Page 1

Foto: La Fábrica Fotografía.

amor PROPIO

Un Candelo de tradición VOU CONTIGO

Lévame!

Axenda cultural de Vigo de balde - FEBREIRO DE 2019


Non perdas nada do que acontece en vigo. VISITA AMOVIDA.GAL

Síguenos en Facebook, Instagram e Twitter: AMOVIDAVIGO


SUMARIO

páX.

6

páX.

10

páX.

14

páX.

22

páX.

25

páX.

30

páX.

32

páX.

40

Vigo Cidade de cor, Antonyo Marest

Viguesa do mes: CHUS LAGO

Ao amor do cocido

Os nosos redutos teatrais páX.

16

Un Candelo de tradición

páX.

26

Entrevista: David Rusell

O paseo de Cuba

PEQUERRECHOS

Os templos da cultura alternativa

páX.

36

Unha resistencia improvisada

Coas mans na masa do Entroido

Revista A Movida i Volume 2 (2), febreiro de 2019 Edición: Tamara Novoa i Redacción: Maruxa Gesto, Antonio Giráldez, Estela Gómez, Alberte Mera, José Rodríguez, Juan Teixeira, Marta Valcarce, Pablo Vázquez Varela i Fotografía: Felipe Carnotto, Noel Queipo, Alba Sotelo Leal, Juan Teixeira, Pablo Vázquez Varela i Tira cómica: David Amoedo i Deseño e maquetaxe: Rubén González i Deseño web: Beatriz Barros i Mercadotecnia: Erín López Velasco, Tamara Novoa i Revisión de textos: Uxío Couto Edita: A Movida Cultural S.L.L. Unha creación de Beatriz Barros e Tamara Novoa

Impreso por Gráficas Roel C.B. i Depósito legal: VG 741-2018 i Exemplar gratuíto. Prohibida a súa venda

@amovidavigo i www.amovida.gal A Movida non se responsabiliza das opinións expresadas nos contidos desta revista, nin de calquera mudanza nos eventos que nas sucesivas páxinas se anuncian.

3 FEB 2019


EDITORIAL Febreiro é un mes triste. Despois da éxtase natalicia quedamos baleiros, sen enerxía. Os días curtos, as chuvias e mais o frío, invitan ao recollemento na casa, fronte á lareira, pechados en pensamentos. Toda tradición ten a súa explicación na Historia. Que o cocido sexa o prato estrela desta tempada non é casualidade. Alimentarse ben é fundamental para corpo e alma. As reunións familiares ou entre amigos para dar conta deses cocidos son frecuentes. Toda xuntanza en Galicia adoitaba a ser sucedida de cantarelas ao son da gaita ou da pandeireta. Falamos en pretérito porque isto é cada vez menos habitual. O desarraigo da xente nova coa música tradicional é unha débeda que, entre todos, temos o deber de pagar. Porque unha cultura que non sente o orgullo da tradición de seu, ié unha cultura quei morre.


ollo ao dato Moito deporte na zona norte da cidade. O domingo 10 volve a Carreira Calvario 5+5 con dúas modalidades: 5 ou 10 quilómetros. Todos os cartos acadados cos dorsais han ir parar á Fundación Igualarte. O derradeiro domingo do mes, día 24, convócase a Carreira Popular de Teis, que debuta este ano cun percorrido de 10 quilómetros. O 24 de febreiro cúmprense 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega invita a celebrar o Día de Rosalía agasallando un libro no noso idioma e mais unha flor.

Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola

Febreiro é un mes cinéfilo. O sábado 2 terá lugar a entrega dos premios da española Academia de Cine, os Goya e o domingo 24 será a dos premios da Academia de Hollywood, os Oscars. É un bo mes para ir ao cinema, pois estamos en tempo chuvia e o frío. Unha boa suxestión é a que nos fan desde os Multicines Norte, continuando co seu ciclo de cine e arte. Este mes proxéctanse nas súas salas Caravaggio, en cuerpo y alma e mais Hitler vs Picasso y otros artistas modernos. 5 FEB 2019


viguESA do mes

Chus Lago «A DETERMINACIÓN DE QUERER FACER UNHA EXPEDICIÓN É O ADESTRAMENTO MÁIS IMPORTANTE» texto: tAMARA novoa fotos: PABLO VÁZQUEZ

recíbenos na súa casa, situada na ladeira pola que gabea o monte Vixiador, no que a alpinista se iniciou e no que hoxe adestra de xeito habitual. Lago foi a primeira muller de España e terceira no mundo en ascender o Everest sen osíxeno artificial, mudou as montañas polas expedicións polares e en 2009 sorprendeu cunha travesía de 59 días na que alcanzou o Polo Sur. Con 54 anos acabados de facer, tras ter ascendido aos cumios de medio mundo, Chus Lago está decidida a facer chegar unha mensaxe: o cambio climático é unha realidade que está a destruír o planeta. Con ese obxectivo agora está a atravesar os case 700 quilómetros de xeo do ollo azul de Siberia, o lago Baikal. María Jesús Lago Rey

Temos entendido que as túas primeiras experiencias na montaña foron precisamente aquí, no Vixiador. De pequena viña ao Vixiador con meus pais e meus irmáns case todos os domingos do verán e na primavera para comer. Con 11 anos 6 FEB 2019

apunteime á sección de montaña da escola e, casualidades da vida, era este o primeiro monte ao que se viña coa tarxeta federativa e a mochila. Sentinme coma na casa. Como decidiches facerte alpinista? Eu sempre fun montañeira, estaba moi claro. Foi algo moi natural. Do Vixiador ao Galiñeiro, de aí ao monte Xaxán, aos Ancares, á Pena Trevinca, aos Pirineos... todas as cordilleiras da Península. Logo a Francia e despois á cordilleira Branca do Perú, á cordilleira Real de Bolivia, a África... É como subirse ao mundo nunha escada desde a que ver cada vez un pouco máis. É posible dedicarse profesionalmente ao alpinismo? É moi difícil. Hai xente que o fai e hai xente coma min que decide non facelo. Por que decidiches non facelo? Porque son máis libre. Cando tes un patrocinador, tes case a obriga de estar en constante exposición ao público, con retos de altura. Quero ser eu quen marque os meus niveis de esixencia e ir a calquera montaña ou expedición porque quero estar aí. Teño


7 FEB 2019


viguEsA do mes: chus lago

visto xente véndose obrigada a facer cousas, iso ademais de desagradable é perigoso. É difícil compaxinar o alpinismo coa vida persoal? Unha expedición non empeza o día que colles o avión e estás dous ou tres meses fóra da casa. Unha expedición empeza no momento no que decides que vas ir. Se traballas, o tempo que che queda é para adestrar, iso significa que tes que comer ben, hai certos hábitos que non podes ter, tes que deitarte cedo se queres render ao outro día. Tes que renunciar a moitas cousas no camiño, por iso acabas conformando un estilo de vida. Non es alpinista os meses que marchas, senón todo o ano. Cal foi a expedición que máis impacto che causou? A miña primeira expedición á Antártida no 2004 supuxo un punto de inflexión. Ocorreu algo curioso, eu ía para escalar unhas montañas, e non foi ata que acadei a cima desa montaña que me decatei de que estaba rodeada polo deserto polar. Entón sentín curiosidade por facer unha expedición polar. Así xurdiu a miña expedición en solitario á Antártida.

Compensa? Absolutamente. Eu non perdín nada nas expedicións. Deixei de facer moitísimas cousas, pero ao cabo ninguén me obrigou a iso, é unha elección persoal e todo o que quedou polo camiño ben quedado está. Que foi duro? Moito. Pero é a vida que elixín. Para ir neste globo arredor do mundo tiven que botar moitos sacos pola borda, pero iso foi o que me permitiu estar aí arriba, flotando. Consideras que o tiveches máis difícil polo feito de ser muller? Creo que hai homes fortes e mulleres fortes. Non creo que o tivese máis complicado fisicamente. De feito, o día que acadei a cima do Everest só eu o fixen sen osíxeno, o resto eran homes e botaron man del. Socialmente si que é máis complicado. Chega un punto no que che empezan a dicir que fai unha muller coma ti, con tanta liberdade, percorrendo o mundo e facendo cousas que non están feitas para nosoutras. Iso si que o percibín, e moito.

