Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 179 | marzo - abril 2018

O CONCELLO RESPONDE

Abordamos co concelleiro Jorge Duarte algunhas das máximas preocupacións do sector: emprego de calidade, tramitación de licenzas, aforos dos locais, vivendas de uso turístico…

Vive a Festa das Uñas de San Lázaro e a ruta ‘Santiago Paixón Doce’


Descubre la nueva tienda online de Cash Record Somos el único Cash & Carry de Alimentación y Horeca con servicio de compra online* y hemos mejorado las prestaciones de nuestra tienda online para ayudar a todos los profesionales en la gestión de su negocio, haciendo la compra cada vez más fácil y rápida: • • • •

Todos los productos adaptados a cada negocio. Ahorro de tiempo y esfuerzo. Posibilidad de elegir la forma de entrega. Consulta de facturas, pedidos anteriores, etc.

Si quieres vender más, prueba a comprar mejor.

Llévate

GRATIS 6 botellas de vino Colleita

descuento en el total de tu compra

A realizar hasta el 4 de marzo de 2018.

* Importe total del pedido sin IVA realizado en la tienda online. Sujeto a un importe mínimo de compra de 60 € para Click and Collect y 150 € para servicio a domicilio.

con tu primer pedido online*

*

5%

Sujeto a un importe mínimo de compra de 60 € para Click and Collect y 150 € para servicio a domicilio.

en tu segundo pedido online*

www.compraonline.cashrecord.com

*Servicio disponible en nuestros centros de A Coruña, Santiago y Vigo.

revista_1.indd 1

12/2/18 9:16


PÁXINA 4

[Entrevista] Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Re l a c i ó n s Ve c i ñ a i s

PÁXINA 7

[Opinión] S l o w Fo o d C o m p o s t e l a

PÁXINA 8

[Actualidade] • Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro • Santiago Paixón Doce • Plan Estratéxico de Turismo • Fitur: Adhesión ao proxecto ‘Peregrinos por el Norte’ • Continúan os cursos de formación

PÁXINA 13

[Novos socios] • Ruta Jacobea • Cafetería Lasso – Auditorio de Galicia

PÁXINA 14

[Na mesa con] ArteSana, gañadores do S a n t i a g o ( é ) Ta p a s

[EDITORIAL] Ser hostaleiro nunha cidade como Santiago non é fácil. Aos problemas e preocupacións do día a día, súmanse - en non poucas ocasións - certas trabas que dificultan o noso labor. Realizar un simple trámite para obter unha licenza supón moitas veces chocar coa lenta burocracia. A competencia desleal está á volta da esquina. E promover un emprego estable e de calidade resulta case imposible cun turismo que non logra desprenderse do estigma da estacionalidade. Desde o Concello aseguran estar a traballar arreo para mellorar todas estas situacións. Cóntanolo o concelleiro Jorge Duarte nunha entrevista coa que abrimos este número de CompHostelería. No eido do turismo, tamén asistimos a novidades nas últimas semanas. Xa está presentado un novo Plan Estratéxico, que ten por obxectivo rexer ao sector en Compostela ata o ano 2022. Un documento que xera tantas expectativas como controversias e para o que tendemos, unha vez máis, a nosa man. Escoitar e ser escoitados cremos que é a mellor maneira de avanzar nun tema de vital importancia para a nosa cidade. A ninguén se lle escapa xa que a gastronomía ocupa un lugar primordial na promoción turística. Por iso, desde esta Asociación colaboramos, xunto con Turismo de Santiago, na organización de dous eventos que se celebrarán en marzo: a Festa das Uñas de San Lázaro e a ruta de ‘Santiago Paixón Doce’, dos que vos informamos en páxinas interiores. Animámosvos a todos, turistas e veciños, a gozar con estas propostas tan saborosas. ❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


“Imos xa polo terceiro borrador da ordenanza das terrazas e esperamos velo co sector nos próximos meses”

- 4

Jorge Duarte, nun dos salóns do Pazo de Raxoi. Foto: Iván Barreiro.


