Page 1

Alfonso Daniel Fernández Pousada

OS DEVANCEIROS DOS IRMÁNS NODAL: HISTORIA DUNHA PEREGRIÑAXE Alfonso Daniel Fernández Pousada De nada serve que lle den nome a unha coñecida publicación bianual pontevedresa, promovida polo Gremio de Mareantes, nin que unha prancha conmemorativa inmortalice os seus nomes nunha das rúas anexas ao Coso Taurino de San Roque. Nin sequera que un buque de apoio e vixianza que todavía hoxe surca os mares galegos, e aínda o litoral de todo o mundo, fose bautizado en lembranza dos protagonistas da xesta máis austral en século e medio. Unha vez máis cúmprese o dito: ninguén é profeta na súa terra, e os irmáns García Nodal non son excepcións a esta regra. Bartolomé e Gonzalo. Nados no arrabalde pontevedrés, son de obrigado estudo nos manuais de historia de Chile e Arxentina pero, por suposto, na súa terra natal son poucas as xentes de a pé que coñecen os seus logros. Por orde do monarca Felipe III, partiron de Lisboa o 27 de setembro de 1618 a bordo das carabelas Nuestra Señora de Atocha e Nuestra Señora del Buen Suceso, e nun periodo de dez meses percorreron o estreito de Magallanes, exploraron o de Le Maire –ao que renomearon como de San Vicente-, descubriron as Illas de Diego Ramírez –así chamadas polo cosmógrafo da expedición, Diego Ramírez Arellano-, e circunnavegaron Tierra de Fuego. As súas peripecias fican plasmadas na Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del 445


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

nuevo estrecho de San Vicente, publicada en Madrid en 1621, entre cuxos pormenores quedan retratados os primeiros contactos entre europeos e indios fueguinos. Pero á marxe destas disquisicións, quizáis o maior éxito da singradura foi que entre os actos de zarpar e amarrar, non se perdeu a ningún dos mariños participantes, e aqueles que se enrolaron enfermos, regresaron sans, segundo se fan eco as crónicas. Tratar de poñer en valor a estos dous excelsos conveciños é cuestión obrigada nos nosos días, que excede a este espazo e aos seus obxectivos. Non así aportar novos datos, ata o de hoxe descoñecidos, sobre as súas biografías e relacións familiares. Eruditos da altura de D. Casto Sampedro Folgar1, D. José Millán2, D. José Santiago Crespo Pozo3, D. José Fernando Filgueira Valverde4... Nos seus escritos e averiguacións, sacaron á luz os nomes de pais, irmáns e fillos de Gonzalo e de Bartolomé García de Nodal, baseándose en documentación fehaciente abandeirada polo propio testamento de este último, outorgado o 14 de agosto de 1599 ante o escribán Gaspar Cabral de Oya. Segundo este texto, os pais dos afamados navegantes non foron outros que Amaro de Montemeán e María de Nodal, cuxa sepultura se atopa na Real Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, inmediata ao pilar máis próximo á Capela Maior, na parte correspondente ao Evanxeo. Pero sobre os seus devanceiros, nada máis se pode deducir pola manda testamentaria e postrimeira vontade de Bartolomé García de Nodal, tal que dende entón, todas as investigacións sobre este tema fican limitadas a citar os achádegos dos historiadores arriba citados, sen afondar ou profundizar máis na raigame e orixes dos Nodal. Un interrogante, certo é, que nada resolve ou aporta sobre as proezas de ámbolos dous irmáns, pero que sen dúbida, espertará interese entre os xenealoxistas galegos, máxime entre os pontevedreses. A modo apriorístico, sinalar que o autor destas ringleiras, familiarizado cos legaxos e arquivos notariais e familiares da Pontevedra do século XVI, chámase poderosamente a atención sobre a escasa presenza e repercusión dos apelidos paterno e materno dos Nodal no val do Lérez nese espazo temporal. É máis, trátase duns antropónimos que outorgan subliñada personalidade aos seus portadores, distinguíndoos bo treito do seus veciños. O seu uso é testemuñal no XVI, pero máis indicativo resulta ser, se cadra, que se nos remontamos aos libros notariais do século XV5, entón a ausenza é total. Por este motivo, hai tempo que xa intuiamos que esta familia, de Montemeán e Nodal, tiña chegado á ría de Pontevedra procedente doutra bisbarra, máis ou menos próxima á capital das Rías Baixas, nas primeiras décadas do século XVI. O propósito das liñas que seguerán é, precisamente, demostrar a veracidade desta hipótese inicial, e concretar o berce da liñaxe que tanto engrandecerían os irmáns Bartolomé e Gonzalo. Nestes casos, a toponimia soe ser de gran utilidade. A razón é a seguinte: Galicia é a comunidade que concentra na súa xeografía o 50% dos topónimos de todo o estado español, e polo tanto, tamén é a rexión onde maior diversidade e abundancia de apelidos SAMPEDRO FOLGAR, Casto (1902): Documentos, Inscripciones y Monumentos para la Historia de Pontevedra. Vol. II. 2 MILLÁN, José (1920): Notas Históricas sobre Varones Ilustres de Pontevedra. 3 CRESPO POZO, José Santiago (1962): Santa María de Pontevedra: Labras Heráldicas y Enterramientos de Familias Hidalgas, Publicaciones del Monasterio de Poio, p. 55 e ss. 4 FILGUEIRA VALVERDE, José Fernando (2000): Pontevedreses Universales, Vol. II, p. 267 e ss. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 5 Véxase, por exemplo, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Ángel e ARMAS CASTRO, José (1992): Minutario Notarial de Pontevedra (1433-1435), Consello da Cultura Galega. Véxase asemade RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Ángel (1989): Livro do Concello de Pontevedra, Museo de Pontevedra. 1

