a product message image
{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade

Page 1

exemplar gratuíto · abril 2013 - nº 13

1988 – 2013

XXV ANIVERSARIO editorial

Nos anos 70 comezaron as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns, na vila de Ortigueira e posteriormente en Melide, na que se sentaron as bases para a unificación de criterios e posta en común dos mínimos exisibeis para que o gaiteiro e o mundo da gaita recuperasen de novo o protagonismo social e a dignidade perdida, logo de moitos anos de ridiculización no réxime anterior. En ditas xuntanzas chegaron á conclusión de que había que darlle forma legal a unha asociación de ámbito galego, e así é como o 28 de maio de 1988 formaban unha xunta Xestora Presidida por D. Ricardo Portela.

Dende a XD estamos comezando a preparar os actos que o vindeiro ano conmemorarán os 25 anos da asamblea constituinte , celebrada en Compostela. Andamos a recopilar todas aquelas loitas e traballos que fixeron posible que a AGG teña o recoñecemento social do que hoxe gozamos, nesta editorial é imposíbel enumeralas todas, mais sempre tratamos de contribuir á normalización da música tradicional galega. Nos últimos anos adicamos o noso esforzo á organización de actividades como os Congresos de ensinantes, publicacións como o “Quiquiriquí”,o “Pelo Gato 24” ,“Trece Lúas” ou “”, “Son do Fol”.....; a Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, a Mostra do domingo das Mozas, ou outras novas como as Xornadas arredor da Música Tradicional, o Memorial Ricardo Portela, actividades en torno ao baile, obradoiros, cursos, festivais ...

NA AGG CONTINUAMOS APOSTANDO POLA FORMACIÓN DAS NOVAS XERACIÓNS COA EDICIÓN DO LIBRO “SON DO FOL”

N

a Asociación de Gaiteiros Galegos vimos de ampliar a nosa liña editorial co libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual. O libro ofrece ao profesorado de centros de ensino e escolas de música unha ferramenta que ata agora non existía para achegar

aos nenos non só ao mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. Con este material os rapaces con 5 anos poden comezar co pito galego, que ten unha dixitación igual á da gaita, pero que non precisa a forza pulmonar desta, coincidindo este tipo de aprendizaxe co xeito tradicional de aprender a tocar. O libro é tamén un caderno de actividades que se acompaña dun CD de apoio, con partituras,

Tamén temos que falar da creación da TRADESCOLA,situada en Lugo, que conta xa con 250 alumnos, ou a casa da Gaita, a única exposición adicada á historia da gaita en Galiza, situada en Viascón(Cotobade). Seguiremos traballando, cousa cada vez mais díficil, nos tempos que corren, para que os gaiteiros e gaiteiras, bailadores e bailadoras, percusionistas tod@s e aquelas xentes que dun xeito ou doutro contribuen a que as nosas tradicións musicais sigan vivas e a cada paso mais vigorosas.

Edita e produce:

Asociación de Gaiteiros Galegos Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8 36002 · Pontevedra Tlf.: 986 847 074 Web: www.gaiteirosgalegos.com

Email: secretaria@gaiteirosgalegos.com

Portada do libro “Son do Fol”

ENTRA NO BAILE A BAILAR...

“Entra no baile a bailar...” é o nome do obradoiro de baile tradicional que patrocinará a Asociación de Gaiteiros Galegos o vindeiro 27 de abril en Melide. Luis Prego será o encargado de impartir este obradoiro que está

dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente participativo, e que se realiza coa intención de que nenos e maiores aprendan recursos de baile tradicional e os poñan en práctica posteriormente bailando pezas.

audicións e vídeos. O repertorio está moi escollido, trátase de cancións do folclore galego que poden ser cantadas xa que os nenos memorizan moi ben as melodías funcionando as partituras ao principio como un simple apoio. Inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical, o que fai deste un material ameno e divertido para os cativos. A idea pedagóxica orixinal de Xaime Estévez, músico e profesor, comezou cando ao dar clases de música a nenos pequenos se atopou cun baleiro en canto a material didáctico, así pois, xa entón tivo a idea de crear un manual de ensino de gaita pensado para os máis pequenos, pero non foi ata agora cando esa idea se converteu en realidade. Este traballo complétase cos deseños de Ramón Marín que o fan moi atractivo e sinxelo para os máis cativos.

O obradoiro terá lugar ás 18.00 horas na Praza do Convento. Asimesmo durante esa fin de semana, a AGG contará cun posto informativo e de venta de material na Foliada de Melide.


