A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística
CURSO 2015-2016
Nº6
0
BENVIDA PASATEMPOS ........................................ 40 50 aniversario............................................ 2 ANPA ............................................................ 3
Celebramos o 50 aniversario! ............. 42
O comezo! ................................................... 4 ACTIVIDADES
E xa van 6 números! Quen nolo ía dicir
O Magosto .................................................. 5
cando puxemos en marcha este proxecto!
Visita ao Oceanográfico ......................... 6
Comezamos con moita ilusión e non menos
Departamento de Debuxo ...................... 7
ganas e grazas a colaboración de todos e
Pánico! .........................................................10
todas
Departamento de Economía .................. 11
Estamos medrando e nós xa nos imos
Historias na rede: Tuiku........................13
sentindo maiores. Mais, que son 6 anos se
Departamento de Relixión ....................14
os comparamos cos 50 do instituto? Si,
Imos á neve ...............................................15
nin
Perdémonos… ou non? .............................16
Esperemos
Intercambio coa Bretaña francesa ....17
celebremos o cincuenta aniversario do
Atelier d’écriture ....................................18
PugaZeta!
A orixe dos xitanos.................................19 Rap .............................................................. 20 Matemagos ................................................21 Un reto para 4º de ESO ....................... 22 Miguel de Cervantes .............................. 23 Obradoiro de relatos ............................ 24 Let’s go! ..................................................... 25
puidemos
máis
Grazas
nin
ir
menos
que
cumprindo
que
algún
50
día
anos.
anos. tamén
por axudarnos un ano máis e
permitir así que continuemos medrando. Esperamos
que
vos
guste
e
que
continuedes a colaborar con nós. Ata o vindeiro ano e bo verán! O Equipo de Dinamización Lingüística
Estudar en USA ...................................... 27 Andalucía, alá imos! ................................ 28 Dereitos humanos ................................... 29 Graduación 2016 ......................................31 ENTREVISTA Preguntamos ao noso alcalde ............... 33 AS NOSAS LETRAS Homenaxe a Neira Vilas ....................... 35 Homenaxeado 2016 ................................ 36 CIENCIA E TECNOLOXÍA Anonymous ................................................ 37 A estrutura dos átomos ....................... 39
Depósito Legal: C-700-2013 ISSN: 2340-2148
Portada: Mencía González Rodríguez, 3º ESO A Contraportada: Lucía González Lorén e Andrea Santalla Paredes, 1º ESO A 1
Estamos a conmemorar o medio século de vida do noso instituto. Cincuenta anos non semellan ser demasiados para unha institución é, porén, cantas cousas cambiaron en tan pouco tempo! Hai 50 anos na nosa cidade non existía máis que un centro público no que puidesen educarse as rapazas, o IES Eusebio da Guarda, ao que acudían as fillas das familias acomodadas que non estudaban nun centro privado. O noso instituto nace como un proxecto social concibido polo entón presidente de Deputación, Rafael Puga Ramón, co fin de formar ás rapazas que vivían no Fogar Infantil La Milagrosa. Por iso, o primeiro nome que recibe é o de “ Filial nº 1 del Eusebio da
Guarda, La Milagrosa”. As palabras, que do propio presidente recollía o xornal La Voz de Galicia, explican de forma clara a razón do nacemento do noso instituto e cal era, neses tempos, a concepción social sobre a educación da muller: “Nesta casa serán acollidas todas estas nenas da Casa da Misericordia e alí
recibirán unha instrución similar á do Bacharelato Laboral, co cal sairán ben preparadas para se defenderen na vida...”. Temos que agradecer á primeira directora do Instituto, Consuelo Mariño, e ás sete profesoras que con ela comezaron, o esforzo que tiveron que facer para conseguir, nuns tempos tan difíciles, abrir o centro ao barrio escolarizando, xunto ás rapazas da Milagrosa, a alumnas externas que doutro xeito non terían
recibido ningunha formación. Os actuais docentes do Puga Ramón
sentímonos orgullosos de ser os continuadores dese traballo que comezou hai xa cincuenta anos. Desde entón o centro transformouse ao ritmo vertixinoso que esixiron os cambios sociais. Foron enormes as variacións realizadas na súa infraestrutura e nos medios materias e humanos logradas sempre grazas ao constante apoio da Deputación. Aquel instituto, que foi exclusivamente feminino ata ben entrados os anos 80, viu como a presenza do alumnado masculino se normalizaba despois de non poucas discusións entre o profesorado sobre a necesidade desta transformación. Deseguida viñeron outros cambios, non menos significativos, incluso na propia concepción do ensino. A sociedade esixe que as clases sexan hoxe máis dinámicas, un maior protagonismo do alumnado e o uso cotiá das novas tecnoloxías. De tódolos xeitos, penso que se mantivo desde o principio o mesmo espírito docente que intenta sacar o mellor dos nosos alumnos co fin de que poidan acadar os seus obxectivos profesionais e, sobre todo, de axudalos a se converter en cidadáns responsables e plenamente integrados na sociedade actual. Foron 50 anos de aprendizaxe, pero tamén de excursións, festas, actividades e convivencia. A historia do Puga Ramón non podería escribirse sen todos os que pasamos por el, todos deixamos nas súas aulas e corredores unha grande parte de nós. O noso agradecemento aos que estivestes e xa non estades: alumnos, pais, profesores e persoal non docente, sen vós non seríamos hoxe como somos. Á Deputación Provincial que axudou, desde o comezo, a converternos nun modelo para os restantes centros de ensino da nosa cidade. E, por suposto, aos alumnos actuais e aos futuros xa que constituídes a nosa razón de ser. A todos, os nosos parabéns!.
