Page 1

A CAMARIÑA NA MATA NACIONAL DO CAMARIDO

Noé Ferreira Rodríguez Asociación Naturalista “Baixo Miño”


-2-


A CAMARIÑA (Corema album (L.) D.Don ex Steud. 1840) NA MATA NACIONAL DO CAMARIDO

ANABAM

-3-


© Asociación Naturalista “Baixo Miño” Rúa Calvario 44 Baixo 36780 A Guarda Pontevedra Tel.: +34 986 611 799 www.anabam.org Textos e edición: Noé Ferreira Rodríguez Fotografía de portada: Agustín Ferreira Lorenzo (AgFeLo)

ISBN: 978-84-616-2488-1 Depósito Legal: VG 713-2012 Printed in Spain/Impreso en España: Publicado en Decembro de 2012 por ANABAM. © Texto: 2012, ANABAM. Tódolos dereitos reservados.

-4-


AUTOR Noé Ferreira Rodríguez REVISIÓN Agustín Ferreira Lorenzo Antón Ferreira Lorenzo Manuel Angel Pombal Diego GRUPO DE TRABALLO Carlos Angílica Entenza Luís Dorado Senra María Consuelo González de Dios Agustín Ferreira Lorenzo Antón Ferreira Lorenzo Noé Ferreira Rodríguez Manuel Angel Pombal Diego Ricardo Portela Vilas Ricardo da Silva Diz Co apoio económico da Weeden Foundation e TEAM-Minho

-5-


ÍNDICE A CAMARIÑA

7

Hábitat

9

Distribución

9

Reprodución

10

Usos

12

AS CAUSAS HISTÓRICAS DO DECLIVE POBOACIONAL

13

Reforestación do litoral

13

Comercialización dos froitos

15

MATA NACIONAL DO CAMARIDO

16

A POBOACIÓN DE CAMARIÑA DO CAMARIDO

18

ANTECEDENTES DA PROTECIÓN

19

PROXECTO CAMARIÑA

20

INTERACCIÓNS

21

Interaccións antrópicas

22

Interaccións animal-planta

23

Aves

23

Mamíferos

27

Réptiles

29

Interaccións interespecíficas

30

BIBLIOGRAFÍA

32

-6-


-7-


A CAMARIÑA A Camariña (Corema album (L.) D. Don ex Steud 1840) é unha planta da

familia

Empetraceae

endémica

da

Península

Ibérica.

Etimoloxicamente Corema procede do grego Kórêma (vasoira) xa que ao ser un arbusto de ramas ríxidas utilizábase para a fabricación destes útiles domésticos, o nome específico album alude a cor branca dos seus froitos comestibles.

Mata de camariña con froitos no Pinhal do Camarido. Fotografía: AgFeLo.

É un arbusto dioico, con pés masculinos e femininos, de ata 1 metro e moi ramificado. As ramas inferiores son glabras, coa base -8-


das follas e pecíolos persistentes. As follas son xeralmente lineais triverticiladas ou tetraverticiladas de 5 – 6 x 1 - 2 mm e de cor verde escuro; as súas raíces son rastreiras, nudosas e grosas das que saen os vástagos. As flores son trímeras con tres sépalos de 2 mm e tres pétalos de 3 mm, atopándose as flores masculinas reunidas en cimas polo xeral terminais en número de 6 a 11, con pétalos e tres filamentos estaminais vermellos e rara vez se encontran intercaladas. As flores femininas tamén se atopan en cimas terminais ou intercaladas en número de 3 a 6, con pétalos vermellos, ovario laxo e tomentoso e tres ramas estigmáticas patentes. Cando se aproxima o remate da floración estas adquiren un ton marrón. Os froitos, en drupa, teñen un tamaño de 5 a 8 mm, esféricos, brancos ou brancos rosados. O status de protección da especie a inclúe no Libro Vermello de Flora Vascular de Andalucía como Vulnerable, ademais de estar incluída na Lei 8/2003, do 28 de outubro da flora e fauna silvestres (BOJA 218/2003, do 12 de novembro).

-9-


Hábitat Habita ecosistemas de dunas fixas ou semifixas e ambientes mariños areosos, as veces colonizados por piñeiros formando parte do sotobosque. Vive asociada a outras especies como Artemisia campestris, Scrophularia frutescens, Ammophila arenaria, etc. En xeral é unha especie propia de medios cun pH neutro ou básico coma o existente nas dunas e cantís.

