Page 1

A VOZ DO QUINTO IES Torrente Ballester

Nace un novo xornal

Pontevedra conta desde xuño de 2015 cun novo xornal, 'A voz do quinto', que nace no IES Torrente Ballester para promover valores solidarios e concienciar fronte as inxustizas. A publicación é froito do obradoiro de prensa do proxecto Escolas sen Racismo, promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Asemblea de Cooperación pola Paz. O equipo de redacción ficou conformado por

Julien Courcier, Cristina Garrido, Alba González, Icíar Iglesias, Carlota Olivares, Raquel Rosales e Paula Souto. No entanto, tamén participaron na actividade Alexandre Balea, Jennifer Macedo, Carolina Pérez, Tomás Piñeiro e Azael Expósito. Convidámoste a mergullar nas seguintes páxinas, onde atoparás interesantes artigos a prol da igualdade, a paz e a xustiza social.

No interior: Corazóns con verbas polo Día da Paz Exposición 'Do gris ao violeta' O machismo que se agocha nos medios Na procura do desenvolvemento Adoptar, acoller ou apadriñar un can Comercio xusto en Pontevedra Como protexer o medio ambiente Balance dos Obxectivos do Milenio

2 2 3 4 4 5 5 6


Corazóns con verbas polo Día da Paz Con motivo do Día da Paz, o alumnado de Relixión de todos os cursos púxose mans á obra para crear un mural que amosase todo canto elas e eles pensaban. Coas frases "eu defendo...", "eu non permito...", "eu quero..." e "eu cambiaría..." crearon catro corazóns de diferentes cores, compostos á súa vez por corazóns máis pequenos nos que ían os seus desexos para o mundo enteiro. Frases como "eu non permito a explotación infantil" ou "eu quero xustiza", dirixidas na súa gran maioría contra a violencia, o machismo, o racismo e a guerra. Ao pé do mural situábase un expositor que protexía un valioso exemplar orixinal de 'Je suis Charlie', un número especial da segunda tirada que lanzou a revista tras o atentado.

Polo outro lado, atopábase unha selección de libros da biblioteca baixo o título 'Historias de paz e guerra'. O satisfactorio resultado da actividade promovida polo departamento de Relixión presidía o vestíbulo da entrada con aires rechamantes. A profesora Isabel Pintos explica que querían facer un mural no que expoñer o que defendían. "Pensei en elaborar un corazón grande", explica, e a partir de aí atoparon a idea. Ao principio ían elaborar só un, pero a iniciativa animou a todos os alumnos e alumnas, polo que o mural medrou e medrou. Está contenta co resultado, sobre todo porque o alumnado está contento con el. A orixe da celebración O Día da Paz celébrase o 30 de xaneiro porque é o día no

que se conmemora o falecemento do líder pacifista indio Mahatma Gandhi, que morreu nesa data de 1948 asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Exposición 'Do gris ao violeta' A exposición 'Do gris ao violeta', que forma parte do programa municipal 'A memoria das mulleres', permanece na Praza de Ourense e no Paseo Antonio Odriozola desde o pasado 10 de maio. A mostra fala de 16 mulleres de distintos estratos sociais e distintas épocas. No apartado de "traballadoras", algunhas mulleres destacadas foron Clarita, de Almacenes Clarita, ou a famosa vendedora da Ferraría María a do Carrillo. Na sección de "pioneiras, heterodoxas e rebeldes" atópanse mulleres como a progresista María Vinyals e Ferrés, coñecida como a Marquesa Vermella, mentres que no apartado de mulleres "singulares" temos a María Victo-

Páxina 2

ria Moreno que foi profesora de Lingua Galega no IES Torrente Ballester. No paseo pola zona en busca de opinións da xente atopamos persoas que nos responderon as nosas preguntas. A todas lles gustaba e lles inte-

resaba a exposición. Sobre a igualdade entre homes e mulleres, a maioría consideraban que avanzamos pero que aínda existen moitas diferenzas. "Cuando crezcáis vosotras a lo mejor ya no, pero ahora si", foi unha das respostas.

A Voz do Quinto


O machismo que se agocha nos medios Unha especialista en temas de xénero, Belén Rodrígez, veu dar unha charla ao obradoiro de prensa do instituto. Empezou explicando algunhas definicións que poden ser útiles. Por exemplo, a distinción entre sexo -diferenzas biolóxicas entre os homes e mullerese xénero: conxunto de características psicolóxicas, sociais e culturais socialmente asociadas ás persoas por razón de sexo. O feminismo Tamén explicou a diferenza entre machismo e feminismo e deixou claro que un non é a antítese doutro, como moita xente pensa. Machismo é una ideoloxía que defende a supremacía, é dicir, a superioridade, do home sobre a muller. En cambio, o feminismo non é o contrario do machismo. O feminismo é un conxunto de ideoloxías e movementos políticos, culturais e económicos que teñen o obxectivo de acadar a igualdade entre os homes e as mulleres.

