Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 180 | maio - xuño 2018

IMPLICADOS NA CIDADE Éxito do xantar popular que coorganizamos na Festa do Banquete de Conxo

Entrevista a Miguel López, da UCGAL Convenio coa Asociación de Bares e Pubs de Compostela


www.ivanbarreiro.com


PÁXINA 4

[Entrevista] Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL)

PÁXINA 9

PÁXINA 8

[Reportaxe] Banquete de Conxo

[Opinión] Henrique Alvarellos, escritor, editor e xornalista

PÁXINA 12

[Actualidade] Convenio coa Asociación de Bares e Pubs de Compostela Campaña de recollida selectiva de envaxes lixeiros Visita de Ana Pontón Comida de fraternidade Nova exposición na Cidade da Cultura Balance da Festa das Uñas e Santiago Paixón Doce

PÁXINA 16

[Novos socios] Entre Pipos Penalty Enxa Pensión ArArAt [P.17] ANUNCIOS BREVES

PÁXINA 18

[Unha noite no…] C e n t r a l Pe r k

[EDITORIAL] Estes dous últimos meses desde a publicación do anterior número da nosa revista foron moi intensos para a Asociación Hostelería Compostela. Estivemos implicados na organización da Festa das Uñas de San Lázaro, do programa Santiago Paixón Doce e das Xornadas Gastronómicas do Banquete de Conxo. Fixémolo colaborando estreitamente coa Concellería de Turismo, mediante un modelo que cremos axuda a dinamizar a vida da cidade para o gozo de veciños e visitantes, é dicir, da nosa clientela. E isto non só repercute económicamente no sector, senón no conxunto de todo Santiago. Traballar polo ben da nosa urbe foi un dos obxectivos principais que se marcou a nova directiva cando tomou as rendas e niso estamos. Outra meta era a de aumentar a nosa masa social e as relacións cos diferentes entes que forman parte da cidade. Esta vez podemos anunciar con satisfacción a nosa unión coa Asociación de Bares e Pubs de Compostela, coa que acabamos de asinar un convenio de colaboración que estamos seguros que redundará no beneficio de toda a hostalaría picheleira. Nestas páxinas tamén abordamos algúns dos temas que tanto preocupan aos nosos socios na actualidade como son as vivendas de uso turístico e a posible implantación dunha taxa aos excursionistas. Facémolo escoitando a voz da xente da rúa, da Unión de Consumidores de Galicia – que só en Santiago aglutina a máis de mil socios – e que acaba de facer público un estudo moi interesante sobre o turismo na nosa cidade. ❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


Miguel López sinala que non son moitas as reclamacións que reciben con respecto ao sector turístico. Foto: Iván Barreiro.

4


“Calquera tipo de actividade que se poida desenvolver en un réxime de competencia desleal non debe ser permitida e debe estar vixiada”

Entrevista

[ Entrevista] Miguel López, secretario xeral da UCGAL A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), que só en Santiago conta con máis de 1.000 socios, cumpre neste 2018 trinta anos de historia. O seu obxectivo é o de servir de canle das reivindicacións dos cidadáns galegos na loita por unha progresiva mellora na súa calidade de vida. Así, desenvolve o seu labor en diferentes eidos, entre eles a hostalaría e a restauración. Falamos co seu secretario xeral, Miguel López. Danse moitas queixas ou reclamacións por parte dos consumidores respecto ao sector da hostalaría e restauración en Santiago? Non, nós non adoitamos tramitar moitas queixas nin moitas reclamacións. Creo que é un dato salientable que hai que poñer de manifesto. Así como en comparación con ou-

tros sectores, como o comercio ou algúns tipos de servizos, a realidade é que o mundo do turismo, no seu conxunto, non adoita supor moitas reclamacións. Por outro lado, hai que diferenciar entre ambos conceptos: queixas e reclamacións. Queixa é cando se produce unha situación na que hai un pequeno desencontro sobre as características, condicións ou incluso sobre a prestación dun servizo, pero que non podemos clasificar propiamente de incumprimento, para que puidera entón ter a calificación de reclamación. Pero cales serían as principais reclamacións que se producen no sector? Á hora de sinalar problemáticas concretas temos situacións relacionadas con eventos. En época de

vodas, comunións ou outro tipo de eventos sociais, levamos moito tempo recomendando - ademais xunto coas propias organizacións que representan ao sector - a conveniencia de documentar os contratos, para dotalos de maior seguridade xurídica. Son máis frecuentes na restauración ou en hospedaxe? A realidade é que moitos dos problemas que tramitamos van máis dirixidos en relación á hospedaxe que á restauración. Quizais é pola pola transcendencia económica. É moito menos probable que se poida levar adiante unha reclamación cando o importe que está en xogo non excede dos 10 ou 20 euros. Cando falamos dun aloxamento, se é de varios días, pode supor unha