Fernanda Sández Martínez 2
Como sabedes, a ANPA é parte da comunidade escolar, e camiña con vós cada día do curso. E en primeiro lugar, queremos agradecer a oportunidade de dedicarvos estas liñas. Sempre estamos dispostos a que calquera se nos achegue e nos faga chegar as súas inquedanzas, ideas ou simplemente para charlar un anaco das preocupacións da vida cotiá. Dende esta ANPA, apoiamos o fomento do deporte na vida dos alumnos e das súas familias e xa comezamos a elaborar actividades para que todos e todas activemos o corpo e a mente: baile, zumba, cursos de formación para adultos… Ata o de agora conseguimos ter un equipo de fútbol que tivo a paciencia suficiente para esperar case ao mes de xuño para comezar a xogar. É que este ano foi difícil poñer en marcha os Xogos Escolares, xa que tiveron un recorte drástico no seu presuposto que provocou que tiveramos que saír na procura de novas formas de financiamento para conseguir que se puidese disputar este torneo como se leva facendo nos últimos 13 anos. Por iso, de cara o vindeiro curso, gustaríanos pedirvos un esforzo maior e que vos involucredes nas actividades que sexamos quen de sacar adiante entre todos. Tamén, por segundo ano consecutivo, antes das vacacións de Nadal, tivemos participacións da Lotería Nacional, na que recadamos só 50 céntimos por participación, para que cando nos toque (porque seguro que nos vai tocar) poidamos todos gozar duns cartiños que nos virán de fábula. Así que para o vindeiro Nadal, esperamos que todos e todas pasedes a coller un boletiño, non vaia ser que a fortuna vos pase por diante da porta. Seguiremos a indagar na procura da introdución de novas formas e métodos de ensinanza ( emprego de tablets, estudo por proxectos, flipped classroom) e na introdución de novas materias de libre configuración. Queremos por último recordarvos que as nosas portas están abertas a todos, que non somos un grupo pechado, que sexades ou non socios da ANPA ( que só son 20€ ao ano) estamos aquí para axudar no que poidamos e, por suposto, para que nos axudedes. O voso tempo, as vosas iniciativas e todo o que aportedes serán un tesouro para toda a comunidade escolar. Estas últimas liñas queremos dedicarllas aos alumnos e ás alumnas que xa nos deixan neste curso 2015/16 e que recorden que, como sempre, estamos moi orgullosos deles. Unha forte aperta, esperámosvos!!!!
ANPA Mentoría.
3
O primeiro día, estaba moi nerviosa, xa que, tiña medo, principalmente a non estar cos meus amigos na mesma clase, tamén, porque sempre temos ese temor de que todo sexa moito máis complicado, que os mestres sexan máis exixentes ou os compañeiros pouco amigables, tamén o medo de que non te vaias a integrar ou non vaias facer novos amigos. Un medo que temos todos ao comezar unha nova etapa na vida. Agradezo que antes de comezar o curso, foramos a darlle unha vista ó instituto, xa que se non ó comezo estaría moi perdida á hora de cambiar de aulas. Gústame moito en xeral as instalacións do centro, aínda que pensei que, por exemplo, no patio habería máis espazos naturais, como para sentarse a merendar e tamén tiña a impresión de que os salóns ían ser máis grandes. Pero todo iso tanto ten, estou contenta aquí. Os seguintes días, eu sempre trataba de estar cos meus antigos amigos, os da escola, xa que non son de facer amigos moi rápido que digamos. Tamén nas clases o único que quería era darlles unha boa impresión aos profesores e aínda manteño a mesma actitude que a dos primeiros días. Despois, empecei a falar con outras persoas, as cales eran moi parecidas a min, en canto aos gustos e personalidade, e agora son cos que sempre estou. En canto aos meus compañeiros en xeral, hai de todo un pouco coma sempre, hai algúns que traballan máis que outros, que falan máis ou polo contrario non falan case nada. E como non, hai algúns outros que basicamente non fan nada.
Na relación,
poderíamos dicir que nos tratamos a maioría das veces ben. Os profesores, dende un principio, parecéronme todos bos, algúns máis que outros, pero eu sempre trato de pensar en positivo. A dicir verdade estou alegre de ter como titora a Anxos, é moi boa. Seguramente diría o mesmo se tivera outra titora, pero como me tocou estar con Anxos, dígollo a ela. Cos demais profes estou contenta, saben dar as clases ben e dunha maneira que o entendemos. Hai moito que agradecerlles xa que moitas das veces somos insoportables e non queremos traballar, mais eles seguen adiante sen volverse tolos, aínda que non sei como. En xeral, estou moi feliz no instituto, tanto cos meus compañeiros, coma cos profesores e comigo mesma.
Fabiana Dominguez Figueroa, 1º ESO B
4
No
pasado mes de outubro celebramos o tradicional magosto e samaín. A
celebración do magosto é unha das tradicións máis antigas e significativas da cultura popular galega. Hoxe en día, o magosto segue a representar unha oportunidade única para conectar coas nosas raíces, co noso pasado, cun mundo simbólico e cultural en constante cambio e coa cerna da nosa identidade como pobo. E por suposto, unha oportunidade única para gozar co que foi por séculos un dos elementos imprescindibles da nosa alimentación, a castaña. Nesta tradicional festa, que como tódolos anos organizou o Equipo de Dinamización Lingüística, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo da ESO pasárono xenial coa actuación dun contacontos. Ademais o alumnado de primeiro da ESO fixo uns mouchos moi divertidos antes de comer as castañas. E claro, con tanto traballo, abríusenos o apetito e nada mellor para encher o bandullo que unhas castañiñas asadas. Que ben o pasamos!
Pequena mostra dos mouchos do magosto. 5
Nada máis chegar os alumnos de Bioloxía e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente fomos recibidos con moito entusiasmo polo persoal investigador , é evidente que os biólogos mariños aman o traballo que fan e queren divulgalo. Aprendemos o que é necesario para analizar os peixes: coñecer a súa idade, o sexo, se están en época de reprodución, etc. Explicáronnos o efecto Coriolis mediante un simulador cibernético e a traxectoria que seguen as correntes mariñas, empregando unha maqueta que actúa como modelo con auga a distintas temperaturas. Porén, o máis divertido foi observar os microorganismos que viven nas augas e son fundamentais nas cadeas tróficas. Por outro lado, tamén nos contaron como lles gustan as campañas que fan nos buques oceanográficos .
Karina Acosta Paulino, 2º Bach B
6
Os alumnado de Educación plástica, visual e audiovisual participou en varias actividades e concursos. Aquí vos deixamos unha mostra dos seus marabillosos traballos. Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Neste día os alumnos de 3º ESO quixeron compartir con todo o alumnado do instituto a recompilación destes deseños dixitais de carteis realizados para reflexionar sobre a Violencia de Xénero.
Día dos Dereitos Humanos 10 de decembro 2015 Participaron os alumnos de EPVA de 1º ESO cos personaxes para ACTÚA, CAMBIA UNHA VIDA!
7
8 de marzo Día da Muller
III Concurso de
traballadora
Creatividade da Fundación
Actividade realizada polos alumnos de
da“Natureza Viva”, de
1º ESO Ilustracións de MulleresTraballadoras
Jove reinterpretación Maruja Mallo. Terceiro premio: Nerea Viñas Cores de 1º ESO.
Concurso de Logos para o 50 Aniversario do noso centro. Gañadora: Nuria López Ballart de 4º ESO C.
