__MAIN_TEXT__

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 182 | setembro-outubro 2018

As terrazas fan

cidade POR UNHA NORMATIVA DIALOGADA E DE CONVIVENCIA

#terrazasNOPROBLEM


www.ivanbarreiro.com


PÁXINA 4

[Entrevista] P i l a r Ta b o a d a ,

xerente de Cursos Internacionais da USC

PÁXINA 11

PÁXINA 8

[Actualidade] Cambios na Ordenanza das terrazas Certame ‘De Tapas por Galicia’ Sara Santos, na mesa ‘Perspectivas turísticas. Novo Goberno’

[Opinión] Ramiro Esparís,

Director do CIFP Compostela

PÁXINA 12

[Unha noite no ….] Borja Villasenín,

H O T E L R U TA J A C O B E A

PÁXINA 14

[Novos socios] Old Skull Tacos O Padriño Don Paco

Despois dun frouxo mes de xullo en canto a termos de turismo, agosto cumpriu as expectativas convertendo a Compostela nun fervedoiro de xentes chegadas de case todo o mundo. Os hostaleiros traballamos arreo para facerlles sentir coma na casa e ofrecer o mellor dos nosos servizos. Podemos estar orgullosos. Pero non convén relaxarse. O ano é moi longo e debemos seguir dinamizando un sector que – nunca o esquezamos – dá de comer a tanta veciñanza. Apostar por un turismo de calidade, de longa estancia e respectuoso co noso patrimonio debe ser unha prioridade. E nese senso traballan na sociedade Cursos Internacionais da USC, na que participa nun 10% a Asociación Hostelería Compostela. Neste número da nosa revista entrevistamos á súa xerente, Pilar Taboada. Sobre os retos do noso turismo, falamos tamén con Borja Villasenín, director do Grupo Ruta Jacobea, un dos máis fortes holdings da nosa comarca. E xa que estamos a piques de comezar un novo curso académico, podedes ler un artigo asinado polo director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís, sobre a importancia da formación na hostalaría e a profesionalización do sector. Pero neste número non nos podiamos esquecer dun tema polo que levamos loitando desde hai meses. O Goberno Municipal decidiu modificar a Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalaría e fíxoo sen contar coa opinión do sector en certos aspectos que preocupan moito, como limitar o seu espazo á fachada do establecemento. Hostelería Compostela promoveu varias reunións para escoitar as inquedanzas dos nosos compañeiros e lanzar unha campaña de apoio. Porque as terrazas, ademais de xerar emprego, fan cidade e son un atractivo turístico máis que temos que defender. ❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org

ANUNCIOS BREVES PÁXINA 15

[EDITORIAL]

CONSUMO DE BOLSAS DE PLÁSTICO EN H O S TA L A R Í A

Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


Taboada é a xerente de Cursos Internacionais da USC. Foto: Iván Barreiro.

4

“Do 5 ao 8 de setembro celébrase en Santiago o XXIX Congreso da Asociación para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira”


“O idiomático é un turista de calidade, de longa estancia e moi respectuoso co patrimonio”

Entrevista

[ Entrevista] Pilar Taboada, xerente de Cursos Internacionais da USC

Cursos Internacionais da USC é un claro exemplo de exitosa colaboración público-privada. Trátase dunha Sociedade Limitada nada en 1995, participada nun 50% pola Universidade de Santiago, nun 20% pola Xunta a través da Axencia Galega de Turismo, noutro 20% polo Concello de Santiago e no restante 10% pola Asociación Hostelería Compostela. Falamos con Pilar Taboada, á fronte da institución desde 2016, sobre o importante papel de Cursos Internacionais na dinamización turística de Compostela, e por extensión da hostalaría, promovendo un turismo cultural e idiomático, de alto poder adquisitivo e longa estancia. Este turismo entronca directamente coa estratexia turística

da Xunta, que busca un tipo de turismo de longa estancia. “O meu modelo de xestión é crecer de forma sustentable, con cursos de calidade, potenciando os destinos de Santiago e Galicia, con profesores experimentados”, afirma Taboada para resumir o seu labor como xerente. Cal é a oferta formativa de cursos internacionais para este outono? Temos oferta formativa todo o ano de cursos de lingua e cultura españolas, pero ímolos denominando en función da época (primavera, verán…). Normalmente impártense catro horas diarias, de luns a venres pola mañá, tres de lingua e unha de cultura. Tamén temos os