Distribución Ao longo de máis de 1.500 km a área de distribución da Camariña abrangue toda a fachada atlántica da Península Ibérica, dende A Coruña onde ten o seu límite de distribución setentrional ata Cádiz onde se sitúa o límite meridional da especie. O grande número de topónimos que fan referencia a esta planta, Camariñas e Proba do Caramiñal, en Galicia; Pinhal do Camarido, en Caminha (Portugal), ou Punta Camarina, en Cádiz, indican que esta especie foi moi abundante no pasado.

- 10 -


Distribución actual de Corema album na Península Ibérica segundo Matos de Sousa (2007) en “Caracterização das populações de Camarinha (Corema album L.) no Cabo Carvoeiro”.

Reprodución É unha planta dioica; é dicir, cos sexos separados, existindo plantas masculinas e femininas, aínda que se atoparon individuos hermafroditas nas poboacións do Sur peninsular. A floración é invernal, ata marzo ou abril; acadando o seu máximo no mes de febreiro. A polinización é anemógama con fecundación

- 11 -


cruzada, cada dous anos produce os froitos a mediados de abril, podendo adiantarse a marzo e retrasarse ata finais de setembro. As plantas hermafroditas representan entre o 1 e o 4 % do total, e estas plantas teñen un baixo número de inflorescencias hermafroditas

en

relación

ao

numero

de

inflorescencias

estaminadas. Producen froitos máis pequenos que as plantas estritamente femininas. O esforzo reprodutivo nas plantas masculinas e hermafroditas é tres veces menor que nas femininas. Debido a esto as femias teñen máis demanda de auga para producir os froitos carnosos. Esta inversión na produción de froitos é un proceso metabólicamente caro, demandando unha alta asignación fotosintética, auga e outros recursos, especialmente os froitos carnosos. Estes requirimentos extra nas femias de especies dioicas coma a Camariña tradúcese en estratexias adaptativas diferentes ás das plantas masculinas. Esta diferenciación de estratexias leva con frecuencia ao dimorfismo sexual e a trazos fisiolóxicos nestas especies que teñen consecuencias no crecemento, supervivencia e estrutura poboacional. Por outra banda, coma medida compensatoria ante o custo que supón a produción dos froitos carnosos, evidéncianse diferenzas de xénero cun período de máximo crecemento post-reprodutivo, permitindo unha distribución dos recursos máis eficiente tras o - 12 -


período reprodutivo orientados ao crecemento foliar e ao almacenamento.

Diferenciación de xéneros en número de plantas de camariña na Mata Nacional do Camarido, porcentaxes obtidas da mostraxe de 64 plantas efectuados ao longo do ano 2011 polo grupo de traballo de ANABAM.

Usos Dende o citado uso para facer vasoiras, o froito desta planta tamén era usado como alimento e vendido nos mercados, manténdose na actualidade o seu uso para facer xaleas, a partir da súa mestura con azucre e limón, sendo unha bebida típica de Figueira da Foz en Portugal. En canto aos usos medicinais, a planta é considerada como remineralizante pola grande cantidade de sales das drupas, estas úsanse tamén para combater a febre en limoada dende tempo - 13 -


dos romanos. Outro uso é o de antihelmíntico, eliminando os vermes intestinais, ademais de ser

utilizada como planta

ornamental. AS CAUSAS HISTÓRICAS DO DECLIVE POBOACIONAL Reforestación do litoral A primeira expansión das plantacións de piñeiros na zona litoral en Portugal data da época do rei D. Afonso III no século XIII, que ordenou a plantación de bosques de piñeiros para protexer as terras agrícolas do avance das areas costeiras e dos ventos salgados, foi no Pinhal de Leiria (Mata Nacional de Leiria) ampliado ata as dimensións que ocupa hoxe en día polo seu sucesor no trono D. Dinis, este piñeiral é, na actualidade un dos máis importantes do país con 1741 km2. Este tipo de prácticas da enxeñería forestal permitiu a valorización das terras próximas ao mar transformándoas en terreos de cultivo. No ano 1805 as reforestacións litorais adquiriron gran importancia coa reforestación dos areais de Lavos por parte de José Bonifacio de Andrada e Silva, seguidos das actuacións levadas a cabo pola Administração Geral das Matas do Reino.

- 14 -


Dous traballadores das Matas Nacionais nos anos 40 (esquerda) durante a sementeira. Un grupo de labregas nos anos 50 preparadas para traballar na recollida da

fruma

nunha

Mata

Nacional.

