Page 1

Memoria 2015


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

AGARESO. Memoria Anual 2015 ÍNDICE:

1. Editorial 2. Xestión da organización 3. Presentación e plan estratéxico 4. Fortalecemento do papel da organización como axente da Comunicación para o Desenvolvemento 5. Área de proxectos 5.1. Accións de visibilización e sensibilización en Galicia sobre os países do Sur 5.2 Proxectos de comunicación para o desenvolvemento 6. Traballo en Rede 7. Área de voluntariado


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

1.

Editorial

As organizacións vivas teñen a virtude de non dar descanso á súa base social na participación de accións e iniciativas relacionadas cos seus alicerces fundacionais. Ese pode ser o caso da ONGD Agareso nestes últimos anos de traballo. Non existiu un só mes que non houbese unha determinada actividade caracterizada pola comunicación para o desenvolvemento e unha importante achega ao tecido social. Imprimir un carácter intensivo a unha organización que se nutre do tempo, disposición, colaboración e vocación do seu voluntariado non é unha tarefa sinxela. Facer unha chamada á acción e recibir unha inmediata resposta é unha dinámica que predicir un futuro inalterable para unha organización que persegue eludir o perigo da extinción. Agareso logrou obter un nivel de participación superior ao previsto en calquera das redaccións de plans estratéxicos ou programas anuais de proxectos. A forza do voluntariado supuxo ese motor imprescindible para seguir sumando quilómetros nesta longa travesía polo deserto da solidariedade. Nun contexto onde a crise é a perfecta escusa para facer pouco ou nada, pola falta de recursos, a asociación de reporteiros galegos solidarios logrará seguir demostrando que achegar valor ao mundo social non é un triste papel mollado. Botar unha ollada ao pasado converteuse nun complexo exercicio á hora de pór os adxectivos adecuados a tal percorrido: Atravesamos o territorio do cinco anos e, a risco de pecar no optimismo, os avances só poden ser cualificados de sobresalientes. Unha ONG que consegue concretar e definir o seu propio espazo, nun curto período de tempo, a base de experiencias e admirable esforzo, non merece ser considerada doutra forma. Proxectar comunicación con criterios de desenvolvemento, en cada unha das intervencións que levan o selo de Agareso, na actualidade está asociado a unha obsesión coa calidade e rendibilidade nos esforzos empregados. Son moitos os exemplos que acreditarían o potencial dun voluntariado entregado, por completo, a non desperdiciar a oportunidade de completar con garantías e bos resultados a súa participación nunha determinada iniciativa. Visibilizar e sensibilizar: Dous conceptos inoculados no ADN dunha organización por métodos naturais. Sen necesidade de acudir a fármacos experimentais ou laboratorios de ideas. Sen titubeos para a maioría da base social que asimilou que a comunicación debe estar ao servizo da comunidade co único fin de conquistar o cumprimento dos dereitos humanos, a xustiza social e derrotar á pobreza no seu combate por seguir acomodada en dous terzos da poboación mundial. A través da palabra ou a imaxe, utilizando as técnicas e métodos máis básicos da comunicación, numerosos colectivos son xa beneficiarios de cambios nas súas vidas. Emisoras de radio comunitaria, documentais, reportaxes, fotografías, programas de televisión especializados ou publicacións editoriais son algunhas das ferramentas utilizadas para alimentar a forza motriz dun voluntariado comprometido coa esperanza.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

2.

