Page 1

IX GALEGO ENCONTRO DE

ILUSTRACIÓN www.agpi.es

Sábado 27 de outubro de 2012 Centro Cultural Novacaixagalicia

Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela Organiza: AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)


David Rubín. Ourense, 1977

http://detripas.blogspot.com.es

Gañou o Premio Castelao de BD 2005 pola súa historia Onde ninguén pode chegar, publicada posteriormente no seu libro El circo del desaliento. O libro La tetería del Oso Malayo valeulle o Premio ao Autor revelación do Salón do Cómic de Barcelona en 2007, e ser finalista do Premio Nacional de Cómic ese ano. Publicou despois Cuaderno de tormentas, Romeo y Julieta, El monte de las ánimas e El héroe, cuxa segunda parte aparecerá este mes de novembro. Os seus libros están publicados en español, galego, francés, italiano e checo. Foi, ademais, un dos fundadores do recentemente desaparecido colectivo Polaqia. David Rubín traballou no cinema de animación, onde fixo o storyboard da longametraxe O soño dunha noite de San Xoán e codirixiu Espírito do bosque.

Alberto Taracido. A Coruña, 1961

http://otiiplanet.com

Foi director artístico do xogo Bicho, menudo mundo, de Filloa Records (Premio Laus á mellor multimedia 1998), codirector e director artístico da longametraxe de animación O bosque animado, e director artístico da longa animada O soño dunha noite de San Xoán –ambas as dúas producidas por Dygra Films, e galardoadas co Goya 2002 e 2006, respectivamente, ao mellor filme de animación–. É socio cofundador de Otiiplanet Group, estudio especializado en animación, deseño e efectos especiais para a industria audiovisual. Nel realiza as tarefas de dirección artística, deseño e ilustración; actualmente, ademais, labores de dirección da serie de animación Rascayú (en produción).

Algarabía

http://algarabia-plastilina.blogspot.com.es

Produtora independente de cinema de animación, especializada na técnica stop-motion, foi fundada por Virginia Curiá e Tomás Conde en 1994. A primeira animación que realizaron, Alegrías de Puerta Tierra, foi seleccionada polo Ministerio de Cultura como mostra de cine español no estranxeiro e forma parte da selección de animación feita por mulleres que o Instituto Cervantes proxecta cada ano nas diversas sedes. Levan feitas, ademais, tres series con plastilina, cortinas de continuidade, cabeceiras de programas como Las Noticias del Guiñol de Canal +, campañas publicitarias para empresas como Inditex, Unicef, Gadisa ou Galicia Calidade e dez curtametraxes. Actualmente están a rematar a dirección da longametraxe 3D Meigallos.

Alberto Vázquez. A Coruña, 1980

http://www.albertovazquez.net

Colaborador habitual do diario El País, ilustra desde hai anos en numerosas revistas nacionais e internacionais. Os seus libros foron editados en diversos países, como España, Francia, Italia ou Brasil, e teñen sido seleccionados para premios como os White Ravens ou o premio Injuve. Baseándose no seu cómic Psiconautas, codirixiu o filme Birdboy, gañador do Goya á mellor curta de animación 2012 e premiado en máis de 30 festivais internacionais. Ten exposto o seu traballo individualmente en cidades como Buenos Aires, San Petersburgo, Nápoles ou La Paz.

Julián Romero. 1972

http://julianromeroart.com

Licenciado en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, ten 15 anos de experiencia no mundo da animación. Cofundador do grupo Anibyte, onde preproduciu o proxecto de animación Luna (que finalmente non chegou a producirse), en Inglaterra participou no desenvolvemento de videoxogos en Eurocom Development, como deseñador principal do xogo Sphinx and the Cursed Mummy, ademais de varios proxectos de intros para videoxogos. En Ilion Animation Studios tomou parte no desenvolvemento e a produción do filme Planet 51 como deseñador de produción. Actualmente continúa en Ilion a desenvolver a preprodución de novos proxectos.


IX ENCONTRO GALEGO DE

ILUSTRACIÓN

MAÑÁ. Actos de portas abertas SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA. Rúa do Vilar,19 09:50 RECEPCIÓN 10:00 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO 10:10 DIRECCIÓN DE ANIMACIÓN 3D: DAVID RUBÍN E ALBERTO TARACIDO Unha aproximación á dirección de longametraxes e series en 3D no ámbito do audiovisual galego, a cargo destes dous autores premiados. 11:00 PRODUCIÓN DE ‘STOP MOTION’: VIRGINIA CURIÁ E TOMÁS CONDE Desde a empresa Algarabía Animación, con máis de 10 anos de experiencia no sector e diversos premios acadados, achegámonos á produción de pezas animadas con esta técnica tradicional. 11:45 CAFÉ, TABACO E DEMAIS COUSAS DE FACER EN DEZ MINUTOS 12:00 PROXECCIÓN: ‘BIRDBOY’ Curtametraxe de animación de Alberto Vázquez 12:15 ANIMACIÓN DE AUTOR EN 2D: ALBERTO VÁZQUEZ Alberto Vázquez, recentemente premiado cun Goya, cóntanos a súa experiencia de levar a obra de autor de banda deseñada ao terreo propio da animación independente en 2D. 13:00 DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN EN ANIMACIÓN 3D: JULIÁN ROMERO Un achegamento a un dos labores de responsabilidade dentro da cadea da produción de animación, desde a experiencia en longametraxes como Planet 51. 14:20 FOTOMATÓN NA PRAZA DA QUINTANA Na Quintana dos Mortos, Óscar Villán inmortalizará un ano máis os animados asistentes ao Encontro.

TARDE. Actos exclusivos para socios da AGPI 15:00 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN DE SOCIOS AGPI RESTAURANTE O DEZASEIS, rúa de San Pedro, 16 (con inscrición previa) 17:30 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA. Rúa do Vilar,19. 19:00 DESPEDIDA E PECHE DOS ACTOS OFICIAIS.

NOITE. Acto de portas de abertas 22:00 FESTA ‘COMPOTA DE MANATÍ’ Os membros do Colectivo Miñoco presentarán o seu novo fanzine no bar Mercromina (rúa de San Pedro, 9) nunha velada con música e festa ilustrada.


Equipo técnico • Dirección: Manel Cráneo · Asistencia técnica: Santy Gutiérrez, Henrique Torreiro Gabinete de prensa: Fernando Esclusa · Fotomatón: Óscar Villán · Deseño: Bernal Prieto Impresión: Lugami ·Ilustración portada: Alberto Taracido (© Otiiplanet Group)

IX ENCONTRO GALEGO DE

ILUSTRACIÓN

COMPOSTELA

Rúa

eais as R

Cas

Rúa da Acibechería

do V

ilar

C. Cultural Novacaixa galicia

Rúa

Rúa do Franco

nga

Xelmírez

R úa

Rúa da C o

Vir xe

da C

iro

erca

Fotomatón

Pedr o

Restaurante O Dezaseis

to Pregun

Praza da Quintana

Catedral

San

Praza de Cervantes Rúa do

Praza do Obradoiro

Bonaval

CGAC

IX Encontro Galego de Ilustración  

Programa do noveno Encontro Galego de Ilustración (Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2012).

Advertisement