Page 1

INMA DOVAL PORTO http://contameunconto.blogspot.com http://arteu.blogspot.com

Cecebre, Cambre (A Coru単a)


Reseña biográfica

Nace na Coruña en 1966, reside na actualidad actualidade en Cecebre (A Coruña). Licenciada en Historia del Arte por la Universidade de Santiago de Compostela. Pintora autodidacta. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Formación en gravado: Litografía (Fundación CIEC, impartido por Omar Kessel), Xilografía (Museo de Belas Artes da Coruña, impartido por Omar Kessel), Gravado calcográfico (CIEC, impartido por Antonio Alegre Cremades), Gravado calcográfico (Museo de Belas Artes da Coruña, impartido por Anne Heyvaert), Técnicas aditivas e algrafía (Museo de Belas Artes da Coruña, impartido por Omar Kessel), Fotopolímeros (CIEC, impartido por Carmen Navarro), Serigrafía (CIEC, impartido por Denis O´Neill), Xilografía (CIEC, impartido por Miguel Villarino), Playwoodgraph (Museo da Imprensa, Porto, impartido por Norimasa Mizutani (Xapón), Manera negra e monotipos (Casa do Artista, Vila Nova da Cerveira, Portugal, impartido por Matasaka Kuroyanagi e Choichi Nishikawa). Módulo de calcografía na Fundación CIEC (Betanzos, 2010). Estancia becada do Museo de Arte contemporánea da Bienal de Cerveira (Portugal) marzo 2008. para a realizar na casa do artista a obra "O Bicho"(Ravar). Cofundadora do grupo de gravado RAVAR e membro ate setembro de 2009. Cofundadora e membro na actualidade do colectivo arTeu. Plasma a sua cosmovisión en paxaros e gaiolas, mitos e iconas, nun vaivén entre a liberdade e os compromisos vitais.


Dende 2009 forma xunto a Xacobe Meléndrez Fassbender o colectivo arTeu, dende o que ambos artistas desenvolven proxectos de achegamento da arte á sociedade. Inicia así un camiño paralelo á sua faceta artística individual, coa xestión de proxectos artísticos colectivos, organizando e coordinando eventos culturais, exposicións, intercambios internacionais e comisariado con gran proxección. Entre os proxectos realizados por arTeu están: • Arteu en Cambre 2009. Os establecementos de Cambre (A Coruña) enchéronse de arte no Nadal de 2009/10 • Paralelo 43º, 21’ 45” A Coruña, maio de 2010 (en colaboración con BGR e celula5). Festival artístico no que coordinamos a máis de 150 artistas plásticos, músicos, visuais, escénicos… no barrio das Conchiñas para dinamizar unha zona deprimida pola crise. • Na espera. Achegar a arte aos hospitais, salas de espera de clínicas… Comezo na Clínica Aiema de Santiago de Compostela. • Os espontáneos (en colaboración con Miguel Melero). A arte sae literalmente á rúa á procura do seu público. • Trócocho. Para os máis pequenos, coa oportunidade de expoñer en librarías infantís e trocar a sua obra por un conto. • Nos mares lusófonos. Proxecto de intercambio entre países lusófonos, coa creación dunha carpeta de gravados, poesía e música de 9 países. Actualmente en proceso. • Edición de libro de artista “Diálogo para unha serea”, fotopoemario.