5


Entrevista

cantidade moito máis importante. Polo xeral este tipo de situacións teñen orixe en diferenzas entre a información que recibiu previamente o cliente e as características do establecemento cando chega a el. Pero é importante sinalar que iso é habitual que pase coa información que dá un terceiro. Por exemplo, cando facemos unha reserva a través dunha plataforma, dun intermediario, dunha axencia virtual… onde é moi frecuente que haxa confusións en canto ás fotografías das habitacións. Neses casos, as reclamacións deberían ir contra eses intermediarios? A regra para que o consumidor teña moi claro a quen reclamar é moi sinxela. Hai que presentar a reclamación contra aquela empresa ou entidade á que se lle abonaron as cantidades. Están dalgún xeito os empresarios hostaleiros protexidos cando, por exemplo, un cliente fai unha reserva e non aparece? Tamén poden reclamar eles? Esta é unha cuestión que quedou aberta durante moito tempo. E que agora podería ter unha posibilidade real a través de figuras como a da Arbitraxe de Consumo. Así, ofrécese a posibilidade de resolver o conflicto mediante un procedemento de resolución extraxudicial, que non ten custo para ningunha das partes. Esta figura, despois das modificacións que se operaron no 2008, establecía a posibilidade da chamada reconvención, algo que nun primero momento non era factible. A reconvención supón, por exemplo, cando hai unha reclamación contra un hotel ou un restaurante nos que por algún motivo o prezo está sen

6

A UCGAL conta con máis d

abonar, que durante o tempo no que tarde en resolverse a reclamación do cliente, que pode ter razón ou non, poida accederse a un crédito. En xeral, falta formación entre os hostaleiros sobre os dereitos e deberes que teñen con respecto ao servizo que prestan aos seus clientes? Todavía falta. É unha realidade que creo que o propio sector vai constatando. O turismo medrou moitísimo en Galicia nos últimos anos e é certo que se teñen feito moitos avances para lograr un servizo máis

accesible, de maior calidade, menos conflictivo… Pero hai cuestións onde todavía falta avanzar máis. Por que? Porque intentar estar ao día de todos os cambios normativos que se producen é complicado. Cal é a postura da UCGAL no que se refire ás vivendas de uso turístico? Calquera tipo de actividade que se poida desenvolver en un réxime de competencia desleal non debe ser permitida e debe estar vixiada. Todas as normativas que no ámbito autonómico se dirixen a regular os requisitos para que poidan


Non. Recibimos dúbidas de turistas sobre como poden informarse sobre se esa vivenda está ou non debidamente rexistrada. E os veciños formulan tamén moitas cuestións relacionadas co impacto que este tipo de vivendas poden ter para o común da sociedade. O feito de que poida ser máis difícil entrar no mercado de alugueiro de vivenda, que se estean a producir menos prórrogas dos contratos, que os prezos dos alugueiros estean a subir dunha forma considerable, que a oferta diminúa sensiblemente… Ou incluso outros fenómenos como a chamada xentrificación, que non podemos negar que se está a dar na nosa cidade. Esta é unha realidade que, por desgraza, aconteceu en centos de cidades turísticas de todo o mundo cando empezou a proliferar este tipo de establecemento. E, sobre todo, cando non estiveron debidamente regulados.

de 1.000 socios en Santiago. Foto: Iván Barreiro.

funcionar e as posibilidades que teñen as administracións locais de graduar e delimitar o seu número - para evitar outra serie de prexuízos que puideran vir derivados da masificación do número de vivendas destinado a usos turístico - para nós é algo que tiña que ser atendido. Non só pensando nos profesionais, senón tamén nos usuarios. Porque a factura, o documento legal, é realmente a garantía do servizo que vai recibir e vai ser o que lle habilite para poder formular unha reclamación ou unha queixa, se ocorre calquera conflicto.