Xestión da organización

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desenvolvemento de accións sociais que estean promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha cambio cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta. Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira delegación en Pontevedra, Agareso é unha asociación apolítica e laica, único vínculo entre os seus integrantes é o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e normalmente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, Agareso non pretende xerar accións illadas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos. Agareso está integrada por unha Xunta Directiva de 9 persoas (presidente, vicepresidenta, secretario, tesoureiro e 5 vogais) que son os encargados/as de tomar as decisións máis relevantes para a organización da maneira democrática. A Xunta Directiva confórmase da seguinte maneria: Presidente: Juan de Sola Vollbrecht Vicepresidenta: Susana Alvite Secretario: Xurxo Salgado Tesoureiro: Juan de Sola Vogais: Rocío Cadahía, Luis Pardo, Roi Palmás, Antonio Grunfeld Todos eles e elas teñen funcións definidas que coordinan co equipo técnico da organización, que nestes momentos está integrado por dúas Técnicas de Proxectos e dúas Técnicas de Educación para o Desenvolvemento, dúas licenciadas en xornalismo e con formación específica en cooperación, unha licenciada en políticas e un licenciado en Comunicación Audiovisual, o catro con contrato a media xornada. Neste momento Agareso conta con catro Técnicas contratadas a media xornada, cunha ampla formación xornalística e en cooperación para o desenvolvemento: • Unha técnica de proxectos: Licenciada en comunicación con tarefas de formulación, control, xustificación e dinamización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento. Especializada en Comunicación para o Desenvolvemento e con máis de 7 anos de experiencia en países do Sur. Encárgase da coordinación de proxectos e da propia organización. Lorena Seijo • Unha técnica de proxectos: Licenciada en políticas con máster en cooperación internacional encargada da control, xustificación e dinamización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento con experiencia previa en traballo con outras ONGD e institucións públicas de cooperación. Susana Maceiras


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

• Unha técnica de educación para o desenvolvemento. Licenciada en Xornalismo executando o proxecto de educación para o desenvolvemento no proxecto agrupado con ACPP “Escolas sen Racismo” e coordinando Agareso Radio. Carmen Novas • Un técnico de educación para o desenvolvemento. Licenciada en Comunicación Audiovisual executando o proxecto de educación Epd_Lab e outro de dinamización xuvenil, Erasmus+. Roi Guitián • Unha asistencia técnica que traballa como monitora no EpD_Lab. María Lobo • Unha contable que leva a área de xestión administrativa. Cristina Navia • Unha Asistencia Técnica: Óscar Vázquez como monitor de Fotografía e Montse Fernández como monitora de Radio e responsable do plan de comunicación do proxecto O Mundo que Queremos Dentro dos socios e socias tamén hai persoas asignadas con funcións específicas de xestión: • Unha socia encargada da Xestión do Voluntariado. Licenciada en Xornalismo e con experiencia en cooperación. • Un socio asignado a tarefas de acción social. Especializado en xornalismo e radio e encargase do proxecto que a organización ten no Centro Penitenciario de A Lama e con outras entidades de acción social. • Un socio asignado ás labores administrativas, profesional dos Recursos Humanos e a Administración, que se encarga de levar o control das contas e os trámites cotiáns da organización. A capacidade de xestión da entidade non só vén a valada polos seus recursos humanos, senón tamén pola propia xestión realizada dos dous proxectos de fortalecemento aprobados pola Xunta de Galicia, e polos executados en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento os últimos 3 anos. A natureza sectorial de AGARESO é precisamente una das características que motiva que sexa unha das organizacións que máis sinerxías establece con outras ONGD do sector galego da cooperación, xa que moitos das súas achegues son percibidos como complementarios para outros proxectos de maior tamaño. Desde o seu nacemento, en 2008, AGARESO apoiou a 23 entidades ou institucións na visibilización dos seus proxectos e na sensibilización sobre situacións de pobreza e vulneración de dereitos humanos. O apoio realizouse a través do contacto proactivo coas institucións fomentando proxectos puntuais e desenvolvendo convenios de colaboración. Como resultado deste traballo elaboráronse 25 proxectos e 14 convenios. Amigos da Terra, ACPP, Cooperación Galega - Xunta de Galicia, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Amarante, EAPN, ACCEM, USC, Solidariedade Galega, Aspace, Fundación ONCE, Fundación Barrié, Deputación da Coruña, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, UXT, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Igaxes3, Coordinadora Galega de ONGD, Asociación San Roque de Salvaterra do Miño, Mundo Cooperante, Dirección Xeral de Institucións Penais, Attawassoul, 100% Mamans, Boa Vida, Fundación Secretariado Xitano e