8
"Corazón amoratado", un guión escrito por catro alumnas do noso IES que gañou o Concurso de guións contra a violencia de xénero convocado pola Deputación de A Coruña.
Uxía Carreira, Mencía González, María Calvo e Gara Sandá de 3º ESO.
“Esculturas de area na Praia da Lanzada – O Grove” Este curso o Departamento de Debuxo coa colaboración do Departamento de Bioloxía realizamos esta actividade cos alumnos de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 3º ESO.
9
10
Os alumnos de Economía achégannos unha vez máis a súa particular visión da realidade, Que nunca nos falte o sentido do humor!
11
12
O grupo Tuiku, grupo de alumnos e alumnas emprendedores sociais do IES Rafael Puga Ramón presentouse a un concurso organizado por Bankia e a Fundación o que de verdade importa que busca proxectos liderados pola mocidade nos que propoñan actividades que “enreden” a súa contorna a favor dunha causa social, é dicir, proxectos de emprendemento social. Aida, Laura, Marta, Brais, Lucía, Iria, Tania, Aaron, Miguel e Bruno forman TUIKU, que naceu no 2014 como froito do traballo levado a cabo na materia de “Taller de iniciativas emprendedoras” e onde aprenderon a poñer en marcha e xestionar proxectos de emprendemento. Seis deles, titorizados pola profesora da materia, Bea Vázquez, e pola empresa Líbolis, presentaron un proxecto a favor da Cociña Económica que baixo o nome “Mañá podes ser ti” levou a cabo actividades para concienciar á sociedade da necesidade de colaborar con esta institución, ademais de conseguir clasificarse como finalistas do proxecto Historias na rede e gañar 1500 euros para a devandita institución benéfica. Na seguinte dirección podes coñecer en máis profundidade o noso proxecto: https://www.youtube.com/watch?v=bkbO_hzT4dQ Anímate a visitarnos!
Aida Varela, Laura Campos, Iria Veiras, Tania Silva, Aaron Graña e Bruno Santalla, 13
Desde o Departamento de Relixión impulsamos, unha vez máis, a Rede Solidaria da Mocidade. É unha marabilla contar cada ano con novos mozos e mozas que se unen con moitísima ilusión a esta gran aventura da solidariedade, e contar, por suposto, cos que ano tras ano continúan na mesma. Cada vez somos máis nesta pequena familia da Rede! Este
ano
participamos
en
moitas
actividades
interesantes e moi divertidas nas que ademais de concienciarnos nos diferentes problemas do mundo, pasámonolo xenial. Colaboramos en diferentes supermercados co Banco de Alimentos, organizamos uns xogos solidarios nos que recadamos 800 euros a favor do Servizo Xesuíta ao Refuxiado, no instituto recollemos xoguetes e comida para as familias necesitadas, asistimos a unha charla dun refuxiado sirio que nos contou como saíra do seu país e todo o problema da guerra que hai en Siria.
Demos unha charla aos nosos compañeiros do instituto no Día da Muller sobre a igualdade de xénero e a importancia de que as nenas teñan as mesmas oportunidades que os nenos e de que asistan á escola. En maio asistimos a un acto público no Obelisco para reivindicar a actuación dos políticos a favor dunha educación igualitaria e equitativa, onde caiban todos e todas, durante a SAME (Semana Mundial pola Educación). Os paraugas simbolizan que a educación é unha forma de protexernos contra a intolerancia, a ignorancia, a desigualdade, a falta de oportunidades? Apúntate e contigo melloraremos o mundo! A educación é o motor do desenvolvemento dun pobo.
REDE SOLIDARIA. 14
Unha vez máis os alumnos de 2º da ESO fixeron unha viaxe ao Pirineo aragonés para poder gozar dunha nova actividade na natureza. Despois de moitos preparativos e dúbidas como saber canta roupa poderían meter nesas maletas tan pequenas, con quen ían durmir ou se lles ía chegar o diñeiro que levaban, arranca a ansiada viaxe. As miradas reflectían distintas emocións no grupo no primeiro día de clase, o frío e as folerpas caían sen cesar, os esquís ou táboas que parecían ter vida propia sobre a neve, o cu dorido de caer ao chan, pero sobre todo con moitas ganas de aprender. E así foi, pois este foi un grupo moi traballador, que a pesar dos seus medos ás alturas ou ás grandes pendentes, acadaron con éxito a baixada pola pista azul de troitas. O que lles permitiu ao mesmo tempo deleitarse con paisaxes nevadas. Unha tarde na pista de xeo, unha andaina ata Francia, unha viaxe no tempo na Estación de Canfranc e ir de compras por Jaca, foron as outras actividades que ocuparon as nosas tardes. E o pouco tempo de lecer que nos quedou divertímonos cos nosos compañeiros:
charlando nas habitacións, rindo polos corredores,
bailando ou vendo pelis todos xuntos. En definitiva, facendo cousas que nos permitiron convivir e estreitar lazos de amizade.
15
Os alumnos de 4º da ESO participaron no campionato Escolar Provincial de Orientación, xunto con 350 nenos e nenas doutros centros. Nun día no que tivemos sorte co tempo e non nos choveu na carreira. A experiencia foi divertida. Despois de 3 anos traballando a orientación no instituto, algún tivo dificultades para atopar algunhas balizas. Pero isto non supuxo algo negativo, senón todo o contrario, fixeron amigos ao ter que preguntar para poder continuar coa carreira. O mellor é que todos remataron a proba e que puideron acercarse máis a este deporte de natureza.
Departamento de Educación Física 16
Si tu veux faire un looooooong voyage vers le Nord et le Centre de la France, faire des amis français et rencontrer des gens inoubliables, manger des plats typiques et visiter des lieux historiques impressionnants, tout ça en très bonne compagnie, on t‘attend l’année prochaine.
.
Departamento de Francés
17
Natalia Carro Varela, 4ยบ ESO A 18
De onde crees que veñen os xitanos? Aínda que levan moitos anos entre nós a raza xitana e a súa historia é descoñecida para moitos de nós. De que lugar do mundo provén a raza xitana? Os 11 millóns de persoas de raza xitana teñen a súa orixe na India, nunha rexión situada no norte, preto de Paquistán chamada Punjab. Non se sabe o motivo polo cal marcharon da súa terra e emigraron a outros países pero sábese que ocorreu alá polo século XI, cando unha rama do pobo marchou cara Europa central e outra gran parte cara o norte de África. O que é aceptado pola maioría dos investigadores é que os romaníes poderían abandonar a india en torno ao ano 1000 e atravesar o que agora é Afganistán, Irán, Armenia e Turquía. Varios pobos similares aos xitanos viven hoxe en día na India, aparentemente orixinarios do estado desértico de Rastrearán, e á súa vez, poboacións xitanas recoñecidas como tales polos propios xitanos habitan aínda en Irán co nome de lurios. A chegada a España En España crese que chegaron en 1415,dispersándose e viaxando por todo o país. Desde que os xitanos chegaron a España, o trazo que máis salientable e diferenciador foi a súa estraña linguaxe porque era moi diferente aos outros idiomas de España. Durante os dous séculos seguintes aparecen cada vez mási mencións escritas do idioma romaní. En España, o marqués de Sentmenat publica ao redor de 1750 un pequeno vocabulario do romaní falado na Península Ibérica.