Como naceu Compromiso con la Tierra? Despois de ter visto tantas cordilleiras no mundo, tantos glaciares que ían en retroceso sentín o deber de facer algo máis, alén do deporte e «Para ir neste do individual. Apetecíame estar nun proxecto de muglobo arredor lleres, porque nunca esdo mundo tiven tivera nunha expedición que botar moitos feminina. E que todas tivésemos claro que iamos sacos pola borda» levar a bandeira do cambio climático.

Nesa expedición polar viviches unha das experiencias máis duras da túa vida, non? Sen dúbida. Nas montañas hai momentos puntuais duros, arriscados... pero nesa expedición non tiven un instante de paz. Era moi esixente a nivel físico e mental. A monotonía da paisaxe e a constante néboa fan que pareza te estás a mover todo tempo nunha burbulla. A incerteza de se esa sombra que ves é un oso polar ou unha alucinación... Foi durísimo. 8 FEB 2019

Por que decidistes que fosen 1500 quilómetros? Ao primeiro pensei en 1000 quilómetros, un número redondo. Pero logo vin que ía quedar moi curto. O lago Baikal ten 650 quilómetros e considerando que Baffin (O


que non sempre imos estar co mesmo humor, non sempre estaremos a gusto puxando pola zorra... Pero confiamos na cohesión do equipo. Como vos preparades psicoloxicamente? Levamos desde 2015 preparándonos. Saímos de traballar, temos as nosas obrigas particulares, pero dedicamos o resto do tempo para adestrar. A determinación de querer facelo é o adestramento mental máis importante. Por suposto que tamén axudan as expedicións previas, a experiencia...

Canadá, 2017) foron 150 quilómetros e a expedición a Laponia foi de case 300 quilómetros, o proxecto remataba moi cedo. Temos moitas ideas de futuro. Como decidides os lugares? Por interese. O lago Baikal namorounos. A meirande reserva de auga doce do planeta, que conta cunha fauna característica propia, como a foca do Baikal. É importante poñer a atención nel porque é o máis profundo, o máis antigo e é vital para o planeta.

Tes comentado como puideches ver o cambio climático por ti mesma. Dásnos algún exemplo de algo ao respecto que che causase impacto? Baffin, Grenlandia, ou mesmo Os Pirineos, glaciares dos Alpes e as neves de Galicia. Esperas por temperaturas que nunca chegan. Os glaciares aos que volves por segunda vez en cinco ou dez anos retroceden ata o punto de ver as marcas das rochas. Grenlandia foi o máis sorprendente neste sentido.

Que mensaxe queres transmitir con estas expedicións? Que xa non se pode vivir ignorando o cambio climático. «Viaxo por todo Detelo ou minimízalo está nas mans de todo o mundo. o mundo, pero É difícil desmontar o noso sempre preciso modelo de vida actual, pero hai alternativas e hai que volver» forzar a que os países tomen determinados acordos.

Nesta ocasión son case 700 quilómetros, moitos máis que nas anteriores expedicións. Como o afrontades? Temos a dinámica moi interiorizada. Demos cun sistema no que cada unha ten un espazo que ocupar, sabemos que van pasar cousas e

Vas marchar para vivir unha tempada nos EUA... E logo Vigo? Vigo é a miña casa. É un proxecto a curto prazo con idea de retorno. Aquí están a miña familia, os meus amigos, as miñas raíces, os meus lugares... Eu viaxo por todo o mundo, pero sempre preciso volver. 9 FEB 2019


10 FEB 2019


GRAFFITI

JUAN TEIXEira

Fotógrafo documental e xestor cultural

VIGO, CIDADE DE COR: ANTONYO MAREST Falamos do artista alacantino que nas últimas datas vén de traballar por medio mundo co seu particular estilo tropicalista: Antonyoi iMarest. 2017 foi o ano do seu auxe, con importantes retos artísticos, como pintar o patio dun hotel madrileño con catro murais de 240 metros cadrados ou unha pista de skate de 1.800 metros cadrados en Rabat, Marrocos. E 2018 foi o ano da súa ratificación, con traballos en Corea do Sur, EUA, Italia, Rusia... Pero sobre todo interésanos Vigo. Na nosa

cidade, Antonyo deixou o seu cuño tropical nunha medianeira de sete andares na avenida de Castrelos sostendo que «Vigo é unha cidade que, ao igual que a maior parte do norte do Estado español, vive nubrada todo o ano, e creo que precisaba ese toque tropical». Para desfacer un tópico talvez asentado de máis na costa mediterránea, convidámolo a coñecer o microclima solleiro da nosa urbe nunha vindeira visita, cumprindo cun desexo que el mesmo expresa: «Trátase dunha cidade que me gustaría coñecer mellor, espero volver axiña porque se come xenial». A obra do autor identifícase e dixírese de xeito moi sinxelo. El mesmo di que está influenciado polo espírito mediterráneo a través do que conxuga elementos xeométricos, cores planas e figuras recoñecibles como palmeiras e flamengos «que nunca poden faltar: o flamengo como símbolo do culto ao sol e a palmeira, de resistencia ante calquera tempestade». Obra para todos os públicos, que tropicaliza un pouco a avenida de Castrelos.

O mural de Antonyo Marest está situado na avenida de Castrelos, 129.

11 FEB 2019


street photo

FELIPE CARNOTTO

Fotógrafo documental

Vigo non é a antiga URSS, non. Mais nestes días de frío inverno o verde vitrasa semella un autobús que leva os traballadores a Siberia. O vapor embaza o cristal, e os pasaxeiros, cun pouco de imaxinación, convértense en empregados soviéticos. A escena, apareceu na parada de bus da praza de Fernando o Católico, na rúa de Urzáiz. 12 FEB 2019


644 372 923

Queres estar ao día dos acontecementos que che interesan en Vigo? Subscríbete ao noso boletín de WhatsApp, personalizado e gratuíto!

Selecciona o tipo de eventos que prefiras e recibe información do teu interese.

Ninguén vai ter acceso ao teu número de teléfono, non te engadiremos a ningún grupo.

Vas recibir un máximo DE tres mensaxes ao día. De balde! Infórmate en amovida.gal


Gastro

MARTA VALCARCE

Blogger gastronómica en www.mecomovigo.com

AO AMOR DO COCIDO Non existe mellor prato combinado no mundo que un bo Cocido. E entre o frío invernal e ás portas do Entroido, debes preparar a conciencia a túa axenda gastronómica para escoller o melloriño do cocido vigués. Non perdas o tempo en buscadores, que xa escollín para ti os catro templos do prato que mellor nos define aos galegos. Xoves e domingo: Mesón El Águila

É o gañador en popularidade para aqueles que máis saben de cocido na nosa cidade. Produto espectacular onde non falta de nada e anos traballando na súa técnica, fan do cocido do mesón El Águila un dos máis demandamos no centro. Aconsélloche reservar con tempo, porque o cartel de «completo» adoita estar pendurado nestas xornadas. O mesón El Águila pon a mesa narúa do Perú, 2. 14 FEB 2019

Mércores: Taberna A Mina

Pensabas que na taberna A Mina só lle comían a orella ao porco? Pois informámoste de que todos os mércores son os amos do cocido no Vigo vello. Case á vez tomaban a remuda desta tasca, a nova xerencia decidiu escoller ese día da semana para marchar o «cocido mineiro». E xa teñen una boa parroquia de adeptos, todo grazas a seguir ao pé da letra o cerimonial clásico deste prato: arrancar coa sopa e seguir con bandexas onde non se bota de menos nada: cacheira, costela, chourizos de carne e cebola, garavanzos, verdura... Se quedas con ganas de máis banquete a base de porco e gornición, os sábados podes probar o seu menú especial de lacón con grelos. E se queres máis probas das artes que teñen co cocido, bótalle unha ollada ás súas redes sociais. As imaxes hante convencer do moito que tardas en ir pola túa ración. A taberna A Mina atende o mostrador na rúa San Vicente, 8.


venres: Bar Primavera

sábado: Metropol

A chegada da fin de semana podes celebrala co cocido do bar Primavera. Desde o mes de outubro e ata que a calor chega a Vigo é o seu prato fixo no menú dos venres. Estamos perante outro dos cocidos máis completos e de calidade que podes atopar na urbe. A boa man da cociñeira Sandra para a comida de toda a vida queda certificada con este prato. Se a chuvia e o frío non o impiden, podelo degustar na terraza do bar mellora aínda máis a experiencia.

Cando recomendei nas miñas redes sociais o cocido de Metropol, houbo certa sorpresa. E que ata non hai moito eran poucos os que coñecían que nesta mítica cervexería do Areal serven outro dos nosos cocidos a destacar. Produto e cociñeira de orixe lalinense, e unha sopa das mellores deste listado para arrancar o festín. O boca a boca está a marchar tan ben, que non está de máis reservar mesa se non queres quedar sen probar tan insigne prato.