“Mellorar a tramitación das licenzas e crear emprego de calidade na hostalaría son algúns dos nosos retos”

Entrevista

[ Entrevista] Jorge Duarte, Segundo tenente de alcalde As licenzas urbanísticas, as terrazas, os aforos dos locais… Son moitos os asuntos que afectan á hostalaría en Compostela e que están nas mans de Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais. Quedamos con el no Pazo de Raxoi para poñer enriba da mesa moitas das preocupacións do noso sector. Por entrar en materia, que opinión ten do sector da hostalaría en Santiago? Eu creo que contamos con moi bos profesionais. En concreto, temos moitos hoteis con moi boa calificación. O que necesitamos é que eses espazos xeren emprego de calidade, estable durante todo o ano. É triste ver como pechan hoteis durante a tempada baixa e por iso un dos maiores retos deste Goberno é traballar na desestacionalización. No que se refire a restauración e ocio, creo que estamos tamén nun nivel alto. Un dos grandes valores de Santiago como destino turístico precisamente é a súa gastronomía. Falando de hoteis, unha das primeiras decisións deste Goberno local foi establecer unha moratoria na apertura de novos negocios deste tipo na Cidade Histórica. Por agora, sen fin, non si?

Si, a moratoria continúa. Toda edificación catalogada como residencial non pode albergar usos turísticos. Cal é o obxectivo? Permitir que haxa vivenda en aluguer para residentes. A Cidade Histórica non pode converterse nun mero decorado cheo de turistas. E ademais da moratoria, fixemos un estudo para ver cantos pisos que teñen un carácter residencial están sendo destinados a uso turístico a través de plataformas online. Ese estudo di que durante o ano 2017 foron máis de mil vivendas. E desas mil, aproximadamente un 70% están na Cidade Histórica. Para nós ese é un punto moi grave. Nese senso, viu a axudar o decreto de vivendas de uso turístico que aprobou a Xunta o ano pasado? A Xunta mandounos unha relación de vivendas rexistradas en toda a cidade e nós o que lle contestamos é que todas aquelas que non tiveran autorización antes de decembro de 2016, que é cando se fai a modificación do Plan Especial, non van poder ter un uso turístico. Ademais, supoñen aproximadamente só un 10% de todo o que está na actualidade en aluguer en Santiago a través destas plataformas. Cambiando de tema, a mesa de diálogo que se estableceu coa hostala-

ría nocturna xa no 2016 serviu para aprobar unha nova instrución sobre os aforos dos locais. Pero continúa pendente a modificación das zonas saturadas… Si, esa instrución permitiu clarificar como computar os aforos porque había moitos locais moi por debaixo da súa capacidade de evacuación. Pero o decreto non chega a ser todo o utilizado que nós pensabamos porque hai certas zonas consideradas saturadas nas que hai que ver como se poder solventar ese incremento. Polo tanto, hai que seguir traballando en facer un novo mapa de ruídos da cidade para ver se esas zonas saturadas que están agora mesmo delimitadas son as máis correctas. E a partir de aí poderemos seguir avanzando. Continuará esa mesa de diálogo co sector da hostalaría nocturna? Sempre temos que seguir falando. Pero hai que ter en conta non só a opinión dos hostaleiros, senón tamén a dos residentes. Temos que garantir o dereito ao descanso dos cidadáns. E aí os hostaleiros tamén fan colaboracións moi importantes como a campaña de ‘Fala baixiño’. Porque o ruído na rúa, que é o que realmente molesta aos veciños, ten moito que ver cun problema cultural. 5


Entrevista 6

Outro dos problemas que atopan os hostaleiros son as dificultades á hora de conseguir licenzas…

“Máis de mil vivendas de uso residencial da cidade destináronse a aluguer turístico durante 2017”

Ás veces os tempos no Concello son máis lentos do que a todos nos gustaría. Temos un programa que é mellorar a oficina de atención á cidadanía para axudar nestes trámites. Non podemos anunciar datas de implantación pero é algo que queremos facer durante este ano. E, por outro lado, cremos que hai que mellorar a administración electrónica. Parece que estamos nunha administración do século pasado. Contamos con fondos europeos para ese proxecto de modernización e reducir así os trámites e os tempos.

ao uso e disfrute da cidade por parte dos veciños.

partamento no que afecte ao noso sector?

En que punto está a ordenanza das terrazas?

Haberá entón que suprimir as que xa están levantadas?