cursos de español con fins específicos, por exemplo español para negocios, español para ciencias da saúde… e cursos relacionados co Camiño de Santiago. En que consisten os cursos sobre o Camiño de Santiago? O Camiño é o noso buque insignia. Temos cursos específicos para especialistas ou persoas moi interesadas nel. Pola mañá temos clases sobre o Camiño desde un punto de vista multidisciplinar (Xeografía, Historia, Arte…), impartidas por profesores universitarios especializados nesas materias. A última hora da mañá hai clase de español e despois os alumnos realizan actividades culturais e turísticas na cidade, ademais dun

5


Entrevista

tramo do Camiño cun profesor da Universidade, no que se denomina “aula itinerante”.

Pilar Taboada explica as vantaxes do turismo idomático para Santiago. Foto: Iván Barreiro

Outra actividade que facemos é a colaboración con colexios e universidades. Ensinamos español e facemos seminarios sobre o Camiño e un tramo do mesmo. Tamén ensinamos español a profesores de todo o mundo. Facemos dous cursos ao ano co Instituto Cervantes. Outra liña de colaboración é a que temos coa Consellería de Educación da Embaixada de España en EEUU e Canadá. É un curso no que ensinamos español a través do Camiño de Santiago. A nivel turístico, coordinámonos coas políticas turísticas da Xunta e do Concello de Santiago. Por exemplo, na actualidade o Camiño Francés empeza a estar saturado, polo que propomos vías alternativas que suxire a Xunta como o Camiño Primitivo ou a Ruta da Prata. Ou se o Concello dinos que unha zona da cidade comeza a estar moi presionada turísticamente, levamos as actividades a outro sitio. Aprender lingua española para diferentes usos é o principal obxectivo dos cursos. A que se debe esta proxección do español? Temos 572 millóns de falantes; é a segunda lingua máis falada do mundo; a terceira en Internet; está a utilizarse como lingua franca en organismos internacionais, e hai unha gran demanda por parte de xente nova que quere estudar español como lingua estranxeira, tanto en Europa como en Asia, debido a que moitos países asiáticos fan negocios con Latinoamérica.

6

Cales son as nacionalidades principais?

zación moi alto porque a satisfacción coa cidade tamén é moi alta.

Depende da época do ano. O turismo idiomático ten unha gran estacionalidade. Europeos e estadounidenses veñen principalmente no verán e asiáticos no inverno.

Que media de idade teñen?

Canto tempo pasan na cidade? Os estadounidenses pasan unhas catro semanas de media. Destacar que os asiáticos pasan unhas trinta e seis semanas de media, o cal é moi interesante para a cidade porque gastan máis diñeiro. Ademais, a vantaxe do turista idiomático que pasa máis tempo é que ten un maior impacto económico porque é o único turista que durante a súa estancia recibe a familiares e fai amigos. Este turista xera outros turistas e ten un índice de fideli-

Teñen vinte e poucos anos de media pero tamén temos xaponeses duns sesenta anos, xubilados aos que lles gusta estudar español e aprecian a paisaxe, a cultura, a gastronomía e o clima galegos. Tamén temos adolescentes que logo se converten en estudantes da Universidade. Que é o que máis lles atrae de estudar en Santiago? Gústalles Santiago como destino cultural. Eles veñen aprender español e despois iso apóiase coas actividades turísticas e culturais na cidade e en Galicia en xeral: obradoiros de gastronomía, baile,


Que é o que máis valoran de Santiago estes alumnos unha vez que se instalan aquí? Aprecian a seguridade da cidade, tranquilidade, os espazos verdes, a facilidade para camiñar por ela, o patrimonio ben conservado, o casco antigo con vida, o campus integrado na cidade, vivir con familias locais, dinamismo das actividades culturais, multiculturalidade, amabilidade da xente… Que se ofrece adicionalmente con estes cursos? O alumno ten todo cuberto con nós. Ofrecémoslles os traslados ao aeroporto cando chegan e cando se van. Buscámoslles aloxamento nun colexio maior, cunha familia ou nun piso. Tamén ofrecemos monitores culturais para acompañalos ao médico, nos trámites na policía para o NIE, nos bancos e en xeral na adaptación ao país. Coidamos moito aos alumnos polo que temos que traballar na calidade da atención que lles damos, non en aumentar a cantidade dos que chegan. Que beneficio turístico achegan estes cursos para Santiago? Buscamos un crecemento sustentable, que o estudante se integre na cidade. É un turista de calidade, de longa estancia, moi respectuoso co patrimonio xa que ten un alto nivel cultural. Beneficia ao turismo local e de Galicia en xeral. Ademais, encántalles a gastronomía,

