Page 1

DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA “As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte) ceip Barouta, 2017-2018


DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA “As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte) Proxecto levado a cabo no ceip de Barouta, no presente curso académico, 2017-18. Nel participou todo o Centro e contamos, coma en anos anteriores, co asesoramento da técnica de medio ambiente do Concello, Patricia Reboreda. Este ano queriamos continuar co obxectivo de coñecer a contorna, a súa riqueza en restos prehistóricos e construcións tradicionais de grande valor. Todas estas saídas veñen tendo moita aceptación entre alumnado e profesorado. Nelas imos descubrindo a nosa historia e aprendendo a valorala para, despois, aprender a coidala. Fixemos moitas actividades pero tamén quedaron outras sen rematar. A estas alturas aínda está pendente algunha das saídas que tiñamos programadas pero que tivemos que adiar debido ao mal tempo. Unha novidade deste ano foi que abrimos un webblog: http://blogs.voznatura.es/embaroutate/ onde intentamos dar a coñecer todas as actividades que dende o CEIP de Barouta estamos a desenvolver e que están relacionadas coa natureza e co patrimonio da nosa contorna. Tamén nesta páxina web facemos referencia aos proxectos do colexio cuxa temática sexa o medio ambiente. Equipa da contorna


PROPOSTA DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER DENTRO DO PROXECTO DE VOZ NATURA AO LONGO DO CURSO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES ETAPA

5º e 6º de E.P.

4º de E.P.

2º e 3º E.P.

ACTIVIDADE

DATA

QUE VER

“Rego dos Pasos” Andaina desde Pousada a Bertamiráns ....................... “Dolmen de Dombate e Ecomuseo Forno do Forte”

marzo

Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona, aldea singular, petróglifos .................. Dolmen, centro de interpretación de Dombate, Ecomunseo da olaría en Buño, obradoiro de barro

“Rego dos Pasos” Andaina desde Pousada a Bertamiráns ............................ “Campo Lameiro” Visita guiada ao Centro de Interpretación ............................ “Castro de Baroña”

marzo

“Rego Andoriña” Ruta circular desde a capela da Magdalena, en Tapia, Rúa, San Mamede e regreso á praia fluvial de Tapia

abril

xuño

Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona, aldea singular, petróglifos .................. Os petróglifos: formas, texturas, obradoiro de reprodución ................... O propio Castro: as vivendas, muralla, orientación ...

abril maio

Capela, fonte, castro de Piñeiro, muíños, hórreos, cruceiros, pombais, vexetación de ribeira...

abril

1º de E.P.

“Petróglifo de Castelo e obradoiro de gravado” Pequena andaina ao petróglifo e actividade na aula de natureza da Ameixenda.

abril

A rocha gravada, a vexetación que a rodea (piñeiros e eucaliptos sobre todo) as aldeas e, finalmente, o obradoiro sobre Prehistoria

E. Infantil

“Rego dos Pasos” Un percorrido máis curto, desde Pousada a Bertamiráns.

xuño

Muíños, bosque de ribeira, fontes, hórreos...


DA SEMENTE Á FRAGA Despois dun ano de seca e tantos incendios no verán, pensamos que podiamos aportar o noso gran de area para conservar e acrecentar os nosos bosques autóctonos e así colaborar no coidado e mellora do noso medio.

Proposta ao profesorado: Temos un montón de sementes para plantar: landras, noces, abelás... Todas foron recollidas este outono en parques de Santiago e no patio do colexio. A idea é que a rapazada tome consciencia e valore o medio no que vive. Pero ademais, é unha boa ocasión para aprender a distinguir cada unha das sementes, ver como xermolan, saber algo destas árbores ... Cada curso pode plantar as súas e logo poñerémolas nun lateral do colexio, abrigadas do norte, para que sigan o seu proceso natural. Cando agromen, será o momento de transplantalas e logo levalas ao viveiro municipal para que medren ben antes de buscarlles sitio no monte. Algunha poderémola plantar no noso patio! Equipa da Contorna


En novembro, plantamos landras, noces, abelรกs... E ata ginkgo biloba!


Agora deixĂĄmolas no corredor leste do colexio, protexidas da friaxe e da invernĂ­a. Agardamos que nolo agradezan e dean boas plantas.


No mes de abril, aquelas sementes que soterramos no outono están agromando. As sobreiras naceron case todas pero tamén temos unha nogueira e carballos. Agora teremos que transplantalas cada unha á súa maceta e despois levarémolas ao viveiro municipal que está a carón do colexio para que sigan o seu crecemento, durante un ou dous anos antes de levalas ao monte. Algunha quedará no patio do colexio!

