar unha manivela coa man dereita mentres que coa man esquerda manipulamos

o teclado que acurta a

lonxitude de cada corda para producir as notas desexadas. Todas as cordas soan ao mesmo tempo. Este instrumento aparece no século IX en Europa Occidental, perfecciónase durante o Renacemento e pasa a ser un dos instrumentos máis empregados de trobadores e xograres a finais do século XVII. No século XVIII convértese nun instrumento de moda entre os nobres e os cortesáns franceses. A partir deste século volve a converterse nun instrumento popular, e xa a comezos do século XX entra en decadencia ata case chegar a desaparecer. Galicia conserva a tradición deste instrumento grazas ao traballo do gaiteiro ourensán Faustino Santalices que grava o primeiro disco dedicado totalmente a este instrumento en 1945 e escribe o primeiro libro sobre a zanfona en 1956. Anos máis tarde é o seu alumno Antón Corral o que continúa co seu labor. Lucía Lesta Mellid, 3º ESO A

O cabalo de pura raza galega é a única raza equina autóctona da nosa comunidade. Esta variedade estivo en perigo de extinción a finais do século pasado pero, afortunadamente, hoxe en día podemos atopar un gran número de exemplares. Trátase

dun

cabalo

de

pequeno

tamaño,

temperamento dócil e pel castaña ou negra. Ten unha crin e unha cola moi poboadas, A súa fronte é ancha e plana, os seus ollos expresivos e os seus beizos grosos e as súas extremidades son finas, curtas e débiles. Habita as zonas montañosas de Galicia, en especial nas provincias de Pontevedra e Lugo. Jesús Deibe Monteagudo, 2º ESO B

36


Vivimos nunha terra chea de fermosas paisaxes. Queremos ensinarvos algunha das nosas paraxes preto do mar, xa que están a piques de comezar as vacacións de verán, o calorciño, as festas estivais…

Porto do Son é un concello da provincia de A Coruña. Está situado na ría de Muros e Noia, na parte noroeste da

península do

Barbanza, esta situación costeira custoulle varios ataques piratas na Idade Media. Case

10.000

habitantes

viven

neste

agradable municipio, que conta con 25 km de costa e innumerables praias. Trátase dunha paraxe moi

agradable. As

súas praias son moi tranquilas e apropiadas para practicar o submarinismo. A capital do concello é a encantadora vila de Porto do Son. Aquí atópase a pequena praia de Fonforrón, moi coñecida por albergar a cova do mesmo nome onde se encontraron restos prehistóricos. Pero non son estes os únicos restos de valor arqueolóxico que posúe o municipio, tamén está o castro de Baroña; un dos máis importantes de Galicia que foi descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artístico Nacional. Tamén paga a pena visitar o pobo mariñeiro de Portosín e o seu porto deportivo onde se pode practican vela e piragüismo. Ademais, neste pobo aínda se conservan algúns mosaicos romanos. Como podedes ver, un paraíso a moi poucos quilómetros da nosa cidade. Se tedes a oportunidade de visitalo, non dubidedes en aproveitala. Andrea Fandiño 3ºESO C

37


Este ano comezamos este novo apartado dedicado á cidade de A Coruña. Queremos facer un percorrido polos vosos lugares preferidos. Comezamos coa praza de María Pita, ide pensando noutros para as próximas edicións! A praza de María Pita é a praza máis importante da cidade de A Coruña e nela atópase a Casa do Concello. Ademais, é o lugar escollido por moita xente para quedar cos seus amigos, xa que queda no centro da cidade e nos seus arredores podes atopar tendas, bares e moitos lugares de ocio. Queres coñecer a historia desta praza tan concorrida? E por que se chama a Praza de María Pita? A praza foi construída entre os séculos XIX e XX. E ten forma de cadrado, no que cada lado mide 111 m. No centro da mesma, atopamos a escultura que homenaxea á heroína que lle da nome, María Pita, que porta unha candea que non se apaga. Esta muller defendeu a Cidade de A Coruña, no ano 1589, dos ataques da Armada Inglesa, dirixida polo corsario Francis Drake. No lado norte da praza atopamos o Palacio Municipal, de estilo neoclásico e construído aló polo ano 1917. Actualmente, é un dos lugares que máis visitan os turistas que se achegan á cidade, tanto pola súa beleza como pola súa situación. Andrés Antelo Abeijón, 3º ESO C