Fonte

das

imaxes:

http://valadodosfradesfotos.blogspot.com

Pero as masivas reforestacións en Portugal inícianse no ano 1886 cando se crea no país o Serviço Forestal que deu un xiro radical á política forestal co fomento de plantacións de Pinus pinaster no interior montañoso de Portugal. Desta forma e, especialmente a partir de 1938, promoveuse co Plan de Repoboación Forestal unha gran expansión desta conífera, sendo utilizada de forma masiva para reforestar dunas litorais. A proliferación de plantacións costeiras de piñeiros e os desbroces do matorral do sotobosque asociado, acasionaron nalgunhas zonas un grave declive das poboacións de Corema album. As masivas reforestacións dos séculos XIX e XX comezaban coa estabilización da duna primaria, pasando logo á fase da sementeira - 15 -


dos piñeiros e de especies propias do ecosistema dunar, cubrindo primeiramente os solos con materia vexetal para a súa fertilización.

Fotografia dos anos 60 coincidindo cos últimos anos da actividade da resinaxe nos piñeirais do Valado. Fonte da imaxe: http://valadodosfradesfotos.blogspot.com

Comercialización dos froitos Ademais dos usos tradicionais que se lle deron á especie, a recolección, consumo e venda dos froitos comestibles foi unha constante entre os habitantes das rexións costeira atlánticas, dende Galicia ata Andalucía. A comercialización constatouse en cidades coma Porto con especial relevancia a comezos do século XX. A explotación deste recurso tivo - 16 -


o seu auxe nas décadas comprendidas entre os anos 1930 e 1950, segundo un dos poucos estudos etnográficos levados a cabo con esta especie en Cádiz por Gil-López no ano 2011, comprobando que a actividade tivo o seu final nesta rexión chegados os anos 50. Segundo as fontes bibliográficas, na vila galega de Camariñas a comercialización dos froitos estendeuse ata os anos 70 do século pasado en feiras e mercados da zona. MATA NACIONAL DO CAMARIDO Na desembocadura do río Miño, o Ostium Minii (Porta do Miño) dos romanos, entre as poboacións de Caminha e Moledo, sitúase a Mata Nacional do Camarido que constitúe o maior piñeiral atlántico do Norte portugués, unha extensión de 144 hectáreas formada principalmente por piñeiro bravo (Pinus pinaster) que se remonta ao século XV. Está Mata está dividida en 22 parcelas das que 16 están clasificadas como espazo de protección e as restantes teñen funcións de abrigo. É un espazo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), cun plan de xestión propio no que ademais do piñeiro bravo como elemento estrutural da paisaxe, é posible atopar outras especies coma sobreiras (Quercus suber), piñeiro manso (Pinus pinea), ulmeiro (Ulmus glabra) ou loureiros (Laurus nobilis). - 17 -


O transporte eólico de areas, a dinámica mariña e o aporte sedimentario do río Miño forman as praias da Foz do Miño e do Camarido cun cordón dunar que crea unha barreira natural que protexe ao piñeiral dos ventos que proveñen do Atlántico.

Daguerrotipo de 1900 coa desembocadura do río Miño. Enfrente a el a Mata Nacional do Camarido (Portugal) dende o Monte Santa Trega (A Guarda, Pontevedra). Fonte da imaxe: www.galiciasuroeste.info.

Fotografía actual da desembocadura do Miño e da Mata Nacional do Camarido (Portugal) dende o Monte Santa Trega (A Guarda, Pontevedra). Fotografia: AgFeLo

- 18 -


A POBOACIÓN DE CAMARIÑA DO CAMARIDO A poboación da Mata Nacional do Camarido está composta por 14 matas de grande porte dispersas ao longo de 2 quilómetros e, na meirande parte dos casos, nunhas condicións que non aseguran a súa supervivencia, principalmente pola constante ameaza que supón o pisado e pola proliferación de especies exóticas coma Acacia sp. e Carpobrotus edulis. A ausencia de exemplares de pequeno porte, ilustrado na táboa 1, pon en evidencia a falla de reclutamento de novos individuos que aseguren a supervivencia da especie no Norte portugués.

Estrutura poboacional de Corema album na Mata Nacional do Camarido en función do tamaño de 42 matas rexistradas no ano 2011. Pode observarse como tan só o 10% delas teñen un tamaño inferior aos 50 cm, o que evidencia un problema de reclutamento.