Unha nogueira

Esta sobreira é moito máis grande que as outras porque foi criada dentro do colexio.


Chegou a hora de separar as sobreiras e poĂąelas en macetas de unha en unha. Hoxe foi un grupo de 4Âş.


O grupo de 5Âş A, foi o encargado de plantar no patio dĂşas sobreiras das que sementaron en outono. Esperemos que lles guste o sitio e se adapten ben.


PERO…. DE ONDE SAIU ESTA ÁRBORE? As nenas e nenos de Educación Infantil gozamos da chegada do outono no colexio. Por fin se puxo a chover! chegou o vento, o tempo fresquiño e as nosas árbores amigas do patio deixaron caer as súas follas e tamén as sementes: landras, castañas … Sementes? que son? que ocorre con elas? Despois de observalas, miralas ben miradiñas e ver o diferentes que son, preguntámonos: De que árbore caeron? Eliximos as landras, por feitiñas, suaves e xeitosas. Pensamos que nos gustaría saber como pode ser que unha semente se converta nunha árbore. Que ten que pasar? Decidimos, entón, recoller algunhas para poñelas en terra, a ver se medraban, pero … ademais da terra que necesitarán para converterse en árbores? Terra, macetas, auga e unha cantarea … Sementes plantadas no espazo de natureza! Agora toca regar e agardar. Como choveu e choveu tivemos que regar pouco e … naceron unhas plantiñas pequenas (ademais de moita herba). Non ocorreu en todas as macetas pero fixérono nunhas pouquiñas que transplantamos a outras macetas máis grandes: máis terra, máis espazo para seguir medrando! Agardamos expectantes a ver o que medran. Queremos que formen parte da nosa fraga! Poderemos velas convertidas en carballos grandes?

Educación infantil ( outono-abril)


Primeiro houbo que buscar as mellores landras e tamén a mellor terra. Plantámolas e deixámolas no curruncho de natureza, ao soliño e protexidas do nordés.


Facer un oco, sacar o carballiño con moito xeito, metelo nunha maceta máis grande, tapar con boa terra e regar. Así fixemos cos seis carballos que nos naceron. Para o ano igual os levamos á fraga!


Implicados na repoboación do monte con carballos e castiñeiros. En setembro do 2.017, sensibles co tema dos incendios forestais en Galicia, as alumnas e os alumnos de 5°B pensamos en pór o noso gran de area para repoboar o monte da nosa contorna. Primeiro buscamos landras e castañas; escollemos as mellores para plantalas en pequenas macetas para xerminar. Puxémolas fóra, ao abrigo do colexio e cada pouco iámolas regar. Logo veu o inverno e non fixo falla!


Collendo terra no horto para pór no fondo.

Pasou o tempo e agora, no mes de abril, traspasámolas a macetas máis grandes con terra da horta mesturada con terra fertilizante. Logo, regámolas e deixámolas nun lugar do colexio no que teñen algo de abrigo. Se agora xa saíron adiante, esperamos que no futuro sigan medrando para traspasalas aos nosos montes.

Nenas/os de 5°B


PLANTAMOS E COMEMOS O traballo no horto, este ano foi máis dificultoso, debido ao mal tempo. Con todo, fomos aproveitando os días máis solleiros para levar a cabo as tarefas que tiñamos pensadas. A finais do outono preparamos o novo espazo para plantar; veu un veciño co seu tractor para pasarlle o fresador e deixóunola moi ben. Fixemos un cambio para deixar en repouso o anaco que cultivamos os anos anteriores e darlle tempo a que se recupere. Agora botamos alí restos orgánicos e follas para que se vaian descompoñendo pouco a pouco. As primeiras plantacións viñeron no mes de febreiro: allos, chícharos e cebolas. A pesar do mal tempo, naceron e foron medrando moi ben. Fixémoslle un abriguiño aos chícharos e houbo que rodear os tallóns con regos para que correse a auga e non apozara. Ao longo do ano, foron pasando polo horto, todos os cursos a facer diferentes tarefas; algúns ían ata no tempo libre de recreo a botar unha man cando estaba por alí algún adulto traballando. Sempre puidemos probar os froitos antes de acabar o curso. Esperemos que este ano tamén o logremos!


