Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 172 | xaneiro - febreiro 2017

S antiago ( é )T apas 2016:

Repasamos a gala de entrega de premios e falamos cos seus protagonistas

Entrevista coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro


1

31/03/16

Coca-Cola, Coca-Cola Zero, el disco rojo y la botella Contour son marcas registradas de The Coca-Cola Company.

210x297_Carnival_Colegas.pdf

13:50


PÁXINA 4

[Entrevista] Nava Castro, D i r e c t o r a d e Tu r i s m o d e G a l i c i a

[Actualidade] PÁXINA 7

• Un Nadal 5 estrelas • Bartalent Lab • Gala de entrega dos premios S a n t i a g o ( é ) Ta p a s

PÁXINA 12

[Na mesa con ...] Gañadores do S a n t i a g o ( é ) Ta p a s

PÁXINA 14

[Opinión] Ángel González, consultor e director técnico de Edan Xestión S.L.

PÁXINA 15

[Novos socios] Brasería Marcos Cafetería do IES Milladoiro

[ E D I TO R I A L ] CompHostelería sae da novo á rúa en pleno fervor das Festas do Nadal. Vimos de celebrar as comidas de empresa, as ceas de datas sinaladas como Noiteboa ou Fin de Ano… Queda agora a festividade dos Reis Magos e virán logo uns meses complicados para nós os hostaleiros. Seguir atraendo visitantes á cidade e que estes pernocten e consuman nos nosos locais nas tempadas baixas é un obxectivo que non podemos descoidar. Del, e doutros temas relacionados co sector, falamos coa Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha entrevista que podedes ler a continuación. Unha boa medida desestacionalizadora é a celebración do Santiago(é)Tapas, concurso que conseguimos establecer de xeito definitivo no mes de novembro. Como Asociación de Hostelería agradecemos a todos os participantes o seu esforzo e aos clientes, a súa fidelidade ano tras ano. Neste número da nosa revista revivimos con detalle a emoción da gala de entrega de premios e tamén recollemos as impresións dos primeiros clasificados polo público e o xurado profesional. Comezamos agora un 2017 cheo de novos retos. Moita sorte a todos e a seguir pelexando!❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 revista@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Rebeca Munín e Cristina Márquez Fotografía: Cristina Márquez e arquivo da Asociación Hostelería Compostela Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


“Hai que ter en conta que o AVE está por chegar e cando estea, vai a ser un antes e un despois”

4


“Temos calidade suficiente como para que o sector poida subir os prezos”

Entrevista

[Entrevista] Nava Castro, directora de Turismo de Galicia A nosa terra remata o 2016 superando todos os récords no número de turistas. Os datos concretos coñeceranse a finais de xaneiro pero todo apunta a que estaremos moi preto dos 5 millóns de visitantes. Á fronte de Turismo de Galicia continuará este ano Nava Castro, quen acaba de renovar o seu cargo trala victoria de Núñez Feijóo nas pasadas eleccións autonómicas. Pero pese aos bos resultados, os retos no sector son moitos. O primeiro, poñer en marcha o Plan Estratéxico que marcará a folla de ruta ata o 2020. Acaba de arrancar unha nova lexislatura como directora de Turismo de Galicia. Que obxectivos se marca? Sobre todo seguir traballando en colaboración con todo o sector. E seguir posicionando Galicia estando presente en órganos que nos dean a oportunidade de visibilizarnos, como congresos, Consello Xacobeo, redes europeas… Que temos moito que facer? Si, moitísimo. Pero cunha grande ilusión, escoitando as necesidades do sector e buscando a modernización e ser un destino tan competitivo como as Illas Canarias ou as Baleares.