facémoslles visitas de tapas e logo os alumnos saen pola súa conta. Cando a súa familia lles visita, alóxanse nun hotel, fan compras e gozan da restauración, das cafeterías, dos museos, alugan coches… O estudante estranxeiro é un habitante máis pero con alto poder adquisitivo. Tamén buscamos atraer a profesores, que son prescriptores do destino. Cres que Santiago estase potenciando como destino idiomático? Desde o Concello, a Xunta e a Asociación Hostelería Compostela teñen claro o beneficio deste tipo de turismo. O que máis me gusta é a estreita colaboración entre as tres institucións e o apoio total. En materia de promoción, hai unha coordinación entre todos, por exemplo na presenza en feiras, e en programas de intercambio de estudantes ou de español para profesores, como os recentemente subscritos coas autoridades de Noruega.

“O Camiño é o noso buque insignia. Temos cursos específicos para especialistas ou persoas moi interesadas nel”

Cal é o papel da Universidade dentro da potenciación turística de Santiago? A Universidade ten unha oficina denominada ORE (Oficina de Relacións Exteriores), que é unha embaixadora da cidade. Por iso é tan importante traballar conxuntamente o sector público e privado. Hai unha estreita colaboración entre nós.

Entrevista

radio, visitas a empresas, prácticas no Hospital no caso de español para ciencias da saúde... Todo isto fai que os estudantes se integren na cidade.

Cal é a colaboración específica de Hostelería Compostela en Cursos Internacionais? Moi importante. Por exemplo, do 5 ao 8 de setembro celébrase en Santiago o XXIX Congreso de ASELE (Asociación para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira), con 200 relatorios e 40 países asistentes. Potenciarase a unión con outros países, tendendo lazos con Latinoamérica, coa presenza da directora do Instituto Caro e Cuervo de Colombia, o director do Instituto Cervantes ou o codirector da RAE. Hostelería Compostela está a colaborar co Congreso a través da promoción e orientación, xa que os asistentes teñen que comer e aloxarse. Ademais, no curso de español para negocios, na parte de prácticas estamos a traballar con empresas turísticas de Santiago. Como Compostela internacionalizouse tanto, os nosos estudantes colaboran tamén nas traducións para empresas turísticas. Por exemplo, estudantes coreanos están a traducir folletos, audioguías, cartas e achegan o seu punto de vista sobre que ofrecer aos turistas do seu país. ❚ 7


[ Ac t u a l i d a d e ] EN DEFENSA DO SERVIZO DE TERRAZAS

O

pasado 19 de xullo o Goberno Municipal aprobaba, de forma inicial, a modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Foi nun Pleno no que só se contou co voto favorable de Compostela Aberta, o voto en contra do PP e a abstención do BNG e PSOE, que condicionaron, estes últimos, o seu voto favorable a que se iniciase un diálogo co sector durante o período de alegacións. Previamente, a sede da Asociación Hostelería Compostela acollera unha asamblea aberta a todo o sector, na que os máis de cincuenta asistentes sinalaron a súa preocupación polos cambios introducidos na Ordenanza, especialmente polo que se refire ao lugar que ocuparán as terrazas no espazo público e que non deberán ir máis aló da fachada do local ao que pertencen. Entre outros cambios, o novo texto pretende ademais regular a figura das terrazas sitas en chan privado ou limitar o prazo das autorizacións das terrazas con pechamentos estables.