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Arquitectura Sen Fronteiras son algunhas das entidades coas que se ten traballado de forma conxunta. AGARESO traballou durante o 2015 de maneira coordinada organizacións:

e estable coas seguintes

• Con ACPP ten en marcha o programa Escolas sen Racismo en centros educativos de toda a comunidade e o proxecto de Cooperación en El Salvador • Con Institucións Penais a través do programa Integral de Comunicación para o Desenvolvemento posto en marcha no centro penal da Lama (Pontevedra) e como entidade prestadora de servizos socias para a atención de persoas penadas con traballos en beneficio da comunidade (TBC). • Con Solidariedade Internacional e Educo no proxecto O mundo que queremos, financiado pola Xunta de Galicia • Arquitectura sen Fronteiras na elaboración dun documental sobre o seu traballo en habitabilidade en Guatemala • Coa DXREeUE a través do acompañamento a visitar proxectos en execución en países do Sur para a súa posterior difusión en Galicia • Con Fundación Secretariado Xitano na realización de cursos de formación para os seus usuarios/as e a elaboración dun vídeo de visibilización do seu programa de emprego. • Coa empresa consultora Contextos e tres asociacións europeas de Francia, Italia e Portugal na execución do proxecto Erasmus+ 2015 Ademais AGARESO integra a Coordinadora Galega de ONGD como parte da súa Xunta Directiva, desde o ano 2013, participa activamente nas comisións de Incidente Política e Educación para o Desenvolvemento e forma parte de diversas redes como a Rede Europea de Comunicadores para o Desenvolvemento, Radio ONU, Radio Fusión e a Rede Sustinea. Cabe destacar a evolución dos recursos económicos dos que dispón Agareso, tendo en conta o seu tamaño. A especialización da entidade permitiu colaborar con outras entidades nos proxectos de visibilización, traballos que en algún caso supuxo o ingreso dunha compensación económica e tamén o desenvolvemento de formacións específica, que é un dos puntos nos que como organización podes acadar máis fondos propios. 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015

6.320€ 33.360€ 64.735€ 44.145€ 35.139 € 75.014€ 94.700€


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Proxecto e subvenciones concedidas en el 2015

PROXECTOS DE EDUCACIÓN E COMUNICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NOME DO PROXECTO

ENTIDADE FINANCIADORA

ANO

IMPORTE

Convenio Plan Proxecta de Educación para el Desarrollo “O mundo que queremos” 2014-2015. Solidariedade Internacional de Galicia e Educo.

DXREeUE

2014

45.459,85€

Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.

DXREeUE

2015

31.591€

Cooperación Galega. O mundo que queremos. Convenio con Solidariedade Internacional de Galicia e Educo

DXREeUE

2015

91.847,34 €

PROXECTOS DE XUVENTUDE/ACCIÓN SOCIAL NOME DO PROXECTO Erasmus+ Cooperación para la Innovación y el intercambio de buenas prácticas

ENTIDADE FINANCIADORA

ANO

IMPORTE

UE/INJUVE

2015

97.655€

PROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NOME DO PROXECTO Mellora das condicións xerais de saúde e de acceso a auga potable das e os 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes) do Batey La Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana. ACPP/AGARESO

ENTIDADE FINANCIADORA

ANO

IMPORTE

XUNTA DE GALICIA

2015

225.000


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

APOIO Á VISIBILIZACIÓN DE PROYECTOS DE COOPERACIÓN GALEGA Visiblización de proyectos de Cooperación Galega en El Salvador y Honduras 2015