Cando se presentará o Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020? No primeiro trimestre do ano. Tivemos máis de 300 reunións en toda Galicia, con xente da sociedade civil, a sociedade académica, os directores de comunicación das empresas máis relevantes… O Plan vai ata o 2020 porque o 2021 será Ano Santo. E esperamos ter unha peza especial no Plan Director do Camiño para ir preparando ese Xacobeo. Porque o Camiño xa ten o seu propio Plan Director, co seu propio plan de orzamento, e cada ano vaise sacando partido a un dos Camiños. Cal toca no 2017? No 2016 traballamos co Camiño Francés. Neste 2017 será co Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía. Vanse facer exposicións itinerantes e, ademais do mantenemento habitual, terán obras específicas, rematarase coa sinalización… O 2016 foi moi bo en cifras de turistas. Cal foi o segredo? O segredo é que estamos a traballar da man do sector. Creo que é fundamental contar coa colaboración da iniciativa privada porque

son quen de vender, eles mellor que nós, a oferta turística que ten Galicia. Que nos permite tamén ese posicionamento? O Camiño de Santiago. En 2016 celebramos o Ano Santo da Misericordia e superamos as cifras do último Xacobeo. Dun pouco máis de 200 países que hai no mundo, aquí chegan de 178 nacionalidades distintas. Iso é unha grande oportunidade e unha grande riqueza. Di que é importante traballar da man do sector. Canto peso ten a hostalaría no turismo galego? Moitísimo. Para nós foi un logro acadar esa conxunción das distintas asociacións que había en Galicia e que nacera o Clúster do Turismo de Galicia. Temos aínda bastante camiño por facer. Sobre todo, nese ‘pero’ que nos poñen da rendibilidade. Pero eu creo que hai que ser conscientes de que estamos a ofertar bastante calidade e que podemos subir tranquilamente os prezos. E hai que ter en conta que está a chegar o AVE e, unha vez que estea, vai ser un antes e un despois. Falando de transporte, o localismo nos tres aeroportos galegos é un problema que non ten solución? 5


Entrevista Para min si que a ten. O que pasa é que hai que deixar de lado os ‘egos’. E sobre todo, que ese Comité de Coordinación Aeroportuaria de verdade funcione. Como o faría unha empresa privada, buscando a maior rendibilidade e os destinos que máis conveñan a cada localidade. Tamén tendo en conta a capacidade que ten cada aeroporto. Pero, volvo incidir, para min que chegue o AVE é fundamental porque un dos maiores hubs aeroportuarios é Madrid. Como se loita desde Turismo de Galicia contra a estacionalización? Con rutas específicas, como as rutas do viño; co termalismo porque somos a segunda comunidade en toda Europa con máis afloracións termais; co programa Outono Gastronómico que combina a oferta de turismo rural coa nosa gastronomía… Porque a natureza é o primeiro motivo polo que o turista nos elixe como destino; e a gastronomía é a segunda. Tamén estamos desestacionalizando os concursos de tapas nas sete cidades galegas. E por suposto, a ruta das camelias que están en flor xustamente fóra 6

da tempada estival e que é moi valorada polo mercado norteamericano e británico. Por outro lado, o Camiño de Santiago faise os 365 días do ano e por iso témolo que seguir mimando.

“Traballamos no Decreto de Vivendas de Uso Turístico para dar forma e contido ás vivendas que se arrendan deslealmente”

E contra a oferta turística ilegal? Eu creo que hai unha confusión entre as vivendas vacacionais e os apartamentos turísticos co que estamos a presentar agora que é un borrador do Decreto de Vivendas de Uso Turístico. Son esas vivendas que se arrendan dunha maneira desleal ás que queremos darlle forma e contido. Para iso só terán que darse de alta como actividade turística e cumprir coa lei. Cando se aprobará ese decreto? Queremos sacalo xa porque é unha realidade. Por exemplo, en Santiago, están os apartamentos de universitarios que funcionan durante todo o ano escolar pero cando chega a tempada estival poderíanse aproveitar como Vivenda de Uso Turístico. Sobre todo vaille dar unha seguridade ao turista que se achega á nosa comunidade.