“Viramundo”, de Sergio Mendes, é o motor do que xurdirán unha serie de obras, de gran forza poética e plástica, da artista Inma Doval. Preludio do que atoparemos, “Viramundo”, eixo central da exposición, guía dunha viaxe á memoria, motor de cambios, de loita. Pese ás aparentes diferencias dos seus traballos de pintura e gravado, exultantes cun rico cromatismo e unha clara disolución da forma nos primeiros, practicamente monocromos e con trazados definidos os segundos, enfatizando en ambos a luz; pódense trazar relacións de continuidade entre eles, en virtude daquilo que comparten de poético. Poesía convertida en calidoscopio de significados. Unha poesía moi presente en toda a súa obra. Lembrando a Heiddeger “ a poesía é a base común de todos os homes”, é a comunicación interna cunha linguaxe única, un mundo interior irreal e propio. Universo feminino, pletórico de vitalidade e paixón, cheo de paxaros, rostros, mans, figuras femininas entre as que se intúe o autorretrato. Esta feminidade implícita en todas as obras, a música contida nas cores, coma elementos nos que cobran forza os xestos, que nos convidan a imaxinar, a especular, a construír relatos nese diálogo silandeiro entre a autora e o espectador. A utilización reiterada da cor vermella: vermello-lume / vermello-transformación. O vermello ligado ao principio da vida, metáfora dos cambios polos que deben pasar os seres humanos para acadar a sabedoría. Soños dentro de outro soño, unha viaxe dentro doutra viaxe, unha vida dentro doutra vida, un poema dentro dun cadro, unha poesía transformada en pintura, pintura que é poesía. Paz Vicente, setembro 2010


Exposicións Individuais: Galería Sargadelos de Madrid, setembro - outubro 2010: “Viramundo” Clínica Aiema, maio-xuño 2010: “Viramundo” Bar Fusión, A Coruña febreiro 2008: “5 lúas para un Chacmool”. Museo do Xacemento Romano de Cambre (A Coruña), febreiro de 2007: “Corpo habitado: auga e aire” Exposiciones colectivas: “Diálogo para unha serea”, fotopoemario realizado por Xacobe Meléndrez (fotografía) e Inma Doval (poemas), Santa María Bar (Chaves, Portugal). 1 ao 30 de novembro Balconadas XII edicación (Betanzos, A Coruña) setembro 2010 Exposición de paraventos pintados, Matosinhos, Porto (Portugal), setembro 2010. Paralelo 43º 21’ 45” A Coruña (Ataxentas, A Coruña), maio 2010 “Haití” Fundación Caixa Galicia (Ferrol), abril 2010 "Reflexos de Carballo" -Ravar- Carballo -A Coruña, agosto-setembro 2009


"Ravar-Matriz" CIEC -Betanzos- A Coruña, agosto 2009 "Áncora no Alén". Gravado. Colectivo Lugrís Asoc.Alexandre Bóveda -A Coruña(itinerante, marzo –decembro 2009) Matriz-Ravar Espaço Munstang.Galería Esteta7 -Oporto- nov.dic.ene..2009 Ravar (Grabados) Exposalnes -Cambados Pontevedra 1/15 nov.2008 Balconadas XI edición (Betanzos-A Coruña) setembro 2008 Ravar-Fundación Amat -Garrigoles-L'Ampurdat (Girona) 21 junio ó 21 septiembre 2008 Museo do Gravado e a Estampa Dixital –Artes-Ribeira (A Coruña)setemb.2008 (obra 2006) Casa da Eira Longa (Boticas-Portugal) ; “Os Dias Da Criação 2007” Galiza-Tras-os Montes (RAVAR) set. 2007 Casa Galicia – Madrid: "Portas" (Ravar) Dec.07 Fundación CIEC (Betanzos, xullo 2007) Fundación Luis Seoane (A Coruña, xuño, 2007): "Calendario 2007" Centro Social e Cultural Uxío Novoneyra (Lugo, maio-xuño, 2007 Centro Comarcal A Estrada e Pobra de Trives Abril-maio 2.007


Art Natura - Itinerante (Santiago de Compostela, O Carballiño, Lugo, Oroso, A Coruña, Carballo) Centro comarcal de Ordes. Decembro do 2007 Caso do Escudo. Concello de Verín. Xuño-Xulio do 2007 Centro comarcal de Tabeirós terra de Montes. A Estrada. Abril do 2007 Centro Comarcal de Bergantiños (Carballo, A Coruña, marzo, 2007) Centro Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo, febreiro 2007) Fundación Granell (Santiago, dec 2006): “Arte para o recordo" -Agadea. Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira, setembro-outubro 2006): Grupo Ravar. X Bienal de pintura Balconadas (Betanzos, xullo-agosto 2006) II Bienal de Arte de Cabo de Gata, Almería, xullo-setembro 2006: “La poesía nos une” Hotel España, A Coruña, maio 2006: Grupo Ravar Galería Wilfredo Lam, La Habana, Cuba, agosto-outubro 2005: “Semillas