2015

3.Presentación e plan estratéxico Durante o ano 2015, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: A Xunta Directiva de Agareso continuou durante o 2015 co proxecto de voluntariado profesional na comunicación social e o seu inequívoco enfoque de Dereitos Humanos e Desenvolvemento. O reto para os vindeiros anos será persistir, sen descanso, na potenciación e promoción da Visibilización, Sensibilización e Comunicación para o Desenvolvemento en diferentes escenarios locais e internacionais. Por unha banda, consolidar aquelas iniciativas que se atopan en proceso de diagnóstico, identificación ou execución será unha das prioridades do programa de xestión. Así mesmo estableceranse novas alianzas e procuraranse posibles proxectos como desde o goberno da propia organización. Agareso debe continuar o proceso de consolidación como ONGD, como referente no tratamento e elaboración da información e de contidos sociais, cooperación, dereitos humanos e solidariedade, entre outros. Na mesma liña, débense aumentar os ratios de calidade na execución de proxectos en materia de comunicación para o desenvolvemento, polo que haberá que facer un esforzo na formación do propio voluntariado e nos niveis de esixencia interna. A organización de Reporteiros Solidarios está formada por profesionais da comunicación de Galicia, España e ámbitos internacionais dispostos a afondar nas causas da pobreza, as desigualdades e a vulneración dos DD.HH, práctica xornalística ausente nos medios de comunicación convencionais. Por iso un dos obxectivos fundacionais da organización, que mantemos cinco anos despois, vai encamiñado a amplificar aquelas voces que carecen das oportunidades necesarias para chegar aos medios de comunicación ou se atopan nunha situación de vulnerabilidade. Para elo o noso persoal técnico e voluntario ten que ter dominio das diferentes realidades sociais a través das experiencias de especialistas e actores sociais: VIH, Discapacidade, Exclusión, Inclusión, Multiculturalidade, Drogodependencia, Reinserción, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros. A exposición dos contextos, onde a cooperación aporta recursos de diversa natureza, empregando a os formatos multimedia ou a pertinente execución de proxectos de Comunicación para Desenvolvemento obriga á realización de continuos cursos, encontros ou


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

foros de formación e intercambio de experiencias cos principais activos do sector social, cooperación e desenvolvemento. Este sistema permite fomentar a aprendizaxe de habilidades, coñecementos e outras capacidades de persoas que logran converterse nos axentes activos do desenvolvemento e transformación en positivo do contexto social concreto a través da práctica dunha óptima comunicación do voluntariados/profesionais de Agareso. O traballo en rede é outra das prioridades que vimos desenvolvemento nos últimos anos, precisamente para fortalecer o traballo doutras organizacións que carecen de especialistas en comunicación e para posicionar no sector da cooperación a Comunicación para o Desenvolvemento como un eixo fundamental para a sensibilización, educación e empoderamento, tanto da sociedade galega como dos diferentes pobos que conforman este planeta. Ademais neste 2015 empezouse a andaina para a diversificación de fondos, entrando por vez primeira nun proxecto europeo Erasmus Plus xunto a otras organizacións. A captación de novas vías de financiación é unha das metas da organización sobre o que se seguirá traballando. Neste 2015 establecéronse as bases para o novo plan estratéxico 2016 definindo como obxectivos principais os seguintes: • Servir de amplificador social ao traballo que en materia de acción social, solidariedade , cooperación e comunicación para o desenvolvemento realizado por diversas entidades. Ademais, búscase xerar vínculos e alianzas con outras organizacións do mesmo ámbito de actuación, co obxectivo de crear redes, optimizar recursos e xerar sinerxías. • Deseñar e executar programas e proxectos de comunicación para o desenvolvemento coa finalidade de achegar coñecemento e habilidades na transmisión correcta de información en sociedades, comunidades e colectivos desfavorecidos. • Contribuír na formación de habilidades comunicativas e de análise de mensaxes da infancia e da adolescencia a través de proxectos de comunicación e educación para o desenvolvemento • Contribuír na formación do sector xornalístico galego en temas de comunicación para o cambio social

Por outra banda establecéronse as bases para o Plan de diversificación de fondos no que se contempla a captación de novos socios, a dinamización dos fondos propios e o traballo na liña do autofinanciamento. E, en último lugar reforzouse a estratexia de educación para o desenvolvemento de Agareso, que contempla as catro dimensións especificadas pola cooperación galega e española: • Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza. • Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

• Investigación sobre o desenvolvemento. • Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade. Nos diferentes eixos apóstase por implicar ao voluntariado da organización, tanto no deseño e execución das actividades como asistindo a formacións ou colaborando na difusión das propostas, das situacións de inxustiza que as motivan e das solucións que cómpre impulsar. Agareso participa ademais de maneira activa na Comisión de ED da Coordinadora Galega de ONGD, desde onde contribúe a fomentar e mellorar a educación e a comunicación para o desenvolvemento no sector.