E que opinan sobre a implantación dunha taxa aos turistas? Nós temos a nosa propia opinión como organización pero queríamos coñecer que é o que opinan os consumidores. Por iso, decidimos poñer en marcha un estudo que acabamos de dar a coñecer. E vemos que hai unha opinión bastante dividida. Nós consideramos que se a finalidade dunha taxa é reverter no servizo sobre o que recae, nunca será unha mala ferramenta. Evidentemente se é un mecanismo de recadación pero que non vai estar dirixido a potenciar o propio sector ou a paliar os efectos negativos que puidera ter, non poderiamos defender a súa creación. ❚

ESTUDO DA UCGAL SOBRE O TURISMO EN SANTIAGO

Entrevista

Recíbense moitas queixas en Santiago relacionadas coas vivendas de uso turístico?

A UCGAL acaba de facer público un estudo no que pretende poñer o foco en aspectos que están sendo controvertidos na nosa cidade como a xentrificación, as vivendas de uso turístico, as taxas turísticas… Por que? “Porque moitas veces botamos en falta que se lle dea voz ao cidadán sobre materias tan sensibles”, apunta Miguel López. Nese estudo, algo máis da metade dos participantes considera que o número de turistas que visita Galicia é o axeitado. Máis do 70% dos enquisados sinala o aumento dos postos de traballo e as saídas laborais como as principais vantaxes do turismo. Mentres que como inconvintes, destaca especialmente a conxestión dos espazos públicos. Máis do 60% está de acordo en que a poboación local debe ser consultada e ter voz na toma de decisións referentes ao sector e que os turistas deberían chegar máis repartidos durante todo o ano. No que se refire ao pago dunha taxa turística, a metade das repostas son a favor e a outra metade, en contra. E máis do 80% sinala que os axentes implicados no desenvolvemento da actividade turística (empresas, Administración, profesionais…) deberían esforzarse en incrementar a calidade do noso turismo. Se queres asociarte á UCGAL, podes informarte na súa páxina web consumidores.gal

7


[Reportaxe] Participamos no Banquete de Conxo Entrevista

O

barrio de Conxo, que foi concello independente ata 1925, ano no que se anexionou á Compostela, acolleu o 2 de marzo de 1856 un encontro histórico: o Banquete de Conxo, que tivo lugar nunha carballeira escondida e ben fermosa. Naquel entón estudantes e artesáns uníronse ás clases populares para reclamar igualdade, liberdade e fraternidade nun banquete democrático insólito ata o momento. A xuntanza foi organizada polos intelectuais Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luís Rodríguez Seoane e serviu para marcar o comezo do que logo sería o “Rexurdimento” da literatura e a cultura galegas, con Rosalía de Castro como unha das súas máximas representantes. Como moitos outros momentos históricos, este encontro enmarcouse dentro dunha gran comida de confraternización. Agora, 162 anos despois, o Concello de Compostela vén de recuperar o Bosque de Conxo para todos os

Henrique Alvarellos, Marta Lois y Sara Santos, presentando o xantar popular nas nosas instalacións. Foto: Concello de Santiago.

composteláns, dentro da súa política de revitalización das zonas verdes da cidade. Para celebrar o renacemento deste espazo, reivindicar a historia de Conxo e ensalzar valores como a liberdade de expresión, a igualdade ou a diversidade cultural, os pasados días 21 e 22 de abril –cunha previa o 14 de abril- celebrouse a Festa do Banquete de Conxo, con diferentes actividades organizadas tanto na propia carballeira como en enclaves emblemáticos do barrio como o Mosteiro de Conxo . A festa, con vocación de continuidade, tivo un intenso programa deseñado de maneira transversal desde as áreas municipais de Acción Cultural, Emprego, Comercio, Educación e Centros Cívicos. Tratándose dun banquete, á cita non podía faltar Hostelería Compostela. A Asociación colaborou nesta conmemoración –a través do xantar popular do 22 de abril- , non só pola súa estreita relación co que máis nos gusta: xuntarnos para comer ao redor

8


dunha mesa, gozando da nosa cociña local, senón porque tanto a festa como a propia recuperación da carballeira teñen un obxectivo co que nos sentimos plenamente identificados: a dinamización de Santiago, con accións atractivas que sirvan para o deleite dos veciños e para atraer visitantes e turistas. Desta maneira, cumprimos un dos nosos obxectivos: axudar a facer cidade. E os composteláns non defraudaron, respondendo de forma masiva á cita. As numerosas persoas que se achegaron durante toda a fin de semana tanto á carballeira como á praza Aurelio Aguirre, puideron gozar de diversas actividades: unha mesa redonda recordando á importancia do Banquete e reflexionando sobre o futuro do barrio de Conxo; monicreques e chocolatadas para os nenos; foliadas ou concertos para tódolos gustos como o compartido pola Coral do Psiquiátrico de Conxo e a Coral de Solfa ou o da Banda Municipal de Música; unha feira do libro e artesanía; representacións teatrais a cargo da compañía Os Quinquilláns, que recordaron como de controvertido foi o Banquete de Conxo ao molestar ás clases altas e a Igrexa polo aire de transformación política e social que se respiraba; ou o recital “A festa da poesía”, conducido por María Lado. Ademáis, Henrique Alvarellos, un dos impulsores da festa, fixo visitas guiadas polo Bosque, que pasa a formar parte da senda peonil do Sar grazas os seus 900 metros, acondicionados polo alumnado do obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil III.