446


Alfonso Daniel Fernández Pousada

de orixe toponímica existe. Proba de que os apelidos paterno e materno dos Nodal son de natureza toponímica é que veñan precedidos pola preposición “de” (Amaro de Montemeán e María de Nodal). Esta preposición indica pertenza, materia, procedencia e orixe, cualidade, contido, modo, profesión, causa, tempo, condición ou participación..., e neste caso concreto, amósanos que uns lonxanos devanceiros do matrimonio conformado por Amaro e María, procederon de sendas localidades, chamadas Montemeán e Nodal. Precisamente, o Nomenclátor de Galicia, ou guía toponímica desta autonomía, recolle dous resultados positivos para “Montemeán”. Trátase de lugares sitos na freguesía de Santiago de Sumio, no municipio coruñés de Carral, e na parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello lucense de O Incio. En canto á orixe do topónimo, é claramente de base latina: *Mons Medianus, o cal en caso ablativo, destinado a servir entroutras cuestións, como complemento circunstancial de lugar, obraría *Monte Mediano. O significado en galego é idéntico ao latino, “elevación natural e moderada do terreo, nin moi grande, nin moi pequena”. A evolución fonética traballará ao longo dos anos para convertir *Mediano en Meán: primeiro coa perda da interdental, ao igual que acontece na lingua portuguesa, onde Medio evoluciona hacia a forma Meio, de xeito que obtemos Meiano. A perda da vogal átona final e a imposibilidade de formar un triptongo cunha vogal pechada, provocará que ésta última tamén desapareza, absorbida polas dúas vogais abertas que a acompañan, formándose o hiato Meán. Outros exemplos desta mesma evolución fonética témolos na parroquia de San Bieito de Vilameán, en Tomiño, e no lugar de Campo Meán, na freguesía de San Pedro de Armentón, en Arteixo. En feminino, atopámolo como Vilameá en diversas freguesías, como a de San Pedro de Vilameá, en Guntín; San Vicente de Vilameá, en A Pontenova; ou en Santa María de Vilameá de Ramirás, en Ramirás. Pero tamén existen outras evolucións do termo latino *Mediano ao galego, como é o caso de Santo Antón de Vilarmeao, en Viana do Bolo, onde para subliñar o xénero masculino atendendo aos dialectos do interior de Galicia, en lugar de extinguirse a átona final, prodúcese a eliminación da nasal alveolar intervogálica, nun proceso moi habitual na lingua galega, con exemplos como lúa e persoa, fronte aos étimos latinos *luna e *persona. No que respecta á voz “Nodal”, a situación complícase, posto que o Nomenclátor de Galicia non a contempla como nome de lugar, parroquia ou municipio na xeografía galega. Cómpre matizar que a lectura orixinal deste apelido puido ser outra. A esta conclusión poderán chegar todas aquelas persoas que consulten algunhas escrituras da época nas que o apelido queda consignado como “Nodar”, en lugar de “Nodal”, como se poderá aprezar no seguinte caso6: Una escritura de venta otorgada por Juan de saavedra hixo legitimo de alonso alvarez y catalina Rs a favor de amaro de mte mean vecino desta villa e maria de nodar muger del sobre dho porque le vendieron una cavallerissa cayda çita en la rrua das ovellas en precio de veynte y dos ducados su fecha nueve de setienbre del ano de mill y quinientos y sessenta y siete por ante Brme garcia notario7 Mazo 1084(1) de Protocolos, do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, no folio 235 volto. Unha fiel tradución deste castelán vello, complicado ao lector polas abreviaturas, sería a seguinte: “Unha escritura de venda outorgada por Juan de Saavedra, fillo lexítimo de Alonso Álvarez e Catalina Rodríguez, a favor de Amaro de Monte Meán, veciño desta vila, e María de Nodar, esposa do sobredito, porque lle venderon unha cabaleiriza caída, sita na Rúa das Ovellas, en prezo de veintidous ducados. A súa data: nove