Falando de Santiago, o Concello acaba de aprobar unha moratoria na apertura de novos hoteis na Zona Vella. Que lle parece esta medida? Na reunión que mantiven co alcalde e a concelleira de Turismo, aporteilles as cifras de prazas que temos dadas de alta en Turismo de Galicia. E, como o decreto das vivendas de uso turístico aínda non está aprobado, a capacidade que ten Santiago é menos que a de Sanxenxo. Pero eu non son concelleira de Santiago. Non sei como están as normas urbanísticas nin que motivou esa moratoria. O que penso é que este tipo de decisións teñen que tomarse con estudos serios, dicindo se efectivamente temos as prazas suficientes.


[ Ac t u a l i d a d e ] Un Nadal de 5 Estrelas

D

urante estas Festas, a Asociación Hostelería Compostela organizou a campaña ‘Un Nadal de 5 Estrelas’, que incluía ofertas en cenas e comidas para grupos, amigos e empresas nos locais de

restauración asociados, así como ofertas especiais de cara a estancias na cidade. Tamén se instalou unha árbore de Nadal no barrio de San Lázaro, coa colaboración de Coca-Cola e da Consellería de Medio Ambiente. O abeto, de 4’5 metros de alto, foi elaborado con máis de 2.800 botellas de aluminio de Coca-Cola e permanecerá acendido ata o 6 de xaneiro. Mediante a reutilización destes envases, a compañía busca promover o compromiso co medio ambiente. Ademais, esta iniciativa inclúese no proxecto GIRA Mujeres de Coca-Cola, que forma parte do programa global 5by20, de capacitación para o emprego e o empoderamento persoal e profesional de ata 5 millóns de mulleres en todo o mundo ata 2020. ❚

Carlos Tardáguila, vicepresidente de Hostelería Compostela (no centro), e María Sande e Javier Torres, de Coca-Cola European Partners xunto ao abeto de Nadal que se instalou en San Lázaro.

Nace Bartalent Lab, a primeira plataforma online para camareiros

B

artalent Lab é a primeira

que poden inspirarse e atopar información

gracias á súa evolución e participación

comunidade online que ofrece

para mellorar o seu perfil profesional e

formativa, ir obtendo puntos que,

aos camareiros a oportunidade

ofrecerlles unha vía de formación íntegra

sumados, poden outorgarlles o

para progresar no seu traballo”.

recoñecemento como mellor Bartalent

de mellorar as súas habilidades e actualizar os seus coñecementos para

do mes e, ao finalizar o ano, participar

poñelos ao servizo dos seus clientes. A

Sande destacou que unha das principais

na elección do Bartalent do ano nun

iniciativa enmárcase dentro do programa

vantaxes de Bartalent Lab é que “está

evento organizado a tal efecto. ❚

Camareiros 2016 de Coca-Cola e, en xeral,

dispoñible en calquera

no compromiso e apoio da compañía co

momento, xa que é unha

sector da hostalaría.

plataforma online que pode seguirse desde

María Sande Rodríguez, xefa de

calquera dispositivo

Comunicación do Noroeste de Coca-Cola

móbil ou desde o

European Partners en Iberia, explicou que

ordenador, adaptándose

se trata “dunha plataforma de camareiros

ás posibilidades de cada

e para camareiros, na que os contidos

usuario”.

están elaborados por profesionais que coñecen ben ao sector e as necesidades

Ademais, os participantes

deste colectivo. Trátase dun laboratorio no

nesta iniciativa poderán,

Participantes na presentación de Bertalent Lab no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

7


Santiago(ĂŠ)Tapas 2016

8


9


Santiago(é)Tapas 2016 xa ten aos seus gañadores

O

Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da novena edición de Santiago(é)tapas, concur-

so organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou entre o 17 de novembro e o 4 de de-

Actualidade

cembro. Nesta edición consumíronse arredor de 30.000 tapas, unha cifra que consolida o evento como unha ferramenta para a desestacionalización do sector nun período de temporada baixa. En total, nos nove anos que leva

J de Joker recibiu o Premio do Xurado á tapa que mellor marida con Estrella Galicia por “Heath Ledger”

