Concurso de microrrelatos de AI Vigo 2012

Page 70

Todo muda Microrrelato nº 69 Estábamos en plena campaña, a festa da democracia, o candidato do partido b dispoñíase a falar, moveu os beizos mais nada se escoitou, o candidato quedou abraiado, diante del unha pancarta lle espetaba nos ollos “aínda temos moito que dicir”, os seus asistentes o quitaron rapidamente da tribuna, cousas da naturalidade política, o portavoz acercouse decidido ó micrófono, Desculpen, dixo, nuns intres o candidato dará o seu discurso, retirouse, a xente impaciente, murmuraba o unísono, o candidato volveu saír, tiña o xesto resolto, coma quen se recupera dun tropezo, rexurdindo, Compañeiros, aínda........, a pancarta rematou a frase, as bagoas xurdían agora da faciana do político, nalgún sitio o candidato do partido (a ) mesturaba satisfacción e incertidume, a igrexa sempre atenta deulle á circunstancia un compoñente divino, mais, aínda que tarde, a evolución comezaba a facelo seu traballo.

1º Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional Galicia


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.