O bar Primavera quece o pote na rúa da Ronda de Don Bosco, 17.

A cervexería Metropol serve tapas e racións na rúa do Areal, 40.

Queres máis? En mecomovigo.com tes unha listaxe con opcións de cocido para cada día da semana, alén de outras propostas nesta cidade que paga a pena degustar.


reportaxe

Un candelo de tradición TEXTO: Tamara Novoa FOTOS: Traspés, o fiadeiro e sondeseu

O chiar agudo da gaita, o murmurio incesante do rouco, o golpe seco do mazo batendo o pulso sobre o coiro do bombo, as ferriñas a repenicar en cada compás que facemos resoar coa pandeireta. Calquera de nós axiña ha identificar esta música. Trátase de pezas musicais que, sexamos máis ou menos folclóricos, forman parte da nosa xenética. A música tradicional non está a vivir un dos seus mellores momentos na nosa urbe. Posiblemente tampouco o estea a facer no resto do país. Son as asociacións folclóricas e, xa que logo, as persoas que están tras estas agrupacións as que fan sobrevivir o noso folclore.

Na nosa cidade, a máis antiga destas asociacións en activo é Lembrazas Galegas, fundada en 1963, na actualidade baixo a guía de Paula Sotelino. Este grupo está composto por unha trintena de membros. Eles, ao igual que as outras dúas agrupacións que entrevistamos, Traspés (2009) e O Fiadeiro (1996), fan un proceso de recuperación, que consiste en viaxar a aquelas aldeas onde hai informantes vivos que poden recordar como eran os bailes, cantares e músicas daqueles tempos. Un proceso ao que lle dedican moitas horas para intentar ser o máis fieis posibles ás pezas de orixe. «Para poder ensinar estas novas músicas e bailes visionamos a recollida un bo feixe de veces, para sacar as letras, os movementos, os xeitos de tocar, a melodía... Facemos pequenos cortes do que 16 FEB 2019


Foto: José Izquierdo.

nos interesa e levámolo ao ensaio para escoitalo in situ e non desvirtuar ningún detalle», explica Diego, de Traspés. Unha tarefa que levan a cabo con sumo coidado estas asociacións que reclaman máis implicación institucional por tratarse dunha parte importantísima do noso patrimonio, como explica Raquel, d’O Fiadeiro. Desde Traspés tamén reclaman máis apoio institucional, pero fan un chamamento aos proxenitores: «Ten que haber un interese por parte dos pais en que tan importante é levar aos fillos a baile moderno ou hip hop, como a pandeireta ou baile tradicional, ten que existir un traballo de base», sinala Diego. Quer en Traspés, quer n’O Fiadeiro, hai unha importante canteira con senllas escolas que van dos 160 aos 350 alumnos, respectivamente. Pola contra, Paula Sotelino, de Lembranzas, sinala que mentres antes todas as escolas ofrecían o baile tradicional como actividade extraescolar hoxe en día case ningunha o conserva, sendo substituído polo hip hop entre outros estilos alleos. Os tres coinciden na importancia de levar o baile e a música galega aos colexios e institutos. «Sería interesante que nos colexios houbese algunha materia que fomentase o coñecemento da nosa etnografía, para manter vivas as nosas raíces», conclúe a directora de Lembranzas Galegas. Mentres nos locais destas asociacións segue a escoitarse con forza eses temas que todos levamos ben dentro. O seu amor polo propio é o que salva a nosa tradición do esquecemento. 17 FEB 2019


Imos de serán! Adaptarse aos tempos novos é moitas veces a clave do éxito. Agrupacións como Luar na Lubre, SondeSeu ou Treixadura conseguen encher grandes auditorios cos seus espectáculos e levan anos prodigando a esta música na nosa terra e alén dela. Tamén están a aparecer novas propostas como a do grupo Pelepau ou as cantareiras Tanxugueiras que alumean un camiño de futuro da música tradicional de noso. Os seráns parece que tamén lle están a achegar un candelo a todo isto. Tradicionalmente celebrábanse antes do anoitecer entre os meses de setembro a marzo. Tratábase de festas improvisadas nas que a xente se xuntaba para o canto e a baila despois dunha xornada de traballo. Recuperados e adaptados aos novos tempos, os seráns están a gozar cada día de máis aceptación. En Vigo hainos por ducias, especialmente nas zonas rurais, un dos máis salientables é o das Taramainas, na parroquia de Cabral, a mediados do mes de setembro. O único serán urbano do que temos constancia é o de Defuntos que se celebra a véspera de Santos na praza do Berbés. Todos os que se queiran iniciar no ritual dos seráns están de sorte, porque este mes celébrase un dos máis románticos e coñecidos: o Serán dos Namorados, na parroquia de Toutón, no concello de Mondariz, o sábado 16.

Foto: Andrey Sapizhak.

reportaxe: Un candelo de tradición

Viño, cocido e música no San Brais Outra festa na que o folclore está ben presente e que cada vez colle máis fama é a romaría de San Brais, en Bembrive. Calquera baixo da nosa entidade local menor é susceptible de se converter en furancho por estas datas, cun singular gusto polo enxebre. En San Brais o único de capital importancia son o viño, o cocido e, abofé, a música. Os furanchos máis madrugadores andan á xaneira ao pouco de remataren as festividades natalicias, abrindo as portas para saciar a sede dos seus fieis devotos. A calidade do viño pode ser discutida, pero eles non fallan. Tamén son críticos aqueles amantes da música tradicional que acudían ao San Brais co seu instrumento para improvisar e tocar unhas pezas entre cunca e cunca. Cada vez proliferan máis furanchos que apostan por pinchar reguetón ou outras variedades musicais que se arredan bastante da tradición galega. Sexa como for, os furanchos teñen o seu día grande o 3 de febreiro, que este ano cae en domingo, data en que a romaxe sempre ateiga a parroquia de Bembrive. Se sodes dos que queren facer a ruta por completo podedes consultar a nosa guía furancheira en amovida.gal. Iso si, se vedes un grupo tocando «A Rianxeira», unídevos á festa! SAN BRAIS

DOMINGO 3

BEMBRIVE 18 FEB 2019


Sondeseu canta polas Illas Cíes Un dos mellores exemplos de como se pode triunfar coa música tradicional é o de SondeSeu, unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O sábado 2, ás 20.30 horas, no Auditorio Mar de Vigo, SondeSeu dará un concerto especial para incidir máis unha vez no nomeamento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. O repertorio desta agrupación, nacida en 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios (hoxe ETRAD, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional), consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes.

A célebre orquestra de folk vai contar cun bo cartel de estrelas convidadas: Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luis Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e mais O Fiadeiro. Todos eles reunidos por unha gran causa. SONDESEU

DOMINGO 2

AUDITORIO MAR DE VIGO

Ei, ei, Vigo! POR DAVIDA


outras movidas DOMINGO 10 Fedra, de Paco Bezerra

Teatro García Barbón

Fedra, a raíña da Illa do Volcán, nin come, nin fala, nin dorme. Uns din que virou tola. Outros, que ten o corazón asolado polas longas ausencias de seu home, o rei. Todos se equivocan: a responsable da doenza é unha paixón que a atormenta desde hai tempo. Lolita Flores, Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sargadoy e Tina Sáinz forman un elenco dirixido por Luis Luque. ás 19.30 // desde 16,20 €

DOMINGO 10 Mozart Heroes

sala master club

Chris e Phil formaron a produtora Soundcatering en 2006, compoñendo músicas épicas para cine e publicidade. Pero como o deles era o directo, formaron un dúo que combina a elegancia do grandioso compositor de Viena coa forza de bandas como AC/DC ou Metallica. Estarán acompañados só por unha guitarra e un violonchelo. ás 20.30 // desde 12 €

XOVES 14 Juancho Marqués

SALA ROUGE

Juancho Marqués consolidouse na primeira división grazas ao traballo constante, a máxima dedicación cun estilo único que, por moito que algúns se empeñen no contrario, é inimitable. A voz, a gravación, o directo. É máis que evidente a constante evolución de Juancho, que soubo transformar o potente directo do grupo Suite Soprano, na lene boa onda actual. ás 21.00 // desde 14 €

20 FEB 2019


iNA AXENDA DE amovida.gal podes consultar estes e outros moitos eventos de FEBREIRO en Vigo.i

Venres 22 Playoff, de Marta Buchaca

AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO

Foto: David Ruano.