Actualidade 8

Os hostaleiros amosaron a súa disconformidade por como tomou esta decisión o Goberno Municipal, sen ter en conta a súa opinión e anunciándoa nun momento de tempada alta na que o sector está moi implicado no seu traballo. Lamentaron especialmente que non se convocara á Mesa de Diálogo que se creou hai uns anos para tratar este tipo de asuntos e indicaron que a nova Ordenanza, máis restrictiva que a vixente do ano 2012, podería supoñer a eliminación de centos de prazas de terraza e, por tanto, a perda de postos de traballo e riqueza da cidade.

#terrazasnoproblem Tralo Pleno, e transcurridas unhas semanas sen ter noticias do Concello para iniciar o diálogo, a nosa Asociación organizou unha nova reunión na que se decidiu crear unha comisión de traballo para poñer en marcha unha campaña informativa en defensa do servizo de terrazas. Esta leva por lema: ‘As terrazas fan cidade. Por unha normativa dialogada e de convivencia’. Tamén se creou o hashtag (etiqueta) #terrazasnoproblem para apoiar a campaña a través das redes sociais. Por outro lado, a Asociación solicitou ao Goberno local un informe sobre o número de prazas de terrazas que hai na cidade e sobre cantas non se axustan á fachada do local. Neste encontro fíxose fincapé en que non hai datos obxectivos que indiquen que as terrazas sexan un problema real para a cidadanía, senón que son os propios cidadáns e cidadás os que demandan este tipo de servizo. Por último, a Asociación quixo resaltar, unha vez máis, a súa enteira disposición para debatir e negociar co Goberno local o texto final dos artigos da nova Ordenanza que son controvertidos.❚

Unha das asambleas que se celebrou na sede da nosa Asociación.


[ Ac t u a l i d a d e ] SARA SANTOS PARTICIPOU NA MESA DE REDACCIÓN ‘PERSPECTIVAS TURÍSTICAS, NOVO GOBERNO’

A

presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, participou recentemente na mesa de redacción ‘Perspectivas turísticas, Novo Goberno’, organizada pola revista HGg&T.

A este debate tamén asistiron o xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; o catedrático da USC, Rubén Camilo Lois; e a presidenta de Proturga (Profesionais de Turismo de Galicia), Fátima Cachafeiro. Entre outras cousas, analizaron a tempada turística que estamos a vivir este ano, as expectativas do Xacobeo 2021 e como pode influír a nova situación política española no sector.❚

Capte público internacional con Expedia Group Únase hoy mismo y su establecimiento se publicará...

en 200 webs de reserva

75

en países y 35 idiomas

con

675 millones

de visitas mensuales

Esta gran variedad de viajeros internacionales le ayudará a llenar su establecimiento todo el año.

Atraiga más viajeros hoy mismo.

TM

Visite www.unaseaexpedia.es o llame al 91.275.71.00 (Opción 0)

9


[ Ac t u a l i d a d e ] PONTEVEDRA GAÑOU O CERTAME DE TAPAS POR GALICIA

S

antiago acolleu en xullo a cuarta edición da Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, organizado por Turismo de Galicia, e na que resultou gañador o cociñeiro Rubén González Vallejo, de El Cafetín, en Pontevedra. O xurado profesional, formado por cinco profesionais relacionados co turismo e a gastronomía, considerou que o seu petisco, ‘Vieira afumada carballolaurel sobre arroz de algas’, foi o mellor das sete propostas elaboradas polos chefs finalistas, gañadores dos concursos locais de tapas das sete cidades galegas. Ademais, fíxose tamén co Premio do Xurado Popular, ao ser o máis votado polo público asistente, integrado por expertos do sector, asociacións, xornalistas e blogueiros, e que valorou tanto a presentación como o sabor de cada unha das receitas. Nesta edición competiu representando a Compostela, Álvaro Pérez Blanco, de ArteSana Gastrobar, gañador da pasada edición do concurso Santiago(é)Tapas. Tamén loitaron polo título Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo).

Actualidade

O certame De Tapas por Galicia forma parte das accións de Turismo de Galicia para a difusión da creatividade dos cociñeiros galegos como elemento de promoción do turismo urbano. Durante a Gala Show Cooking, a directora do ente, Nava Castro, salientou o crecente papel da enogastronomía na estratexia turística galega e puxo en valor o gran potencial da nosa comunidade neste eido, representado nas súas máis de 300 festas gastronómicas, cinco delas co recoñecemento de Interese Turístico Nacional, así como os 11 restaurantes Estrella Michelín ou os 37 Soles Repsol. ❚

A tapa gañadora, de El Cafetín, en Pontevedra

10

Parte da directiva da Asociación Hostelería Compostela asistiu á IV Gala Show Cooking de Tapas por Galicia

O gañador, recollendo o seu premio.