6 7

447


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

Coñecemos a filiación de María de Nodal, muller de Amaro de Montemeán, grazas ao Tumbo de Martín Ordóñez, pertencente ao Mosteiro de Santa María da Armenteira e datado no ano 1591. Nas súas páxinas8, ao revisar as propiedades que o cenobio tiña aforadas na vila de Pontevedra, faise alusión a certa leira, coñecida como “Viña dos Barreiros”, que dende o ano 1532 tiña por foreiros a Pedro de Nodar e maila súa dona, Antonia de Nodal, a quen corenta anos despóis sucedería no coidado da mesma a súa filla, María de Nodal, lexítima herdeira dos seus bens. Nos apeos do escribán Pedro Vázquez López, citados polo devandito tumbo e realizados entre 1586 e 1587, contéñense as notas máis clarificadoras, ao resolver expresamente esta parentela, ao tempo que permiten intuir a relación entre estos Montemeán e a familia Oriambre, dos que se fala detidamente neste traballo, de quen eran veciños e con quen compartían tanto lindeiros coma ataduras de sangue: En la villa de Pontevedra a seis dias del mes de dezienbre de myll e quinientos y ochenta e seis Años ante mi scrivano e testigos el dho Reverendo Padre fray luis de Ribera abbad del monasterio de santa maria de armenteira e requirió a mi scrivano noteficasse la dha Provision y mandamiento del dho Señor Juez deste arzobispado A maria de nodal muger biuda que fue y quedo de amaro de montemean vezina del aRabal de la dha villa (…). Parescio El bachiller amaro de montemean y en nonbre de la dha su madre presento una escriptura de fuero de la qual saque la Relación siguiente, paresçe que el dho fuero fue echo Por el padre frai graviel bocalan abbad que paresçe al tienpo hera del dho monasterio de armenteira a pº de nodar padre que fue de la dha maria de nodal, e a su muger Antonia de nodal por sus bidas, e quatro bozes de una biña Propia diezmo a dios del dho monasterio de armentera que se dize e nonbra de los barreiros que lemita de una Parte contra riba con otra heredad del dho monasterio que del trahe aforada Rodrigo de Rianbre, marinero.9 Como ben se pode observar, as variacións sobre un mesmo apelido xa non só afectan á propia María de Nodal, senón tamén aos seus pais, que na documentación histórica son recollidos, dentro dun mesmo parágrafo, como Pedro de Nodar e Antonia de Nodal. Este tipo de transformacións fonéticas é perfectamente explicable nunha lingua romance, e recibe o nome de lambdaización. En termos académicos, a lambdaización é un de setembro do ano de mil cincocentos e sesenta e sete, por ante Bartolomé García, notario”. No sucesivo, outras notas ao pé servirán para introducir as versións modernas das extrapolacións dos textos orixinais. Os corchetes que se empregarán nas traducións cobren as elipsis nos orixinais, mentres as parénteses sinalan fragmentos de texto que se teñen perdido, ben pola mala conservación do documento, ben pola imposibilidade de descifrar determinadas palabras dentro do documento. 8 O orixinal pódese contrastar no Arquivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular, L. 9931, folio 88 volto. 9 Tradución: “Na vila de Pontevedra, a seis días do mes de decembro de mil cincocentos oitenta e seis anos, ante min, escribán, e testemuñas, o dito Reverendo Pai Frei Luis de Ribera, Abade do Mosteiro de Santa María da Armenteira solicitoume que notificase a dita provisión e mandamento do Señor Xuíz deste Arcebispado a María de Nodal, muller viuva que ficou de Amaro de Montemeán, veciña do arrabalde da dita vila (…). Compareceu o Bacharel Amaro de Montemeán e, no nome da súa nai, presentou unha escritura de foro da cal tirei a seguinte relación: parece que o dito foro foi feito polo Pai Frei Gabriel Bocalan, Abade que parece que foi do Mosteiro da Armenteira naquel tempo, a Pedro de Nodar, pai que foi da dita María de Nodal, e á súa muller, Antonia de Nodal, polas súas vidas e máis por catro voces, dunha viña propia, dezmo a Deus, do dito Mosteiro da Armenteira, que é dita e nomeada dos Barreiros, que limita pola banda de arriba con outra herdade do dito Mosteiro, que del trae aforada Rodrigo de Oriambre, mariñeiro”. O orixinal pódese contrastar no Arquivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular, L. 9952, folio 157 volto.

448


Alfonso Daniel Fernández Pousada

proceso fonolóxico polo cal se produce un cambio de /r/ implosiva, ao final de sílaba ou palabra, por /l/. Na práctica, consiste na simple confusión dos fonemas líquidos, presente nas nosas terras e xentes dende tempos inmemoriais. Así, formas latinas como *marmor e *arbor evolucionaron nunha lingua romance, coma o castelán, con tanta pegada no galego, como mármol e árbol, co decurso dos séculos. A gran escala, estos exemplos son unha mostra do que a pequena escala significa Nodar e Nodal na historia familiar dos irmáns Nodal. Que non estamos errados demóstrao a escritura antedita, e a presenza en Galicia de catro topónimos coa forma “Nodar”, segundo recolle o Nomenclátor de Galicia. Dous deles na provincia de Pontevedra, sitos nas freguesías de Santo André de Cesar, no municipio de Caldas de Reis, e na de San Miguel de Arca, no concello de A Estrada. Os outros dous na provincia de Lugo, sitos nas parroquias de Santa Baia de Aguada, no municipio de Carballedo, e de San Mamede de Nodar, no concello de Friol. Velaquí, nestas catro poboacións, as posibles raigames de María de Nodar/Nodal. Curiosamente, de Caldas de Reis sairá outra galla de Nodal, os López de Nodal, con casa en Arcos da Condesa. Foron petruchos Ares López e Alberta de Nodal, finados a comezos do século XVII, quedando as súas xeracións catalogadas por Crespo Pozo10, e resultando deudo desta estirpe D. Isidoro Millán y González-Pardo e, polo seu sangue, o actual Conde de Quirós. Sen dúbida, proveñen estes do lugar de Nodar, en Santo André de Cesar, e demostran como a lambdaización neste apelido foi cousa popular en aqueles séculos. E ata aquí o amábel aporte e contribución gratuita que a toponimia fai á causa dos Nodal, para esclarexar o seu berce e procedencia. Trátase da primeira proba para conxugar a orixe lerense e, a un tempo, foránea, dos irmáns navegantes. Nados no arrabalde, sendo fillos, netos quizáis, de dúas familias arribadas a Pontevedra a principios do século XVI. A hipótese comeza a cristalizar, agardándose todavía os descobrementos máis interesantes. E é que existe unha proba documental que certifica a chegada dos primeiros Montemeán ao val do Lérez, clarificando tamén as súas orixes. Trátase do expedente de Rodrigo de Oriambre11, opositor a unha beca de capelán na Universidade de Santiago de Compostela, cuxas probas de limpeza de sangue foron realizadas en 1570 polo informante Doutor Telmo Ruiz12. CRESPO POZO, José Santiago (1985): Blasones y Linajes de Galicia, Gran Enciclopedia Vasca, Vol. IV, p. 36 e ss. 11 A liñaxe dos Oriambre é de orixe cántabra. Proba é a aparición deste topónimo nesa autonomía: primeiro co Cabo Oriambre, revisada a toponimia oficial a Cabo Oyambre, e á veciña e antiga aldea homónima, anexa a este promontorio, ubicados nas proximidades da Ensenada de La Rabia, localizacións todas elas que se atopan no municipio de San Vicente de la Barquera. Na actualidade, o Parque Natural de Oyambre constitúe un dos principais atractivos deste concello, coas súas máis de 5.000 hectáreas de extensión, que conforman o máis puro reflexo da Cantabria litoral. No que se refire ao periplo entre Cantabria e Galicia, é moi posible que a conexión se produza a través de comercio marítimo que mantiñan diversas vilas da costa cantábrica coa cidade de Pontevedra, sen que medie para isto ruta continental a través das montañas lucenses. De feito, os apelidos astures e cántabros son habituais na Pontevedra de comezos do século XVI, con mostras como Lastres, García de Jove, Pravia... Vilas como Avilés, Xixón e Oviedo foron portos de tráfico intenso coa Pontevedra daqueles tempos, pero os fletes pontevedreses están rexistrados alomenos dende o século XIV, con rutas cara a Coroa de Aragón, que tras un proceso de adaptación se irán extendendo a Andalucía e ao Cantábrico. Para unha maior información ao respecto, é de lectura fundamental e obrigada a obra FERREIRA PRIEGUE, Elisa (1988): Galicia en el Comercio Marítimo Medieval, Universidade de Santiago de Compostela. 12 Consérvase este valiosísimo escrito no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, baixo a signatura C. Fonseca, S.H. 369, ainda que no pasado foi catalogado como Expedientes Personales, Legajo 962. 10