De novo a carballeira recupera o seu esplendor; un reduto de carballos centenarios que, nalgúns casos, superan o metro de diámetro.

Entrevista

O profesor José Quintáns con Sara Santos, vestida para a Festa do Banquete de Conxo.

Como dicíamos antes, a carballeira foi o escenario do gran xantar popular do domingo 22 de abril. Os veciños puideron degustar o prato típico de cabra e outros manxares como polbo, preparados e servidos pola nosa Asociación. Este gran xantar foi a culminación da exaltación da cabra, xa que días previos 21 restaurantes de toda a cidade uníronse para ofrecer este típico prato. Os participantes nestas xornadas foron: A Casa da Viña, A Nave de Vidán, Caney, Don Quijote, Fuentes, Gran Hotel Los Abetos, La Catalina, Los Caracoles, Mesón de Lázaro, Mesón Peón II, O Bo Xantar, O Muiñeiro, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Antonio (A Costa da Fonte), Pampín, Amoado, A Ostrería, Frebas e Paz Nogueira.

Sara Santos (primeira pola dereita) xunto co alcalde e outros membros do Concello.

9


E non acabou aquí a nosa contribución: tamén estivemos a formar a varios futuros cociñeiros nas nosas instalacións, para ensinarlles como preparar a cabra, nun curso que contou co profesor José Quintáns.

Entrevista 10

José Quintáns e parte das alumnos do curso de cociña de cabra.

En definitiva, para a nosa Asociación foi un gran pracer poder colaborar na organización da Festa do Banquete de Conxo, facendo o que mellor sabemos: amosar a nosa gastronomía. Esperamos seguir participando nas vindeiras edicións. ❚

Foto: Concello de Santiago.

Foto: Concello de Santiago.

Foto: Concello de Santiago.

Foto: Concello de Santiago.


[Opinión] Baixo este título Os últimos carballos do

Banquete de Conxo publiquei, en setembro de

2016, un libro onde catro autores rescatabamos do esquecemento e do abandono un lugar único na historia de Santiago e de Galicia: o bosque do Banquete de Conxo. Tres anos antes, tamén un mes de setembro (2013) denunciara publicamente, por medio de varios artigos en prensa, o lamentable estado no que se atopaba a carballeira e o bosque de ribeira dun treito duns 1.000 metros de liña de río, ao sur de Compostela, no que ata 1925 fora o Concello de Conxo. O libro foi a culminación dun longo traballo de documentación que permitiu identificar, por vez primeira, o lugar probable onde, un 2 de marzo de 1856, se celebrara un insólito banquete democrático; nel brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e obreiros. Os organizadores foran Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luís Rodríguez Seoane. De aquí, deste acto, xurdirá a xeración que logo ía promover o Rexurdimento pleno da cultura galega, con Rosalía de Castro á fronte. Tres foron as firmas que completaron a miña investigación: a do filólogo Xurxo Martínez González, especialista no século XIX (ocúpase nesta obra do contexto político e social do Banquete); a do historiador Francisco Singul (quen afonda nas orixes do mosteiro de Conxo e a súa fonda vinculación co fenómeno xacobeo, como histórica entrada que foi do Camiño Portugués á cidade) e o biólogo Martín Souto (quen nos leva a percorrer un bosque de ribeira onde uns poucos carballos centenarios manteñen hoxe a memoria viva daqueles días). Entre os catro botamos adiante un proxecto que, no eido editorial, materializaríase grazas ao apoio do Consorcio de Santiago e da miña propia empresa editora. Hoxe estamos de celebración. Case cinco anos despois das primeiras denuncias, e ano e