Ángel Jiménez Ramírez e Jennifer Barrul Barrul, 1º ESO 19
O rap é un estilo musical desenvolvido en Norteamérica a finais da década dos 60 entre a comunidade afroamericana en zonas marxinais e como unha expresión de rebeldía a través de letras combativas. Os intérpretes de rap son coñecidos como MC "Mestres de Cerimonias". Este estilo de música caracterízase por un recitado rítmico das letras, non se cantan, rapéanse. Ao rapear, o MC apóiase nunha melodía de fondo que se denomina beat, encargada de marcar o ritmo. Existen moitos subxéneros dentro do rap. Algúns
achéganse ao rock e ao pop, como o rap
hardcore ou o pop rap. Nestes casos, as melodías e os temas resultan máis próximos ao formato de canción que se asocia aos mencionados xéneros. O gangsta rap, pola súa banda, é a modalidade de rap que tenta contar os problemas sociais que sofren as rexións máis humildes. A violencia, o delito e as drogas, por tanto, aparecen con frecuencia nas letras. O rap pode ser comercial ou underground. Xeralmente, denomínanse rapeiros comerciais a aqueles que cantan co único obxectivo de conseguir diñeiro e fama sen seguir as regras "básicas do rap", é dicir que rompen normalmente o que sería de esperar, as súas letras e a súa forma de ritmo cambia moitísimo. A maioría dos seus temas non son deles, senón son de compañías de música. Estes moitas veces son os que teñen maior fama. O Rap Underground é o rap que se fai sen ningún apoio discográfico ou monetario externo (é dicir sen patrocinios ou contratos nin selos discográficos con fins lucrativos), en raros “El corazón da muestras de las vergüenzas que siente, creación de planetas en base a rocas inertes. Podrás tenerlo todo con la palabra dinero, mis soldados cazan lobos son hombre de acero. “
casos
poden
ser
apoiados por familiares ou empresas
musicais
cuxo
obxectivo é apoiar máis aos artistas
que
recibir
ganancias. No noso país o rap do Norte, polo xeral, é máis pechado, máis frío, máis vella escola, pero nunca tiveron as oportunidades da xente de Madrid ou outras grandes cidades, con todo ao alcance da man.
Sheila Morano Pintos, 1ºESO A 20
21
O alumnado de 4º de ESO tivo que superar un reto despois de acabar o primeiro trimestre. Consistiu en resolver catro problemas aplicando os seus coñecementos en Trigonometría. Constou de tres fases: 1ª fase: Organizados en grupos construíron os obxectos que lles axudarían a medir os ángulos que precisaban: os TEODOLITOS. Precisaron de dous tipos: un vertical e outro horizontal. Con moita paciencia e arte conseguiron que dúas táboas foran os mellores e máis precisos instrumentos de medición de ángulos. 2ª fase: Desprazados á Torre de Control Marítimo e á súa contorna, e guiados polos profesores acompañantes, realizaron as medidas que precisaban para conseguir dar resposta ao seu reto. 3ª fase: Cos datos recollidos a facer contas! Que fórmula usar? O teorema do seno ou o do coseno? Calcularon a altura da Torre de Control Marítimo, a altura dunha das súas estruturas de cristal, o ancho da ría de A Coruña e a medida dunha parte da muralla do Castelo de San Antón. Puxeron as contas en limpo e entregaron os resultados para seren corrixidos polas súas profesoras. Reto superado! Aprenderon Matemáticas e tamén a traballar en equipo, a facer recollida de datos e a organizalos. A presentación é outra cousa! Verdade rapaces?
O
alumnado
de
Matemáticas
de
1º
de
Bacharelato visitou a sede do Instituto Nacional de Estatística da nosa cidade. Durante a charla á que
asistiron
coñeceron
algunhas
aplicacións da Estatística na vida cotiá,
das as
seccións das que consta o INE, os tipos de enquisa que realiza, os datos que se analizan e con que fins e sorprendéronse con información sobre o censo, quen vota en cada tipo de eleccións: europeas, ao Concello, á Comunidade... 22
.
23
E entón abrín o Libro. Estaba sentada no xardín na casa dos meus avós. No libro saía o nome dun monte moi coñecido que foramos ver había uns días o avó e mais eu. O meu avó contoume daquela unha lenda que acontecera nese mesmo lugar… Chovía, aquela noite chovía. Toda a xente da aldea estaba na casa. Todos menos Hugo, un rapaz de vinte anos ao que non lle quedaba comida e decidiu coller o seu paraugas e saír ao bar de Toñita a por un anaco de tortilla e un bolo de pan. Pedaleou e pedaleou, pero o vento era moi forte e xa comezaba a soar algún trono. Internouse no bosque esperando que as copas das árbores o cubrisen. Pero nada. De súpeto, pareceulle ver unha luz. Forzou a vista e puido ver que esa luz viña dunha cabana de madeira. Chamou á porta e dous vellos saíron ao seu encontro: -Boa noite. Ou mellor, mala noite xa que hoxe vai un tempo de pena. -Que fai vostede a estas horas? -Ía mercar algo de cear. Pero parece que hoxe non vai entrar nada no meu estómago. - Pois entre, entre. Darémoslle algo para cear e quedará a durmir aquí esta noite. -Moitas grazas. Que Deus llo pague! A vella serviulle un anaco de costela, cunha pataca e un cacho de pan integral. O rapaz comeu todo e marchou para a cama. Quedou durmido de inmediato. O que el descoñecía era que os anciáns eran antigos aprendices de maxia e que estaban tristeiros porque os cazadores mataran a case todos os paxaros. Entón decidiron converter nun paxaro fermoso e cantareiro ao rapaz. Din que se hoxe vas polo monte aínda está alí, vixiante e mesmo parece que axuda aos camiñantes. Pero o máis sorprendente é que o seu canto é como os tronos. Os mesmos que caeran aquela noite na que deixou para sempre de ser un home.