38


Estamos de festa! Inauguramos esta sección coa intención de facer un exhaustivo percorrido polas nosas celebracións. Non faltarán a boa música e as ganas de pasalo ben… Animádesvos? As festas máis coñecidas de Lugo son as que se celebran en honor ao seu patrón,

San Froilán.

Comezaron a celebrarse en 1754 e foron gañando en popularidade ata que en 2006 foron declaradas de Interese

Turístico

Nacional

polo

Ministerio

de

Industria e Turismo. Inicialmente se trataba dunha feira agraria que se celebraba durante varios días a carón das murallas, pero co paso do tempo foise transformando nunha festa popular que ocupa o parque de Rosalía. As datas de celebración son do 4 ao 12 de outubro, aínda que os dous días máis importantes son o día 5 (San Froilán) e o domingo seguinte que se chama “domingo de mozas” que está dedicado á exaltación do noso folclore e dos nosos traxes rexionais. Desde o 1 de outubro, funcionan unhas casetas de madeira ou "garigolos" nos bancais do parque Rosalía, nas que se pode comer o polbo á feira que se prepara nuns caldeiros situados enfronte destas barracas. Outro clásico do San Froilán é O Pelúdez, personaxe de ficción nado en 1908 no diario El Progreso. Pelúdez é un home de aldea que marcha a Lugo durante as festas e vai contando todo o que ve e encontra en clave de humor. As súas crónicas no xornal fixeron de el todo un símbolo das festas, ata o punto de que hoxe en día desfila por toda a cidade acompañado da súa muller Filomena, do seu fillo Peludeciño e de Vanesa, a compañeira deste último. En definitiva, son típicos destas festas os xigantes e os cabezudos, as dianas e as alboradas, as marionetas e o teatro, os xogos para nenos, as competicións deportivas, os certames literarios... actividades moi variadas que poden satisfacer os gustos de todos aqueles que desexen achegarse á cidade. Adrián Martelo Martínez, 3º ESO A

39


Como cambiaron os xogos dos rapaces! Todos sabemos que cada vez máis dependen de maquiniñas e vídeoconsolas para entreterse. Desde aquí queremos romper unha lanza a favor dos xogos tradicionais que son enxeñosos,baratos e moi divertidos. Que gañe o mellor! Aínda que nós xa non nos lembremos ou non os practiquemos, existen xogos que ocuparon as tardes libres dos nosos pais e avós. Son xogos cunhas regras determinadas e que non soen precisar de moito para seren xogados. Por exemplo a chave, na que todo xira ao redor dunha grosa peza de ferro (o vástago). Esta peza está moi afiada na parte inferior para poder espetala ben no chan. Na parte superior colócanse dúas aspas, a mais pequena enriba da mais grande, e dispóñense de xeito horizontal. O xogo consiste en lanzar pesos contra a chave, acción que sempre vale 1 punto. As partidas xóganse a 21 tantos, anotando os 15 primeiros conforme se produzan e o resto a través do desconto entre os tiradores da mesma rolda. É dicir que a partir dos 15 tantos, en cada quenda de lanzamentos anúlanse os tantos iguais dun e doutro xogador, sumándose só os tantos excedentes, se é que os houbese. Outro xogo é o das clásicas chapas, case pasadas de moda. Aínda que hai moitas formas de xogar as chapas, a máis tradicional é a de debuxar un camiño con curvas a modo de serpe, que conteña cárceres, zonas de peóns, atallos,... Os participantes tiran a chapa en orde e tres veces seguidas, se a chapa cae fóra, nunha cárcere ou na morte, o xogador deberá comezar o de novo. Gaña o participante que antes chegue ao remate do circuíto. Pero o xogo que máis segue a ter vida na actualidade é o brilé, que consiste principalmente en alcanzar aos xogadores do equipo contrario coa pelota. Cando un xogador é alcanzado pola pelota, ten que ir á zona dos eliminados, situada detrás do campo contrario. Alí, se o xogador logra facerse coa pelota e eliminar a un rival, pode volver ao campo do seu equipo como xogador non eliminado. Os lanzamentos non son válidos se a pelota lle dá a un xogador na cabeza, nos pés ou de rebote. Gaña o equipo que logre eliminar por completo aos seus rivais. Aínda que estes xogos son moi divertidos se se practican cos amigos, a verdade é que cada vez teñen menos protagonismo coa aparición doutros medios de ocio, pero é salientable dicir que moitas escolas intentan que nas súas clases de educación física quede sempre un oco para estes xogos e para a diversión dos rapaces practicándoos. Darío Pérez Bergantiños, 4º ESO A