- 19 -


ANTECEDENTES DA PROTECIÓN A preocupación por esta especie por parte de ANABAM remóntase ao pouco de comezar a andaina da Asociación, cando no ano 1986 tivo lugar unha reunión de ecoloxistas galego-portugueses baixo o epígrafe “S.O.S. POR LA MATA DE CAMARIDO”. A nova aparecida no Carrizal (boletín de divulgación de ANABAM dende a súa fundación no ano 1985) correspondente ao mes de xaneiro de 1987 daba conta do acontecido naquela reunión e das conclusións ás que se chegou por parte dos grupos ecoloxistas e naturalistas asistentes á devandita xuntanza. A situación actual da especie agravouse dende os anos 80 cando a poboación de Camariña na Mata Nacional do Camarido experimentou un rápido declive pola proliferación de especies exóticas que comezaron a afectar a supervivencia da especie na zona. A comezos do presente século as actuacións no piñeiral, limpeza do sotobosque e plantación de novos piñeiros, supuxo un golpe para os exemplares superviventes ás especies exóticas, ao que se suman as actuacións de limpeza mecánica do areal e o incremento dos usuarios que supón o pisado continuado, acabando con moitos dos

- 20 -


exemplares que xerminan e conseguen saír adiante nos primeiros e máis duros anos da súa vida. PROXECTO CAMARIÑA A comezos do ano 2007 a Camariña pasou a estar incluída dentro do P.E.S. (Programa de especial seguimento) desenvolvido por ANABAM e co que se traballa de xeito activo naquelas especies e/ou hábitats do Baixo Miño galego-portugués que están ameazados. O obxectivo desta inclusión é o de manter e mellorar a situación da poboación da especie na Mata Nacional do Camarido. As mostraxes efectuadas polo grupo de traballo de ANABAM durante os dous primeiros anos do proxecto e seguimento da especie puxeron de manifesto a presenza dunha poboación composta por, alomenos, 96 exemplares, que poderían garantir a supervivencia da especie agás que se levasen a cabo actuacións drásticas de desbroce da Mata coma as acontecidas entre nos anos 2002 e 2003 e que supuxeron a desaparición dunha parte importante dos exemplares presentes. Novas campañas durante o ano 2008 amosaron a delicada situación das matas de Camariña, onde agás o 14% dos exemplares, o resto atópase nunha situación de ameaza principalmente pola presenza das especies exóticas invasoras Carpobrotus edulis e Acacia sp. - 21 -


Esta continua situación de ameaza para a especie fai que ANABAM poña en marcha no ano 2011 o “Proxecto Camariña” con catro puntos de actuacións principais: estudo da poboación, medidas de protección, seguimento e mantemento das matas. INTERACCIÓNS As principais interaccións coa especie poden diferenciarse en tres grupos principais e de distinto grado de impacto sobre a dispersión, xerminación e supervivencia da especie: a) Efecto

das

actividades

humanas

sobre

a

especie,

interaccións antrópicas. b) Factores que afectan aos dispersores naturais da especie, interaccións animal-planta. c) Influencia

das

plantas

invasoras,

interaccións

interespecíficas. Interaccións antrópicas A principal ameaza para a especie provén da destrución do seu hábitat. Mentres en lugares coma Andalucía a principal ameaza a constitúe a expansión das urbanizacións costeiras, sendo difíciles de aplicar medidas de protección por atoparse a meirande parte dos - 22 -


individuos en fincas particulares, na Mata Nacional do Camarido unha das principais ameazas son os traballos de mantemento dos piñeirais que inclúen as cortas para eliminar exemplares mortos e controlar as densidades, seguidas de novas plantacións e desbroce do sotobosque. Ademais disto e principalmente durante a época estival, a grande afluencia de usuarios aos areais constitúe un importante factor de ameaza, principalmente sobre os exemplares máis novos, moi susceptibles ao pisado e a desecación. Interaccións animal-planta Os froitos da Camariña son alimento de moitas especies que frecuentan o areal e en gran medida, a dispersión e éxito na xerminación das sementes depende de que estas atravesen o tracto dixestivo dos animais producindo a escarificación, erosión mecánica e/ou química da testa das sementes. Entre estes dispersores de sementes podemos mencionar aves como merlos, gaivotas, gorrións ou corvos; mamíferos coma coellos, raposos, teixugos e xabarís, e réptiles entre os que se atopan principalmente o lagarto ocelado, de xeito que as ameazas que afectan ás poboacións destas especies constitúen tamén un perigo