O representante de Santiago, elaborando a súa tapa


[Opinión] UNHA VISIÓN DA FORMACIÓN NA HOSTALARÍA

director do CIFP Compostela

necesidade de adquirir formación continua e específica para así poder xestionar e optimizar os recursos materiais e produtos dos establecementos en que actúan. En atención ao anterior, é posible que dende os centros de formación non sexamos capaces de dar cobertura a toda a demanda de profesionais que necesita a industria e que a clientela agradecería. As principais causas destas carencias que motivaron a actual situación poden encontrarse: • No abandono prematuro da formación por unha incorrecta orientación educativa. • No abandono da actividade da hostalaría polos titulados a causa de non cumprir esta as súas expectativas. • Polo baixo prestixio social que ten na actualidade o profesional de sala, maiormente os camareiros. • Pola elevada estacionalidade, que dificultan a continuidade nos postos de traballo así como pola desproporcionada concentración da actividade nos fins de semana en relación co resto da semana. • Pola falta de incentivación para o aumento da produción. • Polo irregular cumprimento da xornada laboral.

Opinión

A formación actual da hostalaría encamíñase a exportar dous tipos de profesionais ben diferenciados: o de cociña e o de sala. O primeiro tipo de profesional, o de cociña, este obtivo nos últimos anos, por méritos propios, un recoñecemento social e profesional que xa lle gustaría acadar ao profesional de sala tanto en restaurante como en cafetería ou bar. Non obstante, cómpre non esquecer, que o verdadeiro vendedor a diario do produto ou da oferta gastronómica dun local segue a ser o camareiro ou responsable de sala. Este perfil profesional, que non ten o mesmo recoñecemento social nin profesional que o de cociña, pode chegar a ser unha peza que inflúa decisivamente na conta de resultados dun local a causa dunha incorrecta selección ou formación destes. Neste sentido, so se lle pode dar resposta a demanda dun cliente, notablemente máis informado a través de medios de comunicación (programas de televisión ou revistas maiormente), mediante o emprego de persoal cualificado con coñecementos técnicos, comunicativos, de dominio da oferta gastronómica, servizo e asesoramento en viños e licores, cafés, cervexas, etc. En caso contrario o establecemento correrá o risco de ser incapaz de trasladarlle ao cliente a imaxe que pretende do local, levándoo ao descrédito da súa reputación. No caso do persoal de cociña a situación é distinta, a demanda de profesionais establécese en base a dous perfiles ou postos de traballo ben diferenciados: o axudante de cociña e o cociñeiro. O primeiro, con coñecementos básicos para incorporarse ao persoal de cociña e que ten como función realizar labores pouco técnicas. O segundo, o cociñeiro, cun amplo dominio das técnicas culinarias e experiencia que pode ser o responsable dun local en pequenos establecementos ou de determinadas áreas no caso de grandes establecementos, este é o persoal máis demandado nos centros educativos para os cales en moitas ocasións se omite a esixencia da experiencia. Neste sentido a evolución e innovación acontecida na cociña nos últimos vinte anos, mudou tamén as capacidades dos cociñeiros que se viron na

Ramiro Esparís Sampedro,

En conclusión, o turismo gastronómico é un dos principais motivos de atracción polo que nos visitan os turistas, motivo que require que a oferta do produto e servicio sexan ante todo excelentes, estatus de calidade que só se acadará coa correcta cualificación do persoal da hostalaría. Esta falta de cualificación do profesional do sector da hostalaría pasa por salvar a temporalidade, pois moitos establecementos só abren en tempada e outros triplican o persoal en meses como xullo e agosto ou fins de semana. Deste xeito a forma de lograr profesionais máis cualificados pasa necesariamente por salvar a estacionalidade do sector, encamiñando campañas e actuacións dirixidas a atraer clientela durante a maior parte do ano, algo que inevitablemente revertirá na profesionalización do sector da hostalaría. ❚ 11