Sete mulleres. Un campo de fútbol. O partido máis importante das súas vidas. O míster José Luis Arellano García dirixe para La Joven Compañía todo un equipo nunha traxicomedia que reflexiona sobre o deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos. ás 21.00 // 8 €

VENRES 22 Los Vinagres

LA IGUANA CLUB

O trío canario evoluciona cara á música latina nun novo álbum da man de Warner Music Spain baixo o título Los Volcanes, co que esta avinagrada tríade da canaria illa de Palma acada a madurez artística. Tras dous anos de traballo dedicados á composición e á produción, Los Vinagres ofrecen un son anovado sen deixar nunca as raíces rock. ás 23.00 // desde 8 €

DOMINGO 24 Señora de rojo sobre fondo gris

Foto: Javier Naval.

Teatro García Barbón Relato dunha historia de amor que se dirixe sen freos cara á morte, situándonos nunha sorte de España que nos fala da felicidade e da súa perda, ata chegar á intimidade do ser humano e á emoción polo camiño da verdade.Unha obra que engancha, coa presenza en escena do veterano José Sacristán. ás 21.00 // 8 €

21 FEB 2019


reportaxe

Os nosos redutos teatrais texto: Maruxa GESTO FoTOS: PABLO VÁZQUEZ

Pasos apurados me levan. O sol radiante non chega á setentrional Beiramar. Entre o enxordecedor ruído das radiais e as chispas procedentes da soldadura dos estaleiros; aquí, nunha rúa ateigada do tráfico matinal dun xoves, está a sala Ártika, no que no seu día foi unha nave industrial lóbrega de todo. E o nome vaille ben porque, a pesar de que houbo función matinal para nenos,

Ártika, cultura e arte

aquí non sobra o abrigo. Tampouco sobrou en calquera das outras salas que levo visitado. É inverno e os espazos teatrais son grandes. E o que pasa neles tamén o é. Fernanda Barrio e Marcos Alonso, fundadores da sala Ártika en decembro de 2014, senten orgullo pola recente inclusión da sala en La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública, o que lles axudará a traer compañías de maior calado á cidade. Eles diferencian así o teatro doutras artes: «É o directo, a experiencia envolvente e única. A atmosfera da sala está chea da maxia do aquí e agora». Marcos engade: «O teatro é o verdadeiro cine en 3D». Desa experiencia envolvente tamén fala Luis Vieitez, rexente do autentiquísimo café teatro Mimosa, na Travesía de Vigo. Lugar labiríntico con escaleiras que soben, que baixan, portas que levan a novas portas, todo

Non perdas. A variedade de espectáculos escénicos diversos cada fin de semana, tamén para nenos. O seu emprazamento industrial, con cantina, mesas e literatura (por exemplo, a Erregueté - Revista Galega de Teatro). As súas formacións teatrais para a cativada e os adultos. Enderezo. Avenida de Beiramar, 113. Sitio web. artikavigo.com Redes. Facebook. Prezos. 10 € (adultos, xeral), 8 € (adultos, anticipada), 6 € (infantil, xeral), 5 € (infantil, familia numerosa).

22 FEB 2019


NON PERDAS NADA DO QUE ACONTECEINA CIDADE. VISITA AMOVIDA.GALI

enmascarado tras unha cafetería do corte máis clásico. Luis asegura que lle recomenda o teatro a quen precisa evasión, estar noutra cousa por un breve e máxico período de tempo. Os mecanismos do teatro demandan a participación do espectador que, unha vez na sala, é arrastrado irremediablemente á ficción

creada ao seu redor. O teatro proporciona así unha experiencia única cada vez, compartida entre o público e artistas. Durante o acto teatral, a maxia é o aroma que flota na sala, o silencio expectante, as engurras xestuais na escena, a maquillaxe, a posibilidade de escrutar as teas, os estampados, os corpos, a música

Mimosa café teatro

Non perdas. A súa inenarrable variedade programática. Hai de todo e para todos os gustos: micros abertos, maxia, tango, teatro, X-Games... Funciona tamén como local de ensaio para espectáculos escénicos... ou como simple café. Enderezo. Travesía de Vigo, 72. Redes. Facebook. Prezos. 5-7 € aproximadamente..

Teatro Aforo

Non perdas. Cada dúas fins de semana, teatro para familias curiosas e intelixentes. A última finde de cada mes, o espectáculo de microteatro Breverías (3 pezas diferentes cada vez), onde a barreira entre público e artistas é puramente psicolóxica. Os seus cursos e formacións teatrais. Enderezo. Rúa de Colombia, 36. Sitio web. teatroaforo.com Redes. Facebook. Prezos. 4 € (adultos, teatro familiar), 3 € (nenos, teatro familiar), 3-8 € (Breverías).

23 FEB 2019


reportaxe: Os nosos redutos teatrais

vibrando dentro dunha mesma. En definitiva, a ficción experimentada en primeira persoa. Neste tempo de pantallas omnipresentes, o teatro é a experiencia máis liberadora, e mesmo transgresora, da oferta cultural da cidade.

el milagro del norte. «Un “erro burocrático” deixounos o ano pasado sen a axuda de 4.000 euros do Concello de Vigo». Pedro lamenta que unha sala que xa trouxo a Vigo dous millóns de euros en axudas, non conte con máis apoio da administración local.

De transgresión, de «reivindicación do pensamento», se fala no teatro Ensalle. Raquel Hernández e Pedro Fresneda comezaron sendo compañía teatral nos anos noventa en Madrid e sentiron a necesidade de crear o seu propio espazo no norte da Península. Despois de estudar a oferta cultural doutras cidades, finalmente pousaron o seu proxecto en Vigo, no ano 2003: «Un espazo para a creación, o encontro e a confrontación, no sentido máis amplo da palabra, das artes escénicas contemporáneas». Para chegar ao teatro Ensalle hai que precipitarse pola rúa de Chile ou comezar a escalada desde a rúa de Pi i Margall. Parece cousa de meigas a pouca promoción local desta sala que noutras latitudes da xeografía española é denominada

Con cero axudas conta outro «espazo para o fomento e a promoción das artes escénicas». É o Teatro Aforo de Leonel García. Ao Aforo, como á vontade de gozar do teatro, hai que saber onde atopalos, porque de casualidade non se chega. Situado nunha travesa da rúa de Colombia, a decenas de metros da sempre ateigada tapería Imperial, mesmo estando alí, preguntarémonos se estamos no lugar indicado. Non digamos máis.

Teatro Ensalle

Non perdas. O «impacto» do seu teatro, danza e música contemporáneos con función todas as fins de semana. Os festivais Isto ferve (febreiro), Vigo en bruto (xuño) e 4 pezas, de danza contemporánea (novembro).

De Bouzas a Teis, non hai persoa que se prece que non pise os espazos teatrais da cidade, redutos das artes escénicas. Estas artes primixenias e sinxelas en ferramentas, expresión da voz e do corpo, son todo o que necesitas para fuxir da anestesia tecnolóxica de hoxe en día.

Enderezo. Rúa de Chile, 15. Sitio web. teatroensalle.com Redes. Instagram, Facebook, Vimeo, YouTube. Prezos. 9 € (xeral), 7 € (estudantes e xubilados), 6 € (desempregados), 4,5 € (estudantes de arte dramática).

24 FEB 2019


HISTORIA DUNHA CIDADE

Antonio GIRÁLDEZ LOMBA

Historiador. Vicepresidente do Instituto de Estudos Vigueses

O PASEO DE CUBA Da Habana chegou un barco cargado de... Deste xeito comezaba un xogo da miña infancia, no que debía levar a conta de todo o que podía vir nun barco, lembrando sempre o que xa dixeran os compañeiros de xogo e engadindo eu outra mercadoría máis. Da Habana viñeron á nosa cidade tres vigueses de adopción que hoxe honran o noso rueiro. Ningún deles naceu en Vigo. Cada un era fillo dunha provincia galega, fixeron fortuna en Cuba e os tres acabaron identificándose coa nosa cidade e deixando a súa pegada nela. Hoxe endía levan o seu nome tres rúas que ben poderían ser unha soa, o paseo de Cuba: de Policarpo Sanz a Sanjurjo Badía, pasando por García Barbón.