40


O 17 de maio, como cada ano dende 1963, celébrase o Día das Letras Galegas. Esta celebración Academia

foi Galega

promovida para

pola

Real

homenaxear

a

aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria na nosa lingua, o galego. A data desta celebración foi escollida porque tal día coma ese, no ano 1863, sae a luz

Cantares

gallegos,

de Rosalía

de

Castro, que marca o inicio do renacemento cultural galego, o Rexurdimento.

Rosalía

foi a primeira homenaxeada, e xa van cincuenta e un! Durante estes 5O anos houbo homenaxeados representantes de todos os xéneros literarios pero todos eles teñen en común un grande amor pola nosa lingua e sempre loitaron pola dignidade tanto da lingua galega como de Galicia, e como non pola dignidade do pobo galego. Texto: Irene Correia Caballero Debuxo: Carmen Seoane Rodríguez, 2º ESO A

Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, ¡ai!, tan hermosa. Cal si na infamia naceras, torpe, de ti se avergonza, i a nai que un fillo despreza nai sin corazón se noma. Naide por que te levantes che alarga a man bondadosa; naide os teus prantos erixuga, ¡ homilde choras e choras.

Galicia, ti non tes patria, ti vives no mundo soia, i a prole fecunda túa se espalla en errantes hordas, mentras triste e solitaria tendida na verde alfombra ó mar esperanzas pides, de Dios a esperanza imploras. Por eso anque en son de festa alegre á gaitiña se oia, eu podo decirche: Non canta, que chora. Cantares Gallegos, Rosalía de Castro.

41


O día das Letras Galegas dedicóuselle este ano a Roberto Vidal Bolaño, autor teatral,director, escenógrafo e actor. Foi un home comprometido con Galicia e coa súa lingua e está considerado a figura máis destacada do teatro galego e un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

Roberto Vidal Bolaño naceu en Vista Alegre, un barrio de Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e morreu nesta mesma cidade o 11 de setembro de 2002 aos 52 anos de idade por mor dun cancro de pulmón. Comezou traballando como empregado de banca, ocupación que alternaba coa súa actividade teatral no grupo Antroido. En 1977 foi despedido do seu traballo e a partir deste momento decidiu dedicarse en exclusiva á súa gran paixón, o teatro. Foi un dos fundadores do grupo teatral Abrente (1975), dirixiu ata o seu pasamento a compañía Teatro do Aquí e foi director do Centro Dramático Galego. Traballou como actor en películas destacadas como Sempre Xonxa e A lingua das bolboretas. Tamén creou guións para a pequena pantalla e incluso participou na rodaxe da serie Mareas vivas para a TVG. Recibiu, entre outros, os premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, María Casares, Chano Piñeiro e Max. Entre as súas obras, destacan: “Días sen gloria” “Saxo Tenor” “Anxeliños” “Criaturas” “Laudamuco” Texto: Ana López Arcay, 3º ESO C Debuxo: Jeni Pereira Príncipe, 3º ESO C