Noemí Fraga Domínguez. 1º C da ESO 24
"Don't cry, we'll see each other soon," I told my mom in the gate of my city's little airport right before I left. I was sad, I was balling. That was the toughest thing I've ever gone through. What I didn't realize back then was that when my time here was going to be over, I wouldn't be able to repeat those words. "See you soon," but, how soon? Next summer? Three years? Maybe,
ten?
Maybe,
never
again? When you become an exchange student you know what you are signing up for. It is not like no one told you what was going to happen. I knew it from the very beginning, but I decided to take the chance. I decided to live the year of my life in the United States. But not only that, I was also about to live one whole separate life in a year. Throughout the 313 days I was here, I had to be born, I had to grow and learn, and this June, finally, my time here is gone. My time here is dead. The closer it gets to my departure, the more anxious I get; and I start wondering if coming here was worth it. Would it have been easier to stay home? I am sure it would have. One day, laying in my room, I started thinking about how many things I lost in my adventure. I lost my headphones on my flight from New York City. I lost one year in my high school, and I threw away one year on my education progress because of American education system's lower standards. I lost the sea and the beach. I missed my parents' birthdays. I missed Christmas with my family. I lost friends back home, because not everyone thinks about you when you are not around anymore. I lost my grandmother in October. Yes, I guess I lost a lot of things...
25
But then I sat down on my bed's edge, and I started staring at my walls, at the Homecoming and Formal pictures on the wall. Those pictures where I could look at myself
surrounded
by
new
awesome friends. I also saw my varsity letter for Cross Country up there, and I remembered those meets,
and
those
swimming
morning practices that made me wake up at 4 in the morning for two months. On my back, that huge Iowa map I bought in Winterset, in which I colored all the counties I've visited. Right next to it, there was my California trip flight tickets, and the one that took me here from Spain. And I smiled. Because, I guess I also won a lot of things these past 10 months. I've realized how necessary it's to make your bed and clean a bathroom. I learned how to cook. I learned how useful skype is. I won English speaking skills. I won a new hometown. I realized how much I love to write. I won the right to consider myself, at least a little bit, American. I won a whole entire life in a year. I've gone through the best year of my life. Yes, I can say that this year, I won. So, have I regretted coming here? No, I haven't. I didn't, I wouldn't. I don't, I never will. All those memories, all those moments, all that people I've met, they make it worth it. I've grown up here, and the path that I thought it was prepared for me will never be the same. USA has changed me in many, multiple ways. The world seems bigger now, but also more reachable. And, finally, this June, all I will have left will be those memories, those pictures that show beautiful moments I will never ever forget. I will never forget my time with John, Brent and others, those morning rides with Carlos, those football games with Tiffany, Lexi, Nic and Katy, those pasta dinners with Alejandro, Nina, Marie and the rest of the XC squad, and a bunch of other people and experiences. I can't promise that I'll be back, but what I can surely promise is that there will always be a proud Scarlet, a proud Eastsider, a proud Iowan and a proud American inside me. We'll see each other soon. But, how soon?
Brais Capelรกn
26
Os venres de football, a semana do Homecoming, celebrar oThanksgiving, as extraordinarias decoracións de Nadal, o
Halloween, a música country, Elvis Presley, os Grizzlies de Memphis… Estes son algúns dos elementos que máis me chamaron a atención durante a miña estancia en USA, e dentro desta, onde estiven 5 inesquecibles meses, Tennessee. Dalgunha maneira este Estado converteuse nun fogar grazas ao cariño dunha impresionante familia americana, dos alumnos e profesores do Peabody High School, das coordinadoras do programa e, mesmo, dos camareiros do Mac Donald’s. Non vos vou mentir: ao principio é duro, pero merece a pena. A miña experiencia comezou o 29 de Xullo, esa mesma noite estaba aterrando no aeroporto de Memphis, onde me agardaba a miña host family cunha grande pancarta. Con esforzo e paciencia, axiña comezamos a entendernos e a collernos cariño. Cinco días máis tarde estaría entrando no meu futuro instituto, e sería unha junior (equivalente a primeiro de bacharelato aquí). Nunca me imaxinara a min entrando nun instituto como os das películas! E, a verdade, encantoume: moitísimas materias para escoller, os deportes (por exemplo, eu fixen cross country durante o outono), os clubs, os eventos escolares (Homecoming, o baile de primaveira, Pep Rally), o espírito escolar…
E, finalmente, coma quen di, nun abrir e pechar de ollos, pasaron os 5 meses e xa tiña que volver para España. Era un sentimento agridoce. Por unha banda, tiña que despedirme da miña familia de acollida e dos amigos que fixera alí. Pero, por outra banda, podería volver a ver a miña familia e a todos os meus amigos que tanto botara de menos. Sinceramente, é unha grande experiencia e unha oportunidade que só se presenta unha vez na vida. Unha oportunidade para coñecer xente de diferentes culturas, ser máis independente, somerxerte nunha cultura diferente… Recoméndovola totalmente!
Giorgia Yang, 1º Bach B 27
No mes de outubro o alumnado de 2º de bacharelato fixo un magnífico percorrido por diferentes lugares da xeografía española para así coller folgos para o duro curso que lles agardaba. No curso 2015/16 cumpríase un dos nosos soños polo que loitamos durante un curso enteiro, a ansiada viaxe de 2º de bacharelato. Esa viaxe pola que nos sacrificamos tanto e traballamos un montón. Todo comezou alá polo mes de outubro de 2014 con moitas reunións e unha chea de traballo: que si monta o bar, distribúe as quendas para atendelo, organiza a festa de entroido e todo coa finalidade de conseguir cartiños para ir unha semaniña de viaxe. Canto traballiño pasamos! Con todo, tanto sacrificio tivo a súa recompensa e no mes de outubro partimos con moita ilusión cara Andalucía para visitar fermosos lugares como Granada, Sevilla, Córdoba. E xa de volta paramos en Mérida e Salamanca.
Que non se diga que non nos integramos! ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º BACHARELATO. 28
Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos recóllense os dereitos fundamentais que toda persoa ten polo simple feito de nacer e que deben ser protexidos por todas as nacións e en calquera circunstancia. Vemos, porén, como a violación destes dereitos é constante: guerras, fame, pobreza e outros tipos de violencia achéganse a nós desde a televisión sen que ás veces sexamos quen de entender que o que estamos a ver non son só imaxes nin se trata dunha película senón que son persoas reais, co seu nome, a súa familia e as súas ilusións, persoas coma nós, pero con moita menos sorte.
