Page 1

TEIJEIRO E DYLAN CHAVES DAS NOSAS POESรAS

C.E.P.CARLOS CASARES

CURSO 2008-2009

Portada feita por Guillermo 6ยบ


DÉIXAME Por favor, déixame en paz vaite a outro lado a facer mal corre, corre, fuxe fugaz que ti es un banal. Eu sei dun lugar onde a guerra prefire calmar e que veña o tempo de soñar. Eu sei dun lugar ben preto do mar onde todo semella brillar Cala a boca,marcha cantar Marcha a outro sitio onde te queiran bicar Marcha,que eu xa non quero soñar.

Alba.


AS NOSAS MIRADAS Vivín co meniño e ti, co caracol, e as nosas miradas nacidas do sol, xamais se miraron aló, no corazón, nin preto da lúa coa súa cor. Nas nosas miradas, notábase a dor, morreron de anguria, morreron de amor.


A GUERRA E O AMOR Baila o amor do meu corazón. Esquece a guerra, guerra e máis dor. Esquece as armas, armas que había. Esquece os berros, berros sen vida. Esquece as miradas, miradas: malvadas. Esquece os nenos, nunca salvados. Baila ao son do teu corazón. Canción de acougo. Canción de amor. Jasmin

BAIXO O TEU CORPO Baixo a ponte auga Nos teus ollos mar Sobre os beizos bicos E na noite paz. Jasmin


Non á guerra

Son poucas as pombas Son moitas as bombas Cubren todo o ceo os nenos tristeiros. Misís se escoitan misís que matan cada vez mais marchan. Os nenos quedan tristeiros as nais marchan con bágoas, os pobos quedan baleiros.

Lucía 6º


OS SENTIMENTOS Baixo o mar area Nos teus bicos amor E no mencer paz e non temor

MARCOS


NO CORAZĂ“N

Enriba do azul do mar

LYDIA invento barcos para navegar .

Baixo a luz do sol intento esquecer o teu amor.

Ao lado dos teus beizos sinto escalofrĂ­os , uns centos .


NON NACÍN PARA DESTRUÍRTE.

Non nacín para destruírte nin nacín para explotarte. Eu nacín para amarte. Eu nacín para salvarte.

Non nacín para destruírte nin nacín para maltratarte. Eu nacín para conmemorarte. Eu nacín para acollerte.

Non nacín para destruírte nin nacínpara estorbarte. Eu nacín para quererte. Eu nacín para soñarte.

MARTA FDEZ.


BAIXO A รRBORE

Baixo a รกrbore sombra Nos teus beizos paixรณn Baixo os ollos bรกgoas E en ti ilusiรณn.

MARTA FDEZ.


Estes poemas foron feitos polos alumnos e alumnas de 6º con todo o seu cariño para que os poidan ler toda a xente amante da poesía e da paz

.

Gabriel Castro Domínguez María Valije Castro Lydia Bernárdez Groba Alba Bernárdez Troncoso Rosario Núñez Domínguez Lucía Pereira González Jasmín Márquez Canzoneri Marta Fernández Fernandes Brais González Rodríguez Marcos Saa Fernández Guillermo Pereira Álvarez

Alxén, marzo 09

poemario  

poemas feitos polo alumnado de 6

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you