ÁLVARO NEGRO, «Y», CGAC, 2018

Page 124

124—O pintor e a súa doutrina

s

Tumba de Fra Angelico, Santa Maria sopra Minerva, Roma, 19 de decembro de 2013

de análise sobre o encadramento, a cor, etc., a memoria da experiencia física era a que interviña unha vez que o proceso pictórico entraba en ebulición e o cadro e o meu ollo, o meu corpo, se sincronizaban en cada pincelada, no ritmo da man. Entón o clima do cadro manifestábase como cando un intérprete musical xa non necesita da partitura porque a interiorizou. E non!, non se trata de automatismos, senón de cando no proceso a imaxe xa é pintura e de como a través da pintura comeza a se entrever a paisaxe, esa paisaxe. II Era decembro e chegaba de Roma, o cadro da columna seguía alí, na súa parede do estudio, pero tamén un novo inquilino, un espello grande, limpo, todo o espazo duplicado, o espazo funcionaba como unha cámara de reflexos onde se mesturaban a arquitectura e a pintura. Previamente realizo dous debuxos con tinta chinesa sobre papel milimetrado buscando unha matriz compositiva. No primeiro pártese do debuxo Os catro evanxelistas de Pontormo, unindo puntos anatómicos xorde unha serie de formas poligonais. O segundo consiste nun ornamento elíptico a partir do deseño da pavimentación da Praza do Campidoglio, de Miguel Anxo. Tamén pensaba nos chans cosmatescos de Santa María en Cosmedin e Santa María a Maior, ou no gótico de Santa María sobre Minerva, coas súas bóvedas de cruzaría decoradas cun ceo estrelado no que flotan as figuras dos apóstolos. Día cero: As primeiras ideas imaxinaban brochadas amplas e xestuais, de grande anchura; tamén unha gama cromática de cores intensas xunto co prata, que se camufla ben co cristal-espello e se infiltraría como unha cor entre-cores. Apliquei estas a priori en espellos de proba a partir de debuxos en papel que me serviron de bosquexo, pero chegou un momento en que xa non cabía máis reflexión que a de se meter directamente á obra. Día un: Todo comeza con orde e contención, liviáns xestos prata, lentos pero fluídos, precisos, como liñas rítmicas percorren verticalmente o cadro ata ir gañando maior autonomía conforme avanzan. Primeiro na esquerda, despois un baleiro e, aproximadamente a un terzo cara á dereita, unha especie de torre de brochadas horizontais. Día dous: Bótame a perder certa ansiedade a medida que todo tende


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.