Remata xaneiro e xa vai chegando a hora de volver ao horto. Preparamos as sementes primeiras: allos, cebolas, chĂ­charos. Houbo que facer os regos, botar cal e abono. Pero agora xa estĂĄ lista. Este ano cambiamos a zona de plantaciĂłn para deixar descansar a terra ocupada nos anos anteriores.


Non importa a idade, nin o xénero. Só a colaboración, o traballo conxunto, a alegría de compartir.

Hoxe foi un recreo diferente. Un grupo voluntario recollendo follas da bancada para levar ao horto.


O alumnado de 2Âş e 4Âş plantan allos, cebolas e chĂ­charos.


Alumnado voluntario plantando no horto no seu tempo libre.

AsĂ­ quedou o abrigo para os chĂ­charos. A que mola?


21 de marzo: árbores e poesía Xa chegaron as árbores que imos plantar no noso horto. Este ano mercamos: • • • • • • • • • •

2 érbedos 1 amendoeira 1 pereira 1 claudieira 1 abeleira 1 pexegueiro 1 marmeleiro 1 ameixeira verde 1 ameixeira vermella 1 maceira

Ademais temos castiñeiros, acivros, 1 pradairo e 1 sobreira para engadir na fraga.


Para plantar unha árbore debes sigue estes pasos: 1. Cavar un burato. Debe ter polo menos o dobre do ancho da cepa. E convén facelo uns días antes da plantación para que a terra se osixene.

2. Sacar a planta da maceta. Hai que facelo con coidado para que as raíces non rompan e sacudir lixeiramente para afrouxar la cepa.

3. Colocar a árbore no novo lugar. Suxeitala pola cepa, nunca polo tronco e espelir as raíces. Asegurarse de que queda dereita e á altura da terra que a rodea, non afundida. Pódeselle pór un pau guía. 4. Encher o oco coa terra que quitamos e gramar arredor. Logo regar. 5. Coidar da árbore. Observar se precisa rego e protexela de golpes. Tamén lle podemos pór un letreiro co seu nome.


Novas árbores no horto!

Amendoeira (Prunus dulcis) É unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa. A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura. As follas son simples. A flor é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebanistaría. É típica de climas cálidos, tolera mal o frío. ..

Érbedo/albedro (Arbutus unedo) O érbedo é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas. Dáse nos vales interiores dos grandes ríos. Uso, ornamental. Froitos comestibles en marmelada e licores.

Abeleira(Corylus avellana) É un arbusto caducifolio das betuláceas de pólas abundantes e madeira dura, cuxo froito é a abelá. Especie común dos bosques galegos. Cultivada polos froitos. Antigamente, as varas usábanse na construción, na cestaría...


Marmeleiro (Cydonia vulgaris) É unha árbore da familia rosáceas, de 4 a 5 m de alto, toro en ramas, follas enteiras, flores solitarias e froito en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria de Asia e dá como froito o marmelo.

Ameixeira (prunus domestica) É unha froita de pela lisa e polpa consistente apegada á carabuña, que contén zume doce. Pódese comer en crúa, pero tamén serve para preparar marmeladas ou zumes. Moi abundante en Galicia.

Pexegueiro (Prunus persica) É unha árbore nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego. Pertence ao xénero Prunus que inclúea cerdeira ou a ameixeira, da familia das rosáceas. O pexegueiro clasifícase xunto á amendoeira no subxénero Amygdalus, que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fican as sementes) brugosa.


Árbores e poesía

“Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada, só despois de que o último río sexa envelenado, só despois de que o último peixe fose atrapado... Só entón nos decataremos de que non podemos comer o diñeiro.” Indios Cree Grupo nativo do Canadá


Froiteiras para o horto.

Érbedos, castiùeiros... e poemas para a fraga.


A ANPA tamén participou na plantación.

Un anaco do horto, cos chícharos e algunhas froiteiras.


Facendo sementeira

Parecen pipas!!!

O grupo de 1º é o encargado de facer a sementeira de cabaciño. Cada quen puxo a súa semente. Agora toca agardar uns días...


Os allos e as cebolas medran rodeados de auga. Menos mal que lle fixemos regos de saĂ­da, que senĂłn afogarĂ­an.

A primavera vaise notando no horto e nas froiteiras.


Un grupo de infantil fixo un percorrido polo horto buscando onde plantar os amorodos.

Aquí están! Pois aquí imos pór os nosos tamén e despois comerémolos.

Pero onde están os amorodos???


