Issuu on Google+

OH, LA, LA... PARIS, PARÍS!

Mateo Bello


OH, LA, LA... PARÍS, PARÍS! Día 1-Xoves

Cando cheguei ao aeroporto non o cría¡ Ía ir a París! En Navidades, cando me deran a noticia, estaba entusiasmado... pero, agora estaba que non cabía en min de gozo. No momento en que chegamos a París, no aeroporto Charles de Gaulle ,collemos o metro e fomos ao hotel. No metro había moita xente diferente: xoves, anciáns, brancos, negros, orientais, turistas, residentes... Despois de instalárrmonos fomos cara o “Arc de Triomphe” preto do noso hotel e, no mesmo camiño, cara o gran xigante de ferro de 1889: a “Tour Eiffel”. Crucei a primeira ponte sobre o Sena, chea de barcos de paseo iluminados e algúns con restaurantes e xente ceando.


Día 2-Venres

Almorzamos no hotel cousas saborosas (aínda que prohibidas para min por ter leite, ovo, plátano) que me tentaron: queixos, “croissants”, “ chocolats”... Con novas forzas, grazas ao almorzo , dirixímonos cara o Museo de Louvre pola avenida dos “Champs Elysees”, á beira de grandes Hôtel que hoxe son museos e mesmo a casa do Presidente da República, pasando pola praza da “Concorde”, onde se atopa o famoso Obelisco. O edificio do Louvre, antes de ser o gran museo que é actualmente, foi un palacio que habitaron moitos reis ( Luís XIV, XV, XVI) así coma o emperador Napoleón.O museo tiña uns xardíns amplos con sillas de ferro que serviron de descanso para o meu cansado corpo. Xa dentro do museo vimos obras incribles coma a Mona Lisa , a Vitoria de Samotracia, a Venus de Milo, o Escriba sedente. Moita arte exipcia. Cando saímos (cheos de cultura ata o último pelo) tomamos un reconfortante chocolate quente na cafetería do Louvre, con impresionantes vistas do museo.


Día 3-Sábado

Espertamos cedo e almorzamos rápido (cousas terminantemente prohibidas outra vez) Collemos o metro para a chegar á “Bastille”, unha penitenciaría onde axusticiaban os presos na guillotina. Hoxe en día o cárcere xa non existe. No seu lugar encóntrase agora o novo Palacio da Ópera,un edificio moderno. Despois fomos á catedral de “Notre Dame”. Cruzamos outra das pontes sobre o Sena onde, se querías entrar, tiñas que esperar unha cola incrible que enchía , alomenos, toda a praza, por non dicir toda a illa A illa (Ille de la Cité). Conserva edificios antigos moi bonitos e maxestuosos. Dende a illa dirixímonos ás galerías de “La Fallete”, un edificio noble de seis plantas con cúpula de cristal de colorines moi fermosa. Dende o ático pódese alcanzar ver todo París. O centro “Pompidou” foi a nosa seguinte parada. Este edificio con grandes tubos de ferro é unha homenaxe ao presidente da república que lle da nome, considérase o centro de arte moderna. Acto seguido camiñamos ata o “Hôtel de Ville” (o Concello de París), un edificio que me impresionou , porque foi o único edificio que vin en toda a miña vida no que enreixaran as figuras de pedra para que as pombas non aniñasen alí. Nunha tenda próxima meus pais compráronme un libro e uns poucos “macarons”: uns pasteliños típicos de París en forma de minihamburguesa de cores, e cada cor, un sabor. Xa de regreso, pasamos pola “Opéra Nacional de París Garnier”, un palacio con múltiples esculturas, unha cúpula verde e dúas figuras douradas, unha a cada lado da sua gran fachada.


Por último, para rematar este longo día pasamos, por azar , por un mercado no que se vendía froita, flores, legumes e ata comida feita , en “tuper”.

Día 4-Domingo Xa non tiña apetito e non almorcei (mal sinal ao que restei importancia). Outra vez o metro nos serviu de medio de transporte ata “Mont Mâtre”, monte no que se encontra a igrexa católica “Sacre Coeur” onde, como bós turistas, collemos un trenecillo turístico para dar a volta ao monte, antigo barrio de cabarets (de feito, alí se encontra o primeiro cabaret do mundo, “Au lapin âgile”). É fogar de bohemios escritores e pintores. A hora do xantar fomos ata o Barrio Latino (Quartier Latin) na busca dun restaurante que nos recomendaran e viña na nosa guía. Andamos media hora na súa busca (eu arrastrando a miña dor de barriga) e... ¡ta-chaaaaan! O restaurante estaba pechado. Cansos de camiñar e cun humor de cans, paramos no primeiro restaurante que atopamos, un “bristo”.


Despois de comer fomos ao Panteón e ao barrio latino onde está a Universidade de Paris ( A Sorbona) . Alí, beira do Sena (onde a meu pai lle caeu o sombreiro ao río), collemos un “bateau-bus” mesmo ao pé do Museo de Orsay onde so puiden ver dous cadros . As miñas tripas non me deixaban nin ver... Baixámonos na parada da “Tour Eiffel” para ir ao hotel.

Día 5-Luns

Os nosos plans tiveron que suspenderse. Adeus Disney, adeus subida á Torre, adeus á tumba de Napoleón e a os Inválidos... Pasei todo o día na cama polos (malditos sexan tres veces) alimentos que non podía tomar e tomei.

Día 6-Martes

Fixemos a maleta e dirixímonos ata Charles de Gaulle en tren; collemos o avión e, cando por fin chegamos á casa, volvín meterme na cama coa miña dor de barriga. Definitivamente... París é unha cidade que todo o mundo ten que ver, e a onde eu teño que volver...

Mateo Bello


Oh, la, la... París!!