Cando chegamos ao Goberno había unha ordenanza que estaba en marcha que tiña unhas concesións por un tempo que entendíamos que non se axustaban a dereito. Nós entendemos que as estruturas fixas na rúa non son positivas porque consolidan unha privatización do espazo público. Na actualidade a verdade é que imos xa pola terceira versión do borrador da modificación desa ordenanza de terrazas. É un tema que non é sinxelo. Temos que intentar compatibilizar a demanda da hostalaría co dereito

Entendemos que non podemos prorrogar o tema das terrazas estables, sobre todo na Cidade Histórica. Haberá que ver se nalgún outro punto da cidade, en grandes espazos ou noutros barrios, podería ser. Pero temos que buscar a fórmula xurídica. A nosa idea é devolver o espazo público aos cidadáns. Nos próximos meses gustaríanos ver o borrador co sector hostaleiro.

Un dos retos, como dicía antes, sería a mellora da tramitación das licenzas. Tamén nos preocupa a Lei de Accesibilidade, que implica que os locais non exclúan ás persoas que teñan dificultades de mobilidade. Tamén seguir traballando para manter a vitalidade da cidade. Que podamos contribuír, no que sexa posible, a que a hostalaría cree empregos estables, de calidade. Para iso cremos que é fundamental a desestacionalización. E tamén cremos que é moi importante traballar na oferta turística de tal forma que non estea tan centralizada. A nosa cidade é algo máis que unha Cidade Histórica. ❚

Duarte asegura que están a traballar nun novo mapa de ruídos da cidade. Foto: Iván Barreiro.

Cales serían entón os principais obxectivos para 2018 do seu de-


[Opinión] Van máis de 30 anos dende que se abriu o primeiro McDonald’s en Roma, para o estupor de Carlo Petrini, por aquel entón sociólogo e editor de revistas gastronómicas, que viu coma no seu país, cunha das máis ricas tradicións culinarias, estábase a asentar un estilo de alimentación rápida e de dubidosa calidade nutricional. Contra esta moda do Fast Food, xurdiu entón o movemento Slow Food, para valorizar a gastronomía autóctona, protexendo así a biodiversidade agroalimentaria e o patrimonio cultural vinculado. O movemento foi crecendo e consolidándose ata que, no 2003, nace a “Fondazione Slow Food per la Biodiversitá Onlus”, encargada de velar pola biodiversidade agroalimentaria ao redor de todo o mundo, a través de diversos proxectos específicos coma por exemplo a “Arca do Gusto”, na que se catalogan alimentos que poidan estar en risco de desaparición pola súa mala saída comercial, ou descoñecemento dos mesmos; “Baluartes”, onde se protexen técnicas de cultivo ou receitas pouco coñecidas; e “Tutelados”, onde se engloban os produtos susceptibles de ser protexidos sen chegar a estar en perigo de extinción. Aínda que de tódolos proxectos, o máis coñecido é o restaurante Km 0 Slow Food. Este tipo de distinción, outórgase a un restaurante que traballa na súa carta con maioría de produto local, e no que se inclúa algún produto da “Arca do Gusto” correspondente á súa zona xeográfica (100 quilómetros ao redor). E para poder traballar deste xeito deslocalizado e local, desde a sede central italiana, delegan parte dos seus cometidos ás delegacións ou “Conviviums”, que traballan ao amparo das súas directrices. E este é precisamente o noso caso: no ano 2017 constitúese o convivium Slow Food Compostela, coma unha asociación sen ánimo de lucro, con sede en San-