Obra en: Museo de Artés do Gravado á Estampa Dixital (Artés, Ribeira, A Coruña), Concello de Cambre (A Coruña), Fundación CIEC (Betanzos, A Coruña) Coleccións privadas. Publicaciones: Revista Interea Visual, n.7 (A Coruña: Deputación Provincial, set. 2006) Portfolio do grupo Ravar. http://www.dicoruna.es/cultura/interea/RevistaInterea07/artesnueve.htm A contrarreloj I/VVAA. ISBN: 978-84-935130-7-8. Sevilla: Hipalage, 2007. Colección de microrelatos Poemas para un minuto I/VVAA. ISBN: 978-84-935130-8-5. Sevilla: Hipalage, 2007. Poemas


PINTURAS

Anacos de Ă rtemis Mixta sobre lenzo 140 x 140 cm


Mixta sobre lenzo 140x120 cm


s/t Mixta sobre taboa


Levar nas mãos um sopro de arquipélagos intactos, livre tango viajando sobre a cúpula do tempo, líquido: no denso cabelo equatorial desce uma cosmogonia até reorientar o coração a seu fluxo inicial, onde repousam as âncoras do ser no meio da cor, inextinguível, do jardim. Ramiro Torres, maio de 2010.

Libertango Mixta sobre lenzo 80x100


Ecos baleiros Mixta sobre lenzo 100x80


Arxila Mixta sobre lenzo 120x70


s/t Mixta sobre tabla


Viramundo Mixta sobre lienzo 100 x 80 com


GRABADOS

Vigilando el sue単o de la ciudad dormida (2005) Aguafuerte y aguatinta


Hainuwelle (2006) Aguafuerte y aguatinta 76x56 cm


Lembrando a Gioconda (2006) Aguafuerte y aguatinta iluminado a mano


Bajo la luna de agosto sueño que soy un pájaro … (2006) Aguafuerte y aguatinta 76x56 cm


Âtma (2007) Serigrafía e óleo 56x38 cm


Olvidé tu nombre (2007) Serigrafía e óleo 56x38 cm


Fugitivos (2007) Serigraf铆a e 贸leo 38x28 cm


Trรกnsito (2007) Aguatinta 76x56 cm


Moo (2007) Punz贸n el茅ctrico sobre metacrilato iluminado a mano 56x38 cm


Coh (2008) XilografĂ­a 56x38 cm


Chacmool (2008) Litografía, collagraph y papier chiné 112x76 cm


Peque単o Chacmool (2008) Aguatinta


Tensando as cordas do mar (2005) Aguafuerte y aguatinta 76x56 cm


Poseid贸n (2007) Aguafuerte y aguatinta al azufre 100x50 cm


s/t (2009) XilografĂ­a


s/t (2009) XilografĂ­a


Anacos de memoria (2009) Colagraph


Alter ego (2010) Gravado calcogrรกfico


Fado (2010) Gravado calcográfico

Aloumiño (2010) Gravado calcográfico


A pegada de Igor (2010) Gravado calcogrรกfico


CUENTOS El payaso y la caracola

Había una vez una caracola dormida, un payaso triste, una suave brisa

y un barco mágico de papel. De los ojos grises del payaso triste cayeron lentamente una, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete, ocho, nueve, diez… lágrimas.


Y el mar comenzó a nacer. Se extendió sedoso desde los pies del payaso triste de ojos grises hasta la otra orilla del mundo. En el mar de lágrimas del payaso triste de ojos grises navegaba, venciendo las olas, un barco mágico de papel. De la boca azul del payaso triste surgió una suave brisa y fue así como el barco mágico de papel comenzó a bailar entre las olas del mar de lágrimas.