4. Fortalecemento do papel da organización como axente da Comunicación para o Desenvolvemento Os actores que integran o sector galego da Cooperación non distinguían fai tres anos entre un proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento e unha acción de sensibilización social. De feito todas as actividades relacionadas coa comunicación tiñan que estar insertas nun proxecto de Educación para o Desenvolvemento e quedaban totalmente descartas para Cooperación. Así mesmo a Comunicación era entendida exclusivamente como unha ferramenta para reforzar a organización a nivel interno, pero non como un compoñente integral. No 2014 o traballo de Agareso conseguiu que a maioría das organizacións de Galicia teñan presente que a CpD existe e que Agareso ten como obxectivo vital promovela. Co proxecto de Fortalecemento, financiado pola Xunta de Galicia no 2014-2015 quixemos dar un segundo paso no que as organizacións interioricen a posibilidade de incorporar dentro dos seus proxectos de Cooperación, Educación e Acción Social, iniciativas específicas de CpD, que poidan complementar os seus obxectivos de desenvolvemento. Por iso a ideamos para o 2015 a realización dun Curso de Especialización en Comunicación para o Desenvolvemento no que o voluntariado de Agareso e doutras organizacións puidera de forma gratuíta formarse en CpD, xa que este é o eixo principal sobre o que se move o traballo da organización e sobre o que está elaborada a Planificación Estratéxica para os vindeiros anos. Neste sentido o noso voluntariado necesita ter formación específica, tanto para poder axudarnos na identificación e formulación dos proxectos, como para poder facer unha traballo máis eficaz cando colaboren cos proxectos que estamos a desenvolver tanto no Norte como no Sur. Ademais do beneficio claro que supón para Agareso ter un voluntariado ben formado, tamén consideramos importante ofrecerlle ao noso voluntariado unha oportunidade de capacitación específica que poder incorporar aos seus currículum e contribuír dalgún xeito a oportunidades laborais futuras, xa que estamos convencidos que as ONGD incorporarán antes o despois este elemento como parte dos seus proxectos de CpD, de EpD e de Acción Social. Neste curso que se desenvolveu tódolos xoves de outubro e novembro participou como profesores e profesoras, tanto voluntariado xa especializado de Agareso, como especialistas doutras partes de España, como Cataluña ou Andalucía, que viñeron a compartir con nós as súas experiencias. En total impartíronse 8 módulos.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Outro dos eixos do proxecto de Fortalecemento no que afondamos este 2015 foi o pulo ao financiamento da organización. Neste senso, os proxectos de fortalecemento presentados en anos anteriores centráronse en dar a coñecer e visibilizar o traballo de Agareso, e grazas a eles estase a producir unha mellora na elaboración dos proxectos e o seu seguimento, así como na capacidade para deseñar accións de sensibilización e visibilización, pero segue adoecendo dunha debilidade financeira. Así, elaboramos un plan de recadación de fondos e de aumento da base social máis directo e ambicioso que o executado en anteriores convocatorias e que nos permita acadar independencia económica e manter os postos de traballo. Por último neste 2015 realizamos para a súa difusión o video "Quen son Agareso?”. Este material é unha pequena peza promocional que ten como obxeto dar a coñecer o traballo da asociación e captar novas socias e socios colaboradores, así como voluntariado que se implique en proxectos presentes e futuros. No vídeo emprégase parte do material fotográfico e audiovisual pertencente aos diferentes traballos, obraoiros e ponencias levados a cabo pola organización, que contextualizan os testemuños dalgúns e dalgunhas das súas integrantes, como Juan de Sola, presindente de AGARESO, ou Carmen Novas, responsable do Departamento de Comunicación para o Desenvolvemento. A través dos seus "speechs" a cámara descubrimos a importancia dos medios de comunicación, como instrumento de desenvolvemento e ferramenta de expresión social por parte de diferentes comunidades e colectivos con risco de exclusión, tanto en Galicia como naquelas áreas do mundo onde AGARESO ten posto en marcha algún proxecto solidario. Neste 2015 tamén se traballou na mellora do material da exposición “A comunicación para o desenvolvemento en imaxes” adaptandoa a novos materiais para novos espazos. Esta exposición amosa os traballos que realiza a nosa ONGD, como nos países do sur, a través dun percorrido por imaxes realizadas polo persoal da organización.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Consideramos que se reforzando a nosa posición como ONGD sectorial de comunicación, ao mesmo tempo que realizamos materiais de difusión de calidade que poñan en valor o noso traballo e sensibilizamos o sector galego da cooperación sobre a importancia da comunicación, todo elo contribuirá a aumentar a nosa capacidade de financiamento tanto pola vía de formación, como polas axudas privadas como polo aumento das cotas de socios e socias.