449


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

Os Testemuños sobre o Opositor Rodrigo de Oriambre A ausencia de espazo impídenos reproducir o expedente de Rodrigo de Oriambre na súa integridade, polo que nos seguintes parágrafos trataráse de extrapolar aqueles datos que resulten máis significativos de cara a comprender a chegada e influencia da familia Montemeán en Pontevedra. Entrando xa en materia, a segunda testemuña, entrevistado na cidade de Lugo o 20 de novembro de 1570 polo Doutor Ruiz, foi o escribán Domingo Mouriz, quen, a pesar de non coñecer nin ao opositor nin aos seus pais, Rodrigo de Oriambre e García Méndez, revela algúns datos interesantes sobre a familia desta última, filla de García de Montemeán e de María Alonso de Montemeán, e neta materna de Teresa Ares de Cerracín e de F. de Cerracín: A la pª dixo que no conoçe a los contenidos en la pregunta Rgo de orianbre estudiante ni su padre y madre mas que a oydo hablar dellos y que se acuerda especialmente que un tutor destos traxo unos poderes para cobrar la hazienda que tenian en esta tierra los quales tiene en su poder y dixo se referia a ellos y que en los dichos poderes venian nonbrados los susodichos Rgo de orianbre y gra mendez muger que se dezia en el poder avia fincado de un tal Rgo de orianbre. Preguntado si conoçio a maria afonso abuela materna del dicho opptor y madre de la dicha gra mendez dixo que no la conoçio pero que oyo hablar della al dicho tutor el qual tiene entendido pq consigo venia a hazer la dicha cobrança en nonbre de los susodichos de la hazienda que les perteneçia por parte destos y que conoçio un sobrino desta mª afonso el qual se llamava aºl de mazoy el qual fue a pontevedra en busca de la dicha su tia que este dezia que la dicha su tia era una muger muy honrrada y rica preguntado si conoçio a sus antepasados destos que dize que benian a cobrar la dha hazienda dixo que conoçio a teresa ares de sarrazin muger vieja pequeña seca la qual vivia en la aldea de sarrazin feligresia de santalla de mazoy y que esta era tenida por ascendiente recta linea de los susodichos madre de afonso torno a dezir abuela del dho alº de mazoy y madre de teresa ares cuyo hijo era el diho aºl de mazoy sobrino de la dicha maria aºl13 Tradución: “Á primeira [pregunta] dixo que non coñece aos contidos na pregunta, Rodrigo de Oriambre, nin ao seu pai nin á súa nai, pero que tén oído falar sobre eles; e que lembra especialmente que un titor dos mencionados trouxo uns poderes para cobrar a facenda que tiñan nesta terra [de Lugo], téndoos no seu poder. E referíndose a eles, dixo que nos ditos poderes aparecían nomeados os susoditos Rodrigo de Oriambre e García Méndez, sobre a cal se dicía no dito poder que tiña ficado viuva dun tal Rodrigo de Oriambre. Preguntada [a testemuña] se coñeceu a María Alonso, avoa materna do mencionado opositor e nai da dita García Méndez, contestou que non a coñece, pero que oíu falar dela ao dito titor, pois tén entendido que con el viña a facer o mencionado cobro da facenda que lles pertencía en nome dos anteditos [Rodrigo de Oriambre y García Méndez]. E coñeceu [a testemuña] a un sobriño desta María Alonso, o cal se chamaba Alonso de Mazoi, que foi a Pontevedra na procura da súa tía. E que o [sobriño] dicía que era unha señora moi honrada e rica. Preguntada [a testemuña] se coñeceu aos antepasados desta familia que viñan a cobrar a mencionada facenda, dixo que coñeceu a Teresa Ares de Cerracín, muller vella, pequena e enxoita, que vivía na aldea de Cerracín, freguesía de Santalla de Mazoi, e que esta muller era considerada ascendente directa dos anteditos, nai de María Alonso, volveu a dicir, avoa do dito Alonso de Mazoi, e nai de [outra] Teresa Ares cuxo fillo era o Alonso de Mazoi, sobriño da mencionada María Alonso”.