24 FEBREIRO 2013, ALBORADA PARA ROSALÍA UNHA DATA QUE TARDARÁ EN ESQUECERSE NA HISTORIA DE GALICIA

A

Asociación de Gaiteiros Galegos promoveu xunto coa Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo esta homenaxe a Rosalía de Castro, co gallo do 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” e no día no que se cumpría o 176 aniversario do seu nacemento. Fíxose da mellor maneira posible, coa “Alborada para Rosalía”, un acto sen

precedentes que fixo que os sons das nosas gaitas chegaran a todas as vilas e cidades do mundo unidas por un mesmo fin, honrar á nosa poeta.

Foron moitos os grupos de gaiteiros, bandas de gaitas, corais, ou mesmo solistas os que o día 24 de febreiro quixeron honrar a Rosalía coa súas interpretacións, lendo o manifesto creado para explicar o motivo e a Dous momentos da Alborada para Rosalia

razón da iniciativa ou recitando versos da poeta padronesa. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos querémoslles facer chegar o noso agradecemento a todas as

persoas participantes, e tamén o emotivo agradecemento que nos chega dende a Fundación Rosalía, nas palabras do seu presidente, D. Anxo Angueira.

PRESTIXIOSOS INVESTIGADORES PRESENTARON EN LUGO ESTUDOS REVELADORES EN DIFERENTES CAMPOS DA ETNOMUSICOLOXÍA. A Asociación de Gaiteiros Galegos organizou as I xornadas arredor da música tradicional que tiveron lugar en Lugo no pasado mes de decembro e que achegaron á cidade amurallada aos mellores músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia chegados dende toda a península.

E

stas xornadas contaron con relatorios ó redor de diversos temas da cultura tradicional da man de expertos como Francisco Rodríguez Fernández "Pancho", Xerardo F. Santomé, Alfonso Fdez (Asturias), Juan Mari Beltrán (Pais Vasco), Fernando Jalón (A Rioxa), Pablo Carpintero, Xavier Groba, Alberto Jambrina (Zamora), Pablo Madrid e Paulo González entre outros. Asimesmo as xornadas contaron con presentacións de novos

traballos, como “Vámola Alboreando - Músicas de Teo” da Asociación cultural “A Regionalista”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos: “O Son do Fol” de Xaime Estévez, “Treboada Galega” de Xerardo F. Santomé, “A requinta adobada “ de Alexandre Cadarso “Cano”, “Para cantar veño eu!, unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos”, de Rafael Quintía, “O Cancioneiro de

Cabana de Bergantiños” de Olga Kirk e Pablo Díaz , e o traballo de David Bellas “24 estudos tonais para gaita de fol”.

Tamén tivemos ocasión de disfrutar co concerto “XirolarrúaGaita de Bota”, a cargo de Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón (A Rioxa) ou co concerto do grupo Berros do Castro que amosou un percorrido gráfico – sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos valorouse como imprescindible e necesaria esta cita, que estivo destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional,

senón que tamén foi un encontro de interese para os que quixeron saber un pouco máis, tanto da nosa cultura como doutras tradicións , dunha maneira aberta e chea de contidos.


A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS CELEBROU NO CONCELLO DE MELIDE O XVIII XANTAR GAITEIRO

U

n ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o XVIII Xantar Gaiteiro o pasado domingo 24 de Marzo no Hotel Carlos´96 de Melide (A Coruña). O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, que nesta edición cumpriu a maioría de idade, e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega coa finalidade de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Os máis de 160 asistentes desta edición, disfrutaron xa pola mañá dunha visita guiada ó Museo da

Terra de Melide e dunha actuación realizada polo grupo de zanfonas da Tradescola na Capela do Santo Antón, sen faltar o tradicional “pasabares” realizado pola vila. Posteriormente, tivo lugar o xantar, que estivo amenizado ata ben chegada a tardiña polos numerosos grupos de gaiteiros e bailadores presentes. Dende a AGG vemos importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar o baile e a música tradicional.

Información para asociad@s:

L

embrámosvos a todos os soci@s que tedes á vosa disposición unha enquisa para facernos chegar a información dos vosos grupos e que pasen a formar parte da nosa base de datos. Podedes atopala na nosa web ou solicitárnola a través do correo electrónico:

secretaria@gaiteirosgalegos.com

Asimesmo tamén agradeceríamos que nos notificarades calquer modificación existente nos datos tanto dos grupos como dos asociad@s.