Comezamos o noso paseo polo que naceu na provincia de Pontevedra, concretamente en Marín, José Policarpo Sanz. Man dereita dun rico banqueiro cubano, casou con Irene Ceballos. Precisamente o centro de ensino que se construíu con parte da fortuna que Policarpo Sanz legou a Vigo se chama como a santa á que fai homenaxe a súa dona: o IES Santa Irene. Outro legado non menos

importante para Vigo que este instituto foi a súa colección de pinturas, base da pinacoteca do Museo de Castrelos. O seu enterro en Vigo o 31 de agosto de 1891 foi unha das maiores manifestacións de duelo que se lembran en Vigo. En 1984, despois de facer fortuna en Cuba e botar dez anos no seu Verín natal, José García Barbón chega a Vigo. Probablemente el fose o maior benfeitor da nosa cidade. En 1900 construíu e acabou doando a Escola de Artes e Oficios, pensada para ensinar aos obreiros da cidade e, despois do incendio en 1910 do Teatro Rosalía de Castro, as súas sobriñas inauguraron un novo teatro en 1927 co nome do seu tío,o Teatro García Barbón, legado que ás veces esquecemos ao cambiar tantas veces de nome oedificio (hoxe chamado Teatro Afundación). O outro persoeiro do noso paseo cubano, Antonio Sanjurjo Badía, naceu en Sada e, despois de marchar con 17 anos a Cuba, chegou a Vigo con 22 anos e fundou en 1863 La Industriosa, un obradoiro de fundiciónno que arranxaba as máquinas de vapor que ancoraban en Vigo e no que se construíu a primeira caldeira de vapor feita en Galicia, ademais de inventar unha boia lanzatorpedos (hoxe situada Museo do Mar de Galicia) para defender Vigo dun posible ataque norteamericano en 1898. Ao morrer en 1922, os obreiros da súa fábrica, para os que creara unha «caixa de previsión» para garantirlles un salario mínimo no caso de enfermidade e asegurarlles un retiro, insistiron en que unha rúa, a terceira do noso paseo de Cuba, levara o seu nome. 25 FEB 2019


Entrevista

David Russell «EN VIGO A MIÑA CALIDADE DE VIDA É MELLOR QUE EN LONDRES» texto e foto: PABLO VÁZQUEZ

iMoito máis que un dos melloresi

guitarristas clásicos do mundo, David Russell é unha persoa que busca axudar, a través do seu talento, aos máis necesitados. Quer construíndo escolas na India, quer abrindo pozos en diferentes partes de África, a súa música sempre é sinónimo de xenerosidade. Nesta ocasión, estará o martes 5 de febreiro no Teatro García Barbón para colaborar coa asociación Aspanaex e facer un pouco máis real o seu soño: a construción dunha residencia. Volves actuar en Vigo e, como adoita ser habitual, por unha boa causa. Como xurdiu esta oportunidade para colaborar outra vez con Aspanaex? Unha amiga tiña unha filla que estivo alí moitos anos acaba de morrer. Entón comentáronme se podía facer un concerto. Ademais, agora hai unha razón moi boa para recadar cartos, xa que lles cederon un edificio para facer unha residencia. Recibiches moitos premios e recoñecementos, entre eles un Grammy no 2005, pero parece que o máis importante segue a ser axudar aos demais co que fas. 26 FEB 2019

«Non preciso que a miña vida sexa totalmente regular, así é máis divertido»


Tamén é porque a vida me sorriu e as cousas me foron ben. A miña muller e mais eu temos a posibilidade de facer cousas que axudan aos demais, o que nos dá moita alegría. Eu quizais non entraría tanto neste mundo se non fose pola miña muller. Temos unha ONG desde hai dez anos coa que facemos pozos en África ou escolas na India. É algo que dá moita satisfacción. Aínda mantés a día de hoxe un adestramento estrito para mellorar día a día? Cando estou na casa si, porque podo. Salvo se fai un día moi bo, que prefiro ir correr ou

á praia. Eu esperto e antes das dez xa estou dándolle á guitarra. Pero mentres viaxamos, a vida é moi pouco regular, entre concertos, avións... Non te vas poñer a tocar nun hotel ás oito da mañá ou ás dez da noite. Hai que axustarse á situación. Non preciso que a miña vida sexa totalmente regular, case o prefiro así, que é máis divertido. Gústache o de estar máis tempo viaxando polo mundo que aquí, na túa casa? É que o de vivir un ano enteiro nun sitio non o coñezo, non podo comparar [risos]. A miña muller sempre viaxa comigo desde

27 FEB 2019


Entrevista: David Russell

hai xa bastante tempo. Iso de levar un matrimonio por teléfono non vai comigo... eu son moi malo por teléfono. Ela tivo que renunciar ao traballo que tiña antes, pero así temos a oportunidade estar xuntos, polo que a nosa casa é onde estamos.

podes valorar o apartado puramente técnico dunha forma máis ou menos obxectiva, pero o estilo, o gusto, a personalidade... iso xa é unha cuestión de opinión. Non é coma unha carreira de cen metros, na que que un chega o primeiro.

Tamén contas que aos 25 anos un produAdemais da música, tamén es un apaixotor da BBC te escoitou tocar en Hungría nado deportista: carreiras populares e e que se sentiu marabillado. Cres na sormaratóns, golf... Como inflúe o deporte te ou pensas que hai que buscala? na túa carreira e na túa vida? A sorte existe, pero tes que estar preparaGustaríame dicirche que non inflúe en nada, do para cando se presenta. Meu pai, que pero a verdade é que si o fai. Preciso estar era pintor, sempre dicía: «cando o anxo da forte para o tipo de vida que facemos, gústainspiración chega e empurra a miña man, me manterme en forma. Mira, o último maque me atope cun pincel e non cun vaso de ratón foi o máis rápido dos once que fixen, viño» [risos]. Se che ofrecen tocar cunha e iso dáme moita satisfacción. O golf é algo orquestra, por exemplo, tes máis social. Adoro o xogo e que estar preparado. Tiven o desafío que implica, pero a sorte de estar sempre pre- «A sorte existe, tamén me serve para charparado para todas as opor- pero tes que lar e facer amizades. Tamén tunidades que tiven. Grazas xogaba ao tenis, pero non é a ese momento que comen- estar preparado moi bo para un guitarrista, tas, toquei moitas veces para cando se enduréceche a man. para a BBC. Se estás a tocar a bo nivel, se non é para un presenta» O tempo no que non esano, é para o seguinte. tás de xira por todo o mundo pásalo no conceTi, que dedicaches tantas horas ao perllo de Nigrán. Que ten Galicia para que feccionamento dun instrumento, que estableceses aquí o teu fogar? opinas de todos os concursos de talentos Casei hai trinta e pico anos. Ao primeiro vie programas de telerrealidade, tan poviamos en Londres, e a María encantáballe. pulares hoxe? Pero eu vía que cando estabamos aquí tiñaSon espectaculares. Algúns artistas apromos máis calidade de vida. Londres ofréceche veitaron este tipo de concursos para darse calquera cousa que queiras. Pero o máis ima coñecer porque o merecían, como David portante é a familia da miña muller, que é a Bisbal. El estaba preparado. Outros son esmiña familia, e todo iso fai que a miña vida trelas fugaces. aquí sexa máis como eu quero. Eu non son de cidade, medrei nunha vila de Menorca. Síntome máis a gusto aquí, preto do mar. E a ti, que estiveches nestes concursos como participante e como xurado, paréceche un sistema xusto para valorar CONCERTO ASPANAEX a un músico? martes 5 Non é moi xusto, non, porque vén senTEATRo garcía barbón do unha opinión. Na música clásica si que 28 FEB 2019


29 FEB 2019


PEQUErreCHOS Merenda con pan de millo Espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo da editorial Kalandraka, coa produción musical a cargo dos músicos Magoia Bodega e Paulo Nogueira. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor Data e hora: sábado 9 ás 11.00 e ás 12.30. // Lugar: Auditorio Municipal do Concello. // Prezo: gratis. // Idade recomendada: para todos os públicos.