13

450


Alfonso Daniel Fernández Pousada

Visiblemente é mencionado que dona María Alonso de Montemeán, aínda sen citar o seu segundo apelido, é residente en Pontevedra, a onde o seu sobriño viña a avisala sobre as cuestións relacionadas coa facenda dos Montemeán na freguesía de Santalla de Mazoi, antigamente chamada Santa Eulalia de Mazoy, no municipio de Lugo. Antes de sacar maiores conclusións, revisemos outros testemuños. A terceira testemuña, Diego de Mazoy, veciño de Santalla de Mazoi, ratifica a pontevedría dos fillos de María Alonso de Montemeán, dende onde visitaba Lugo con frecuencia irregular: Conocio a maria afonso hija de teresa ares de serrazin y qe la vio a la dicha mª afonso avra mas de veinte y cinco años la qual vino a ver a su madre teresa ares de sarraçin a la qual dixo que conoçia y que estuvo casado un hermano deste tº con una hija de la dicha teresa ares y que vio que la dicha mª afonso vino de pontevedra a vr a la dicha teresa ares a la qual llamava sua nana y era de todos tenida por su hija y ella vio que la llamava su hija y que no sabe con quien estava la dicha mª afonso casada y que sabe lo susodicho por que es vº de la mesma feligresia y los vio y trato que al marido de la dicha teresa ares no le conoçio ni sabe su nobre ni lo oyo (…) dixo que la dicha teresa ares fue muger honrrada y rica de las mas honrradas que avia en su feligresia labradora y buena xpana sin macula de judios ni marranos ni moros (…) sino de la mejor planta de toda la tierra y parientes del licendo mazoy y del canº mazoy canº de lugo hermano de la dicha teresa ares y que por esta tierra nunca uvo judios sino muy buena xpandad14. A seguinte testemuña, Afonso de Mazoi, tan só realiza a seguinte reflexión de interese para o noso estudo, ao aportar a única mención sobre o esposo de Teresa Ares de Cerracín: Conoçio al marido de la dicha teresa ares que no se acuerda como se llamava que le pareçe se llamava .f. de sarrazin que abra cinqta años o mas que murio que oyo dezir que tenian una hija en pontevedra15. Tradución: “Coñeceu a María Alonso, filla de Teresa Ares de Cerracín, e que viu á dita María Alonsa haberá máis de vintecinco anos, pois veu a ver á súa nai, Teresa Ares de Cerracín, a quen [a testemuña] dixo que coñecía e [engadiu] que un irmán desta testemuña estivo casado cunha filla da mencionada Teresa Ares; e que viu que a dita María Alonso veu de Pontevedra a visitar á dita Teresa Ares, á cal chamaba a súa “nana” e era por todos tida pola súa filla, e ela [María Alonso] viu que a chamaba a súa filla; e que non sabe con quen estaba casada a dita María Alonso, e que coñece estas cuestións porque é veciño da mesma freguesía e os viu e tratou. Que ao marido da mencionada Teresa Ares non o coñeceu, nin sabe o seu nome, nin o escoitou (…). Dixo que a mencionada Teresa Ares foi muller honrada e rica, das máis honradas que había na freguesía, labrega e boa cristiá, sen mácula de xudeus, nin marráns, nin mouros (…), senón da mellor pranta de toda a terra, e parentes do Licenciado Mazoi e do Coengo Mazoi, Coengo de Lugo, irmán da dita Teresa Ares, e que por esta terra nunca houbo xudeus, senón moi boa cristiandade”. No tocante á mención sobre a ascendencia impoluta, no que ao status relixioso se refire, de Teresa Ares de Cerracín, enténdense perfectamente os termos “xudeu” e “mouro”. Concretar que o marrán vén a equivaler ao de xudeuconverso, é dicir, aquel que públicamente observa o cristianismo, pero que na intimidade segue gardando os costumes da relixión xudía. É o criptoxudaísmo clandestino, contra o que tanto loitou o Tribunal do Santo Oficio da Inquisición, pese a que moitos relixiosos da Idade Moderna proviñan de orixes xudaicas, caso do mesmísimo Frai Tomás de Torquemada, o propio pai das limpezas de sangue. 15 Tradución: “Coñeceu ao marido da dita Teresa Ares, que non se lembra de como se chamaba, que lle parece que se chamaba .f. (¿Francisco? ¿Fernando?) de Cerracín, que haberá cincuenta anos ou máis que morreu, [e] que escoitou dicir que tiñan unha filla en Pontevedra”. 14

451


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

As seguintes entrevistas son realizadas en distintas dióceses. O 16 de novembro, o Doutor Ruiz trasladouse á Diócese de Mondoñedo para entrevistar ao escribán Marcos Páez, veciño de Vilalba, o cal descoñece a todas as persoas sobre as cales se lle pregunta, salvo ao presunto irmán de García de Montemeán, avó materno do opositor: Dixo que no conoce a Rgo de orianbre estudiante ni conoce a su padre ni a oydo dezir dellos jamas preguntado si conoçe a garcia mendez su madre deste opptor dixo que tanpoco la conoce ni a oydo dezir ni hablar della jamas preguntado si conoçio a gra de montemean padre de la dicha gra mendez y abuelo del dicho Rgo de orianbre opptor dixo que no le conocio ni oyo jamas hablar del ni a maria afonso de montemean preguntado si conocio a juº arias de filgueira dixo que conocio al dicho juº arias de filgueira el viejo y que ya es defunto y que conocio sus hijos y sus nietos los quales viven media legua de villalva y que no tienen raza de judios ni moros ni marranos que son muy buenos chrianos viejos y gente honrrada y rica preguntado si sabe o oyo dezir que el dicho juº arias de filgueira tuviese algun hermano que se llamase garçia de montemean el qual fue a pontevedra siendo moço y abido y moro en la dicha villa de pontevedra dixo que no lo sabe ni se acuerda averlo oydo y que esta es la verdad para el juramento que tiene hecho y firmado16. Fundamentais son as declaracións da seguinte testemuña, Ruy Maroxe, interrogado a mediodía da mesma xornada. Compañeiro de tertulias e de partidas de naipes do mentado Juan Arias de Filgueira, sinala o seguinte sobre os Montemeán: Se acuerda oyr dezir que uvo un linaje de los de monte mean en .S. Simon que es çerca desta villa y que estos avra sesenta o setenta años que fueron que ahora no tiene noticia que los aya17.