Rocío García Carregal, secretaria da Asociación Slow Food Compostela

tiago de Compostela, que traballa para a divulgación e posta en valor da riqueza agroalimentaria de Galicia. A pesar da nosa corta vida en activo, ata agora, o noso convivium fixo numerosas accións divulgativas dirixidas ao público xeral, coma un curso para a Universidade de Verán da USC, ou charlas sobre o turismo sostible asociado á alimentación. Tamén eventos coma o Terra Madre Day, que se realizou de xeito simultáneo en todo o mundo. Este fíxose por primeira vez en Compostela con produto exclusivamente dos nosos socios, e nel contamos con case cen comensais, así coma divulgación a través nas nosas redes sociais e páxina web. Ampliamos ademais a “Arca do Gusto” galega sumando a vaca cachena e o tomate negro de Santiago, e estamos a traballar para introducir a galiña de Mos aos xa existentes porco celta, queixo Arzúa Ulloa, requeixo do Cebreiro, centolo de Lira e millo corvo. Pero do que máis orgullosos estamos é de contar xa con case 40 asociados entre pequenos produtores, hostaleiros e empresas, cos que traballamos poñendo en valor o produto local, creando sinerxias entre eles para conseguir que o bo alimento que temos en Galicia, sexa consumido en Galicia, e que todos na cadea de produción reciban un pago xusto polo seu traballo. Polo dagora, temos xa dous restaurantes certificados co distintivo Km 0: o The Next Door, na Coruña, e Galeguesa Vigo. Temos pendentes dous proxectos máis cos que estamos a traballar para a obtención de dito certificado. De cara a este 2018, os nosos obxectivos son ampliar máis a familia Slow galega, velar pola nosa biodiversidade agroalimentaria, conseguir afianzar a rede consumidor-produtor pasando polos hostaleiros e puntos de venda e, como di o noso lema, traballar por un alimento bo, limpo e xusto para todos. ❚

Opinión

SLOW FOOD COMPOSTELA

7


[ Ac t u a l i d a d e ] GOZA COA FESTA GASTRONÓMICA DAS UÑAS DE SAN LÁZARO…

A

festa gastronómica das Uñas de San Lázaro, unha das máis antigas de Galicia, celebrarase do próximo vernes 16 ao luns 19 de marzo. A Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago volven a colaborar, por segundo ano consecutivo, na promoción deste evento, co obxectivo de seguir poñendo en valor a gastronomía tradicional picheleira.

Actualidade

San Lázaro

Locais participantes na Festa das Uñas 2018: Barrio de San Lázaro A Casa da Viña Doña Ana El Obelisco La Bodeguilla de San Lázaro Labrador Mesón As Fontiñas Mesón De Lázaro O Muiñeiro Pedra Santa Periquillo Susos O Tangueiro

Outros barrios A Nave de Vidán Brasería A Grella Don Quijote Los Caracoles O bo xantar San Paio Taberna da Feira Ultreia Ruta Jacobea

Ademais, e como incentivo ao consumo, todos aqueles que acudan aos locais participantes a tomar un prato de uñas poderán entrar nun sorteo dunha cea desgustación e dunha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Hotel Ecorural Nós, en Riocalvo (Silleda). Un lugar onde conectar coa natureza, descubrir algún dos segredos do Camiño da Prata e a Ruta do Románico e desfrutar nun ambiente acolledor e familiar. Esta festa ten lugar cada ano no Quinto Domingo de Cuaresma, tamén chamado ‘Domingo de Lázaro’ ou ‘Domingo de Paixón’,

8

festa das uñas

As uñas de San Lázaro, que normalmente se acompañan de bertóns, patacas e chourizo, poderán tomarse nos máis de vinte locais participantes, moitos deles situados neste barrio pero tamén en restaurantes ubicados noutras zonas da cidade.

BARRIO DE SAN LÁZARO:

OUTROS BARRIOS:

restaurante A Casa da Viña restaurante Doña Ana restaurante El Obelisco restaurante La Bodeguilla de San Lázaro restaurante Labrador Mesón As Fontiñas Mesón De Lázaro restaurante O Muiñeiro restaurante Pedra Santa restaurante Periquillo restaurante Susos restaurante O Tangueiro

restaurante A Nave de Vidán Brasería A Grella restaurante Don Quijote restaurante Los Caracoles restaurante O bo xantar restaurante San Paio Taberna da Feira restaurante ultreia restaurante ruta jacobea

do 16 ao 19 de marzo de 2018 www.semanasantasantiago.gal

que dá paso á Semana Santa co Domingo de Ramos. Inclúe diversos oficios relixiosos para honrar a San Lázaro e unha tradicional romaría na que se celebra unha gran subasta de uñas e outras pezas do porco ofrecidas ao santo. … E DESPOIS CO ‘SANTIAGO PAIXÓN DOCE’!

S

ó catro días despois da celebración da Festa das Uñas de San Lázaro comezará a terceira edición do ‘Santiago Paixón Doce’, do 23 de marzo ao 2 de abril. Trátase dunha iniciativa organizada por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela que busca poñer en valor a tradición larpeira de Santiago e a súa repostería, cun aceno especial aos doces desta época do ano, a Semana Santa e a chegada da primavera.