“Prohibido facer lume”, do Caney, gañou o Premio á tapa con máis chispa, entregado por Coca Cola

celebrándose esta cita, xa se repartiron máis de 260.000 petiscos. Nesta edición participaron 68 establecementos de Santiago, que ofrecían 104 distintas, repartidas en cinco rutas ou (é) tapas. Os gañadores foron: - Primeiro Premio do Público: “Delicias de codorniz”, de El Bocalino. - Premio do Xurado á Mellor Tapa: “Xurelo San Simón”, de A Maceta. - Segundo Premio do Público:

A concelleira de Turismo, Marta Lois, entregou a Jorge Iglesias, do Resas, o premio especial Santiago(é)cine por “Falafel atómico”

Tamén houbo un premio de Coca-Cola para a foto sobre o concurso subida a redes sociais con máis chispa

O Hotel Puerta do Camino gañou tamén o Segundo Premio do Público por “Chocolate, pan e mirabeis”

O Premio do Público á tapa que mellor marida con Estrella Galicia foi para “Bao de lacón e panceta”, de Hotel Puerta del Camino

“Chocolate, pan e mirabeis”, de Hotel Puerta del Camino. - Premio do Público (é)xcelente, premio outorgado polo público puntuando á experiencia global no establecemento: Medusa. - Premio á tapa con máis chispa, entregado por Coca cola á tapa con mellor puntuación entre os clientes, considerando a orixinalidade ou “chispa” da tapa: “Prohibido facer lume”, do Caney. - Premio do Xurado á tapa que mellor marida con Estrella Galicia: “Heath Ledger”, de J de Joker. - Premio do Público á tapa que mellor marida con Estrella Galicia: “Bao de lacón e panceta”, de Hotel Puerta del Camino. - Mención especial Santiago(é)cine a “Falafel atómico”, do Resas, como a tapa que mellor representaba un tema cinematográfico. Este galardón creouse pola coincidencia do concurso co festival de cine Cineuropa.

10

Jorge Guitián presidiu o xurado profesional

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pechou o acto


[ Ac t u a l i d a d e ] Arranca a campaña ‘Na rúa… Fala baixiño. Divírtete sen molestar’

talaría Compostela, José Antonio Riveiro e Sara Santos, aprovei-

taron o seu discurso para anunciar que xa está posta en marcha a campaña ‘Na rúa… Fala baixiño. Divírtete sen molestar’. Preténdese así concenciar áos clientes dos locais de hostalaría nocturna da

Actualidade

O

s presidentes da Asociación Hos-

necesidade de respectar o descanso dos veciños. Nesta campaña tamén colaboran as asociacións Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.

11


12


[Na mesa con ….] Manuel iglesias, Jorge Gago e Jesús Sordo, Gañadores do Santiago(é)tapas 2016

Moitos parabéns polos vosos premios!

Jorge: Gracias! Estamos moi con-

aliño de soia, algún ingrediente máis e queixo San Simón porque tiñamos que utilizar un produto de denominación de orixe galega. Escollimos o queixo porque é moi versátil para traballar con el. E convertémolo en escuma para que fora máis sinxelo de comer. Polo demais, tivemos sorte supoño. Jesús: Na nosa tapa hai unha pataca galega que é torneada a man. El leva unha mestura de parmesano, allo, pimenta e pimentón. Tamén unha peituga maridada cun chorriño de viño galego, neste caso Godello. Outro compoñente son os cantarelus, porque eu levo 40 anos indo a por cogomelos e apostei por uns que atopei no Concello de Boqueixón. Tamén leva unha froita de tempada que é o caqui. E como toque final, unha especie de maionesa feita coas carcasas das codornices e do polo.

nos os segredos uns a outros e de aí saen as ideas. E vós, Manuel, por que decidíchedes presentarvos ao concurso e que vos parecen este tipo de iniciativas?

Manuel: Decidimos presentarnos porque consideramos que é un concurso que fai que a xente se mova, que amosa a situación gastronómica da cidade e as cousas novas que se están facendo. Parecíanos interesante estar aí para ensinar un pouco, nun formato mini que calquera pode probar, o que facemos. Porque moitas veces a xente non sabe o que se vai atopar nun sitio e iniciativas así axudan a darte a coñecer. Jorge: De feito, moita xente que viu a probar a tapa díxonos que se non fora polo concurso ao mellor non entrarían a ver o local.

tentos.