Tradución: “Dixo que non coñece a Rodrigo de Oriambre, estudante, nin coñece ao seu pai, nin endexamáis tén escoitado nada sobre eles. Preguntado se coñece a García Méndez, nai deste opositor, dixo que tampouco a coñece nin endexamáis tén escoitado dicir ou falar sobre ela.. [Sobre] se coñeceu a García de Montemeán, pai da mencionada García Méndez e avó do opositor antedito, Rodrigo de Oriambre, dixo [a testemuña] que non o coñeceu, nin endexamáis escoitou falar sobre el, nin [tampouco] a María Alonso de Montemeán. Preguntado se coñeceu a Juan Arias de Filgueira, contestou que [en efecto] coñeceu ao dito Juan Arias de Filgueira, “o Vello”, que xa é defunto, e que coñeceu aos seus fillos e aos seus netos, os cales viven a media légoa de Vilalba, e que non teñen raza de xudeus, nin mouros, nin marráns, que son moi bos cristianos vellos e xente honrada e rica. Preguntada [a testemuña] se sabe ou escoitou dicir que o mencionado Juan Arias de Filgueira tivese algún irmán que se chamase García de Montemeán, o cal marchou a Pontevedra sendo novo, establecéndose e morando na dita vila de Pontevedra, dixo [a testemuña] que non o sabe, nin lembra telo escoitado. E que esta é a verdade para o xuramento que tén feito ou firmado”. En canto ao que se refire ao lugar de residencia dos Arias de Filgueira, sinalar que a légoa foi unha medida que sufriu notabeis cambios ao longo dos séculos, difícil de determinar pola métrica diferente que recibiu nos distintos reinos casteláns, e incluso con diferencias segundo as provincias. De xeito orientativo, sinalar que, nas súas orixes, a légoa castelá foi establecida en 5.000 varas castelás, o que é equiparábel a 2,6 millas romanas, e se aproxima aos 4,19 quilómetros. Finalmente, podemos ilustrar esta pasaxe grazas ao convenio establecido durante o século XVI para fixar a légoa como 20.000 pés casteláns, o que a ubica entre os 5.573 e os 5.914 metros. En virtude deste acordo, podemos sinalar que os Arias de Filgueira habitaban a pouco menos de tres quilómetros de Vilalba. 15 Tradución: “Lembra ter escoitado falar sobre unha liñaxe dos de Monte Meán, que se atopa preto desta vila [de Vilalba], e que terá sesenta ou setenta anos emigraron, pois agora non tén nova de que os haxa”. 14

452


Alfonso Daniel Fernández Pousada

Alude á freguesía de San Simón da Costa, no propio municipio lucense de Vilalba, que aparentemente, aparécesenos coma o primeiro escenario coñecido dos devanceiros dos Nodal, en tanto que estos Montemeán marcharon despóis de Vilalba para asentarse en Pontevedra, como apuntan outros testemuños anteriormente citados. Regresando ao obxecto da investigación, e continuando agora co relato da seguinte testemuña, Juan Arias, sinalar que se trata dunhas declaracións excepcionáis, por canto Juan Arias se declara parente do opositor Rodrigo de Oriambre en terceiro grao, unha condición que obriga a que as súas afirmacións deban ser tomadas en moito valor xenealóxico, no que respecta á propia ascendencia do declarante: A la pª dixo que no conoçe al dicho Rgo de orianbre sino tan solamente de oydas y que tanpoco conoçe a su padre Rgo de orianbre mas que a oydo nonbrar al susodicho y que oyo dezir que vivia en pontevedra ni tanpoco conocio a gra mendez su muger del dicho Rgo de orianbre y madre del dicho opptor aunque dixo que a oydo dezir que la susodicha era hija de un gra de monte mean al qual dixo que le vio siendo moço pequeño este tº y que le pareçe seria entonçes el dicho gra de montemean de treinta o quarenta años que le vio en esta felegresia de sancta baya que vino a vr sus parientes y despues se fue a lo que este tº piensa a la villa de pontevedra donde ansi mismo a oydo dezir muchas veces qe vivia y morava el dicho gra de montemean y que entonçes y otras muchas veces a oydo decir que naçio el susodicho con un tiro de vallesta de este que declara18. A seguinte testemuña, María Marquesa, igualmente veciña de San Pedro de Santaballa, en Vilalba, tamén tocaba en parte coa familia, por ter sido nora de Juan Arias de Filgueira, irmán de García de Montemeán, avó do opositor. Ademáis, conta co aliciente de que o interrogatorio tén lugar na casa natal do propio García de Montemeán. A las generales dixo que es de sesenta años a lo menos y que este tº fue nuera de Juº arias hermano de gra de montemean a lo que oyo dezir a su suegro y a su honbre y que dira la verdad de lo que sabe y oyo (…) A la pª dixo que no conoce a Rgo de orianbre estudiante ni a Rgo de orianbre su padre ni a gra mendez su madre mas de quanto a oydo dezir que los susodichos viven en pontevedra y que tanpoco conoçio a garcia de montemean y que oyo hablar del algunas veçes espeçialmente se acuerda oyr dezir que los hijos del dicho gra de montemean avian una vez veindo por este lugar donde el tº vive y que llevavan vender sardina mas que no los vio preguntada si oyo dezir que el dicho gra de montemean naciese en este lugar donde el tº vive o en otra parte dixo que a oydo Tradución: “Á primeira dixo que non coñece ao dito Rodrigo de Oriambre, senón tan só de oídas, e que tampouco coñece ao seu pai, Rodrigo de Oriambre, salvo que tén escoitado nomear ao antedito e que oíu dicir que vivía en Pontevedra. Tampouco coñeceu a García Méndez, muller do dito Rodrigo de Oriambre e nai do mencionado opositor, aínda que comentou que tén oído dicir que a tal señora era filla dun García de Monte Meán, ao cal esta testemuña coñeceu sendo adolescente, e que terían transcorrido entre trinta ou corenta anos dende entón, cando o dito García de Montemeán foi visto nesta freguesía de [San Pedro de] Santaballa, pois veu a ver aos seus parentes e despóis marchou á vila de Pontevedra, segundo opina a testemuña, onde asemade tén oído dicir moitas veces que vivía e tiña a súa morada o antedito García de Montemeán, e que entón, e noutras moitas ocasións, tén escoitado dicir que naceu o sobredito cun tiro de ballesta, tal e como [a testemuña] declara”.