Belén Rodrígez falou despois sobre xénero e medios de comunicación. A especialista considera que os medios de comunicación contribúen a fomentar roles e estereotipos de xénero. Os roles de xénero son patróns de conduta ou comportamentos considerados apropiados ou desexables para cada sexo. Por exemplo, nas mulleres traballo reprodutivo e doméstico, e nos

homes o traballo produtivo, o mantemento económico e o traballo fóra da casa. Os estereotipos de xénero son as representacións sociais constituídas por imaxes simplificadas e deformadas. Algúns exemplos deste tipo de estereotipos serían: "as mulleres son máis dependentes e emocionais que os homes" ou "as nenas son máis boas e os nenos máis trastes".

A linguaxe e a publicidade Nos medios de comunicación hai que ter en conta uns valores á hora de redactar un artigo. É importante analizar a imaxe feminina que ofrecen os medios e intentar averiguar cales son os motivos ou causas desta transmisión da "realidade" bastante desenfocada no que ao sexo feminino se refire. Nestes casos predominan imaxes esterotipadas, perpetuadoras dos roles habituais, vinculadas ao espazo doméstico, a imaxe da muller equivalente a un obxecto ou un corpo cun papel débil, submiso e dependente da figura masculina. Tamén debemos ter en conta formas de falar que ás veces

A Voz do Quinto

non son apropiadas, como por exemplo o xenérico "todos" tanto para homes ou homes e mulleres, aínda que no grupo haxa maioría de mulleres, e "todas" só para mulleres. Nestes casos, o mellor é utilizar o neutro, por exemplo en vez de "alumnos","alumnado", ou en vez de "dereitos do home", "dereitos da humanidade". Na publicidade tamén se encontran casos disto, xa que é o exemplo máis cruel da violencia nos medios contra as mulleres. O corpo da muller é o equivalente a un obxecto sexual, a publicidade é subliminal e por último é reprodutora de roles despectivos.

Páxina 3

B


Na procura do desenvolvemento A ONG Asemblea de Cooperación pola paz organizou no IES Gozalo Torrente Ballester un xogo chamado 'Na procura do desenvolvemento', no que participou o alumnado de 1º da ESO. O obxectivo do xogo é "ver a realidade das persoas que teñen que emigrar, o porqué e como son as regras do xogo internacional", segundo Andrés Díaz, un dos organizadores da actividade. Os nenos e nenas agrupábanse de cinco en cinco e cada equipo tiña un taboleiro que representaba un continente distinto. Había que lograr a prosperidade e o desenvolvemento negociando e intercambiando diferentes recursos. Opinións do alumnado "Aprendemos como vive a xente en cada continente", explica Álex, un alumno. "Eu

aprendín que hai que loitar e cambiar as cousas para intentar que o noso continente siga vivo economicamente", afirma Antón. Alfonso comenta que aprendeu a negociar. "O obxectivo é saber como funciona o mundo" di Natalia. "As alianzas e as

Álex: "Con este xogo aprendemos como vive a xente en cada continente"

Adoptar, acoller ou apadriñar un can A protectora de animais Os Palleiros é unha asociación sen ánimo de lucro que coida e sociabiliza os cans maltratados e lles busca unha boa familia. Nas instalacións só hai cans, pero tamén lles procura casas de acollida a gatos e outros animais. Hai diversas formas de colaborar. Unha é facéndose voluntaria ou voluntario, así axudas coidando os cans, xa que a maioría sofren de falta de cariño e moitos están atormentados. Outra é facéndose socio, porque hai mais de 200 cans e coidalos, pagarlles ás persoas que traballan alí, as operacións, etc. custa cartos e cunha pequena cantidade colaborase moito, porque todo suma. Tamén podes adoptar ou facer de casa de acollida, xa que

Páxina 4

hai cans enfermos, maiores ou cachorros que poden morrer, pois a protectora non é lugar para eles. Ademais se tes un can favorito e non podes levalo para casa, tes a opción de apa-

driñalo, coidalo e sacalo a pasear. Ademais, hai outras moitas formas de colaborar. Pódese contactar coa protectora no teléfono 657 023 831 ou en ospalleiros@hotmail.com.

A Voz do Quinto


Comercio xusto en Pontevedra En Pontevedra hai dúas tendas de comercio xusto, a de Solidariedade Internacional e a de Amarante. Visitamos a segunda. "Amarante é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en Pontevedra hai quince anos, dunha iniciativa de oito persoas que decidiron crear unha organización galega que traballara a solidariedade cos países do Sur, pero tamén pensando nun consumo responsable na nosa contorna", explica Nanda Couñago, directora da ONG. "Cando mercas,aínda que parece que o consumo é inocente e non afecta para nada, o noso xeito de consumir pode desenvolver un determinado tipo de economía", afirma. De África e América Na tenda de comercio xusto podemos atopar produtos procedentes de África e América Latina, como café, cacao, té, cereais, infusións, galletas ou azucre de cana (panela). Os

produtos locais son ecolóxicos, aínda que non teñan o selo. Moitos deses produtos son dalgunha cooperativa, por exemplo o aceite e os chourizos. Tamén se vende pasta de dentes, verdura, marmelada, pasta, carne, aceite, xogos didácticos, artesanía, bolsos reciclados, candeas aromáticas, esencias, ungüentos naturais... Ademais, organizan charlas e exposicións, obradoiros (poden facerse bolsos e chuvasqueiros con paraugas). "Se mercamos produtos, como por exemplo roupa, noutros países onde se explota as persoas, producen gran contaminación e as persoas traballan como es-