42


A principios deste curso celebramos o aniversario de Celso Emilio Ferreiro. Non queremos deixar pasar a oportunidade de dedicarlle un pequeno espazo da nosa revista a este gran escritor galego. Celso Emilio Ferreiro Míguez (4 de xaneiro do 1912, Celanova- 31 de agosto do 1979, Vigo) naceu nunha familia acomodada, sendo o pequeno de sete irmáns. Con 22 anos, en 1934; fundou, xunto con José Velo Mosquera, as Mocedades Galeguistas. Tempo despois foi mobilizado polo bando franquista, polo que estivo varios anos no cárcere. Tamén participou en diversos periódicos e revistas. O 15 de xullo do 1943 casou con María Luisa Moraima, coa que tivo catro fillos. Trasladouse a Vigo e comezou a traballar no Faro de Vigo. No 1966 emigrou a Venezuela, onde foi organizador das Hermandades Galegas. Dedicábase a dirixir as actividades culturais, a revista do centro, o programa radiofónico… pero tempo despois foi expulsado. Á volta de América mudouse a Madrid, onde dirixiu a Aula de Literatura Galega do Ateneo. O 31 de agosto do 1979, con 67 anos, morreu e foi enterrado en Celanova. Celso Emilio Ferreiro Míguez foi un importante escritor galego, tanto en prosa coma en verso. Entre outras, escribiu as seguintes obras: POESÍA: “Cartafol de poesía” (1935) “O soño sulagado” (1954) “Longa noite de pedra” (1952), foi a súa obra máis destacada “Viaxe ao país dos ananos” (1968) “Terra de ningures” (1969) NARRATIVA: “A frontera infinida” (1972) Texto: Raquel Mahía Vilariño, 2ºESO B Debuxo: Brais Freire Braña, 2º ESO A

43


Este curso celebramos o cento cincuenta aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”, unha das obras máis salientables de Rosalía de Castro que é sen dúbida a figura máis importante do Rexurdimento.

O 24 de febreiro de 1837 naceu María Rosalía Rita, a nosa escritora máis universal cuxas obras traspasaron as nosas fronteiras. Rosalía foi unha muller que rompeu co seu tempo e decidiu escribir en galego porque iso era o que lle pedía o seu corazón, se ben era consciente de que

gran parte da sociedade non ía

aceptalo. A vida da nosa escritora non foi sinxela, poderíase dicir que viviu atormentada, sempre acompañada pola negra sombra. Na súa partida de nacemento figura como filla de pais descoñecidos,

nin o seu pai nin a súa nai

coidaron dela cando era unha nena, tivo que vivir a morte dunha das súas fillas e tamén

Adios, ríos; adios, fontes;

loitar contra a enfermidade e co cancro que

adios, regatos pequenos;

finalmente rematou coa súa vida cando tiña tan so 48 anos. Cantares Gallegos foi publicado o 17 de maio de 1863. Este libro marcou, sen dúbida algunha, o inicio da literatura galega moderna. A obra está formada por un prólogo e 36 poemas nos que a autora exalta a nosa terra,

adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores,

denuncia a marxinación na que se atopa Galicia

casiña do meu contento,

e ademais defende e dignifica o uso da lingua

muíño dos castañares,

galega.

noites craras de luar,

Desde aquí queremos renderlle unha pequena homenaxe a esta gran muller que marcou a nosa lingua, a nosa terra e a nosa cultura.

campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios!

Texto: Ana Vázquez Pernas Debuxo: Jeni Pereyra Príncipe, 3º ESO C

44


Si,si, tal e como estades lendo: esa maquiniña que nos fai as contas nun santiamén e sen equivocarse, foi inventada no século XIX por un polifacético pontevedrés, Ramón Verea. Ramón traballou coma mestre, tradutor, xornalista, escritor… sen esquecernos de que tamén foi un gran inventor. Desde aquí queremos renderlle unha pequena homenaxe coma mostra do noso recoñecemento e do noso agradecemento.