AMPLIACIÓN DO HORARIO DE PECHE E TERRAZAS DURANTE A SEMANA SANTA

O obxectivo último é o impulso do turismo gastronómico, obxectivo que comparte co concurso “Santiago(é)Tapas”, co que se complementa. Así, mentras que “Santiago(é)Tapas” celébrase anualmente en novembro e está dirixido a bares e restaurantes que ofrecen as súas tapas antes e durante o xantar e a cea, esta acción está destinada a cafeterías, xeaderías e similares e pon o protagonismo na merenda.

D

espois de telo solicitado a Asociación Hostelería Compostela ás autoridades pertinentes, tense concedido a ampliación de UNHA HORA no horario de peche dos locais, así como no horario das terrazas durante a Semana Santa, entre os días 22 de marzo e 1 de abril de 2018.❚

Cada un dos establecementos participantes ofrecerá unha merenda tipo, composta dun doce (pastel, torta, xeado ou similar) e un líquido (zume, infusión, café, chocolate ou similar). Todos eles, así como as merendas, poden consultarse na web www.semanasantasantiago.gal Tradición larpeira Santiago é una cidade larpeira, que aínda goza das doces receitas ancestrais traídas hai séculos polas ordes relixiosas e dunha longa tradición chocolateira, vida de América e transferida a Europa grazas á contribución do Camiño. A esa dozura de seu, engádenselle coa chegada da Semana Santa e da Pascua numerosos doces e sobremesas de temporada, que se suman ás famosas roscas e os tan populares ovos de Pascua: torrixas, leite fritido, buñuelos, rosquillas, melindres e outras lambetadas desta época do ano. Por iso ‘Santiago Paixón Doce’ quere chamar a atención sobre as “doces” merendas de Compostela nesta Semana Santa. ❚

9


[ Ac t u a l i d a d e ] NOVO PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO COMPOSTELÁN

Actualidade

A presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; e o vogal da nosa Asociación, Lois López, (na dereita da imaxe) asistiron á reunión explicativa do novo Plan Estratéxico de Turismo qur ofreceron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

S

antiago conta xa cun novo Plan Estratéxico do Turismo, que define os grandes obxectivos, retos e propostas de actuacións a impulsar ata o ano 2022 para transformar o actual modelo turístico da cidade. Este Plan elaborouse a partires dun proceso de análise da situación do sector no que participaron máis de 50 persoas expertas e representantes dos diferentes ámbitos vinculados co turismo así como da veciñanza de Santiago, que puideron expresar as súas visións a través de seis mesas de traballo temáticas e oito entrevistas en profundidade. O documento foi presentado á Asociación Hostelería Compostela pola concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, nunha reunión á que tamén asistiron representantes doutras institucións relacionadas co sector. Retos turísticos O Plan establece catro grandes retos turísticos a conseguir de cara ao 2022 e un reto transversal.

10

No reto da gobernanza, trátase de replanificar o modelo turístico de Santiago para lograr unha nova forma de xestión máis eficaz a través da coordinación real de todos os axentes clave con competencias sobre o turismo da cidade, buscando a sustentabilidade do modelo a longo prazo, sen esquecer os criterios de rendibilidade. As principais actuacións que se propoñen no reto da gobernanza son: establecemento de canles de comunicación entre as diferentes administracións e o sector privado para evitar a descoordinación actual; establecemento de foros turísticos por barrios; optimización do Consello Municipal de Turismo e creación dun programa de prescritores da cidade. En canto á desescentralización, trátase de buscar novos polos de atracción turística na procura dunha mobilidade máis optimizada dos fluxos turísticos, en base ao seu poder de atracción, da planificación a través das novas tecnoloxías e tamén das novas formas de entender o turismo polos novos viaxeiros, que buscan viaxes máis experienciais, motivacionais e cargadas de vivencias.