Nanda Couñago: "O noso xeito de consumir pode desenvolver un determinado tipo de economía"

cravas, estamos fomentando o beneficio dunha empresa que fai ese tipo de cousas co persoal", dinos Nanda. No comercio xusto, os produtos obtéñense dunha forma que respecta o medio ambiente, non explota as persoas e os beneficios reverten na comunidade. Ademais, as traballadoras e os traballadores gañan un salario xusto e non hai discriminación ás mulleres nin traballo infantil.

Como protexer o medio ambiente Se non cambiamos a nosa conduta con respecto ao medio ambiente, nun futuro o mundo que coñecemos xa non será o mesmo. Algúns dos efectos do cambio climático son: - Derretemento dos glaciares: isto suporá a subida do nivel do mar uns 75m e a perda de moitos animais. - Aumento da temperatura: que modificaría a forma de vida de moitos animais. - Enfermidades: cada ano morren 150.000 persoas. - Desprazamentos da poboación: por causa das inundacións, as persoas que viven preto da costa veranse obrigadas a cambiar de fogar. En

A Voz do Quinto

Os tres erres • Reducir: quere dicir utilizar menos enerxía. Por exemplo: non deixes a luz acendida se non estas no cuarto e pecha ben a billa cando te cepilles os dentes.

2050 poderían chegar a 150 millóns de persoas desprazadas. Para frear estas consecuencias negativas, podemos pór en práctica os denominados "3 R".

• Reciclar: significa utilizar os residuos para elaborar novos produtos. No contedor amarelo debemos depositar o plástico, no verde o vidro e no azul o papel. • Reutilizar: refírese a non tirar as cousas cando aínda son útiles e volver empregalas.

Páxina 5


Balance dos Obxectivos do Milenio

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) son oito fins acordados por todos os estados membros da ONU no ano 2000. Dende erradicar a pobreza extrema ata garantir o ensino primario ou a igualdade entre os sexos, este plan busca acadar eses oito obxectivos cumprindo diferentes metas marcadas dentro de cada punto. Eses obxectivos son os seguintes: 1. Erradicar a pobreza extrema e a fame: Nun principio buscábase reducir á metade as taxas de pobreza extrema. Calcúlase que en todo o mundo hai 842 millóns de persoas desnutridas. 2. Lograr o ensino primario universal: As esperanzas de que en 2015 poidamos acadar esa educación universal desaparecen aínda que moitos países pobres fixeran numerosos avances. A gran maioría das nenas e nenos que non finalizan a escola están na África Subsahariana e o sur de Asia. 3. Promover a igualdade entre os sexos e o empode-

ramento da muller: Máis homes que mulleres en empregos remunerados, mulleres relegadas na súa gran maioría a formas de emprego máis vulnerables, os postos nos niveis más altos obtidos sempre polos homes... é a realidade machista á que nos enfrontamos. 4. Reducir a mortalidade dos nenos menores de cinco anos: A mortalidade infantil está diminuíndo pero non o suficiente como para acadar este obxectivo. A reactivación da loita contra a pneumonía e a diarrea, xunto cun reforzo na nutrición podería salvar moreas de cativas e cativos. 5. Mellorar a saúde materna: Moitas mortes maternas poderían evitarse. Cada vez máis mulleres están a recibir coidados prenatais, aínda que iso non significa que a batalla estea gañada. As desigualdades na atención durante un embarazo seguen a ser tremendas. 6. Ter detido e comezado a reducir a propagación do VIH/SIDA: A taxa de novas infeccións por VIH segue superando a expansión do trata-

mento. A extensión dos tratamentos para mulleres seropositivas tamén protexe aos recén nacidos. 7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente: A deforestación mostra signos de remisión pero segue sendo alarmantemente alta. Necesitamos dar unha resposta definitiva ao problema do cambio climático. Os hábitats das especies en perigo de extinción non están sendo adecuadamente protexidos. 8. Fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento: Soamente cinco países doadores alcanzaron a meta da ONU en canto a axuda oficial. Internet segue sendo inaccesible para a maioría dos habitantes do planeta. Agora, neste 2015, é o momento de tomar medidas a nivel mundial. A ONU aprobará os novos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Estes xiran entorno a xustiza, ao progreso, a sociedade, o planeta, as asociacións e máis a dignidade. Deberán cumprirse antes de chegar ao 2030.

Profile for agareso

A Voz do Quinto  

Xornal de temática social e solidaria elaborado por alumnado do IES Torrente Ballester (Pontevedra) no curso 2014/2015 durante obradoiro de...

A Voz do Quinto  

Xornal de temática social e solidaria elaborado por alumnado do IES Torrente Ballester (Pontevedra) no curso 2014/2015 durante obradoiro de...

Profile for agareso
Advertisement