De entre todos os conflitos que hoxe están a suceder, no noso instituto decidimos que dedicariamos o día dos dereitos humanos a reflexionar sobre o drama que se está a producir en Siria. A imaxe dun cadáver diminuto que as ondas depositaron nos costas turcas
craváronse hai uns meses nas nosas meniñas,
facendo visible un problema que levaba sucedendo dende hai varios anos sen que o mundo
se preocupase ata o de agora da súa situación. A desesperación que
conduce a botarse ao mar fuxindo da guerra queda plasmada na foto deste pequeno neno sirio e nas imaxes de todos os refuxiados que están chegando ás nosas fronteiras sen que Europa sexa capaz de darlles asilo.
29
Este curso contamos con diferentes personaxes relevantes no mundo da arte e da cultura para achegarnos ao que está a acontecer en Siria e ao drama dos refuxiados. No mes de decembro, o artista sirio Ali Ali e o seu amigo Chisco achegáronnos á realidade de Siria e á problemática dos refuxiados deste país. E no mes de febreiro, o fotoperiodista Gabriel Tizón compartiu con nós a súa experiencia como fotógrafo en diferentes zonas en conflito e a súa convivencia con refuxiados de diferentes países. Grazas aos tres puidemos reflexionar sobre esta triste realidade que moitas veces esquecemos que está a acontecer ao noso redor.
30
Non é ata o momento no que te pos a elaborar este discurso cando te das conta da gran cantidade de momentos que vivimos durante estes seis anos. Momentos e recordos que, sen ningunha dúbida, pasarán a formar parte da nosa existencia. Esta etapa, se ben chea de transformacións e cambios, encheunos de experiencias que lembraremos toda a nosa vida. Retroceder no calendario a días como aquel 17 de setembro do 2010, cando, por primeira vez entrabamos neste salón de actos e escoitabamos, atentamente, como serían os próximos seis anos aos que nos enfrontariamos. Pero, non obstante, cando pouco a pouco, vas ascendendo de curso e cambiando de clase, dáste conta de que eses seis anos que che parecían tan longos ese primeiro día, en realidade non o son. Recordo tamén aqueles consellos que os nosos novos profesores nos repetían unha e outra vez cada día: debedes de estudar todos os días, traballar máis e unha infinidade de recomendacións, que, sendo sinceros, rara vez seguiamos. Grazas as súas ensinanzas diarias fomos creando a base para descubrir o que nos gusta, afrontar as dificultades da vida e realizarnos como persoas ao intentar cumprir as nosas metas. Pero o máis importante e do que máis nos enorgullecemos é das novas amizades, risas, emocións… que fomos conseguido tras a nosa estancia no Puga. Esta etapa que hoxe remata serviunos para descubrirnos a nós mesmos e para encamiñar o noso futuro, aínda que haxa xente, entre os que me inclúo, que aínda non sabe que quere facer. En definitiva, unha etapa de madurez. Tamén nos sentimos orgullosos de ver o fructífero que foi o noso traballo á hora de chegar a 2º de bacharelato: tardes enteiras de estudo, noites en vela, estrés continuo e constante, cunha recompensa que non é nada menos que a de chegar a este esperado día. Se botamos a mirada atrás, contemplamos cantos recordos e anécdotas vivimos nestes anos, tantos que non poderiamos recollelos neste discurso: excursións, salidas, etc., que nos serviron para coñecer e poñer en práctica o que aprendiamos en clase, descubrir novas ideas, ir ao estranxeiro co obxectivo de aprender un novo idioma e levarte a cambio relacións de amizade, que polos teus propios medios, seguramente non coñecerías. Exemplos como a excursión ao “Aquapark” en Cerceda, á Cidade Vella, ao “Arde Lvcvs” ou ao pequeno tramo do Camiño de Santiago que fixemos o pasado ano. Quero, en nome de todos, dar as grazas ás persoas que nos acompañaron ao 31
longo desta viaxe, apoiándonos e animándonos cada día. A tódolos compañeiros, tanto aos que estamos hoxe aquí como aos que non, aos nosos profesores e sobre todo, á nosa familia, que é o noso principal apoio. E tras este balance dos últimos anos, xa só nos queda mirar cara adiante. Hoxe pechamos unha etapa, mais abrimos outra nova. Ábrese un novo mundo ante nós, encontrámonos nun momento no que as posibilidades parécennos infinitas, e realmente sono. Non nos imos enganar, a situación non pinta nada ben, pero sabémolo. Estamos cansados de que nolo repitan, mais non por iso imos desanimarnos, non por iso imos cambiar o rumbo. Dá o mesmo que aínda non fixásemos un, non temos por que telo todo preparado. Estamos en idade de dubidar, de probar diferentes cousas e de equivocarnos. Somos os mestres de deixalo todo para o último momento, os máis creativos para inventar excusas: trasnoitamos máis veces por estudar que por ir de festa. Maloserá que tras seis anos isto non nos preparara, aínda que fora un pouquiño, para o que nos espera. Dígovos que non vos desanimedes, que somos capaces de conseguir todo o que nos propoñamos: isto non é máis que o principio.
32
O pasado 28 de marzo parte do alumnado de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras entrevistamos ao alcalde de A Coruña Xulio Ferreiro. Tratamos con el diferentes temas algúns de índole persoal como as causas que o levaron a presentarse á alcaldía, e outros de actualidade como a corrupción en España, os refuxiados que chegarán á nosa cidade, o proxecto Dillo ti… etc. Vexamos o que respondeu. Que
lle
levou
a
presentarse
como
alcalde? A verdade que eu, como moita xente, era dos que pensaba que había que facer algo, que as cosas estaban mal, co tema da crise, coa perda de dereitos da xente e como aquí en A Coruña había un grupo de persoas que se estaban a organizar para crear
unha
confluencia
candidatura animeime
a
cidadá
de
participar.