Primeiro buscamos o lugar para furar, logo plantamos e regamos. Ao acabar, seguimos o percorrido para ver os froitos que van aparecendo. De momento temos: cereixas, ĂŠrbedos e figos. EducaciĂłn Infantil


Coa chegada do bo tempo, o curso de terceiro, fixo un alto nas sĂşas tarefas cotiĂĄs para achegarse ao horto e plantar uns regos de cenorias e tomates.

3Âş de Primaria


COÑECENDO A CONTORNA Este curso organizamos varias rutas a pé pola zona tendo en conta a idade da rapazada e os obxectivos do programa. Para estas saídas contamos co

asesoramento da técnica de medio ambiente do Concello. • Regos dos Pasos, para o alumnado de 4º, 5º e 6º • Rego Andoriña, para os grupos de 2º e 3º • Petróglifos de Castelo, para a aula de 1º • Rego dos Pasos (un pouco máis curta), para o alumnado de E. I. De cada saída, elaboramos unha pequena guía para que tanto o alumnado coma o profesorado soubese o que ían ver. Ao remate, cada aula elaborou o seu traballo; algúns deles podémolos ver nesta memoria e outros quedaron plasmados en murais nas aulas, debuxos, conversas...


Ruta de Pousada a Bertamirรกns


O carballo da Fonte, preto do rego de Pousada. Ă rbore senlleira, en proceso de catalogaciĂłn.

Detalles do seu tronco.


5ยบ de Primaria


As nenas e nenos de 6º, coma se de Marco Polo se tratase, fixemos o noso caderno de viaxe. Falamos da ruta do “Rego dos Pasos” e das súas marabillas.


6ยบ de Primaria


petróglifo > petros (pedra) + glyphein (tratar) Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados realizados en pedra en tempos prehistóricos.

Petroglifo do Vilar (os Batáns, Ames) Foi localizado durante a campaña de seguimento das obras da autovía Santiago-Noia en 2006. Trátase dunha estación formada case exclusivamente por cazoletas e outras concavidades chama a atención a súa relativa extensión, xa que os gravados aparecen en catro rochas diferentes, probablemente cinco orixinalmente, algunha delas foi mutilada durante as obras. Resulta interesante a súa ubicación na zona baixa do corazón do val da Amaía, en un dos poucos outeiros rochosos, nunha zona de substrato basicamente sedimentario.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre


• Ruta petróglifo de Castelo + obradoiro na aula de natureza da Ameixenda O grupo de 1º ten unha saída a Castelo para ver os seus petróglifos e logo farán un obradoiro de gravado na Ameixenda. Toda a actividade está programada e guiada pola técnica de medio ambiente do Concello, Patricia Reboreda. 23 de marzo: aula de 1º


Ruta petróglifo de Castelo + Obradoiro na aula de natureza da Ameixenda O pasado mércores día 18 de abril, o grupo de 1º tivemos a saída incluída no proxecto de Voz Natura a Castelo e á aula de natureza da Ameixenda. Ás 10 da mañá saímos do colexio acompañad@s pola nosa titora Tania, o profe Camilo e Patricia, a técnica de medio ambiente do Concello, quen se encargou de guiarnos ao longo de toda a visita. A primeira parada fixémola en Castelo e fomos de ruta polo monte en busca de petróglifos, os cales atopamos con facilidade posto que tiñamos ao Sol na posición idónea para poder diferencialos nas rochas sen moita dificultade. Encantounos poder ir monte arriba, explorar e trasladarnos a tantos anos atrás imaxinando como farían os gravados e que quererían transmitir. Todo isto sen esquecer as fermosas vistas que nos ofrecía o lugar. A seguinte parada foi na aula de natureza da Ameixenda onde, ademais de merendar e xogar, aprendemos algunhas características dos monos e gorilas e comparámolas coas dos seres humanos a través de diversos xogos. Foi moi divertido vernos a tod@s en acción! Xa para rematar, Patricia repartiu uns anaquiños de papel onde gravamos os nosos propios petróglifos e, finalmente, puidemos levalos para a casa como recordo desta experiencia tan bonita e enriquecedora.


Primeiro houbo que esquivar os toxos pero logo... Que pracer tocar na laxa que gravaron os nosos antepasados!

Xogando e aprendendo. Aula de 1ยบ de E.P.