- 23 -


ao recrutamento de novos exemplares de camariña nas áreas de presenza. Aínda así a xerminación das sementes depende tanto da escarificación producida ao pasar polo tracto dixestivo dos animais coma do micrositio onde son depositadas. Aves Aínda que a alimentación das aves non se pode clasificar coma estritamente granívora, fruxívora ou piscívora, os seus sistemas dixestivos si presentan adaptacións a algún dos tipos de alimentación o que redunda na efectividade á hora de dixerir os froitos e sementes da Camariña. Aves granívoras Entre as aves con alimentación granívora máis abundantes no piñeiral do Camarido e que interacionan coa Camariña atópanse os gorrións (Passer domesticus), cunha alimentación adaptada á dixestión de grans e materia vexetal en xeneral, pero no que a dieta animal pode chegar a constituír un 10% do total en zonas non urbanas. As aves adaptadas a esta alimentación granívora teñen estómagos grandes e intestinos curtos para facilita-la acción encimática. Nestas - 24 -


especies o boche cumpre a función de axudar á dixestión mediante a hidratación e o abrandamento dos alimentos. Os alimentos pasan ao proventrículo onde son atacados por ácido clorhídrico e pola encima proteolítica pepsina. Desta primeira cavidade estomacal pasan á moela onde os grans atacados por auga, ácidos e encimas, son moídos. O epitelio deste órgano está moi queratinizado e pode conter area que os animais inxiren para axudar ao efecto de morteiro das sementes. O paso por toda esta cadea dixestiva das sementes de Corema album sometidas a un longo proceso de dixestión mecánica e química sitúa aos gorrións en particular, e a outras especies granívoras presentes no piñeiral, coma bos dispersores das sementes pero cunha baixa taxa de xerminación ao ser danadas por un sistema adaptado a dixerir os froitos e sementes. Aves fruxívoras Os merlos (Turdus merula) son aves lexítimamente fruxívoras, inxerindo o froito completo, dixerindo a pulpa e defecando as sementes en condicións óptimas para a súa xerminación constituíndo a hedra máis do 80% da súa alimentación no inverno , polo que a súa alimentación cos froitos de Camariña e testemuñal nos lugares onde ambas plantas están presentes. - 25 -


Aves piscívoras A primeira e principal diferenza coas aves granívoras no tracto dixestivo atópase na moela que cumpre a función de reter a parte non dixerible da dieta coa que forman egagrópilas que serán regurxitadas. Nestas aves o fígado é de gran tamaño para a produción de sales e ácidos biliares e dixerir a base proteica da alimentación. Os estudos levados a cabo por Calviño coa Camariña en áreas próximas coma as Illas Cíes, revelan que a eficacia na dispersión das sementes foi de 3 a 135 veces máis elevada cando estas eran inxeridas por gaivotas que cando o facían especies fruxívoras. Estas sementes teñen ademais unha maior capacidade de xerminación ao non ser danadas por un sistema dixestivo non adaptado a unha alimentación de orixe vexetal. Na área de presenza da Camariña a poboación de Gaivota patiamarela (Larus michaellis) ten unha importante representación nas praias do Norte portugués con colonias sobre o areal que poden superar os 300 individuos. As poboacións desta especie experimentaron un importante crecemento a partir do último terzo do século XX, debido principalmente ao aumento dos restos alimenticios desbotados polo home (lixo, descartes peixeiros, etc), - 26 -


ao abandono da práctica de espolio nas colonias de cría e a protección legal da especie. Este incremento cífrase de forma groseira nun 5% anual ao longo dos derradeiros 30 anos do século pasado. Aínda sendo o dispersor máis eficiente entre as aves, a súa alimentación vexetal nas zonas costeiras é testemuñal, onde peixes, crustáceos, equinodermos e moluscos representan a base da súa alimentación segundo os datos obtidos da análise das egagrópilas. Outras aves O Corvo viaraz é unha especie omnívora que adapta a súa alimentación á dispoñibilidade e ao tipo de alimento que existe no medio. Durante a primavera e o verán aumenta na súa dieta a porcentaxe animal baseada principalmente en invertebrados, pero que completa con ovos, polos e pequenos vertebrados. Sen embargo, durante o inverno a porcentaxe de alimentación vexetal pode chegar a supor ata un 78% do alimento inxerido. As sementes inxeridas polos corvos non sofren danos ao atravesar o tracto dixestivo do animal o que sumado a unha importante presenza da especie nos areais do norte de Portugal o sitúan coma un bo vector de dispersión das sementes de Camariña durante a época invernal.

