Page 1

X

ENCONTRO

GALEGO DE

ILUSTRACIÓN www.agpi.es ARMADOS DE HUMOR

Sábado 26 de outubro de 2013 Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela

Organiza: AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)


Manel Fontdevila. Manresa, 1965

manelfontdevila.com

Autor de BD e humorista gráfico, leva colaborando en prensa desde 1982, primeiro no ámbito local e logo no xornal Público e eldiario.es. Despois de ter publicado en distintas revistas de cómic, como El Víbora ou Cairo, en 1995 comezou a traballar para o semanario El Jueves, no que continúa hoxe coas series «La parejita» e «Para ti, que eres joven» (esta en colaboración con Monteys). Entre os seus álbums de banda deseñada están Mantecatos (2003), premio á mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona, e a súa obra experimental Super Puta (2007).

Luis Davila. Bueu, 1972

obichero.blogspot.com.es

Humorista gráfico, ilustrador e deseñador gráfico. No ano 1997 entrou a formar parte da sección de deseño do diario Faro de Vigo, e comezou a publicar a tira de humor «O Bichero», así como diversas ilustracións para as páxinas do xornal. Traballou tamén para a revista Retranca, onde publicou o seu primeiro libro recompilatorio de humor, Jalisia Kaníbal (2008). Ten editados outros tres volumes co seu traballo en prensa: O Bichero, Outra ronda e Non hai dous sen tres.

Xaquín Marín. Ferrol, 1943 Humorista gráfico e autor de BD, comezou a colaborar en prensa en 1971, e fixo a súa primeira exposición individual en 1976. Desde entón ten participado en máis de 400 exposicións, e publicou unha trintena de libros. Os seus traballos apareceron en cabeceiras como Chan, Hermano Lobo, La Codorniz, A Nosa Terra, Teima, Tempos Novos, Eco, La Golondriz ou La Voz de Galicia. Fundador do Museo do Humor de Fene en 1984, foi o seu director ata 2008.

Suso Cubeiro. A Coruña, 1954

susocubeiro.com

Ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís. Ten ilustrado máis de 50 obras, como El secreto del Bosque Viejo (D. Buzzati, 2006), Diccionario Espasa de seres fantásticos (J. F. Alonso, 2005) ou La vuelta al mundo en 80 días (J. Verne, 2006). Ademais, escribiu tamén os libros Larita (2005) e Un xoguete para Rosalinda (con A. Prado, 2009). Como ilustrador de natureza, as súas obras poden verse en varios centros de interpretación e museos científicos.


XILUSTRACIÓN DE

ENCONTRO GALEGO

MAÑÁ. Actos de portas abertas SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA. Rúa do Vilar,19 10:00 RECEPCIÓN 10:15 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO 10:30 CHARLA: MANEL FONTDEVILA 11:45 BARRA LIBRE DE CAFÉ CON LEITE (E SEN LEITE, SE É PRECISO) No vestíbulo do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia 12:00 MESA REDONDA: «ARMADOS DE HUMOR» Con Xaquín Marín e Luís Davila. Moderada por Santy Gutiérrez 13:30 ACTO DE HOMENAXE A SUSO CUBEIRO Pola súa traxectoria profesional como pioneiro do sector profesional da ilustración en Galicia e por ser membro fundador e un dos máximos impulsores da AGPI, será nomeado socio de honra 14:15 FOTOMATÓN NA PRAZA DA QUINTANA Tradicional foto dos ilustradores vivos na praza da Quintana dos Mortos

TARDE. Actos exclusivos para socios da AGPI 15:00 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN DE SOCIOS DA AGPI RESTAURANTE O DEZASEIS, rúa de San Pedro, 16 (con inscrición previa) 17:00 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA. Rúa do Vilar,19. 19:30 DESCANSO

NOITE. Acto de portas de abertas 22:00 FESTA X ANIVERSARIO DO ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN PUB CACHÁN, rúa dos Loureiros, 16 Presentación do novo número do fanzine Compota de Manatí. Concerto de Banda Aparte. Sorteos e concursos. Cervexas gratis e descontos nas copas para socios da AGPI.


Equipo técnico • Dirección: Manel Cráneo · Asistencia técnica: Santy Gutiérrez, Henrique Torreiro Montaxe audiovisual: Manel Cráneo · Gabinete de prensa: Fernando Esclusa Fotomatón: Óscar Villán · Deseño: Bernal Prieto · Impresión: Lugami Ilustración portada: Xaquín Marín

XILUSTRACIÓN Pub Cachán

r/ loureiros 16

da Rúa

Cas

o

Pedr

o

erca da C

Restaurante O Dezaseis

Vir xe

toir Pregun

Fotomatón

San

Praza de Cervantes

Rúa do

Praza da Quintana

Catedral

Rúa

eais as R

Rúa

a Troi

Rúa de San Francisco

Rúa da C o

nga

Xelmírez

do V

ilar

C. Cultural Novacaixa galicia

Rúa

Rúa do Franco

Praza do Obradoiro

Rúa da Acibechería

Bonaval

CGAC

Rúa A lgalia d e abaix o

DE

ENCONTRO GALEGO

COMPOSTELA

X Encontro Galego de Ilustración  

Programa do décimo Encontro Galego de Ilustración (AGPI, Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2013)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you