• Ruta Rego Andoriña

(O alumnado de 2º e 3º farán esta ruta guiada por Patricia)

Comézase na capela da Magdalena en Tapia para ver a Fontesanta, logo séguese o sendeiro polo monte ata o rego Andoriña. Un paseo para descubrir o bosque, os usos da auga, muíños (uns derruídos e outros en bo estado), un antigo castro...; logo veremos os hórreos de Rúa e o do priorado de San Mamede regresando pola devesa de Sequeiros, un bosque de loureiros cun arrecendo espectacular. 27 de abril: aula de 3º 4 de maio: as dúas aulas de 2º


Andaina polo rego Andoriña A rapazada de 3º de EP fíxemos o roteiro do Rego Andoriña onde tivemos a ocasión de ver un bosque atlántico bañado polas augas do río Tambre. Foi un fermoso percorrido. As construcións populares que máis chamaron a nosa atención foi o Muíño de Insua e a Ermida da Nosa Señora da Madalena.


DESCUBRINDO OUTROS LUGARES

Descubrir lugares é un obxectivo que vimos mantendo ao longo destes anos. Sempre tentamos buscar aqueles lugares que sexan referente respecto do tema que estamos a desenvolver. Este ano escollemos, para 5º e 6º, Dombate e Forno do Forte polo tema da Prehistoria e tamén dos oficios antigos. E para os grupos de 4º, Campo Lameiro e os Castros de Baroña. Sempre resultan interesantes estas saídas.

Forno do Forte Dombate

Castros de Baroña

Campo Lameiro


Un descanso merecido para reparar forzas.

Unha vista do poboado prehistรณrico.


Visita ao Dolmen de Dombate

Vista da entrada ao dolmen custodiada por ídolos de pedra.

No interior da cámara hai pinturas. Hoxe só se poden ver nunha réplica que fixeron fóra.

Este dolmen, situado en Cabana de Bergantiños, é un monumento megalítico construído na 1º metade do IV milenio a. C. É un dos conxuntos máis importantes de Galicia.

O alumnado de 5º e 6º, con esta visita, tivo a oportunidade de aprender algo máis sobre a Prehistoria e as construcións megalíticas.


ECOMUSEO FORNO DO FORTE O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño. Está formado polas antigas casas/obradoiro, forno, “cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias familias alfareiras. O conxunto foi rehabilitado recentemente pola Deputación da Coruña, actual propietaria, que coidou cada detalle co fin de ofrecer ao visitante a posibilidade de retroceder no tempo e poder coñecer, non só como era a vivenda dun oleiro, senón tamén o seu oficio e o xeito de vida dunha familia da década de 1950. http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php


As aulas de 5Âş e 6Âş, visitan o Ecomuseo do Forno do Forte. Todo resultou interesante pero o mellor foi xogar co barro e construĂ­r algo bonito.


CONCLUÍNDO

<<Moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, cultivarán hortos... Que alimentarán ao mundo>> Proverbio africano

Este proxecto, que agora remata, resultou de grande interese. Confiamos en que este espírito de buscar e aprender fóra das aulas se manteña vivo e tamén esperamos que para o vindeiro curso poidamos seguir contando coa subvención de Voz Natura e o respaldo do Concello. Que destacariamos deste curso? • A saída do Rego dos Pasos, sobre todo, a aldea de Pousada que está tan preto e agocha moitos tesouros. • Ter a oportunidade de sentirnos artistas practicando e conectando con aqueloutros artistas prehistóricos. • Aprender un pouco máis das especies invasoras que temos preto (acacias, eucaliptos) pero saber que tamén temos bosque de ribeira que debemos preservar. • Interese pola repoboación con especies que axuden a rexenerar os nosos montes. Por todo isto, facemos unha valoración positiva do traballo levado a cabo neste curso e que queremos continuar en anos vindeiros.


Os nosos agradecementos : •

Ao programa Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto e amosou interese no

desenvolvemento do mesmo. •

Ao Concello de Ames e á súa técnica medioambiental, Patricia Reboreda, polo seu asesoramento e colaboración tanto nas visitas guiadas coma na organización de obradoiros.

Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que participou e colaborou no desenvolvemento do proxecto.

Á ANPA San Mauro, que se involucrou na plantación de árbores.

Ás familias, que aportaron entusiasmo e interese.

Grazas! Ceip Barouta – Ames, 25 de abril de 2018

Descubrindo a Prehistoria pola Contorna  

Memoria feita pola Comisión da Contorna / Voz Natura, sobre o traballo de investigación sobre a prehistoria no concello de Ames

Descubrindo a Prehistoria pola Contorna  

Memoria feita pola Comisión da Contorna / Voz Natura, sobre o traballo de investigación sobre a prehistoria no concello de Ames

Advertisement