RAMÓN VEREA, o “pai esquecido” da calculadora Ramón Silvestre Verea García naceu en 1833 en A Estrada, Pontevedra, e morreu en 1899 en Buenos Aires, Arxentina. Aínda que foi escritor e

periodista,

a

súa

grande

aportación

á

humanidade foi a súa calculadora (a máis avanzada da época) na que se basearon as que foron comercializadas por Otto Steiger, e que poucos saben que el foi o inventor. Ao longo da súa vida viviu en moitos lugares: en Santiago de Compostela

onde estaba

nun

seminario que abandonou en 1855 para emigrar a Cuba. Alí traballou como mestre, xornalista e escritor (publicou as novelas “A cruz de Cobblestone” e “Unha muller con dous maridos”), e no seu tempo de lecer ata ideou un aparello para dobrar xornais. En 1865, decidiu instalarse en Nova Iorque, lugar axeitado para desenvolver as súas ideas. Exerceu de profesor de español, de tradutor público (dominaba o inglés) e de viaxante de maquinaria. Neste último emprego, rematou vendendo o seu dobrador de xornais, pois non tiña os suficientes cartos para patentalo. Dous anos despois volveu a Cuba, onde tras traballar nunha casa que introducía inventos modernos no país aforrou uns cartos e retornou a Nova Iorque. De novo naquela cidade, en 1875 fundou a “Agencia Industrial para la Compra de Maquinaria y Efectos de Moderna Invención”, en 1877 dirixiu o xornal “El Cronista” e en 1878 a súa máquina de cálculo obtivo a patente de invención. Coas ganancias conseguidas, partiu a Galicia no ano 1879, e estivo percorrendo a súa terra natal para coñecela mellor ata 1882, cando volveu á cidade estadounidense. Durante a súa nova e derradeira estancia en Nova Iorque, creou unha imprenta, “El Polígloto” e a revista mensual “El Progreso” (tirada nesta imprenta). A súa ideoloxía (o liberalismo) chocaba coa política colonialista dos Estados Unidos, por iso decidiu deixar o país norteamericano en 1895 e ir vivir a Guatemala. Neste país, foi recibido polo presidente da República con honores, aínda que tivo que abandonalo dous anos despois pola política autoritaria adoptada polo mesmo presidente que o

45


recibira, tamén oposta ao liberalismo de Ramón. O seu definitivo lugar de afincamento foi Bos Aires, onde seguiu desempeñando o seu labor de xornalista coa publicación de “El Progreso”, e participando noutros xornais como “El Eco de Galicia”. En 1899, morreu Ramón Verea a causa de problemas pulmonares. Foi enterrado nunha tumba anónima no cemiterio do Oeste de Bos Aires, sumido na pobreza. Cabe citar un fragmento dun artigo publicado no xornal “El Progreso” tras o falecemento de Ramón Verea: “Pola súa intelixencia e polas súas obras, será sempre honra da súa patria”.

A CALCULADORA DE VEREA Foi patentada en 1878 en Nova Iorque (como xa dixen antes) e el chamouna a “calculating machine” (máquina de calcular). Hoxe en día consérvase na sede central da empresa de tecnoloxía IBM en Nova Iorque esta calculadora, de dimensións 35x30x20 centímetros (longo x ancho x alto) e de arredor de 24 kg. É a primeira calculadora moderna da historia, porque era a primeira que conseguía o resultado directamente, non a través de sumas, reducindo moito o tempo de cálculo. Admitía números de, como moito, nove cifras que: podían ser multiplicados por números de seis cifras ou divididos entre outros de quince nun tempo estimado de 20 segundos. Empregaba un sistema creado por Edmund Barbour en 1872 parecido ao Braille. O recoñecemento máis importante que recibiu Ramón Verea en vida foi a Medalla de Ouro da Exposición Mundial de Inventos celebrada en Cuba en 1878 por este invento. Por que, se creou un aparello tan importante, este home é tan pouco coñecido? Pois porque Ramón non creara

esta

calculadora

cun

fin

Esta é a calculadora que se conserva na sede de IBM.