5.

Área de proxectos

Agareso continuou durante o 2015 traballando na área da Comunicación para o Desenvolvemento, tanto no eido educativo como no de cooperación internacional. Mantivo proxectos en Galicia e no Exterior e ampliáronse os socios, ao mesmo tempo que o seu voluntariado foi elaborando e executando os seus pequenos proxectos formativos e de sensibilización a través da fotografía, a radio ou o audiovisual.

5.1. Accións de visibilización e sensibilización en Galicia sobre os países do Sur 5.1.1. Presentación de proxectos da organización: exposicións, proxeccións e charlas O voluntariado de Agareso vén producindo desde o nacemento da organización exposicións e documentais vinculados aos proxectos de cooperación no Sur que seguen a empregarse como materiais de sensibilización na loita contra a pobreza. En 2015 realizáronse sete presentacións, case todas en centros educativos, nas que participaron membros da asociación.

Organización comunitaria en El Salvador Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, Agareso volveu ao colexio Santo Tomás (O Porriño) para presentar, nesta ocasión, o documental ‘Comunicando comunidades’, que se proxectou para un cento de estudantes dos distintos cursos da ESO. O audiovisual sobre participación comunitaria en El Salvador, realizado no marco do proxecto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, levaríase tamén a aulas de Secundaria en Cangas, dentro das XI Xornadas Interculturais organizadas polo Concello. O 13 de maio presentouse no Colexio Eduardo Pondal e o día 14 no IES Montecarrasco.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

O traballo de Agareso canda os seus parceiros no país centroamericano expúxose ademais no coworking Argo Navis (Bueu) o 25 de setembro, nunha charla que se complementaría con fragmentos de ‘Comunicando comunidades’ sobre organización asemblearia, agricultura orgánica, marisqueo ou sobre a emisora Radio Tehuacán.

A actividade estaba vinculada á exposición ‘As veas (continúan) abertas. Olladas dende Bueu a Latinoamérica’, que inclúe imaxes tomadas pola fotógrafa Alba Sotelo no proxecto en terreo. Esta mostra inaugurouse o 24 de agosto na sala Amalia Domínguez, onde permanecería ata


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

finais de mes, para amosarse logo no pub Aturuxo, entre o 1 de setembro e o 15 de outubro. Da man da Deputación de Pontevedra, encamiñaríase a finais dese mes á Festa do Marisco do Grove e ao IES de Poio a mediados de novembro.

Campamentos saharauís A exposición fotográfica ‘De Sanxenxo ao Sáhara, Vacacións en Paz’, que reflicte o día a día dunha nena e dun neno saharauís tanto nos campamentos de Alxeria como na tempada estival en Galicia, amosouse durante o mes de xaneiro no IES María Soliño (Cangas). O documental, encadrado no mesmo programa solidario, presentouse o 24 de febreiro en dúas aulas do Bacharelato de Artes.

Comercio xusto en Ecuador A exposición ‘Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’ continuou ata o mes de xuño na biblioteca de Pontecesures. Ao tempo, o día 9 proxectábase para alumnado de Primaria do CPI o documental ‘Pequenas doses de supervivencia’, protagonizado polo mesmo campesiñado, que amosa o proceso de elaboración de produtos coma o azucre de cana ou o cacao e explica a mellora que supuxo a organización en cooperativas apoiadas pola cooperación internacional.