Facendo o indio Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos amerindios e os coñecementos adquiridos tras xeracións. Un repaso á cultura das tribos de indíxenas dos Estados Unidos de América, onde a tribo dos Pés Grandes intenta non extinguirse e loitar contra o peor inimigo: eles mesmos! Os protagonistas, con axuda do público, han deixarse ver levando a cabo accións cotiás do xeito máis inverosímil, o que nos ha levar a situacións tan tolas como divertidas, cunha manchea de incidentes, risos e malas decisións... Data e hora: domingo 10. ás 18.00. // Lugar: Auditorio Municipal do Concello. // Prezo: 5 €. // Idade recomendada: a partir de 4 anos. 30 FEB 2019

Circo Mágico

Unha Árbore Máxica nos conta como o primeiro Gran Mago veu desde as estrelas ata o noso mundo para quedar nel. Fadas, bufóns, faunos e personaxes fantásticos hano acompañar con acrobacias e danzas para trasladar ao espectador ao marabilloso mundo da maxia. Todo está escrito no Gran Libro da Sabedoría, o imposible será posible e todo aquilo que a audiencia sexa quen de imaxinar ou soñar, pode que se faga realidade. Data e hora: xoves 14 e venres 15 ás 18.45, sábado 16 ás 16.30 e ás 19.30, domingo 17 ás 12.00, ás 16.30 e ás 19.30. // Lugar: Teatro García Barbón. // Prezo: desde 17,50 €. // Idade recomendada: para todos os públicos.

Merdeirada infantil

Obradoiro para que a rapazada asistente elabore cadansúa máscara de merdeiro. Xa rematadas as caretas, na compaña dun grupo de merdeiros adultos, os participantes poderán percorrer as rúas do casco vello asustando á xente tal e como manda a tradición desta figura do noso Entroido. E para rematar a xornada merdeira, haberá unha boa chocolatada. Data e hora: sábado 16 ás 17.00. // Lugar: Instituto Camões - Centro Cultural Portugués. // Prezo: gratis, previa inscrición en omerdeiro.org ou en merdeira@gmail.com // Idade recomendada: de 3 a 12 anos.


iNA AXENDA DE amovida.gal podes consultar estes e outros eventos para pequerrechos en Vigo.

Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos

Historia de un calcetín

A pastelería de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque Ana, a dependenta, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, decide contratar un novo axudante capaz de achegar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar. O problema é que, ás veces, a cociña moderna poden entrar en conflito coa feitura clásica de Ana. Data e hora: sábado 16 ás 18.00, domingo 17 ás 12.00 e ás 18.00, sábado 23 ás 18.00, domingo 24 ás 12.00 e ás 18.00. // Lugar: Sala Ártika. // Prezo: desde 6 €. // Idade recomendada: a partir de 3 anos.

Conversas con Tana Vestido de granxeiro, o ventrílocuo Al Guanella ten man da súa cadeliña Tana para manter un diálogo fluído e divertido do que agroman temas tan delirantes coma os propios personaxes, tocando asuntos como Don Quixote da Mancha, a lectura, a alimentación... e outras cuestións do canino e o humano. Data e hora: sábado 23 ás 15.30. // Lugar: Café Teatro Mimosa. // Prezo: 5 € os adultos e 3 € os nenos. // Idade recomendada: a partir de 3 anos.

ChiquiJamming O espectáculo infantil de improvisación da compañía Jamming é activo, dinámico, fresco e moi divertido. Por mor de suxestións dos pequerrechos, os actores improvisan historias no seu particular estiling. Os asistentes poderán subir ao escenario para participar dunha festa teatral improvisada. Data e hora: sábado 23 ás 17.00. // Lugar: Auditorio Municipal do Concello. // Prezo: desde 8 €. // Idade recomendada: de 5 a 12 anos.

Tin e Ton son un par de calcetíns inseparables. Onde está Tin está Ton e onde está Ton está Tin. Desde pequenos medraron xuntos compartindo risos, aventuras e trasnadas. Un día Ton desaparece e Tin debe emprender unha viaxe na súa procura, unha viaxe chea de sorpresas que o ha levar a recunchos insospeitados. Calcetíns, sabas, pantalóns, fregonas, vasoiras, ferros de pasar e outros obxectos cotiáns dan vida á nova creación da compañía de monicreques La Canica. Data e hora: domingo 24 ás 18.00. // Lugar: Auditorio Municipal do Concello. // Prezo: 5 €. // Idade recomendada: a partir de 4 anos. 31 FEB 2019


reportaxe

Os templos da cultura alternativa texto E FOTOS: José Rodríguez

Cando falamos de banda deseñada,I

xogos de mesa, videoxogos e cultura alternativa en xeral, os vigueses podemos considerarnos afortunados pola diversa oferta ao noso alcance.

Un dos piares desta cultura é o cómic, detonante do movemento freak en moitas cidades como a nosa. Hai trinta e catro anos nacía o quiosco Sousa, lugar de referencia que os máis veteranos lembrarán con agarimo. En 2005 mudouse da avenida de Castelao á avenida de Castrelos, renacendo como Sousa Comics, sendo agora unha das dez máis grandes tendas de cómic de España. Aínda que moitos visitantes buscan nos andeis de Sousa contido estadounidense e xaponés, tamén queren promover o momento doce polo que pasa a banda deseñada galega, con autores tan diferentes como Miguelanxo Prado, Fernando Llor ou Zaida Novoa. Acollen presentacións de artistas da zona, iniciativas como o Día do Cómic Gratis e citas especiais como a deste mes, celebrando o aniversario de Harry Potter. Outro lugar recomendado, de menor dimensión mais de grande influencia, 32 FEB 2019

é a librería Banda Deseñada, no Calvario. Naceu en 2004 nun pequeno local da rúa de Cataluña e, grazas a unha base de usuarios leais, hai cinco anos que puideron cambiar a un local máis amplo na rúa da Portela, no mesmo barrio. Caracterízanse pola proximidade no trato, cun servizo personalizado desde o que recomendan lecturas, procuran

encargos difíciles de atopar ou emprestando xogos de mesa. Os libreiros que a rexentan non queren atender unha simple tenda, senón que avogan por fornecer un espazo de xuntanza no que xa se teñen coñecido moitos amantes do cómic. Tamén están moi implicados co mundo da educación, por iso apostan por un amplo catálogo de libro infantil e organizan obradoiros para a rapazada.


Outro sector que levanta paixóns é o dos xogos de mesa. Esa é a especialidade de Customeeple, na rúa do Conde de Torrecedeira. Hai sete anos comezaron fabricando accesorios e produtos personalizados no seo dunha pequena oficina. Xa con local de seu, empezaron a vender xogos e a ofrecer un espazo adaptado para que nenos e maiores poidan pasalo moi ben. A súa fama internacional débese principalmente á venda online, atraendo estranxeiros que veñen coñecer a tenda e mercar a prezos reducidos. Por outro lado, están a gañar o aprecio local pola súa actitude aberta e inclusiva. O primeiro sábado de cada mes convocan xornadas de portas abertas, ideais para probar xogos sen ningún compromiso. Organizan torneos cun ton amigable e competicións de pintura rápida con figuras de xogos de estratexia, como o popular Warhammer. Dispoñen de armarios para gardar material e de todo o apoio necesario para garantir unhas boas xeiras. Cómpre salientar que na tenda sempre se aplica un desconto do 10% ao prezo dos xogos, e dun 15% se é un pedido.

OnlyCards naceu hai dezaseis anos en Moaña, pero non chegou á rúa de Colombia ata o pasado mes de xullo. Nos inicios apostaron por Magic: The Gathering e Yu-Gi-Oh!, dous dos máis populares xogos de cartas intercambiables ou trading card games (TCG), pero agora tamén son especialistas en xogos de mesa e outros de cartas, mesmo algúns difíciles de atopar a nivel estatal. Un dos seus obxectivos é ofrecer un trato próximo e personalizado, axudando a cada cliente a atopar o seu xogo. Tamén apoian o sector da ensinanza cun gran catálogo de xogos educativos e organizando actividades pensadas para os máis pequenos. Tamén organizan xogos de preguntas e respostas sobre filmes e series de televisión, charlas, torneos amigables de TCG con todo tipo de público e os Lore challenges de Magic, onde presentan as historias das novas coleccións seguidas dun debate e posterior trívial con premios para os máis versados. Un centro clave para a comunidade de Magic da nosa contorna é Mazinger Vigo, na rúa de Zamora. Naceu en 2002 na devandita rúa do Conde de 33 FEB 2019


reportaxe: Os templos da cultura alternativa

Torrecedeira e cinco anos despois chegou ao emprazamento actual. Levan Magic gravado a ferro e fogo e, se un quere tomar o xogo en serio, este é o lugar ao que acudir. Tanto as presentacións de novas coleccións cada tres meses, os Friday Night Magic, e outros eventos teñen un formato competitivo onde os primeiros postos levan os mellores premios. Pero tamén teñen propostas para os xogadores de nivel básico e intermedio: dous sábados ao mes celébrase o Enfróntate a Mazinger, onde regalan mazos de cartas e

tenda Replay, na rúa de María Berdiales. Un gamer con moita experiencia decidiu dar o paso en 2017 tras acumular material retro durante catro anos. Agora, nun sector especialmente sacrificado e con poucas axudas, rexenta a tenda de videoxogos máis aberta e interactiva da cidade cunha envexable selección de material vintage, ademais das últimas novidades. Aquí podemos probar xogos, estar un bo cacho no sofá ollando revistas especializadas ou coñecer xente afín. Conta cunha zona temática, actualmente ocupa-

ensinan a xogar ou, no caso dos iniciados, resolver as dúbidas que poidan xurdir. Os xoves celebran torneos para principiantes onde poden desfrutar e mellorar con só mercar un sobre de cartas. Destaca tamén como centro de compravenda e intercambio, onde os vendedores poden escoller entre diñeiro en metálico ou un bono para tenda cun valor superior.