Jesús: Gracias aos clientes! Iso é Por que cre, Jesús, que o públi- Jorge, no teu discurso de agrao máis importante. Se non hai clientes, non hai premio (Sorrí). En que consistían as vosas tapas?

Jorge: A verdade é que a nosa é unha tapa moi sinxela pero creo que honesta. Ten moita sinceridade. É un xurelo cun

co premiou esta tapa?

Jesús: Porque aos clientes que ían ao restaurante explicáballes como se elaboraba a tapa e sorprendíanse da miña idea. Pero é que levo toda unha vida cociñando. E, como digo eu, os cociñeiros aprendemos uns dos outros. Eu visitei a moitos compañeiros. Contámo-

decemento destacaches todo o traballo que tendes os hostaleiros…

Na cama con ...

C

on tan só seis meses de existencia e sendo esta a primeira vez que se presentaban ao concurso Santiago(é)Tapas, A Maceta logrou alzarse co Premio do Xurado á Mellor Tapa 2016 gracias ao seu Xurelo San Simón. Á fronte deste establecemento da rúa de San Pedro están Manuel Iglesias e Jorge Gago. Con moitos máis anos ás súas costas, o restaurante El Bocalino (aberto desde 1987 na República Arxentina) logrou o Primeiro Premio do Público coa tapa denominada Delicias de Codorniz. Recolleu a distinción o seu fundador, Jesús Sordo, aínda que actualmente está rexentado por María Isabel Sánchez Pérez. Os tres vencedores amosábanse así de satisfeitos poucos minutos despois de recoller os seus galardóns.

Jorge: Si porque hai pouco faleceu unha persoa moi importante para min e dedicar tanto tempo ao traballo é duro. Gustaríame que a xente o recorde cada vez que vai comer a un restaurante ou bar. ❚ 13


[Opinión] Ángel González, consultor

ONDE ESTÁN OS MEUS CLIENTES A

dinamización comercial do sector da hostalaría non é doada. Non nos enganemos, non o é para ningún sector (cada un coas súas especificidades). Que non sexa doado só significa que hai que traballala, pero en ningún caso significa que non sexa posible facer unha dinamización comercial exitosa. E isto é válido tanto para unha gran cadea hoteleira, como para un humilde local de restauración unipersoal. Moitas veces todo comeza coa mesma frase “Onde están os meus clientes”. Dependendo de como a formule cada quen, poderemos saber cal é a visión e actitude de cada un ao respecto do tema. Hai quen a entoaría así: “Onde están os meus clientes!”. Alguén abatido, ou lamentativo, ou simplemente enfadado, podería dicila así. Normalmente deriva de situacións complicadas para a supervivencia do negocio: perderon clientela e non saben por que e a onde foron parar; ou nunca a tiveron. A necesidade xera moitas veces desesperación e tal vez conveña pararse a pensar en lugar de simplemente estar; seguramente conveña facer algo en troques de agardar. Pero que sucede se a anterior frase a reconvirto en pregunta? “Onde están os meus clientes?”. Pois a imaxe que reflicte é moi diferente á anterior. A situación pode ser igualmente delicada no económico (incluso máis), pero o problema é moito menor. É moito menor porque as situacións as revirten as persoas. O diagnóstico de alguén que se cuestiona onde están os seus clientes, que investiga e se informa, que planifica e actúa, é simple: hai vida para o negocio, porque alguén exerce de motor. O diagnóstico é moi distinto e desolador para quen simplemente se lamenta da súa sorte e agarda a que mude a fortuna. Einstein dicía algo así como que “Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”. Era un observador formidable. Non deberíamos obviar algo tan evidente

14

e director técnico de Edan Xestión S.L.

