Constitución Española (galego)

Page 42

23.º  Lexislación básica sobre protección do ambiente sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección. A lexislación básica sobre montes, aproveitamentos forestais e vías pecuarias. 24.º  Obras públicas de interese xeral ou de realización que afecte máis dunha comunidade autónoma. 25.º  Bases do réxime mineiro e enerxético. 26.º  Réxime de producción, comercio, posesión e uso de armas e explosivos. 27.º  Normas básicas do réxime de prensa, radio e televisión e, en xeral, de todos os medios de comunicación social, sen perda das facultades que no seu desenvolvemento e execución lles correspondan ás comunidades autónomas. 28.º  Defensa do patrimonio cultural, artístico e monumental español contra a exportación e a espoliación; museos, bibliotecas e arquivos de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión por parte das comunidades autónomas. 29.º  Seguridade pública, sen prexuízo da posibilidade de creación de policías polas comunidades autónomas na forma que se estableza nos respectivos estatutos no marco do que dispoña unha lei orgánica. 30.º  Regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución co fin de garantir o cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia. 31.º  Estatística para fins estatais. 32.º  Autorización para a convocatoria de consultas populares por vía de referendo. 2.  Á parte das competencias que poderán asumir as comunidades autónomas, o Estado considerará o servicio da cultura como deber e atribución esencial e facilitará a comunicación cultural entre as comunidades autónomas de acordo con elas. 3.  As materias non atribuídas expresamente ó Estado por esta Constitución poderanlles corresponder ás comunidades autónomas, segundo os seus respectivos estatutos. A competencia sobre as materias que non foren asumidas polos estatutos de autonomía corresponderalle ó Estado, e as normas deste prevalecerán, en caso de conflicto, sobre as das comunidades autónomas en todo o que non estea atribuído á exclusiva competencia destas. O dereito estatal será, en calquera caso, supletorio do dereito das comunidades autónomas.

Servicio do Estado á cultura

Artigo 150 1.  As Cortes Xerais, en materias de competencia estatal, poderanlles atribuír a todas ou a algunha das comunidades autónomas a facultade de dictaren, para si mesmas, normas lexislativas no marco dos principios, bases e directrices fixados por unha lei estatal. Á parte das competencias dos tribunais, en cada lei marco establecerase a modalidade do control das Cortes Xerais sobre estas normas lexislativas das comunidades autónomas.

Coordinación de competencias lexislativas

45


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.