Henrique Alvarellos Escritor, editor e xornalista

medio trala publicación dese volume d’Os

últimos carballos do banquete de Conxo

unha administración sensible decidiu que a recuperación deste espazo e a súa apertura ao público ían ser un proxecto prioritario. Así, o 15 de marzo de 2018, o Concello de Santiago inauguraba o Bosque do Banquete de Conxo, e os días 21 e 22 de abril desenvolveuse unha gran Festa que quedará para o futuro como gran celebración do barrio, e da cidade enteira. Como parte do programa de actividades deste evento encargóuseme unha versión especial do meu traballo publicado en 2016. Este é o xerme da Balada ceibe no bosque de Conxo, unha publicación que, cunha tiraxe de 1.000 exemplares, foi entregada como agasallo a todas as persoas que participaron das xornadas gastronómicas que, promovidas pola Asociación de Hostelería de Compostela e o Concello da cidade, se desenvolveron arredor desta festa. Esta Balada ceibe... ten a vocación de servir ás veciñas e veciños, e a calquera visitante, para coñecer a singularidade dun lugar que concentra momentos únicos da nosa historia. Non só aquel insólito mitin demócrata convertido en banquete en 1856 senón tamén ese enorme bosque que, a finais do XIX, fascinaba a Rosalía de Castro, e no que ela situou a súa novela derradeira, El primer loco. Tamén viaxamos á secular historia da Fonte da Virxe da Cuncha, verdadeira orixe deste barrio, cuxo manancial foi localizado, de novo, nas obras de acondicionamento do bosque, sendo esta unha noticia de alcance para Conxo e tamén para o Camiño Portugués a Santiago, que nela facía (e fará) parada obrigada. E, sobre todo isto, como diciamos, quedan unhas testemuñas vivas moi especiais, únicas: ese grupo de carballos centenarios que chamaron por nós e que debemos protexer. Son os últimos carballos do Banquete de Conxo. ❚

Opinión

OS ÚLTIMOS CARBALLOS DO BANQUETE DE CONXO

11


[ Ac t u a l i d a d e ] CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE BARES E PUBS DE COMPOSTELA

A

Asociación Hostelería Compostela vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Bares e Pubs de Compostela. Ambas entidades acordaron intensificar as relacións entre elas, ao coincidir a finalidade asociativa de ámbalas dúas.

Este convenio ten por obxecto unir esforzos por parte de ambas entidades para acadar melloras nas condicións da hostalaría de Santiago, e concretamente ás referidas aos bares e pubs da cidade. Desde a Asociación de Hostelería cremos que ese debe ser o camiño, o de traballo conxunto para buscar o beneficio de todos e todas; cumprindo así o noso compromiso de participar activamente na vida de Santiago. A partir da sinatura deste acordo, os socios e socias da Asociación de Bares e Pubs de Compostela que así o desexen poderán formar parte tamén da nosa entidade; puidendo facer uso das nosas instalacións na Rúa Salvadas, así como dos servizos administrativos que prestamos a todos os nosos asociados. Se ti tamén queres saber todas as vantaxas que podes ter facéndote socio de Hostalería Compostela, podes obter toda a información na nosa páxina web santiagohosteleria.net ❚

A Asociación Hostelería Compostela e a Asociación de Bares e Pubs xa colaboraron no pasado en campañas como a de ‘Fala baixiño’. Foto: Concello de Santiago

VISITA DE ANA PONTÓN

Actualidade

A

portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto con algúns dos seus compañeiros de partido en Compostela, visitou en marzo as instalacións da Asociación Hostelería Compostela dentro do percorrido que está a facer por distintas cidades galegas falando cos sectores económicos. No encontro, parte da nosa directiva puido trasladarlles as necesidades e preocupacións do sector hostaleiro en Compostela. ❚

Ana Pontón (no centro) con parte do seu equipo e da Xunta Directiva da nosa Asociación. Foto: Cedida por BNG

12


CAMPAÑA DE RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES LIXEIROS NA HOSTALERÍA