Borja Villasenín. Foto: Iván Barreiro

[Unha noite no ….] HOTEL RUTA JACOBEA

12


banda son unha competencia ao sector dos establecementos hoteleiros tradicionais que evidencia dificultades na súa normativa e fiscalización por parte da administración, pero tamén supoñen un problema para o sector das vivendas en réxime de arrendamento e de convivencia para a veciñanza. A lexislación da Xunta céntrase na regulación das vivendas de uso turístico (pisos turísticos) como parte da oferta turística. Bótase de menos unha norma a nivel estatal que marque as directrices no referente ao seu control efectivo e fiscalidade. E que opinas do sector hoteleiro en xeral en Compostela? Santiago ten un gran potencial hoteleiro en proporción co número de habitantes e creo que acorde co número de visitantes: hoteis nos accesos á cidade, especialmente coincidindo co trazado do Camiño, na periferia, os de maior capacidade, e pequenos hoteis na zona monumental e arredores. Conta ademais cunha oferta quizais máis difícil de cuantificar noutros aloxamentos: albergues, pisos turísticos, habitacións de hóspedes, etc. Habería tamén que sumar aloxamentos en municipios lindeiros. O sector enfróntase a unha forte estacionalidade, interrompida puntualmente por períodos vacacionais, festividades e pola celebración de congresos ou eventos de especial atractivo… pero tamén á competencia doutras ofertas, no mellor dos casos, menos reguladas fiscal e normativamente. Apoiarías a taxa turística? En principio, non son partidario da súa implantación polo efecto rexeito que a súa repercusión podería ter no noso turismo, non esquezamos que nós seriamos meros recadadores, como ocorre co IVE. Agora ben, entendo que a xestión da taxa turística, se levase a cabo, ha de estar presidida por unha total e absoluta transparencia,

consensuada e participada polas asociacións de hostalaría de forma que repercuta non só en beneficio da administración, senón tamén en mellorar a cualificación da oferta turística da cidade. Favorece a reapertura do Pórtico e a retirada de andamios da Catedral? E que perspectivas ves coa campaña do Xacobeo 2021? Indubidablemente, a apertura do Pórtico e a contemplación da Catedral en todo o seu esplendor é un valor engadido de gran importancia que debe compensar con fartura a posible frustración que puideron sufrir os visitantes destes anos de andamios. Un Ano Santo xera unha gran atracción internacional cara a Santiago, non só da cristiandade, senón tamén doutras culturas, como xa vimos apreciando. A programación de eventos incrementa ese atractivo, así como a prevista celebración de congresos e outras actividades. É evidente que o sector turístico, como o Camiño (os Camiños) e todas as infraestruturas deben estar preparadas para este acontecemento. Pero quero chamar a atención que en anteriores Xacobeos a Administración veu dispondo incentivos fiscais para favorecer os investimentos na infraestrutura hostaleira. Dou por feito que, máis pronto que tarde, por favor, teñamos noticias neste sentido. Que beneficios vos aporta ser socios de Hostelería Compostela? O sector de hostalaría de Santiago non só é voluminoso, senón tamén moi variado; dá cabida a grandes hoteis, pensións, bares, cafeterías, etc., e todos eles deben sentirse representados. Pero ademais unha Asociación como a nosa, en función da súa representatividade, é unha interlocutora cualificada ante a Administración, a quen debe transmitirlle as nosas inquietudes e suxestións, sempre defendendo os lexítimos intereses do colectivo. ❚

Unha noite no ...