Navegó cien noches bajo la luna, navegó cien días bajo el sol, alejándose cada vez más de los pies del payaso triste de los ojos grises. El barco mágico de papel alcanzó la otra orilla del mundo en la que el mar de lágrimas acariciaba muy despacito una caracola dormida. El sol abrió los ojos, escondió la luna y calentó la caracola dormida y la otra orilla del mundo y el mar de lágrimas De la caracola dormida salió descalza la risa que había perdido aquel payaso triste de los ojos grises.


Monotipos Cecebre, 2006


POEMAS Cinco lúas para un Chacmool (2008) -I-

Xilografía e papier chiné 70x56 cm

Anacos de Ártemis latexan nun mapa azul. Os reloxos no paran, camiñan xa fóra do papel da memoria. Agullas coma gubias, baten nos números que feren o tempo. A lúa vertical, vertixe verte e converte, sol en azucre, nesta noite préta, na que os enganos do vento achéganse vestidos de prata e desexo. O noso pequeno mundo, de miúdas voces e grandes palabras, de ollos cheos e máns de vidro, é testigo do combate das sombras, que loitan por saír dunha historia de deuses alados.


-II – Recibes no teu corpo sagrado un corazón, víscera latexante, quente, coas suas canles de sangue e os seus espazos lenes. Un corazón que noutro tempo foi teu e que agora pecha entre as súas pólas a lingua azul dun paxaro de coral. A lúa, confidente, murmuria: coidado, o sol achégase!. A tua alma, cautiva nunha ave de lume, aprisiónase entre as rúas dunha cidade allea. Axítase o ceo, brama o vento nómada. Alerta, o teu iris convexo dobra a mirada do silencio. Un punto vermello, vibrante, vixía a noite. Es cometa, astro, ar e a luz esvara entre as tuas máns.


A noite rompe o alento da túa boca pétrea e coas suas ás douradas fecunda a lúa calada. Xa resoan os pasos lentos de Ártemis cabalgando sobre o ruxir do mar. Insiste a lúa no seu vaticinio, máis ti, Chacmol, non temes a morte. Voa xa o paxaro á súa sorte e, ao lonxe escóitase o soar de cinco balas de prata. Ártemis, Artume, Itxchel “a branca” ceiba unha frecha que se adentra suave no corazón do paxaro. Aquel día a lúa, coma unha nube branca tiña o ventre cheo de espiñas, escamas e dentes. Volcou o seu riso e choveron peixes, que cubriron de prata a deusa alada. O xigante do sol xace e xa a sua alma externada durme no paxaro insomne. Renace o xaguar, corpo mutante, e a sua cola é agora ráfaga de luz lonxana, ondeando sobre as ás níveas do océano.


Cinco lunas para un Chacmool -I Pedazos de Ártemis laten en un mapa azul. Los relojes no se detienen, caminan ya fuera del papel de la memoria. Agujas como gubias, baten en los números que hieren el tiempo. La luna vertical, vértigo, vierte y convierte, sol en azúcar, en esta noche negra, en la que los engaños del viento se acercan vestidos de plata y deseo. Nuestro pequeño mundo de diminutas voces y grandes palabras, de ojos llenos y manos de vidrio, es testigo del combate de las sombras, que luchan por salir de una historia de dioses alados.


- II – Recibes en tu cuerpo sagrado un corazón, víscera latente, caliente, con sus canales de sangre y sus espacios blandos. Un corazón que antes fue tuyo y ahora cierra entre sus ramas la lengua azul de un pájaro de coral. La luna, confidente, susurra: ¡cuidado, el sol se acerca!. Tu alma, cautiva en un ave de fuego, se aprisiona entre las calles de una ciudad ajena. Se agita el cielo, brama el viento nómada. Alerta, tu iris convexo dobla la mirada del silencio. Un punto rojo, vibrante, vigila la noche. Eres cometa, astro, aire y la luz se escurre entre tus manos.