comercial, senón co fin de demostrar que os españois podían crear inventos e non só os americanos. Quizais, se levara ao mercado este aparello, sería un home rico e non tería que ser soterrado nunha tumba anónima dun cemiterio de Bos Aires. Diego López Pombo, 1º Bach C

46


O alumnado das Seccións Bilingües de Física e Química de 3º e 4º de ESO fixeron unha pequena comparativa entre as enerxías non renovables e as renovables. Este é o resultado. Man in History had to find different ways to solve their problems, as cooking aliments, warning water, etc, so, he used energy. There are different kinds of energy which are divided into two large types, depending on if they are renewable or non-renewable energies. Non-renewable energies are the type of energies that pollute the environment, and they are no renewable, so they will finish. They represent the most of the percentage of the energies used. There are four important types in this group: petroleum, natural gas, coal and nuclear power. Petroleum: It is extracted from the Earth and it is used to produce diesel, gasoline, propane, jet fuel, heating oil and paraffin wax. It is made when organic matter settles in water and it loses its oxygen and then, it is composed with the heat and the pressure of the Earth for millions of years. Gasoline and diesel are used to move cars. Natural gas: It is extracted at the same time as the petroleum. With it, we produce gases such ethane, methane, propane and butane. The uses of the natural gas are heating homes, businesses … Coal: It is extracted from the Earth. It is also composed of organic matter, and it was formed with the heat and the pressure of the Earth. It is solid. It is used to make electric energy. However, burning coal releases amounts of CO2 into the atmosphere. Coal is the main effectors of greenhouse effect. Nuclear power: It is used to produce electric energy. We use one isotope of uranium, U-235. The nuclear power is the energy that produces less pollution, but its wastes are very dangerous, and they pollute a lot. Andrés Antelo Abeijón, 3º ESO C

47


Renewable energy is a type of natural energy that hasn’t a limited supply. It can be used a lot of times and it never ends. They don’t collaborate with the production of acid rain and don’t produce emissions into the atmosphere, so the greenhouse effect decreases. There are seven kinds of this energy: solar energy, wind energy, geothermal energy, bioenergy, hydropower, ocean energy and hydrogen and fuel cells. Solar energy: if we collect solar radiation properly, we will get heat and electricity. The heat and the electricity obtained are used to obtain hot water, heating, cooling pools, cooling in warm periods… Wind energy: it is the kinetic energy generated by the effect of air currents. Its uses are: water heating, lighting and electrical uses, water pumping and irrigation, Geothermal energy: it uses the earth’s internal heat to produce electricity, and to heat and cool buildings. Bioenergy: it is the use of the biomass to produce electricity, transportation fuels, or chemicals. Hydropower: it is produced by water storage in reservoirs and lakes at high altitude. If the water is moved to a lower level in height, this stored energy is transformed into kinetic energy and then into electrical energy by passing through a hydroelectric plant. Ocean energy: the ocean can produce two types of energy: thermal energy from the sun’s heat, and mechanical energy from the tides and waves. Fuel cells: they combine hydrogen and oxygen to produce electricity, heat and water. They are often compared

to

batteries.