da por unha réplica do Trono de Ferro da serie Game of Thrones, que irá mudando segundo as tendencias de cada momento. Ademais acollen outras actividades como campionatos e, unha vez ao mes, eventos de Retrogalaicos, asociación dedicada á conservación do ocio electrónico retro. Tamén dispoñen dunha parte parte do seu escaparate e as súas redes sociais como plataforma para que poidamos vender o noso material, a cambio dun 20% do prezo que nós decidamos.

Por último, no sector dos videoxogos temos un representante con xestión autóctona, a 34 FEB 2019


TENDENCIAS

ESTELA GÓMEZ

Correctora literaria e redactora de contidos

CERÁMICA CON NOME DE MULLER Cuncos, macetas, pratos, xogos de café, xoias... Pezas cheas de maxia partindo do debuxo. A man que moldea a arxila ata facela chegar a estas formas inimaxinables é a de Nero, unha artesá nada en Vigo e con formación en Belas Artes. Durante os seus días na Escola de Artes e Oficios, grazas á liberdade infundada polos seus mestres, xurdiu Peixe Nero: un selo cheo de identidade que dá resposta ás inquedanzas creativas desta artista, que nos ofrece arte en cerámica feita á man achegando aos nosos fogares obxectos útiles dotados da beleza necesaria para habitar en espazos cheos de vida.

A filosofía de Peixe Nero é a de ofrecer a artesanía que poida ser empregada no día a día

a través de obxectos creados con agarimo e consciencia. No seu imaxinario, Peixe Nero fai unha chamada á natureza mediante formas de animais, cores e elementos dos océanos, flores, plantas... Por outra banda e, dun xeito aínda máis particular, Nero amósanos o corpo humano e as liñas que conforman os recunchos da carne con imaxes sensuais, ambiguas e ardentes. Neste ritual no que a terra se volve pedra e os diversos elementos da natureza dan pé a cristais, xogos de cores e texturas diversas. Atopamos abelorios con forma de mans, aneis con labios que bican, ollos que todo o ven, vaixela adornada con peixes, paxaros, corpos femininos espidos e pequenos amuletos que levar sempre connosco. Para coñecer estas pezas e moitas máis debemos visitar o Espazo Balea, un obradoiro situado en Candeán e formado por varias artesás e amantes do feito á man e a combinación de saberes, un lugar aberto no que a xente é benvida. Alí pódese mercar, asistir a talleres programados ou idear e facer encargos. Tamén podemos encontrar as marabillas de Peixe Nero en Bazares nos Bares, no Mercado de Arte do Calvario ou no Mercado da Reconquista. E sempre ei internet, entrando na bitácora peixenero. blogspot.com ou en redes sociais buscando por @peixenerocerámica. 35 FEB 2019


reportaxe

Unha resistencia improvisada texto e FoTOS: Pablo VÁZQUEZ

seguro que coñeces a Movida. Non a nosa, que xa sabemos que si, senón a dos oitenta. Pero algunha vez sentiches falar da Metamovida? Aínda que o poida parecer polo nome, ámbolos dous movementos culturais non teñen absolutamente nada que ver. Ou si, porque a música como é o principal medio de expresión dos dous e tanto un coma o outro pasan pola nosa cidade.

(Orquestra de Música Espontánea de Galicia), da que formaban parte tanto David Santos como a violoncellista Macarena Montesinos: «todos nos coñecemos na OMEGA, unha orquestra na que nos xuntabamos vinte e tantos músicos de toda Galicia e que, a medida que foi morrendo, foi nacendo a Orquesta Metamovida, na que levo xa un ano», di ela.

A Metamovida é un colectivo cultural, dacabalo entre Vigo e Pontevedra, fundado en 2011. Segundo David Santos, socio fundador e membro de Cró!, «eramos un grupo de coñecidos e músicos con inquedanzas e problemas parecidos, polo que se nos xuntamos cada certo tempo para falar sobre isto estaría moi ben». O que empezou como un colectivo formado por catro bandas, ten na actualidade case unha vintena, entre as que atopamos alén da amentada Cró!, outros grupos como BALA, diola, Pálida, Zamaramandi, ou 16mm. Como todo ten unha orixe, a do colectivo Metamovida atopámola na OMEGA

Que teñen de especial estas orquestras que non teñen as demais? Que o seu espectáculo está baseadopor completo na improvisación. O que nos leva a falar das sesións HALO (siglas de High Altitude Low Opening), que teñen lugar os xoves na nosa cidade, xa sexa na sala Kominsky ou no jazz café La Galería. «Cando a OMEGA deixou de existir, tiñamos a necesidade de seguir con esa actividade, polo que Saúl Puga propuxo realizar unha serie de sesións semanais de improvisación», comenta Macarena. O primeiro ano foi Saúl o que elixía, de xeito máis ou menos azaroso, as formacións que ían actuar cada xoves. Na actualidade, o colectivo ascendeu a máis de trinta músicos e todo se faide modo asembleario. Levan a autoxestión por bandeira, realizando eles as propostas, os carteis ou o contacto cos locais. Algunhas destas agrupacións, creadas expresamente para as HALO, continuaron posteriormente tocando xuntas, como é o caso de Fritanga, Comando Radar ou Castromilf. «Así e todo, a idea básica segue a ser xuntar tres

36 FEB 2019


NON PERDAS NADA DO QUE ACONTECEINA CIDADE. VISITA AMOVIDA.GALI

improvisadores para tocaren xuntos sen que saiban nada, improvisación libre e sen estilo», engade David. Ademais, neste quinto ano dassesións HALO hai un par de novidades: a posibilidade de actuar individualmente, sen banda, e o First Meeting. «Tres ou catro do núcleo duro do colectivo decidimos a quen chamar dunha serie de músicos que previamente confirmaron que ese día poderían tocar. Entón chegan ao local sen saber con quen van compartir escenario», explica Macarena. O público tamén é partícipe deste tipo de xuntanzas, por exemplo escribindo nun papel o improvisado título dunha canción inexistente, que os músicos terán que desenvolverdeseguido. Por último, o terceiro xoves de cada mes, na sala Kominsky haberá unha jam session posterior ao concerto. Tanto Macarena como David, axitadores culturais e amantes do underground, non ven con moito optimismo a situación da cultura viguesa na actualidade. A primeira comenta que «non hai convocatorias públicas, o MARCO leva un ano sen director, non hai circuítos, as axudas son insuficientes ou sempre para os mesmos, xa non existe Súbete ao Castro, non se aposta polo experimental, hai espazos infrautilizados como Castrelos...a cousa é grave», e finaliza comentando ironicamente que a única participación cidadá do ano foi votar se preferiamos o acendido das luces de Nadal o 17 ou o 24 de novembro. David, a pesar de coincidir plenamente coa súa compañeira, prefire quedar co lado bo das cousas, como cantaban os Monty Python: «vexo un tecido cultural forte e penso que Vigo ten potencial artístico en danza, música, pintura, teatro ou en calquera disciplina. A parte positiva de todo isto é aprender a autoxestionarse e sacar adiante iniciativas que paguen a pena». 37 FEB 2019


De balde 13 estampas da traizón

A Fundación Luis Seoane produce esta exposición para conmemorar os 80 anos da publicación de Trece estampas de la traición (1937), primeiro libro de ilustracións de Seoane (persoeiro elixido para ser homenaxeado no Día das Artes Galegas deste ano), onde o autor sinala a responsables e cómplices do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, abranguendo a exposición unha revisión do contexto cultural, histórico e político arredor da edición do álbum que lle dá nome.