As principais actuacións que se propoñen neste ámbito son: creación de rutas turísticas en base á posta en valor de recursos turísticos situados fóra da zona centro; rede de localizacións alternativas incorporando espazos dos barrios ás experiencias turísticas; creación do Plan de Sinalización SCQi e estratexia dixital dirixida a captación de turistas de maior calidade. En terceiro lugar inclúese o gran reto da desestacionalización. A polarización entre a ocupación turística en tempada alta e tempada baixa en Santiago, así como a baixa estancia media dos visitantes, é unha problemática grave que debe ser abordada con decisión. O obxectivo é aumentar a rendibilidade a través dun maior consumo por visitante, a selección dos segmentos máis prioritarios para o modelo de turismo que se pretende impulsar e lograr unha maior permanencia ao longo de todo o ano. O reto da desestacionalización turística é o maior reto que afronta o sector dende hai anos, xa que impide a consolidación dun modelo económico de maior calidade, que garanta tanto a rendibilidade durante todo o ano das empresas do sector como a calidade do modelo laboral, caracterizado actualmente pola discontinuidade. Precisamente por este motivo, neste ámbito é no que se presenta un maior número de propostas de actuacións. Destacan as seguintes: creación da experiencia Urban SCQ para impulsar o turismo urbano; deseño de novas experiencias turísticas como Destino Urbano Slow; creación de Compostela Literaria; novo produto turístico ao redor das grandes figuras literarias galegas; creación de Compostela Romántica para impulsar a cidade como destino “romántico”; potenciación do turismo de compras e recuperación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, que deixou de aplicarse na cidade no 2011. Tamén neste ámbito proponse unha aposta decidida polo Turismo de Congresos, Xornadas e Eventos (MICE), potenciando o papel do Santiago de Compostela Convention Bureau e a creación dunha Mesa de Traballo do Turismo MICE. Tamén se propón afondar na

estratexia de promoción da gastronomía da cidade a través de Compostela Gastronómica, impulsando a creación dun grupo de Novos Cociñeiros de Compostela e potenciando os eventos gastronómicos da cidade. O último reto turístico é a definición dun modelo de desenvolvemento turístico sustentable social, económica e medioambientalmente. No eido social é fundamental lograr un entendemento entre veciñanza e visitantes. No eido económico, débese garantir a distribución da rendibilidade turística por toda a cidade para que os beneficios do turismo repercutan en todo o concello. No eido medioambiental e patrimonial, débese asegurar a conservación dos recursos endóxenos, fomentar un uso racional e responsable dos recursos e promover o desenvolvemento turístico baixo criterios de equilibrio territorial. As principais actuacións que se propoñen son: posta en valor da contorna verde santiaguesa; promoción especializada de Santiago como destino verde; medición da capacidade de carga dos principais recursos e establecemento de mecanismos de control; consolidación do actual programa Santiauga e mellora da fiscalidade a través dunha taxa turística por pernoctacións e dun gravame para as persoas excursionistas. Ademais, no Plan de Turismo de Santiago defínese o reto da xentrificación, concibido como un reto que vai máis aló da propia dimensión turística, xa que se trata dunha problemática de cidade, que require do impulso e coordinación doutros ámbitos con competencias directas nas políticas do Casco Histórico, desenvolvemento urbano e vivenda. As principais propostas de actuación son: delimitación, acotación e exclusión da oferta turísticas ilegal; incentivos ás persoas que cambien a súa residencia ao Casco Histórico; dotación de fibra óptica ao Casco Histórico; mellora da accesibilidade no Casco Histórico; dotación de máis liñas e paradas de transporte público na coroa do Casco Histórico e optimización do usos dos aparcadoiros con vantaxes para os residentes. ❚

Grupo R de Salud Laboral, S.L.

Departamento Comercial Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3º Izq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 154 212 Móvil 609 287 814

www.ivanbarreiro.com 11


[ Ac t u a l i d a d e ] ASISTIMOS A FITUR E SUMÁMONOS AO PROXECTO‘PEREGRINOS POR EL NORTE’

U

nha representación da Asociación Hostelería Compostela asistiu un ano máis á Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebrou en Madrid do 17 ao 21 de xaneiro. Alí puideron coñecer de primeira man algunhas das novidades que afectarán ao sector da hostalaría compostelá, como o convenio entre Renfe, o Concello e a nosa entidade para a promoción da cidade. Deste xeito, desenvolveranse accións conxuntas para promocionar o turismo e o uso do tren como medio de transporte.

Actualidade

Visitando Fitur.