18

453


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

dezir que naçio en esta mesma casa donde el tº al presente declara y que era hermano de juº arias filgueira suegro de este tº.19 A última testemuña, Juan de Valdesuso Silveiro, interrogado na mañá do venres 17 de novembro de 1570, refrenda o dito por María Marquesa. tan solamente de oydas que oyo dezir que estos orianbres vivian en pontevedra y eran descendientes de un gra de montemean el qual era hermano de juº arias de filgueiras el viejo y que oyo dezir que avia naçido en esta tierra y que oyo dezir algunas personas que se fue siendo muchacho a pontevedra y que se dezia que avia ydo a buscar su vida pero que nuca el tº le vio y qe lo susodicho lo oyo a su hermanº del gra de montemean q se llamava juº arias20. En conclusión, temos unha estirpe de Montemeáns, oriundos de San Simón da Costa, en Vilalba, asentados na freguesía de San Pedro de Santaballa, no mesmo municipio, onde nace García de Montemeán, o cal sendo mozo emigra a Pontevedra, onde será petrucho dunha nova galla dos Montemeán. Se a limpeza de sangue do seu neto é efectuada en 1570, temos que realizar os seguintes cálculos: o mozo tería nacido cara o ano 1550, por canto para optar ás becas de capelán había que superar os 18 años de idade, sen alcanzar os 25. Isto supón que, cando menos, os seus pais, Rodrigo de Oriambre e García Méndez, terían nacido cara o ano 1525, data que debemos establecer como tope para a chegada de García de Montemeán á cidade de Pontevedra, sendo rapaz solteiro, a buscar vida. Curiosamente, estas datas concordan coa hipótese plantexada inicialmente, sobre a chegada desta familia a comezos do século XVI, e resolve a procedencia da familia. Máis ou menos polas mesmas datas habemos de ubicar o asento dos Oriambre na capital lerezana. Se debemos, ou non, considerar a García de Montemeán e a María Alonso de Montemeán, pais de Amaro de Montemeán, pai á súa vez dos irmán Nodal, pode depender dun último empurronciño a favor desta teoría. Os célebres navegantes Bartolomé e Gonzalo teñen perpetuado o nome e apelidos dos seus pais. É certo, pero incluíndo ademáis unha pegada na lembranza dos seus avós. Non en van, os seus nomes son Gonzalo e Bartolomé García de Nodal, onde o García pode derivar do nome de García que primeiramente portou García de Montemeán e que posteriormente pasou a García Méndez, a súa filla. Tradución: “Ás xerais dixo que é de sesenta anos, canto máis, e que esta testemuña foi nora de Juan Arias, irmán de García de Montemeán, o que oíu dicir ao seu sogro e ao seu esposo, e que dirá a verdade do que sabe e oíu (…). Á primeira dixo que non coñece a Rodrigo de Oriambre, estudante, nin a Rodrigo de Oriambre, o seu pai, nin tampouco a García Méndez, a súa nai, máis aló de canto tén oído dicir dos anteditos: que viven en Pontevedra. Tampouco coñeceu a García de Montemeán, pero escoitou falar sobre a súa persoa nalgunhas ocasións. Especialmente lembra ter escoitado que os fillos do dito García de Montemeán se tiñan, en certa ocasión, achegado por este lugar onde vive a testemuña [San Pedro de Santaballa, en Vilalba], e que levaban a vender sardiña, pero nunca os chegou a ver. Preguntada sobre se escoitou falar sobre se o dito García de Montemeán nacese neste lugar onde a testemuña vive, ou noutra parte, contestou que tén oído dicir que naceu nesta mesma casa onde a testemuña ao presente declara, e que era irmán de Juan Arias de Filgueira, o seu sogro”. 20 Tradución: “Tan soamente de oídas escoitou falar que estes Oriambre vivían en Pontevedra e eran descendentes dun García de Montemeán, o cal era irmán de Juan Arias de Filgueira, “o vello”, e oíu dicir que tiña nacido nesta terra [de Vilalba] e que dalgunhas persoas escoitou que se foi sendo mozo a Pontevedra, dicíndose que tiña ido a buscar a súa vida, pero que nunca máis a testemuña o viu e que o dito agora escoitouno do irmán de García de Montemeán, que se chamaba Juan Arias”. 19