Despois cando me ofreceron que fose eu o candidato á alcaldía, pensei que aínda que deixaría de ter unha vida máis tranquila, alguén tiña que ser, e se pensaban que eu podía ser útil como candidato… Decidín dar o paso, por arrimar o ombro para intentar mellorar un pouquiño as cousas e as condicións de vida dos veciños e veciñas de A Coruña. Que é o que opina sobre a corrupción neste país e que faría vostede para diminuíla? Bueno, pois sobre a corrupción opino que non é unha cuestión de mazás podres, nin unha cuestión dun desvío puntual, senón que a corrupción é unha cousa estrutural do sistema. Se nos remontamos á ditadura, era a forma habitual de actuar e de relacionarse parte do sector privado e do sector público, polo que, repito, é unha cuestión estrutural, e por tanto necesita medidas estruturais. Unha delas é a transparencia, que é moi necesaria porque é un antídoto dela, polo tanto: publicación de axendas, co que imos empezar aquí, con quen te reúnes, con quen non; publicación de todos os contratos que se fagan, seguir regras de contratación; por outro lado dar instrumentos á policía, ao poder xudicial, para combater a corrupción, que de todas maneiras ten que ser antes non despois e non deixalo á vontade dos que gobernan, porque o poder en si mesmo corrompe. Temos entendido que A Coruña será un lugar ao que chegarán refuxiados de Siria, de que forma se levará a cabo isto? Nosoutros, cando estallou a crise dos refuxiados, ofrecemos A Coruña como lugar de refuxio, e o que houbo foi unha mobilización social moi importante. Eu creo que os gobernantes estivemos 33
detrás da poboación para canalizar toda esa axuda que a xente ofrecía. Estamos recibindo algún refuxiado pero que non son do continente que estamos vendo na prensa estas últimas semanas. Aí hai un problema tanto da Unión Europea coma do goberno de España que son os que teñen as competencias para traer eses refuxiados ao noso país; nosoutros o que podemos ofrecer despois é toda a rede que ten a cidade, que non é só o Concello, senón ONGs, cidadáns particulares que se ofrecen a poñer medios ao seu dispor que van desde vivendas baleiras ata axuda económica. De onde partiu a idea do proxecto Dillo ti e que é o que lle aporta a vostede? O Dillo ti pareceunos moi interesante como canal directo de comunicación coa xente. Ás veces queres estar en contacto con ela pero o día a día cómete, estás aquí metido no Concello e non tés esa comunicación, aínda que as redes sociais axudan pero non son o mesmo. E a nosoutros pareceunos moi positivo ter esa interlocución directa. Isto sitúate nas preocupacións do día a día da xente, que non sempre es consciente exactamente delas, polo tanto permíteche iso e obrígate tamén a estar preparado para iso, e apórtache ese contacto directo que, ademais, eu creo que a xente o agradece moito. Aos dous encontros que houbo ata agora, veu moita xente, participaron moito e de forma moi construtiva e por iso estamos moi contentos. Respecto á situación actual de España, cre que poderían repetirse as eleccións? Eu espero que non, seguramente unhas novas eleccións non ían cambiar moito o panorama, podería subir un pouco un, baixar un pouco outro, pero os grandes bloques, por así dicilo, máis ou menos quedarían como están. Penso que hai posibilidades de formar unha maioría con opcións de goberno no parlamento; unha maioría que sexa de esquerdas que responda a máis de 11 millóns de votantes. Polo tanto creo que o que deben facer os partidos é poñerse de acordo; e que se os números dan para facer esa maioría hai que esforzarse en facela, chegar a acordos e sobre todo ter un programa de transformación social, un programa que ataque aos problemas estruturais que hai agora mesmo de pobreza, de desemprego, de dereitos públicos… Dende o meu punto de vista sería posible formar un goberno. Que é o que lle animou a ser diferente a outros alcaldes, máis próximo ao pobo…? Eu son como son, non? Non teño que mentir; eu o que intento é que agora o meu traballo me cambie o menos posible, entonces iso xa me parece suficiente. Eu teño o carácter que teño e veño de onde veño, da política profesional, co cal o que hai que intentar é que a institución non te coma e que non te cambie. O resto pois … non teño por que vestirme de forma diferente, nin ir a sitios diferentes aos que ía antes, nin ter amizades diferentes senón seguir sendo o mesmo que, creo que para iso é para o que nos votou a xente.
Edilmar Alija Ulacio, Gemma Gurdiel García, Tania Rilo Rodríguez e Daniel Rodríguez Pazos, 4º ESO
34
O día 27 de novembro finou Xosé Neira Vilas, activista incansable a favor da cultura e da lingua galega, tanto en América como en Galicia. Nunca esqueceremos cando veu compartir connosco aquel comezo de curso do ano 2011, xa van case 5 anos desde aquel setembro. Grazas por todo, pai de Balbino!
Eu son... BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña. No vrao ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha pra espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañán, pra ir co gando, restrevar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos. No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son como espeteiras pra colgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sin tentos. Que saben desto os nenos da vila! Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.
35
Este ano o homenaxeado o Día das Letras galegas foi Manuel María. A biografía deste autor está íntimamente vencellada á historia de Galicia da segunda metade do século XX. A súa obra é o espello da propia evolución de Galicia na súa realidade social, cultural e política. Estamos ante un autor que traballou a palabra na lingua do país e que traballou polo país máis aló da palabra. E dende logo un dos mellores xeitos de achegarnos a un autor é a través da súa obra. Que vos parece se lemos algún dos seus poemas? Poema da infancia perdida A infancia é a miña patria
verdadeira. O meu paraíso perdido.
Carné de identidade Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha casta rexa de labregos fideles á súa terra i ó seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María, cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta . Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade.