La noche rompe el aliento de tu boca pétrea y con sus alas doradas fecunda la luna callada. A lo lejos se oyen los pasos lentos de Ártemis cabalgando sobre el rugir del mar. Insiste la luna en su vaticinio, pero tú, Chacmol, no temes la muerte. Vuela ya el pájaro a su suerte y, a lo lejos se oye el sonido de cinco balas de plata. Ártemis, Artume, Itxchel “la blanca”, lanza una flecha que entra suavemente en el corazón del pájaro. Aquel día la luna, como una nube blanca, tenía el vientre lleno de espinas, escamas y dientes. Volcó su risa y llovieron peces, que cubrieron de plata a la diosa alada. El gigante del sol yace y ya su alma externada duerme en el pájaro insomne. Renace el jaguar, cuerpo mutante, y su cola es ahora ráfaga de luz lejana, ondeando sobre las alas níveas del océano.


Corpo habitado Corpo de auga, gaiolas de aire. O aire: silencio, minúsculas estrelas de vento. Medos e anhelos engarzados cun fío de cobre. Os paxaros, as súas ás, membranas do meu subsconscente, abrigo da alma libre. Os pes salgados, descalzos camiñando pola area. Os pes lixeiros, furtivos, o vento, ár de novo que, vixía da noite, eleva as miñas dedas por riba da cidade. O ar, exilio dunha alma ausente.

Corpo de aire (2007) Aguafuerte y aguatinta 56x38 cm


Nun cenote profundo o amor durme abrigado polas cálidas vísceras dun paxaro incandescente. A alma dos paxaros, a miña psique, os meus anhelos, o teu soño, abren as rexas e saen libres cara, de novo, ao vento. O paxaro da alma engaiolado nun corpo de cristal, nun corpo de auga. Corpo de auga, gaiolas de aire. Pájaro rojo (2006) Punta seca y carborundum 76x56 cm


Un baile de homes vai mudar o destino, Hainuwele vai esmorecendo en nove círculos, os seus brazos bérranlle ao vento. Círculos concéntricos, o lento afondar no centro do laberinto. Hainuwele ofrece soños a cambio de morte. Un rostro perdido no tempo, nunha mirada inqueda que garda o seu misterio tralas pálpebras pechadas do inconsciente. Es tona, as túas arterias fúndense coa savia, Amanda, a dona do bosque, tanxe as cordas da árbore coas túas máns de vento. Corpo de auga, gaiolas de aire.


A auga: as verbas, veloces astros azuis. O mar lambendo o tempo, limpando peles douradas, enfrentando corpos de crebas, peiteando cabelos salgados. Máns líquidas escurrindo o temor, deixando esvarar dos dedos a escuma do alén do mar. O ventre cheo de area dourada, as ondas salvaxes empuxando a vida, a lúa roubando a calma e, despois, de novo, o vento con ourizos de estrelas. Peixes náufragos da fame, peixes de prata de óleo e de sal, saltan leves entre as redes do limbo. Érguense sobre as ondas baixo a mirada esquiva da lúa. Achéganse ás redes cos ollos inquedos dos olvidados. Un mar que engaiola, que achega e separa vidas, un mar que divide o mundo. Un mar fermoso, batendo no ventre da area. Auga brava. Outra realidade tralo faro. Pel azul, flúe o xazmín entre as luces que bañan as dovelas de cor. As súas babuchas vermellas, o cabelo envolvendo o mar. Un barco baleiro se achega ao fin dos tempos, atravesa o horizonte, na orilla énchese de area de sonos e regresa cargado para comezar de novo o mundo.


Pájaro azul Leonardo dejó de hablar el día en que un pájaro azul cruzó su espacio. Se sentó sobre una roca y desvió su mirada hacia el horizonte. Llenó su boca vacía de segmentos, círculos y signos. Enlazó los segmentos y construyó un camino, Se rodeó con los círculos del pasado y Los signos sutituyeron a los verbos. Leonardo comenzó a pensar el día en que un pájaro azul dejó su boca vacía.


© Inma Doval © Fotografías de Xacobe Meléndrez

2010

Portafolio de artista Inma Doval  

Pintura, grabado, poemas de Inma Doval

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you