P

reto de 150 establecementos de hostalería do Ensanche sumáronse ao proxecto para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no sector HORECA, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración con Ecoembes e coa Xunta de Galicia. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta do proxecto, nun acto celebrado no mes de marzo nun dos establecementos adheridos, a Tapería Castelao. Na presentación tamén participaron Sara Santos, presidenta de nosa Asociación; María Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta; e Bruno de Llano, especialista en xestión local e autonómica de Ecoembes. Santos expresou o respaldo da asociación e o compromiso do sector coa recollida selectiva de envases, “conscientes de que somos os grandes xeradores deste tipo de residuos”. Ademais, quixo facer unha chamada a que novos establecementos se sumen ao proxecto, porque “Hostelería Compostela é unha asociación comprometida co coidado do medio ambiente, e os nosos socios tamén o están”. Xan Duro explicou que o proxecto “nace dun acordo asinado con Ecoembes, co que o Concello continúa coa súa aposta decidida por fomentar a recollida selectiva, sobre todo entre o sector hostaleiro”. O edil lembrou que esta iniciativa “súmase ao programa de recollida de vidro ‘Porta a Porta’ nos establecementos de hostalería da cidade histórica, que permitiu incrementar nun 32% a recollida desta fracción, ata superar as 1.900 toneladas en 2017”. O obxectivo desta nova campaña é que “esta boa evolución se traslade á recollida de envases lixeiros, que ademais se traduce en ingresos para o Concello de Santiago”. O ano pasado recolléronse máis de 1.500 quilos de envases lixeiros, 15,7 quilos por habitante, polos que Ecoembes lle pagou ao Concello de Santiago case 240.000 euros.

Bruno de Llano, Xan Duro, María Cruz Ferreira e Sara Santos, na Tapería Castelao. Foto: Concello de Santiago

Tanto da formación como do subministro dos contedores encárgase Ecoembes. O seu especialista en xestión local e autonómica, Bruno de Llano, mostrou a súa satisfacción coa acollida do proxecto en Compostela, que “se traducirá nun incremento notable das taxas de recollida selectiva de envases lixeiros”. Tamén explicou que, nunha primeira fase, a campaña desenvólvese no Ensanche, “pero se hai interese por parte do sector poderíase ampliar a outros puntos da cidade”. A sinatura do convenio entre o Concello de Santiago e Ecoembes permite desenvolver en Compostela o acordo que teñen firmado a Xunta de Galicia e Ecoembes para fomentar a recollida selectiva de envases no sector HORECA. A directora xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira, agradeceu o traballo do sector hostaleiro, que “sempre se suma ás iniciativas que se poñen en marcha para fomentar a recollida selectiva de lixo e a reciclaxe”. ❚

Actualidade

No proxecto presentado participarán 148 establecementos. En 97 casos, os propietarios e propietarias declararon que xa separaban os residuos con anterioridade á posta en marcha da campaña, pero os demais incorporaranse á recollida selectiva grazas a esta iniciativa. Para facilitarlles as cousas, os establecementos participantes recibiron contedores de pequeno tamaño, e o seu persoal recibiu a formación precisa para asegurar unha correcta participación na recollida.

Grupo R de Salud Laboral, S.L. • PREVENCION DE RIESGOS TODAS LAS ACTIVIDADES • SALUD LABORAL • PLANES DE SEGURIDAD • FORMACIÓN

Departamento Comercial Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3º Izq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 154 212 Móvil 609 287 814

PIDA PRESUPUESTO SIN COMPROMISO 13


[ Ac t u a l i d a d e ] COMIDA DE FRATERNIDADE

P

arte da directiva da Asociación Hostelería Compostela asistiu a unha comida con empresarios, directores e comerciais de hoteis composteláns, celebrada no Don Quijote Restaurante, antes de Semana Santa, para charlar e comentar temas relacionados co sector. Despois da animada e produtiva xuntanza, os hoteleiros comprometéronse a renunirse de novo en máis ocasións. ❚

VISITAMOS A NOVA EXPOSICIÓN DA CIDADE DA CULTURA

G Actualidade 14

alicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación supón a maior exposición de pezas das coleccións privadas de ABANCA e Afundación reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por 150 anos de arte galega, que poderá visitarse ata o 14 de outubro no Museo Centro Gaiás. Por primeira vez, unha mesma mostra reúne 119 dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro, ou Antía Moure, entre outros moitos. ❚


[ Ac t u a l i d a d e ] NOVAS EDICIÓNS DA FESTA DAS UÑAS E O SANTIAGO PAIXÓN DOCE

Presentación da Festa das Uñas nas nosas instalacións.

súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da cidade e da Semana Santa, en formato merenda, para incentivar o consumo de media tarde. Os locais participantes foron: Tartitis, con Paixón polo chocolate; Cervantes, con Cervantes Santa; Paradiso, con Tarde Picheleira; Lusco e Fusco, con Fresas primaverais; Serendipia, con Tentación de Coresma; Tosta e Tostiña, con Primavera doce; Mora, con A Resurrección; Herrma, con Doce de Coresma; A Nave de Vidán, con Merenda de Vidán; Los Abetos, con Morna tardiña; Casino, con Paseo polo Vilar; Blu Café, con Filloa Mimosa; Airiños Aires, con Comedela de Ramos; Metate, con Metate Paixón; Stollen, con Á Rica Pascua; Enxa, con Serán Florido; e A Charca, con Merenda Avoa Carmen. Todos aqueles que probaron as merendas de polo menos tres dos locais recibiron como premio dous billetes para a Ruta dos Parques do Tren Turístico ou un pack de postais infantís de Santiago, mmm... que rico!. O obxectivo do evento era dobre: dinamizar o consumo nos locais de Santiago durante a Semana Santa e, ao mesmo tempo, continuar consolidando a cidade como destino turístico gastronómico apoiándose nos doces: tanto nos produtos propios e elaboracións típicas de tempada. ❚

Momento da tradicional poxa de uñas celebrada nesta edición da Festa das Uñas. Foto: Concello de Santiago

Actualidade

U

n ano máis, a Asociación Hostelería Compostela colaborou, xunto con Turismo de Santiago, na organización de dous eventos gastronómicos que amenizaron a vida da cidade en marzo. O primeiro deles foi a Festa das Uñas de San Lázaro, que se celebrou do 16 ao 19 de dito mes. A sede da nosa entidade acolleu a presentación desta festa gastronómica, unha das máis antigas de Galicia. En total, participaron 22 locais de toda a localidade que serviron o tradicional prato de uñas; composto por bertóns, patacas e chourizo. Entre todos os comensais, sorteouse unha cea degustación e unha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Hotel Ecorural Nós, en Riocalvo, no Concello de Silleda. Tradicionalmente, Turismo de Santiago xa incluía esta festividade nas súas ferramentas de promoción. Esta difusión intensificouse a partires do 2014, cando comezou unha colaboración coa Asociación Hostelería Compostela co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade e ampliar a participación de locais na mesma. Ademais, do 23 de marzo ao 2 de abril, desenvolveuse a terceira edición do Santiago Paixón Doce. Entre estas datas, as cafeterías participantes incluíron nas

15


[ No v o s s o c i o s ]

ENTRE PIPOS Fernando III El Santo, 2 (Santiago) 981 071 533 www.entrepipos.jimdo.com

Novos Socios 16

PENALT Y CAFÉ BAR uel dos Agros, 6 n Mig Praza Sa Santiago 218 666 435

Neste local do Ensanche compostelán poderás atopar desde unha gran variedade de tostas en pan moreno e queixos, ata táboas de embutido ibérico de gran calidade. Lugar ideal para tomar tapas, de acompañamento contan con viños de diversas denominacións de orixe. Todos os seus produtos son naturais e feitos na súa cociña, que poderás probar a calquera hora do día. Abertos todos os días da semanas desde a mañá á noite, en Entre Pipos ofrecen tamén almorzos e merendas. Dispoñen de chocolate con churros e chocolate sen glute para celíacos. ❚

O Café Bar Penalty ofrécenos un espazo espléndido, agradable e céntrico no que poderás pasar tanto un día soleado tomando unha das súas deliciosas sangrías xunto a unha gran compañía na súa espectacular terraza; como un día chuvioso de Champions tomando unha caña ben fresca envolto nun animado ambiente futboleiro pero tamén deportivo. Isto é o que nos brinda este novo SPORT BAR situado na Cidade Histórica compostelá: na Praza San Miguel dos Agros, 6. Alí te esperan! ❚


Situado no centro neurálxico de Santiago de Compostela, o Restaurante Enxa ofrece unha ampla carta de cociña caseira ademais de menú do día e menú de fin de semana. A comodidade dos seus comensais é a máxima prioridade deste local, por iso ademais dun trato exquisito, non faltan servizos como WIFI e acceso para persoas con movilidade reducida. Contan cunhas grandes instalacións con capacidade para aloxar a unhas 99 persoas. Dispoñen tamén de comedores privados e unha terraza interior. Abren todos os días, incluídos os domingos. ❚

Cuns prezos asequibles para todos os petos, a pensión ArArAt ofrece aloxamento en pleno Ensanche compostelán, a tan só 700 metros da Catedral e a moi pouca distancia doutros lugares de interese da cidade. Todas as habitacións dispoñen dunha zona de estar e un escritorio. Tamén teñen conexión WIFI gratuíta e a posibilidade de contratar camas supletorias. Contan con ascensor e falan tres idiomas: castelán, inglés e ruso. A limpeza e a amabilidade dos seus traballadores é o que máis destacan os seus clientes. ❚