- 27 -


Mamíferos Os mamíferos que se alimentan dos froitos da Camariña presentes na Mata Nacional do Camarido, e que actúan como dispersores incrementando a taxa de xerminación, son principalmente, e pola súa abundancia, os coellos, aínda que raposos, teixugos e xabarís incrementan a xerminación das sementes de Camariña ao atravesar o seu tracto dixestivo nunha proporción similar á dos lagomorfos, pero a súa menor abundancia no piñeiral non os sitúa coma principais dispersores da especie. Entre outros mamíferos que poderían actuar coma dispersores das sementes de Camariña atópanse os ourizos cacheiros que teñen unha alimentación basicamente insectívora pero, que completan coa inxestión de froitos cando estes están dispoñibles. Oryctolagus cuniculus Os Lagomorfos e especialmente os coellos, foron sinalados como eficaces dispersores de sementes. Entre os froitos nos que estes animais procuran o seu alimento, podemos citar as drupas da Camariña, froitos que buscan activamente e consumen no momento de estar maduros, chegando a dispersar entre 200 e 800 sementes por coello e día. Este feito reflicte unha alta adaptación ao ecosistema que sumada a alta taxa reprodutiva favoreceu ata fai - 28 -


poucos anos o mantemento de grandes poboacións desta especie na Península. Pero durante as últimas décadas as poboacións de coello sufriron un grave declive debido principalmente a dúas enfermidades: a mixomatose, que apareceu a comezos de 1960, chegando as poboacións a verse reducidas nun 90% e, a finais da década dos 80, a enfermidade vírica hemorráxica, que acabou con outro 60% da poboación peninsular restante. Aínda que a capacidade dispersiva pode ser moi elevada, o paso a través do sistema dixestivo do coello pode afectar á xerminación das sementes, polo que o incremento na porcentaxe de sementes escarificadas que xerminan sitúase nun 6.7% máis respecto ao número de sementes que xerminan sen atravesar o tracto dixestivo de ningún animal. Réptiles A alimentación fruxívora do Lagarto ocelado (Lacerta lepida) durante os meses de verán, especialmente nos escosistemas insulares coma no arquipélago das Illas Cíes, sitúanos coma candidatos ideais á hora de actuar coma dispersores, aumentando a taxa de xerminación das sementes. Máis do 50% da alimentación desta especie está composta de froitos de ata seis especies de - 29 -


vexetais da rexión costeira, representando a Camariña o 7% do total cando a especie está presente. Esta porcentaxe supón que os lagartos inxiren entre un 80 e un 100% dos froitos producidos polas plantas, situándoos coma os principais dispersores da especie. O efecto directo da alimentación

desta especie baseada na

Camariña tradúcese nunha dispersión das sementes nunha distancia máxima de ata 200 metros en torno á planta, incrementando ata nun 20% a taxa de xerminación das sementes despois de atravesar o tracto dixestivo dos animais en comparación coas sementes non inxeridas. A maioría dos réptiles experimentaron nas últimas décadas un acusado declive nas súas poboacións; o lagarto ocelado non é unha excepción e os seus efectivos víronse especialmente afectados pola transformación do hábitat e a alteración dos ecosistemas, especialmente

no

litoral peninsular, pola acumulación de

infraestruturas e polo desenvolvemento urbanístico. A introdución de especies exóticas coma o visón americano (Neovison vison) que experimentou unha importante expansión en toda a franxa litoral e a proliferación de gatos domésticos asociada a urbanización das zonas costeiras, afectan negativamente á conservación do lagarto ocelado. Outra importante ameaza é a persecución directa polo

- 30 -


home desta e doutras especies por aversión derivados do descoñecemento. Interaccións interespecíficas Os ecosistemas costeiros portugueses e en particular os ecosistemas dunares, foron invadidos por multitude de especies exóticas, pero especialmente por especies do xénero acacia procedentes de Australia. Dende comezos do século XX, 13 especies de acacia foron introducidas en Portugal, e delas A. melanoxylon, A. longifolia e A. dealbata, foron utilizadas para a estabilización do cordón dunar, sendo A. longifolia a especie dominante dende os anos 90 pola súa grande proliferación tralos episodios de incendios. Os principais efectos desta especie sobre os ecosistemas dunares son a drástica redución da diversidade biolóxica, creando unha cobertura vexetal monoespecífica dos bosques de acacia. Os efectos da especie non só se traducen nun

incremento

da

materia

orgánica, do NO3- e do NH4+, esta acumulación aumenta o contido foliar en nitróxeno de Corema album, o que paradoxalmente, tradúcese nun beneficio aumentando o crecemento da planta. Pero esta alteración dos parámetros abióticos e o cambio nas propiedades do solo inhiben a xerminación das novas plántulas de camariña no interior de bosques de acacia e nas súas proximidades.