Data: ata o xoves 24. Horario: de luns a venres de 18.00 a 21.00, sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00, domingos de 12.00 a 14.00. Lugar: Fundación Laxeiro. 38 FEB 2019

Muchachas

No seu camiño para desenvolver unha marca de moda ecofriendly, Marta Portela presenta a colección Muchachas, que xorde da nostalxia da singular Cidade dos Muchachos en Bemposta (Seixalbo, Ourense) e da necesidade dunha mirada feminista na historia. Esta colección é unha homenaxe á resistencia desa sociedade excluída en forma de marionetas autónomas, que deixaron atrás as cordas dos que as manipulaban.

Data: do sábado 2 ao xoves 28. Horario: de luns a xoves de 19.00 a 1.00, venres e sábados de 19.30 a 3.00. Lugar: La Galería Jazz.

Aplicación das novas tectonoloxías ao mar O II Fórum do Instituto de Estudos Vigueses (IEV) versará neste mes sobre como se poden aplicar as novas tecnoloxías ao mar. A conferencia de Fernando Martín achegaranos ao mundo das cámaras de vídeo, dos drones, da electrónica de control, ou do procesado da imaxe.

Data: xoves 7. Horario: 19.30. Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).


en Vigo Iso que chamamos amor que vén sendo?

Persigue os teus soños nunha sesión de cine en familia con alta carga medioambiental. Este filme conta a historia de Richard, un pardaliño que que foi adoptado por unha familia de cegoñas. Convencido de ser unha delas, emprenderá unha viaxe para demostrarlles que el tamén pode facer unha longa migración a África.

Vigo na Historia

Os escritores Pedro Feijoo e Jorge Lamas participan nun faladoiro co fin de confrontar acontecementos históricos de Vigo con visións que esta cidade ten no relato e na ficción. Presentación a cargo de María Xosé Porteiro.

Foto: Yagoray.

Chis Oliveira, Amada Traba e Iolanda Zúñiga falan do amor. As tres escritoras galegas cítanse un par de días antes do día dos namorados nun faladoiro sobre a idea que temos do amor e a importancia que ten na nosa existencia. Presentación a cargo de Ana Fresco.

Richard, la cigüeña

Data: martes 12. Horario: 20.00. Lugar: Casa do Libro.

Data: sábado 23. Horario: 18.00. Lugar: Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Data: xoves 28. Horario: 20.00. Lugar: Casa Galega da Cultura. 39 FEB 2019


reportaxe

Coas mans na masa do Entroido texto: Alberte MERA

Beade retorna á orixe

Entroidada louca maior

Un túnel do tempo ha levar á veciñanza de regreso ao pasado grazas á potente aposta da comparsa organizada en Beade. Nesta parroquia, o tema do desfile adóitase elixir en outubro, despois esbózase o tipo de personaxes, deséñanse os disfraces e as carrozas... e xa a partir de xaneiro, despois da ruada das rondallas, é cando comezan cos ensaios. Hai oito anos a ANPA do colexio Coutada decidiuse a participar no desfile. Despois, a directiva da asociación veciñal integrou a todas as entidades da parroquia para participaren xuntas e coordinárense para a comparsa. «O Entroido significa que podes volverte quen non es e tamén transformar cousas banais en alegría», comenta Maribel Novoa, coordinadora da comparsa e secretaria xeral da asociación veciñal de Beade. Na pasada edición do concurso, a carroza de Beade recibiu un accésit.

Máis de cento vinte persoas darán vida á animosa comparsa da asociación Os Festeiros de Bembrive, que traerá ás nosas rúas unha grande sorpresa do mundo infantil. O ano pasado conseguiron alzarse co segundo premio do desfile, o que significou un recoñecemento de importancia para a organización. «Emocionounos moito que se valorase o traballo e a orixinalidade dos traxes», comenta Emma De Sousa, vicepresidenta da amentada asociación, xa que «sempre son elaborados manualmente por nós, de principio a fin». Desde setembro levan traballando, «o traxe deste ano é moi laborioso e implica un traballo importante», recoñece Emma, para quen o esforzo se ve recompensado xa que «moita xuventude vén desfilar connosco». Moitos dos nenos que acudiron aos primeiros desfiles son agora mozos que seguen a colaborar con isto, algúns encárganse de deseñar as coreografías e ensinar os bailes. «O mellor da comparsa é o valor do colectivo e que todas as persoas traballamos para o ben grupal, sen individualismos», explica Emma. De feito, tras escolleren o tema da comparsa, o traballo repártese entre todo o grupo. Así, estes días, namentres que unhas persoas están a realizar a armazón que levarán os disfraces, outras están a deseñar os patróns e os cortes das teas e, asemade, outras van na busca dos complementos...

40 FEB 2019


NON PERDAS NADA DO QUE ACONTECEINA CIDADE. VISITA AMOVIDA.GALI

de advento para o Entroido. Barrios e parroquias dedican estas datas a poñer a punto as carrozas. Beade, Bembrive, Matamá

ou Navia son algunhas das que levan anos abandeirando as comparsas que este ano han desfilar coa chegada de marzo, no desfile que organiza o Concello polo centro da cidade.

Navieira musical

Os papeis de Matamá

Un musical sorprenderá no desfile da man da asociación veciñal Novo Vigo. «Cremos que a xente ha gozar moito da nosa comparsa, porque vai ser divertida e emocionante», avanza Ana Martínez, presidenta desta asociación veciñal da parroquia de Navia. Para Ana, o máis importante da comparsa é a convivencia que se crea en torno a este evento e dos preparativos, e salienta o carácter inclusivo da organización. Cada ano participan persoas que sufriron parálise cerebral e as asociacións Novo Vigo e ATAM fan bo xugo nesta actividade. Van sete anos des que desfilaron por primeira vez, co obxectivo de cobrar presenza no conxunto da cidade.

A de Matamá é unha das comparsas máis antigas do noso Entroido. Unhas oitenta persoas de todas as idades participan de ano en ano. Desde o mes de agosto empezan cos preparativos, e organízanse tres grupos de traballo: un para o deseño e a confección dos traxes, outro para a construción e a decoración das carrozas e un máis para deseñar as coreografías. Cristian González, responsable da comparsa Atlántida de Matamá, que o ano pasado recibiu un accésit, afirma que «son moitos meses traballando para esas datas, o importante é pasalo ben». Segundo avanzan desde a organización, desta volta están a preparar unha chea de luz e de cor, ademais de haberá diversas novidades estruturais, procurando unha máis grande envoltura na posta en escena e contando con pequenas carrozas satélite derredor da gran carruaxe.

Este mes é un auténtico calendarioi

41 FEB 2019


CALENDARIO CO MÁIS MOVIDO DE FEBREIRO Ve

1

2

DO

3

Lu

4

Ma

5

6

XO

7

vE

8

9

XO 21 · Sondeseu // p. 19 · Inaugúrase a exposición Muchachas // p. 38

· Conversas con Tana // p. 31

· David Russell // p. 26 · Carreira Popular de Teis // p. 5 · Señora de rojo sobre fondo gris // p. 21 · Aplicación das novas tecnoloxías ao mar // p. 38

dO 24 · Historia de un calcetín // p. 31 · Último día exposición 13 estampas de traizón // p. 38

lu · Merenda con pan e millo // p. 30

25

ma 26 mÉ 27

· Fedra // p. 20 · Mozart Heroes // p. 20

xO 28

· Último día exposición Muchachas // P. 38 · Vigo na historia // P. 39

· Iso que chamamos amor, que vén sendo? // p. 39

13

xO 14 Ve

23 · Chiquijamming // p. 31

11

ma 12 mÉ

· Los Vinagres // p. 21

· Richard la Cigüeña // p. 39

· Facendo o indio // p. 30

lu

22

· San Brais // p. 18

· Carreira Calvario 5+5 // p. 5

dO 10

· Playoff // p. 21

vE

· Juancho Marqués // p. 20 · El circo mágico // p. 30

15 · El circo mágico // p. 30 · El circo mágico // p. 30

16

· Merdeirada infantil // p. 30 · Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos // p. 31

DO 17 · El circo mágico // p. 30 Lu

18

Ma 19 Mé 20

42 FEB 2019

NA AXENDA DE amovida.gal podes consultar estes e outros moitos eventos de FEBREIRO en Vigo.


Axenda cultural de Vigo NON PERDAS NADA DO QUE ACONTECEI NA CIDADE. VISITA AMOVIDA.GAL

Profile for A Movida

A Movida Febreiro 2019  

A Movida Febreiro 2019  

Advertisement