RESTAURA NTE ENXA

Hórreo, 2 6 (Santia go) 981 565 7 21 www.enxa -restauran te.com

PENSIÓN ArA

rAt Repúblic a del Sa lvador, 3 Santiago 2 – 2º

625 70

A

29 09

ANUNCIOS BREVES

TRASPÁSASE O CAFÉ BAR ‘A GAMELA’

Sito na Rúa Oliveira, 5 de Santiago de Compostela. Interesados chamar de mércores a sábado ao número de teléfono 981587025 (Manuel). 17


Juan Carlos Framil, xerente, e Carlos PĂŠrez, encargado do Central Perk.

18


[Unha noite no ….] CENTRAL PERK

O Central Perk ocupa un local que leva aberto moitos anos pero pasando por diferentes mans. Por que tomar vós agora as rendas? Cal é o obxectivo? Todos os que estamos neste proxecto somos de Santiago. Gústanos Compostela e o noso obxectivo é convertela na cidade que quereriamos. Temos máis proxectos en mente, con esa idea de resucitar a cidade. Sobre todo o

Ensanche. Eu recordo de pequeno que a rúa na que estamos, Rúa Nova de Abaixo, era unha pasada! Pero empezou todo a pechar. A Zona Vella sempre se mantén porque é un lugar máxico, pero a Zona Nova caeu un pouco en decadencia e non nos gusta vela así. Por que cres que se perdou a movida no Ensanche? Eu creo que as políticas para potenciar o turismo sempre se deron máis na Zona Vella. Cando no Ensanche é onde vive a gran maioría da xente e non deberíamos deixala de lado nin descoidala. Pero dirías que está cambiando a tendencia? Nós si que o notamos. Polo menos, hai un pequeno empurrón. Hai novos locais que están abrindo, novas propostas, cada vez se organizan eventos máis atractivos… No tempo que levamos, estamos tendo boa resposta da clientela. Eu penso que é porque cando hai bo rollo ou o persoal pásao ben, a xente tamén desfruta. Todos os locais que traballamos nesta rúa levámonos moi ben. Eu non descarto incluso organizar algún evento entre todos para dinamizar aínda máis a zona. Que nos ofrecedes neste novo Central Perk? O que buscamos é sobre todo diversión. É un local que

“Queremos revitalizar o Ensanche, converter Santiago na cidade que nos gustaría” enfocamos principalmente para os estudantes. Facemos eventos, competicións entre facultades, festas… Queremos ser un punto de encontro para xente nova. Reducimos os prezos todo o que podemos. Por exemplo, podes tomar unha caña por un euro. Polas tardes damos tapas e ademais imos a mellorar as nosas propostas, facendo tapas de cortesía moito máis elaboradas. En canto ao tipo de música, estamos abertos a todo. Tivemos eventos de reggaeton, música electrónica, bossa nova e jazz… Normalmente pola noite poñemos música actual, os maiores éxitos do momento. E por que decidistes ser socios da Asociación Hostelería Compostela? Porque consideramos que pertencer a Asociación Hostelería Compostela facilita moito o labor de xerencia. Axúdannos co papeleo, de maneira sinxela, aconséllante… O servizo que presta é para nós de moita axuda.❚

Unha noite no ...

H

ai anos o Ensanche era todo un referente da movida compostelá. As súas rúas enchíanse nas fins de semana - e incluso entre semana – de mozos e mozas dispostos a pasalo ben gozando dos bares, restaurantes, pubs e discotecas que as ateigaban. Sen embargo, a Universidade empezou a perder estudantes, chegou a crise, faltaba promoción… e os locais comezaron a pechar. Hoxe, aínda que pouco queda daquelas noites de non ter case por onde camiñar, a Zona Nova vive unha nova etapa. A oferta hostaleira empeza a rexurdir e establecementos como o Central Perk están atraendo cada vez a un maior número de xente. Situado na Rúa Nova de Abaixo,e tras un importante lavado de cara na súa decoración, abre todos os días desde as 18:00 horas ata peche. Falamos con Juan Carlos Framil, o seu xerente desde o pasado setembro.


Profile for Alberto Seoane

CompHostelería 180  

Implicados na cidade. Éxito do xantar popular que coorganizamos na Festa do Banquete d eConxo

CompHostelería 180  

Implicados na cidade. Éxito do xantar popular que coorganizamos na Festa do Banquete d eConxo

Advertisement