Sara Santos, no acto de sinatura do proxecto ‘Peregrinos por el Norte’

CONTINUAMOS COS CURSOS DE FORMACIÓN

Ademais, a nosa presidenta, Sara Santos, asinou a adhesión da Asociación compostelá a ‘Peregrinos por el Norte, de hotel en hotel’, un proxecto de Otea, a Asociación de Hostelería e Turismo de Asturias, que ofrece unha selección de hoteis especializados en peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago. O obxectivo é que o peregrino teña unha referencia de establecementos de aloxamentos que teñen un servizo diferenciado e adaptado ás súas necesidades. A caseta do Principado de Asturias en Fitur acolleu este acto de sinatura para a incorporación das provincias de Biscaia e Guipúzcoa, do País Vasco; e de Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, por parte de Galicia, e a renovación de Cantabria, a través das súas respectivas asociacións de hostalaría, hotelería e turismo. Ademais de Sara Santos, asistiron á firma do convenio o presidente de Hosteleria de Cantabria, Ángel Cuevas; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, José Francisco Real Castro; o presidente da Asociación de Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete do Campo; o xerente da Asociación de Hostelería de Bizkaia, Héctor Sánchez Zarraga; o secretario xeral da Asociación de Hostalaría de Guipúzcoa, José Joaquín (Kino) Martínez; o secretario xeral da Asociación de Aloxamentos de Guipúzcoa, Paul Liceaga e por parte de Otea, o presidente e o vicepresidente, Jose Luis Álvarez Almeida e Fernando Corral, respectivamente. Tamén estiveron presentes responsables políticos de Turismo das respectivas comunidades.

12

Curso de inglés para a atención ao cliente en hostalería.

A

s diferentes aulas coas que conta a sede da Asociación Hostelería Compostela na Rúa Salvadas seguen programando diferentes cursos e xornadas de interese para o sector. Nos últimos meses, entre outras cousas, acollemos formacións para mellorar a atención aos clientes en hostalaría en inglés e celebrouse unha xornada sectorial Re-acciona titulada ‘Hostelería e contorna dixital: novos retos, novas oportunidades’. Organizada polo Igape, a esta xornada asistiu o seu xerente, José Manuel Fernández, o director xeral de OCA Hotels, Ramón Braña, e a CEO de Galiwonders, Sabela Ruiz. Se queres obter información sobre estes cursos, seminarios e xornadas formativas, podes seguir todas as novidades na nosa páxina web santiagohosteleria.net ❚


[ No v o s s o c i o s ]

ALICIA ORIO DE G IT D U A O go) FETERÍA D n (Santia LASSO CA acións, s/ N urgo das Avenida B 07 981 573 8 il.com sso@gma cafeteriala

JACOBEA A T U R L E T HO tiago) , 41 (San Lavacolla 11 981 888 2 cobea.com hotel@rja

A nova cafetería do Auditorio de Galicia toma o nome do apelido materno do arquitecto do edificio: Julio Cano LASSO. O local ofrece almorzos e xantares de luns a venres, de 9:00 a 17:00 horas. Ademais, tamén abren cando hai espectáculos no interior do recinto municipal desde unha hora antes do inicio das actuacións. Contan cunha galería con marabillosas vistas ao lago e Parque da Música do Burgo das Nacións. A súa proposta cultural inclúe actividades de aforo reducido a desenvolver nas propias instalacións, como conversas, debates, performances ou actuacións de DJ. ❚

Situado moi preto do aeroporto, o Hotel Ruta Jacobea está equipado con todos os servizos de calidade necesarios para cubrir as exixencias de quen se achegue á capital de Galicia. Dispón de 16 habitacións e 4 suites decoradas de forma individual cun estilo confortable e actual, atendidas co toque amable e cálido do seu persoal. O restaurante Ruta Jacobea dedica unha atención especial á cociña galega, sen deixar de lado a cociña internacional e de tempada. Os comedores poden ser divididos en espazos privados cunha capacidade total de 300 persoas. Dipoñen de aparcamento propio e un xardín de xogos para aos máis pequenos. ❚

13


Álvaro coa tapa ‘Taco de Outono’. Foto: Iván Barreiro. 14


[Na mesa con ….] Álvaro Pérez – ArteSana Gastrobar – Gañadores do Santiago(é)Tapas 2017