454


Alfonso Daniel Fernández Pousada

Sexa do xeito que for, hoxe sabemos máis que onte sobre a familia dos descubridores das Illas de Diego Ramírez, na Tierra de Fuego. Historia dunha peregriñaxe: Carral, Vilalba, Pontevedra Habemos de lembrar, a estas alturas da investigación, que tan só dous lugares en toda Galicia poden disputarse a patria e primeiro berce dos irmáns Nodal, ao igual que xa dende a antigüidade sete polis gregas se disputaban a natalidade de Homero. Trátase dos lugares de Montemeán, sito o primeiro na freguesía de Santiago de Sumio, no municipio coruñés de Carral, e ubicado o segundo na freguesía de Santa Mariña do Incio, na localidade lucense de O Incio. Para desventura do xenealoxista, ámbalas dúas localizacións atópanse a ducias de quilómetros de distancia de San Simón da Costa, en Vilalba, lugar onde arrincan as primeiras novas certas sobre a liñaxe dos Montemeán que máis adiante aposentarían en Pontevedra. Tendo en conta as distancias, o núcleo municipal de O Incio, na provincia de Lugo, onde se atopa un dos dous únicos topónimos Montemeán de Galicia, dista preto de 103 kilómetros de Vilalba. Pola súa banda, o Montemeán de Carral se atopa a unha distancia de pouco máis de 75 quilómetros. Seguindo o criterio de proximidade, haberiamos de barallar a segunda opción como a máis sólida, aínda que presopoñer alí o vértice dos Montemeán pontevedreses non debe tomarse, polo momento, como un dogma de fe, senón que haberá que esperar novos argumentos que verifiquen se esta é ou non a procedencia real. E as probas que manexemos dende este momento non deben de ser soamente veraces, senón tamén verdadeiras, tomadas con suma cautela, moderación e precaución. Un criterio fundamental á hora de trazar o mapa dunha peregriñaxe é, precisamente, o das conexións ou vías de comunicación existentes entre as distintas localidades entre as cales se produce o vínculo. Para a nosa investigación xorden dúas posibilidades: a) Montemeán (Carral) > Vilalba > Pontevedra b) Montemeán (O Incio) > Vilalba > Pontevedra Os termos segundo e terceiro destas premisas quedan garantidos polos testemuños extraídos do expedente de Rodrigo de Oriambre. O traballo que resta agora é desandar os pasos dende Vilalba, e o mellor xeito de facelo é ao traveso dunha profunda análise da rede de camiños polos que, nos séculos XV e XVI tiveron que transitar os nosos Montemeán para trasladárense dende o seu lugar de orixe ata Vilalba. Coñecendo a rota, poderáse coñecer tamén se o proceso migratorio foi sinxelo ou complicado e, neste punto atallaremos coa Navalla de Ockham, tamén chamado principio da economía, ou da parsimonia, segundo o cal “a explicación máis simple e suficiente é a máis probable, aínda que non necesariamente a verdadeira”. E, do dito ao feito, aplicando este principio, o camiño máis cómodo terá sido o que seguiron os Montemeán na súa andadura pola xeografía autonómica. Alomenos, na teoría. Dáse a circunstancia de que cunha pequena ollada a un mapa de estradas feito na actualidade xa se resolve a dúbida entre Carral e O Incio case de xeito intuitivo. Tanto as vías actuais como as pretéritas marcan un traxecto máis doado entre Carral e Vilalba que entre esta última localidade e O Incio. Entre Vilalba e O Incio débense percorrer vías secundarias de nova creación, ao traveso de terras moito máis despoboadas e 455


Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe

orográficamente máis complicadas que as existentes entre Carral e Vilalba. Unha viaxe por estes lares, nos séculos XV e XVI, teríase que realizar en moi penosas condicións, sen alternativas. Nembargantes, son meras cábalas que non deben inclinar a balanza cara ningunha de ambas orixes, a expectativa de probas e argumentos máis poderosos, concluíntes e convincentes que estes simples razoamentos. No apoxeo dos séculos XIV e XV, as vías de comunicación entre Vilalba e Carral pódense resumir nas seguintes: dende Carral a Baamonde seguíase, durante casi 60 quilómetros, o camiño da antiga calzada romana coñecida como Vía XX, Per Loca Maritima. Pola forza, o seu paso estaba xalonado por antigos burgos e pequenas poboacións, aldeas e núcleos rurais, aos que temos que engadir a presenza das vellas mansio romanas, concebidas a xeito das estacións de servizo das nosas modernas autoestradas, a fin de ofrecer comida e durmida, repouso e lecer, aos camiñantes. A infraestrutura, pontes, desmontes, aproveitamento de pasos naturais, queda garantida. Non é casualidade que a rede actual coincida en gran medida coa definida polas vías romanas. Así, entre Baamonde e Carral, a Autovía do Noroeste debuxa un mapa similar ao que no pasado esbozou a Per Loca Marítima, combinando en parte as necesidades de comunicación actuais e a orografía propicia que no pasado aproveitaron os romanos para cimentar a calzada obxecto do noso interese. Toda vez salvados estes 60 quilómetros que separan Carral de Baamonde, cómpre dicir que a freguesía de Santiago de Baamonde está no municipio lucense de Begonte, situada a escasos 20 quilómetros do núcleo úrban de Vilalba, e para dar alcance entre ambos enclaves, un camiñante do século XV debía de seguir o itinerario marcado polo Camiño do Norte, da Ruta Xacobea, que no futuro alumearía a chamada estrada de Mondoñedo, a N-634. No que se refire ao Camiño do Norte, dende Mondoñedo transcorre polos seguintes lugares: Gontán e Abadín, no municipio de Abadín; Martiñán, Goiriz, Vilalba, Alba e Ferreira, na localidade de Vilalba, e finalmente conecta coa antigua Per Loca Maritima, como vai dito, á altura de Baamonde. Á sazón, Galicia estaba dividida en siete provincias: A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui e Santiago de Compostela. Arestora, co avance das tecnoloxías e o desenvolvemento alcanzado polos medios de transporte, as distancias entre os distintos municipios de Galicia parécennos un traxecto doado e breve. Pero o certo é que, de quedar corroborada a teoría que fai aos devanceiros dos Nodal, na galla dos Montemeán, como orixinarios do concello de Carral, resulta evidente que houberon de cruzar, por terra, as provincias de Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo e Santiago de Compostela. Toda unha proeza para aqueles tempos. Polo visto, os meirandes navegantes galegos, Gonzalo e Bartolomé García de Nodal, levaban o espírito viaxeiro nos seus xenes. BIBLIOGRAFÍA Véxanse as notas ao pé.

456

Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe  

Artigo de investigación sobre a familia dos navegantes galegos Gonzalo e Bartolomé García de Nodal, publicado no boletín da Asocación de Xen...

Os Devanceiros dos Irmáns Nodal: Historia dunha Peregriñaxe  

Artigo de investigación sobre a familia dos navegantes galegos Gonzalo e Bartolomé García de Nodal, publicado no boletín da Asocación de Xen...

Advertisement