- 31 -


BIBLIOGRAFÍA Alba F, Gaitero T, Alcaraz L, Zardoya R, Doadrio I y Suárez M. 2003 2006. Coevolución de los virus de la mixomatosis y de la enfermedad hemorrágica con el conejo (Oryctolagus cuniculus L., 1758) en la Península Ibérica. Proyectos de investigación en parques nacionales. Álvarez Laó C y Méndez Iglesias M. 1995. Alimentación de la Gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en dos localidades costeras astuarianas. Chioglossa 1: 23 – 30. Argüello JL, Llano A y Pérez Ordoyo García LL. 1998. Enfermedad vírica hemorrágica del conejo en España. Medicina Veterinaria 5: 645-650. Bárcena J, Morales M, Vazquez B, Boga JA, Parra F, Lucientes J, Pagesmante A, Sánchez-Vizcaino JM, Blasco R y Torres TM. 2000. Horizontal transmissible protection against myxomatosis and rabbit hemorrhagic disease by using a recombinant myxoma virus. Journal of Virology 74: 1114 - 1123. Bermejo A y Carrera E. 1983. Premières donnèes sur les réprises de Goélands leucophées bagues dans la Péninsule Ibérique, aux Baléares et aux Chaffarines. Comunicación a la III reunión du Groupe de Travail Oiseaux Marins. La Rochelle.

- 32 -


Bermejo A y Mouriño J. 2003. Gaviota patiamarilla, Larus cachinnans. En, R. Martí y J. C. del Moral (Eds.): Atlas de las aves reproductoras de España: 272- 273. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SEO/BirdLife. Bermejo A, Molina B, Cantos FJ y Mouriño J. 2009. Gaviota reidora, sombría y patiamarilla en España. Edita SEO/BirdLife. Blanca G. Libro Rojo de la Flora Silvestre Amenazada de Andalucía. Tomo II: Especies Vulnerables. Pg 100-02. Sevilla. Cabezudo B. 1987. En Valdés, B., Talavera, S. y Galiano, E. F. Flora Vascular de Andalucía Occidental 1: 453. Barcelona Calviño Cancela M. 2002. Spatial patterns of seed dispersal and seedling recruitment in Corema album (Empetraceae): the importance of unspecialized dispersers for regeneration. Journal of Ecology 90: 775 – 784. Delph LF. 1990. Sex-differential resource allocation patterns in the subdioecious shrub Hebe subalpina. Ecology 71: 1342–1351. Fedriani, J.M. & Delibes, M. 2008. Dispersión de semillas por mamíferos en Doñana: Beneficios del mutualismo y consecuencias para la conservación del Parque Nacional. Proyectos de investigación en parques nacionales: 2005 – 2008. Fernández de la Cigoña, E. 1988. La Camariña: Distribución histórica y actual. Posibilidades de recuperación en Galicia. Revista de

- 33 -


Estudios Provinciais. Pontevedra, N 5. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra. Font Quer P. 1999. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Ediciones Península. Galán P. 2003. Anfibios y Reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia. Faunística, Biología y conservación. Edita Ministerio de Medio ambiente. García XR. 2008. Guía das plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Gil-López M.J. 2011. Etnobotánica de la Camariña (Corema album, Empetraceae) en Cádiz. Acta Botánica Malacitana 36: 137-144. Ginés López. 2002. Guía de árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Mundi Prensa. Hellmann, C. Sutter, R. Rascher, K.G. Máguas, C. Correia, O. Werner, C. 2011. Impact of an exotic N2-fixing Acacia on composition and N status of a native Mediterranean community. Acta Oecologica (37): 43 – 50. Junta de Andalucía. 2005. Lista Roja de la Flora Vascular de Andalucía. Larrinaga A.R. 2009. Rabbits (Oryctolagus cuniculus) select small seed when feeding on the fruits of Corema album. Ecol. Res. 25: 245–249.

- 34 -


López Gónzalez G. Guía de los Árboles y Arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Pg. 707-09. Madrid. Losa España, L.M. Datos para el estudio de la flora gallega en las Islas Cies. Anales del Jardín Botánico de Madrid 357-401. Marchante, H. Marchante, E. Freitas. H. 2005. Invasion of the Portuguese dune ecosystems by the exotic species Acacia longifolia (Andrews) Willd.: effects at the community level. Plant Invasions: Ecological Threats and management solutions: 75 – 85. Backhuis Publishers. Matos de Sousa Marques, E.M. 2007. Caracterização das populações de Camarinha (Corema album L.) no Cabo Carvoeiro. Universidade de Lisboa. Matsuyama S y Sakimoto M. 2008. Allocation to reproduction and relative

reproductive

costs

in

two

species

of

dioecious

Anacardiaceae with contrasting phenology. Annals of Botany 101: 1391–1400. Malo JE y Suárez F. 1995. Herbivorous mammals as seed dispersers in a Mediterranean dehesa. Oecologia 104:246–255 Obeso JR. 2002. The costs of reproduction in plants. New Phytologist 155:321–348. Pakeman RJ, Digneffe G y Small JL. 2002. Ecological correlates of endozoochory by herbivores. Funct Ecol 16:296–304.