pero que, en moitas ocasións, nos negamos a ver, ou –dadas determinadas circunstancias personais- non somos capaces de velas. É unha compoñente humana entendible, pero cando falamos de negocios debemos buscar a forma de estar guiados para o caso dunha cegueira (metafórica) sobrevida, da que ninguén estamos libres. Cal é a solución? Hai solución para isto? Non hai pócimas milagrosas, ainda que hai quen as vende, moi ben envoltas e etiquetadas pero sen validez “médica”. Pero si hai un ingrediente imprescindible: a vontade para cambiar. Non para cambiar a situación económica, que iso virá despois como resultado, senón a vontade para cambiar o que se está facendo. Chega o momento de valorar que fago ben e que fago mal a tenor dos resultados, e non é preciso flaxelarse para o caso en que un descubra que fixo algunhas ou moitas cousas mal. Dende unha visión estratéxica de negocio, non é motivo de tristura, senón todo o contrario. E onde están os clientes? Os clientes, por definición, son aquelas/es que acuden ao noso negocio e nos pagan por un produto ou servizo. Agora averigüemos por que veñen, se virían ou consumirían máis (e por que razóns), se nos serven de voceiros cualificados que van traendo nova clientela, etc. E despois fagamos na práctica pequenos ou grandes cambios para que sexan clientes fidelizados, que se atopen a gusto e obteñan oferta para as súas necesidades ou demandas. Pero a fin de contas, preguntarse “onde están os meus clientes” non é suficiente. Hai que preguntarse onde está quen non o é aínda. Por tanto hai que buscalos, non só no noso refuxio (o local físico de cada empresa) senón fóra. E xa que comecei por unha pregunta remato por outra: “Onde estou eu?”. É dicir, onde ten presencia o meu negocio? Só no meu local? Se esa é a resposta, pensen na cita de Einstein. Que magnífico observador. ❚


ARCOS M A Í R BRASE o 97 r n Láza Rúa Sa 32 20 981 57 – o g a marcos Santi braseria / m o .c k faceboo

CAFETERÍA IRO IES MILLADO rto, s/n Travesía do Po mes) (A O Milladoiro

Restaurante con especialidades á grella onde poderás degustar carnes, peixe, verduras e tamén algunha pincelada da cociña peruana, gracias ao chef Raúl Soria, procedente deste país tan rico en gastronomía. Abre de martes a domingo en horario de 12:30 a 16:00 e de 19:30 a 00:00 horas. Ofrecen ademais menú do día, con variedade tradicional e produto de calidade, por un prezo de 11 euros, con tres primeiros e tres segundos a elexir. Podes saber máis deste fantástico local visitando as súas contas en Facebook e Instagram. ❚

Situado no instituto público de Milladoiro, a súa cafetería ofrece almorzos, bocadillos, lambetadas, refrescos… nun espazo moi coidado, amplo, luminoso e agradable. Abre de luns a venres de 08:30h a 14:30 horas. Os martes permanece aberto ata as 19:00h e ademais ofrece a posiblidade de xantar un rico menú do día. A cafetería do IES Milladoiro só pode servir ás persoas relacionadas co instituto, docentes e estudantes. Non ten servizo ao público en xeral.❚

Novos socios

[ No v o s s o c i o s ]


FESTIVAL DE INVERNO DE TEATRO, DANZA E ARTE EN ACCIÓN 28 XAN—15 FEB 2017 GAIÁS–CIDADE DA CULTURA escenasdocambio.org cidadedacultura.gal

CO PATROCINIO DO FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

COLABORAN:

FOTO: BOZZO

ORGANIZA:

Federico León Rodrigo García BERLIN Guillermo Calderón Mariano Pensotti Tim Etchells e Ant Hampton Chévere Matarile iLMaquinario Takao Kawaguchi Trajal Harrell Proxecto Envoltura Panaibra Gabriel Canda Malika Djardi Manuela Infante Magdalena Arau Pablo Esbert e Federico Strate Arrieta e Vázquez Alejandra Pombo Loreto Martínez Troncoso Carolina Fernández Juan Domínguez Jorge Louraço

Profile for Alberto Seoane

Revista ch 4 (172)  

Revista ch 4 (172)  

Advertisement