Levades participando no Santiago(é)Tapas desde que abristes o voso local. Por que? Porque sempre pode haber cousas a mellorar, pero non hai nada máis que ver como se comportan os clientes. A cidade está entusiasmada con ir probar as tapas e o público é cada vez máis exixente. Séntese importante poñendo en valor a súa opinión. Ademais de que o prezo está moi axustado. E por que cres que gañou a vosa tapa? Imaxino que foi por moitas cousas. Creo que ten que ver coa experiencia que temos no concurso. Para nós unha clave é saber escoitar aos clientes. E esa evolución viuse reflectida no ‘Taco de Outono’. Tamén pola combinación de sabores que fixemos que adoita gustar aos galegos e pola espectacularidade da súa montaxe. Levaba unha campá

que afumabamos no momento co anís, as castañas… Era moi visual. Aínda podemos probar o ‘Taco de Outono’ no ArteSana? Si, intentaremos de cando en vez lanzalo no formato: ‘Pica na barra’. Aínda que esteamos fóra da estacionalidade, algunha fin de semana si que a poñeremos de suxerencia. Como defines o voso gastrobar? É un local humilde. Estamos no barrio de Conxo, entón o noso primeiro cliente ten que ser o local. A nosa estrutura física é máis similar a un bar que a un restaurante. Por iso o de gastrobar. E cociñamos respectando moito o produto. É máis difícil arrancar cun restaurante en Santiago nunha zona que non é turística? Esta ubicación ofrecíanos moita luminosidade, un espazo aberto, visible, limpo… Abrimos no 2012. Estabamos en plena crise económica e o normal era que nos dixeran que estabamos tolos, que a onde íamos, que non era o momento, que non sei que… Pero nós pensabamos que nun momento de contracción do sector as empresas que mellor o fixeran, desde o punto de vista da produtividade, eficencia, saber escoitar ao cliente… suporía unha diferenciación no mercado. Seguramente fomos un pouco valentes pero críamos neste formato. Sabiamos que estaba funcionando noutros lugares. Queriamos ter prezos axustados, cunha calidade

Detalle do premio nas paredes de ArteSana. Foto: Iván Barreiro

propia de restaurante e facer accesible a todo o mundo a calidade que se lle predispón á alta gastronomía, o formato tapa, o formato rápido, dinámico, que sexa posible compartir… Buscabamos que todo fora un conxunto: os principios, os valores, as materias primas, as técnicas, a profesionalidade. De onde vén o nome ArteSana? Encántame os tres significados do nome. Por un lado, comer é un Arte. Sana porque ten que ser limpo, natural. E se xuntas os dous elementos e os cociñas con mimo, con cariño, co bo facer, con ganas e motivación, aí tes o Artesán. Por que che gusta esta profesión? Encántame a relación cos clientes. É a nosa razón de ser. É moi satisfactorio. Cando ves que unha persoa chegou con présa, con frío… e de alí a un pouco está contenta, relaxada, comeu, pasouno ben… É moi gratificante. Estar rodeado de xente, falar, interactuar, saber que unha cousa gusta… é moi bonito. E iso fai que queras facelo ben día a día. ❚

Na mesa con ...

M

áis de 34.000 tapas consumíronse na última edición do Santiago(é) Tapas, concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago. O público, que podía escoller entre 101 propostas de 70 locais diferentes, elexiu como a súa gañadora o ‘Taco de Outono’ de ArteSana Gastrobar. O establecemento, que abriron fai cinco anos Álvaro Pérez e José Carlos Rial ‘Fredi’ no barrio de Conxo, é un habitual do certame. E vencelo non foi doado. “Tense que xuntar un pouco de sorte e de bo traballo”, conta Álvaro.


Antía Moure Instalación

GALICIA UNIVERSAL A ARTE GALEGA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN ORGANIZA:

FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

Exposición Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela 16 mar—14 out 2018 Entrada de balde cidadedacultura.gal

Profile for Alberto Seoane

Revista CompHostelería 178  

O CONCELLO RESPONDE. Abordamos co concelleiro Jorge Duarte algunhas das máximas preocupacións do sector: emprego de calidade, tramitación...

Revista CompHostelería 178  

O CONCELLO RESPONDE. Abordamos co concelleiro Jorge Duarte algunhas das máximas preocupacións do sector: emprego de calidade, tramitación...

Advertisement