A TRADESCOLA ACHEGOUSE ATA RIOTORTO E A PASTORIZA CUNHAS NOVAS XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES

A

Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegouse aos concellos de Riotorto e Pastoriza para impartir unhas novas xornadas de música tradicional para escolares que tiveron lugar os días 14 e 15 de marzo respectivamente. Con estas xornadas, a Tradescola achega á comunidade escolar a

nosa música e o noso baile tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos e obradoiros impartidos polos mestres. A primeira das actividades tivo lugar o xoves 14 na Casa da Cultura de Riotorto, e consistiu nun concerto didáctico no que os mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Pedro David Lamas Va r e l a amosáronlles aos alumnos do CEIP de Riotorto a evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega. O día seguinte, 15 de marzo, a

Tradescola achegouse ata a Pastoriza para realizar tres obradoiros didácticos de cantos e bailes tradicionais. Os 2 primeiros realizáronse no CEIP O Salvador e o seguinte obradoiro didáctico no CEIP Bretoña. Estos obradoiros estaban dirixidos á poboación en idade escolar, e neles participaron os nenos e nenas dos centros. O encargado de impartir os obradoiros foi Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional na Tradescola. A través das actividades impartidas nas distintas comarcas da provincia, que se iniciaron coa posta en marcha da Tradescola, fíxose posible que máis de 2500 escolares de concellos como Ribadeo, Monforte, Vilalba, Sarria, Chantada, Mondoñedo, Lugo,

Viveiro, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Riotorto ou A Fonsagrada...entre outros, se achegaran á música tradicional e coñeceran de primeira man os sons dos nosos instrumentos, os distintos ritmos, formacións e melodías existentes na nosa cultura. Nos vindeiros meses a Tradescola continuará coa programación de cursos, concertos e monográficos que se realizarán en diversos lugares da provincia de Lugo e no propio centro.

AINDA NON COÑECES A CASA DA GAITA?

U

bicada na antiga escola unitaria da parroquia de Viascón rehabilitada polo Concello de Cotobade, a Casa da Gaita convírtese dende a súa inauguración no ano 2011 no primeiro e único museo dedicado exclusivamente a ese instrumento que lle da nome, a gaita, e a todos aqueles outros que a acompañan e complementan como base e sostén da música tradicional galega.

Ricardo Portela, ofrece ao visitante unha visión completa e amena do mundo dos instrumentos que definen a tradición galega desde os seus inicios atao momento actual.

Este espazo, xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e adicado ao seu primeiro presidente, o mestre gaiteiro

No andar superior atópase o museo propiamente dito que acolle as seguintes seccións:

E solicita xa:

No primeiro andar atópase unha aula decorada con fotografías antigas que dan conta, a través da imaxe, da historia e o contexto dos instrumentos de música tradicional e dos seus tañedores.

A túa conta de correo electrónico @gaiteirosgalegos.com 4. A túa clave para ter acceso ilimitado ó portal web www.gaiteirosgalegos.com

•Unha completa colección de gaitas, tambores, bombos, pandeiretas e outros instrumentos antigos. • Numerosos paneis didácticos a través dos que se explica de forma gráfica e amena a historia dos nosos instrumentos. • Unha exposición de material de Ricardo Portela cedido en depósito pola súa familia. • Un apartado de recursos multimedia.

A Casa da Gaita está aberta de luns a venres de 09 a 13 e de 16 a 19. Pode ser visitada de xeito individual ou en grupo. Neste último caso, é necesario solicitar cita previa. secretaria@gaiteirosgalegos.com T 986 847 074 - Lugar de Quintán 3, Viascón - Cotobade, Pontevedra

Asociación de Gaiteiros Galegos Rúa Alfonso XIII, 7, of. 8 · 36002 · Pontevedra Quintán, 3 - Viascón · 36121 · Cotobade · Pontevedra 986 847 074 · secretaria@gaiteirosgalegos.com www.gaiteirosgalegos.es

Profile for agg.

Aturuxo 13  

Voceiro da Asociación de Gaiteirxs Galegxs con artigos relacionados coa música e o baile tradicional galegos. Décimo terceiro do aturuxo, r...

Aturuxo 13  

Voceiro da Asociación de Gaiteirxs Galegxs con artigos relacionados coa música e o baile tradicional galegos. Décimo terceiro do aturuxo, r...

Profile for agg.
Advertisement