Issuu on Google+

Ourense e a sua historia

Alejandro Ă lvarez GonzĂĄlez


Ourense é a terceira cidade de Galicia por poboación despois de Vigo e da Coruña, capital da Provincia de Ourense. Segundo o IGE, tiña 108.002 habitantes no 2011 (108.600 en 2004) e é cabeza da Comarca de Ourense. Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (s.XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación. Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.


Ponte Romana

Catedral

Termas de Outariz


Historia Aínda que había asentamentos castrexos á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a carón das Burgas e da guarnición da ponte romana. Situada preto da Vía Nova que unía Bracara Augusta (hoxe Braga en Portugal) con Asturica Augusta (hoxe Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola súa ponte e situación central na antiga Gallaecia. Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa dedicada a San Martiño de Tours. Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai. Mais será durante o bispado de don Lourenzo cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII. Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios, sendo a súa industria a do viño, que se mantivo ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a súa poboación coa construción da Estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña


férrea Monforte-Vigo tamén fai medrar a cidade, que se espalla máis aló do tradicional casco vello. Durante o século XX este crecemento mantívose: Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial ligado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparece atraída polas novas vías de comunicación. Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centraliza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da Península.

Praza Maior de Ourense


Ourense e a sua historia