Lembro a pureza dos meus soños. O pasmo que me causaban as estrelas. As paisaxes que quedaron nos meus ollos. Os contos do avó. A doce voz de miña nai. As verbas do meu pai. Os xogos compartidos cos irmaos. E tantas cousas fondas que forman parte inseparábel de min mesmo. Aquela pureza xa non é e teño soedade daquel neno sinxelo que antes fun. ! Deixádeme ser triste ou senón voltádeme outra vez a miña infancia! Mar Maior, 1963
Non teño máis tarefa: son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, un son tan só, lonxano e feble. Documentos persoaes, 1958
EDL IES Rafael Puga Ramón 36
É curioso o que co tempo, unha película ou mesmo un simple artigo de prensa pode facer cos feitos históricos. Elevamos á categoría de mitos a algúns personaxes que cometeron accións detestables e que, en verdade, eu nunca quixera ter diante. Así, por exemplo, temos os piratas que simplemente eran grupos organizados para o saqueo a pillaxe. Porén, tras moitas románticas e doces películas de Hollywood, temos
unha
imaxe
deles
heroica
e
encantadora. Falando de heroes de película, sabedes quen foi Guy Fawkes? Non? Pois é normal que non o saibades. Guy Fawkes recolleu o testemuño deixado por Thomas Moore en Inglaterra na loita pola visibilidade da igrexa católica no século XVII facendo fronte ao anglicanismo. Na coñecida como “conspiración da pólvora”, tratou de voar o parlamento británico facendo uso de trinta e seis barrís de pólvora nun día de sesión tendo coma asistentes no interior do edificio ao rei Jacobo, os seus aduladores e o seu poder político. O edificio do parlamento británico chegou finalmente ata os nosos días por un fallo no plan. Para salvar a vida dos poucos católicos que quedaban nese parlamento, estes foron avisados por carta para que non asistiran a esa sesión. Esta falta de sutileza provocou unha exhaustiva revisión na que Guy Fawkes foi collido en plena acción. O final do noso “heroe” foi moi gore, pero tras estes sucesos conmemórase en Inglaterra a noite contra os traidores á patria, á coroa e ao anglicanismo cada 5 de novembro. Nesta festa, que chega ata os nosos días, Guy Fawkes é recreado cunha máscara caricaturizada. Alan Moore serviuse da máscara de Guy Fawkes e de parte da historia para facer a serie de cómics “V de Vendetta”, que presenta unha Gran Bretaña nun futuro próximo sometida a un goberno fascista alzado tras unha guerra nuclear que destrúe 37
parte do mundo. Posteriormente,
fíxose a película con algúns cambios
respecto á historia orixinal. Na actualidade,
a piratería segue vixente, pero no lugar de navegar
polos mares faino pola Internet. Grupos organizados coma
LulzSec,
Telecomix, AntiSec, ou o máis mediático deles, Anonymous navegan pola rede facendo uso dunha particular “ética pirata” na que entra por exemplo a loita contra organizacións ou gobernos represivos. No ano 2011, Anonymous entrou dun xeito contundente no escenario xeopolítico mundial tras axudar aos grupos activistas tunesinos. Os seus ciber ataques foron dirixidos contra distintas webs gobernamentais. Posteriormente alcanzou máis notoriedade a resposta deste grupo contra os vídeos e redes sociais de implicados no terrorismo islámico especialmente tras os atentados de París e contra a revista Charlie Hebdo, ou nas súas actuacións no caso Assange, activista que descubriu actividades ilexítimas de espionaxe por parte do goberno de Estados Unidos. A marxe da parte ética da piratería, a actividade actual céntrase en actividades nas que maioritariamente o obxectivo é acceder á nosa privacidade ou obter beneficios económicos por medio de fraudes, secuestros de información, suplantación de identidade, roubo de datos bancarios, ... Coidado meus!!!!!
Ignacio Ríos Suárez.
38
Todo canto nos rodea, ata nós mesmos, está formado por átomos. Aquí vos explicamos como son estes pequenos “ladrillos” que conforman a materia. O átomo é a unidade máis pequena que constitúe a materia e que posúe as propiedades dun elemento químico. Aínda que a palabra átomo provén do termo grego ἄτομον, que significa indivisible, este pode dividirse xa que no seu interior podemos atopar varios tipos de partículas. Podemos distinguir dúas rexións dentro do átomo: o núcleo e a codia, pero fundamentalmente, o átomo está composto por un espazo baleiro porque entre o núcleo e a codia non hai absolutamente nada. A figura da dereita é un esquema dun átomo de helio, con 2 electróns (en cor rosa), 2 protóns (en cor azul clara) e 2 neutróns (en cor azul escura). Porén, esta é só unha simplificación, xa que a realidade é moito máis complexa. Vexamos cunha pouca máis de calma como son os átomos por dentro: As partículas que se atopan no núcleo chámanse nucleóns. Hai dous tipos de partículas no núcleo: os protóns que teñen carga positiva e os neutróns que teñen carga neutra. Estas partículas son as que aportan a meirande parte da masa do átomo e non son elementais, é dicir, están formadas por outras tres partículas máis pequenas e indivisibles que se chaman quarks. Existen seis tipos de quarks: quark up (arriba), quark down (abaixo), quark charm (encanto), quark strange (estraño), quark top (cima) e quark bottom (fondo). Así os protóns están constituídos por 2 quarks arriba e 1 quark abaixo e os neutróns están constituídos por 1 quark arriba e 2 quarks abaixo. A codia constitúe o espazo no que orbitan os electróns (partículas con moi pouca masa e carga negativa). Os electróns son partículas elementais, é dicir non están compostos por outras partículas menores e ordénanse en capas ou niveis de enerxía. Os electróns pertencen ao grupo de partículas subatómicas chamadas leptóns. Tamén existen seis tipos de leptóns: o electrón, o muón, o tau, o neutrino electrónico, o neutrino tauónico e o neutrino muónico, dos cales os tres primeiros teñen carga negativa e os últimos non posúen carga eléctrica. Os quarks e os leptóns pertencen a un dos dous tipos básicos de partículas que hai na natureza: os fermións. O outro tipo básico de partículas forma a familia dos bosóns, pero esta é outra historia que vos contarei noutro momento.
Carmen Seoane Rodríguez, 1º Bach A 39
Un ano máis presentámosvos unha selección dos mellores pasatempos que podemos atopar na rede. A ver canto tardades en dar coa solución! CANTOS NÚMEROS PODES VER NESTA FOTO?
Fonte: http://www.laopinioncoruna.es/buzzeando/2016/05/21/ reto-visual-numeros-capaz-ver/1071843.html
E AGORA UNHAS SINXELAS PREGUNTAS: 1.
O pai de Xoán dille ao seu fillo que lle vai dar dúas moedas de curso legal. “Entre as dúas suman tres euros, pero unha delas non é dun euro”. Cales son as moedas?
2.
Que día do ano falan menos os máis faladores?
3.
Xoán levántase pola mañá e descobre que a luz da habitación non funciona. Abre o caixón das luvas, no que hai dez luvas negras e dez azul escuro. Cantas debe coller para asegurarse de que obtén un par do mesma cor?
4.
Cantas veces pode restarse o número 1 ao número 1.111?
5.
Dúas persoas viaxan en coche. A menor é filla da maior, pero a maior non é o seu pai. Quen é?
6.
Nunha carreira, un corredor adianta ao que vai segundo. En que posición se coloca?
7.
Como pode sobrevivir alguén que cae dun edificio de 50 pisos?
8.
Unha muller compra nunha tenda de animais un loro que, segundo lle promete o dependente, é capaz de repetir todo o que oe. E, con todo, a muller devolve ao animal unha semana despois posto que non pronunciou nin un só son, malia que lle falou sen parar. Pero, o dependente non a enganou. Que pasou?
9.
Conduces un autobús, no que se montan 18 persoas. Na seguinte parada, báixanse 5 pero soben outras 13. Ao chegar á seguinte estación, báixanse 21 e sóbense outras 4. De que cor son os ollos do condutor?
10. Un granxeiro ten 10 coellos, 20 cabalos e 40 porcos. Se chamamos “cabalos” aos “porcos”, cantos cabalos terá? Fonte: http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2014-07-28/10-acertijosclasicos-que-pondran-a-prueba-tu-capacidad-logica_166413/ 40
41
42
43