B

orja Villasenín é director do Grupo Ruta Jacobea, un holding que inclúe dous hoteis, un establecemento de turismo rural, catro pazos, catro restaurantes, catering de eventos e catering aéreo, ademais de ser concesionarios dos servizos de restauración do Aeroporto de Vigo. Con el falamos dalgúns dos temas de máis actualidade para o sector. Que etapa atravesa actualmente o voso grupo? O momento económico é favorable: hai un crecemento na economía do país e o sector financeiro parece recuperar a súa actividade. Esa é a parte positiva, con todo, na contorna no que nos movemos, enfrontámonos a unha marcada estacionalidade como consecuencia dunha excesiva dependencia do Camiño de Santiago e limitacións climatolóxicas que condicionan a celebración de eventos nuns meses. Cal cres que é o maior valor que ofrecedes aos clientes? Aínda que diferentes os negocios, o noso sinal de calidade e imaxe de marca é común para todos eles. Dito doutra forma, o tándem calidadeservizo é o noso signo de identidade. Como resultou a primeira metade de 2018 a nivel turístico? Se nos referimos a os datos estatísticos publicados, o resultado para o seis primeiros meses é un número de peregrinos inferior ao ano anterior, pero creo que non deberiamos quedarnos aí, senón analizar o gasto por peregrino. Esta é unha reflexión que debe facer cada negocio en función dos seus ingresos e das súas propias estatísticas internas, é máis difícil que estas cifras transcendan para cruzalas coas da afluencia de peregrinos, pero este sería o dato que nos daría o auténtico valor do turismo no noso sector. Como ves o tema dos apartamentos turísticos? O seu impacto é dobre: por unha


[ No v o s s o c i o s ] O pasado mes de xaneiro abriu en Santiago a primeira e única, polo de agora, taquería da cidade. Chámase Old Skull Tacos e ofrece comida rápida mexicana como poden ser tacos, quesadillas, burritos e nachos. Cunha decoración típicamente do país americano, neste local – que conta ademais con terraza propiapoderás pasar unha agradable e saborosa xornada. Abren de 11:00 a 23:30 horas entre semana e de 11:00 a 00:00 horas nas fins de semana. ❚

OLD SKULL TACOS Rúa de San Clemente, 2 (Santiago) 981 562 198 facebook.com/oldskulltacos

Novos Socios 14

O restaurante-parrillada O Padriño, en Brión, é especialista na organización de eventos, comunións, bodas, ceas e comidas empresariais. Aberto todos os días desde ás 7:00 horas da mañá, ofrece tamén servizos de almorzo, cafetería e un menú do día con primeiro e segundo prato e sobremesa. Se o visitas en fin de semana, poderás optar polo seu menú para comer todo o que queiras! E os domingos tamén sirven paellas por encargo. ❚ O ón) O PADRIÑ vales-Bri 54 (Basta , s n á x a Sab 066 881 077 drino17 om/Opa .c k o o b face


Apartamento turístico ubicado na Rúa de San Pedro, lugar de paso para os peregrinos no seu último traxecto cara a Catedral. Recén restaurado, conserva todo o encanto da pedra compostelá e a súa galería ofrece unha iluminación natural en todas as dependencias. Con dúas habitacións – unha delas provista con berce-, cociña, salón e baño, o piso dispón de todas as comodidades para pasar uns días gozando da cidade, da súa gastronomía e as súas xentes. ❚

DON PACO

Rúa de Sa n Pedro, 2 – 1ºPiso (S 617 812 1 antiago) 10

ANUNCIOS BREVES CONSUMO DE BOLSAS DE PLÁSTICO EN HOSTALARÍA

Os establecementos de hostalaría que entreguen bolsas de plástico aos clientes, segundo a normativa, deben repercutila sobre o cliente. Os valores que pon de referencia o Anexo da normativa son: • Bolsas de espesor menor a 15 micras con usos diferentes aos enumerados no punto a) 0,05€/bolsa • Bolsas de espesor comprendido entre as 15 e as 29 micras: 0,10 €/bolsa • Bolsas de espesor igual ou superior ás 30 micras: 0,15€/bolsa Para saber o peso, só fai falta preguntarlle a quen fornece as bolsas de plástico.

Estes prezos orientativos son os finais a cobrar ao consumidor, por tanto, inclúen o IVE, sendo aplicable o tipo xeral do 21%, debendo integrar na factura ao consumidor o prezo cobrado pola bolsa de plástico como base impoñible, e desagregando o IVE correspondente. Debe anunciarse mediante un cartel o custo da bolsa de plástico, indicando que o prezo inclúe o 21% de IVE. Para calquera dúbida ou aclaración non dubide en chamar ás nosas oficinas: 981 592 700. ❚

15


Antía Moure Instalación

GALICIA UNIVERSAL A ARTE GALEGA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN ORGANIZA:

FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

Exposición Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela 16 mar—14 out 2018 Entrada de balde cidadedacultura.gal

Profile for Alberto Seoane

CompHostelería 182  

CompHostelería 182  

Advertisement