As fotografías e o audiovisual, promovidos canda a ONGD Amarante Setem, amosaríanse tamén no Colexio Virxe Milagrosa na terceira semana de xuño. O día 17 tiñan lugar os obradoiros cun cento de estudantes de 1º a 4º da ESO para reflexionar arredor do comercio xusto e do consumo responsable, nos que mesmo tiveron ocasión de degustar a panela.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

5.1.2. Visitas dende o Sur Encontro entre activistas de África e Centroamérica e alumnado galego En abril do 2015 tivemos a sorte, xunto co alumnado dos 9 institutos galegos participantes na segunda edición de ‘O mundo que queremos’ (2014-2015), de compartir experiencias con tres persoas de República Dominicana, O Salvador e Guinea Bissau vinculadas á cooperación para o desenvolvemento. Durante dúas semanas, percorreron os centros de ensino para explicarlle ao alumnado o traballo que están a realizar nas súas organizacións e como utilizan o teatro e a radio como medio de sensibilización e denuncia nas súas comunidades. • Cristiana Francisca, de República Dominicana, é a presidenta deMudha (Movimiento de Mujeres Domínico Haitianas). Esta organización,entre outras moitas accións, utiliza o teatro de rúa como medio para denunciar as inxustizas políticas, sociais, culturais e humanas ás que se ve sometida a poboación dominicana de ascendencia haitiana. • Rina Abrego, do Salvador, é técnica de Aprocsal, organización que loita polos dereitos das mulleres e polo dereito humano á saúde. Dende Aprocsal tamén utilizan o teatro como medio para sensibilizar sobre xénero, saúde sexual e reprodutiva e medio ambiente. • Braima Sambu, de Guinea Bissau, é o responsable de proxectos de Alternag, organización que xestionou ‘Radio Catió’, unha emisora comunitaria que na actualidade é autoxestionada polo Centro Social Multifuncional Xuvenil de Tombalí en colaboración con

organizacións de base. Braima encárgase de coordinar ás entidades locais que dirixen a radio.

Estas experiencias de participación cidadá e denuncia a través do teatro e a radio, así como a importancia de poder ter unha voz propia, foron parte das temática das charlas que impartan


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

nos centros educativos de Boiro,Trazo,Rianxo, Alfoz-Valadouro,Miño,Beade,Viana do Bolo, Castroverde e As Pontes. Tamén se reuniron coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE para explicarlles como inflúen nas súas comunidade os proxectos de cooperación e de asistir ao Encontro intercentros que tivo lugar o 17 de abril na Sala Capitol de Compostela. Este encontro foi o broche final deste proxecto, no que ademais amosarán os traballos fotográficos e radiofónicos realizados durante o mesmo e gozarán dun concerto de rap a cargo de Pachamama Crew.

5.2 Proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento 5.2.1 Escolas Sen Racismo As actividades educomunicativas que Agareso imparte no marco do proxecto Escolas sen Racismo da man de Asemblea de Cooperación pola Paz continuaron implementándose no curso 2014/2015. Aos habituais obradoiros de radio e televisión para a formación en valores, uniuse un novo de prensa, no marco desta iniciativa de comunicación e educación para o desenvolvemento financiada pola Xunta de Galicia.

O obradoiro audiovisual prolongouse ata o mes de febreiro no IES Laxeiro (Lalín). O resultado final son cinco reportaxes, que abordan a protección ambiental e animal, cooperativismo, comercio xusto e consumo responsable ou a propia actividade de teatrofórum do proxecto Escolas sen Racismo. As distintas pezas contaron coa colaboración de veciñanza e entidades que actúan zona como a protectora Peludos sen Fogar, a plataforma Salvemos Catasós, Panxea, Cestola na Cachola, etc. Unha selección dos traballos presentouse o 11 de xuño ante alumnado do instituto.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