Both

convert

the

energy

produced by a chemical reaction into usable electric power. They are a promising technology to be used as a source of heat and electricity for buildings, and as an electrical power source for electric motors propelling vehicles. Anahir Franco García, 4º ESO A 48


A realidade aumentada permítenos manter o contacto co mundo real mentres interactuamos con obxectos virtuais. Actualmente, está sendo utilizada en moitos campos diferentes: medicina, arquitectura, robótica, industria de videoxogos… Aquí vos deixamos unha primeira aproximación a este tema de candente actualidade. Xa está aquí! Xa chegou a realidade aumentada! Unha nova xeración de dispositivos que en pouco tempo pasarán a ser indispensables na nosa vida. Grazas a eles a nosa vida será un pouco mais doada, poderemos facer máis cousas e mellor … xa sabedes, a leria de sempre que asegura que grazas a tecnoloxía todos viviremos mellor. Aínda sen saber de que vai o nome xa “engaiola”, e si, o nome é importante. Este nome nada ten que ver con outros coma por exemplo outros como a lóxica borrosa, a fusión fría, o catastro ou o cambio qtronic; con nomes moito máis feos. A realidade aumentada consiste en empregar un dispositivo que nos mostra a realidade (si, xa o di a palabra) por medio dunha cámara, gafas ou similares e engade información (publicidade, localización da farmacia mais próxima, mais publicidade, onde se atopa un amigo que estás buscando, de novo publicidade, que tempo fará, moita mais publicidade, …) Pero, … por que agora?. Basicamente porque Google® está a desenvolver un novo dispositivo precisamente para isto, e xa sabemos que se Google® está detrás, será actualidade. O novo dispositivo chámase Google Glass, unhas gafas que permitirán tomar fotografías, compartilas en internet, gravar vídeos, compartilos en tempo real en internet, ver o mapa ou ruta do lugar onde nos atopamos, compartir a nosa posición, obter a distancia dende o punto onde estamos ata un destino, mandar mensaxes con so falarlle as gafas, traducir o que dicimos e incluso ten máis posibilidades. Todo isto faino con mans libres, xa que grazas ao recoñecemento de voz e comandos preestablecidos podemos mandar ordes coma por exemplo “ok gafas, fai un vídeo” para executar a acción. Quero unhas para o vindeiro Nadal! Esta información sae do propio buscador de Google®, que xa sabe cal é o noso correo, os nosos gustos, que estamos a buscar, que queremos comprar, que nos ten preocupados, cando estamos felices, cando non o estamos, … e agora tamén saberá onde estamos (se é que non o sabe xa polo teléfono móbil). Pero iso non nos preocupa, porque eu non son importante para Google®, non fago cousas importantes, non son millonario, non coñezo a famosos e xa postos tampouco son un gran deportista; o único que son é un consumidor … cada vez mais manipulado. Non podemos quedar atrás ante moitos avances, pero si podemos ser responsables de algo que é noso: a nosa privacidade. Non será moito, pero é noso e eses datos poden ser usados contra nos. Eu non quero ser para eles unha máquina de información, e espero que vos tampouco. Moito ollo cas T.I.C.! Ignacio Ríos Suárez 49


SUDOKU AS SETE DIFERENZAS

Horizontais: 1. Terreo onde se enterran os mortos. 2. Animal que pode vivir dentro e fóra da auga. 3. Tempo que teñen os alumnos entre as clases para descansar.

ENCRUCILLADO

4. Muller con poderes máxicos que fai esconxuros. 5. Auga das nubes que se conxela e cae á terra en forma de folerpas. 6. Alimento feito con cacao e azucre. Verticais: 1. Foxo da parte superior dun volcán. 2. Gran extensión de terreo con moitos árbores e arbustos. 3. Froito da cerdeira. 4. Pintura feita con aceites e colorantes. 5. Mamífero semellante ó coello, pero máis grande e coas patas de atrás longas e fortes. 6. Cada unha das liñas que ten un poema.

SOPA DE LETRAS Atopa o nome de dez palabras relacionadas co material escolar.

NUMEROGRAMA

Carmen Seoane Rodríguez, 2º ESO A e Daniel Sánchez Ponte, 2º ESO B

50


51

PUGA ZETA Nº 3  

A gaceta do IES "Puga Ramón" promovida polo Equipo de Dinamización Linguística

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you