- 35 -


Piazzon M, Larrinaga AR, Rodríguez Pérez J, Latorre L, Navarro L y Santamaría L. 2012. Seed dispersal by lizards on a continentalshelf island: predicting interspecific variation in seed rain based on plant distribution and lizard movement patterns. Journal of Biogeography 39: 1984 – 1995. Pleguezuelos JM, Márquez R y Lizana M. 2002. Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Edita Ministerio de Medio Ambiente-Asociación Herpetológica Española. Popp JW y Reinartz JA. 1988. Sexual dimorphism in biomass allocation and clonal growth of Xanthoxylum americanum. American Journal of Botany 75: 1732–1741. Ruiz de la Torre J. Flora Mayor. Pg. 1284. Madrid. Salvador A. 1998. Fauna ibérica. Volúmen 10. Reptiles. Edita C.S.I.C. Salvador A. y Pleguezuelos JM. 2002. Reptiles españoles: Identificación, historia natural y distribución. Edita Esfagnos. Sanz Infante F. y Piñeiro Veiras G. “Atlanwood” Proyecto de cooperación técnica para el desarrollo de las aplicaciones industriales de la madera de Pinus pinaster. Área de Innovación y Tecnología. CIS-Madera. Sónora Gómez F X. 1994. A Camariña (Corema album) en Galicia. Braña, Revista de la Sociedade Galega de Historia Natural. 1(V): 1325.

- 36 -


Tiffany M. Knight, Janette A. Steets, Jana C. Vamosi,Susan J. Mazer, Martin Burd, Diane R. Campbell, Michele R. Dudash, Mark O. Johnston, Randall J. Mitchell, and Tia-Lynn Ashman. 2005. Pollen limitation of plant reproduction: Pattern and Process. Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst. 2005. 36:467–97. Villar Pérez L. 1993. Corema. En S. Castroviejo. Flora Ibérica. Volumen 4. Pg. 524-26. Madrid. Zunzunegui M, Díaz Barradas MC, Clavijo A, Álvarez-Cansino L, Ain Lhout F, García Novo F. 2006. Ecophysiology, growth timing and reproductive effort of three sexual forms of Corema album. Plant Ecology 183:35–46. Zedler PH y Black C. 1992. Seed dispersal by a generalized herbivore: rabbits as dispersal vectors in a semiarid California vernal pool landscape. Am. Midl. Nat. 128: 1 – 10. RECURSOS EN LIÑA Plan de especial protección da camariña (Corema álbum) – Proxecto Corema. Asociación Naturalista “Baixo Miño” [ref. Setembro

de

2012]

Dispoñible

en

World

Wide

Web:

< http://www.anabam.org/PROXECTO%20CAMARINA.html> Flora Andaluza en Peligro de Extinción. Corema album [en liña]. Junta de Andalucía [ref. Outubro de 2012]. Dispoñible en World - 37 -


Wide Web: <http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/contenidoExtern o/Pub_revistama/revista_ma51/ma51_50.html> O Valado e a agricultura [en liña] Valado dos Frades [ref. Outubro de 2012]. Dispoñible en World Wide Web: <http://valadodosfradesfotos.blogspot.com.es/p/o-valado-eagricultura.html> Matas nacionais e perímetros forestais do litoral [en liña]. Governo de Portugal. Direção Regional de Agricultura e Pescas do Centro [ref. Setembro de 2012]. Dispoñible en World Wide Web: <http://www.drapc.minagricultura.pt/base/documentos/matas_nac ionais_litoral.htm>

- 38 -


- 39 -


ANABAM Asociación Naturalista “Baixo Miño”

- 40 -

A Camariña (Corema album) na Mata do Camarido  

Faise unha primeira aproximación ao estuidio da Camariña na mata nacional do camarido (Caminha)

A Camariña (Corema album) na Mata do Camarido  

Faise unha primeira aproximación ao estuidio da Camariña na mata nacional do camarido (Caminha)

Advertisement