Page 37

un paseo botánico pola carballeira de Conxo

119

dran no interior das fragas. Poden formar masas homoxéneas, só de carballos cunha orixe antrópica na maioría dos casos (é dicir, orixinados pola actividade humana), ou ben bosques mixtos caducifolios, as denominadas fragas, onde aparecen acompañados por unha gran variedade de especies frondosas como castiñeiros, pradairos, freixos, sabugueiros, abeleiras, espiños, cerdeiras..., e tamén especies perennes coma o loureiro, o acivro ou o érbedo. Os carballos constitúen tamén a base dunha numerosa comunidade de fentos, musgos e liques que se desenvolven, grazas á humidade, sobre os seus troncos e pólas. Na primavera, florecen baixo os carballos numerosas plantas ventureiras como os estalotes, chuchameles, celidonias ou as hedras, que ascenden polas árbores para poder captar mellor a pouca luz que chega ao sotobosque das sombrizas carballeiras. Constitúen ademais un refuxio para unha gran cantidade de especies de fauna autóctona: destaca, entre elas, o escornabois ou vacaloura (Lucanus cervus) un escaravello de gran tamaño, o máis grande de Europa, onde os machos desta especie se diferencian das femias por unhas grandes mandíbulas a modo de cornamenta; as larvas aliméntanse da madeira podre dos vellos carballos. Ou paxaros como

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 119

13/10/2016 12:29:24

Os últimos carballos do Banquete de Conxo  

Un xantar que fixo historia no bosque que fascinou a Rosalía de Castro. Hoxe aínda resisten, ao sur de Santiago de Compostela, os últimos ca...

Advertisement