A comezos de abril remataba o obradoiro de prensa no IES Torrente Ballester (Pontevedra), que escolleu como título para o seu xornal ‘A voz do Quinto’. A publicación recolle artigos sobre xénero, paz, medio ambiente, desenvolvemento ou comercio xusto e consumo responsable, para o que se cubriron actividades celebradas no centro e na cidade, tamén en colaboración con colectivos locais como Amarante. O traballo presentóuselle á comunidade educativa o 19 de xuño, nun acto multitudinario onde o xornalista de PontevedraViva Oskar Viéitez foi o encargado de entregarlles os diplomas ás e aos participantes. Os obradoiros radiofónicos desenvolvéronse entre os meses de marzo e maio, en Santiago de Compostela. Baixo o título ‘JuveRadio’, o programa final do Colexio Juventud contou cunha reportaxe contra a escravitude infantil, aproveitando os actos do Día Internacional que conmemoraron distintos centros educativos, e mais unha entrevista ao activista guineano Braima Sambu, que se atopaba en Santiago de Compostela para participar no proxecto ‘O mundo que queremos’. O espazo radiofónico presentouse na escola o 15 de xuño. A maiores, a rapazada realizou unha gravación sobre Galicia dirixida a nenas e nenos de Guinea-Bissau, que xa lle foi facilitada á emisora comunitaria Voz de Tombali.

No Colexio Vilas Alborada, o espazo radiofónico resultante chamouse ‘Cadena Vilas’. O programa incorpora un faladoiro con mulleres maiores de San Pedro, para o que se contou coa colaboración da asociación de veciños A Xuntanza. Complétase cunha enquisa de rúa sobre a integración e o coidado do barrio, un radioteatro a favor da paz e unha cuña contra o machismo. A presentación para as compañeiras e compañeiros tamén tivo lugar o 15 de xuño. Os obradoiros de televisión e prensa tiveron unha duración de doce semanas e impartíronse en horario extraescolar, para alumnado dos distintos cursos da ESO e mesmo bacharelato, mentres que os de radio prolongáronse durante seis semanas en horario lectivo, con alumnado de 5º curso no primeiro caso e de 6º curso no segundo. Os traballos resultantes


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

editáronse nun DVD e tamén están dispoñibles no blog www.agareso.org/esr, canda o contido de todas as sesións formativas.

Por outra banda, o audiovisual ‘Fraguando a diversidade II’, elaborado no IES Antonio Fraguas durante o curso 2013/2014, recibiu dúas nominacións aos premios Olloboi 2015 que promove a Asociación Marearte e que se entregaron en Boiro o 30 de maio. Dúas das reportaxes, dese programa e do anterior realizado no centro, presentáronse tamén o 23 de febreiro nunha xornada sobre a discapacidade e a inclusión organizada pola Rede Sociocomunitaria de Fontiñas. Ademais, o radioteatro ‘O lobo calumniado’ realizado no curso 2013/2014 polo alumnado participante no obradoiro radiofónico do CEIP Anexo A Lomba (Vilagarcía de Arousa) resultou finalista no concurso promovido por Educo e Educación Sin Fronteras para desmontar rumores e estereotipos sobre a diversidade cultural. Do mesmo xeito, os obradoiros educomunicativos resultaron seleccionados como modelo de boas prácticas en innovación social dixital para o Encontro Cemit-Innova que Amtega e Fundetec organizaron o 24 de marzo na Cidade da Cultura. Tamén se empregaron de exemplo en marcos coma a última edición do Máster Universitario en Estudios Internacionales de Paz, Conflictos y Desarrollo da Universitat Jaume I (Castellón). Ademais, empregouse como exemplo de aplicación real na materia ‘Planificación e deseño de programas’ do Grao en Educación Social da USC, o 10 de decembro coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos, presentación que se completou cun obradoiro de cuñas radiofónicas.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

A maiores, as actividades impartidas por Agareso son obxecto de artigos académicos en senllos libros: ‘Cidadanía e Educomunicación: experiencias’, publicado pola Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code), e mais ‘Comunicación, conflictos y cambio social’, editado pola Universitat Jaume I (Castellón), a Universidad de La Frontera (Chile), a Universidade Estadual Paulista Brasil e a Coordinadora de ONGD-España. A experiencia acumulada permitiunos colaborar ademais nunha investigación sobre a confluencia entre educomunicación e comunicación comunitaria nas prácticas de creación audiovisual participativa. Co comezo do curso 2015/2016, no último trimestre do ano púxose en marcha unha nova edición do proxecto Escolas sen Racismo, desta volta con dous obradoiros de televisión e dous de radio. Os primeiros levaranse a cabo nos IES do Milladoiro (Ames) e Torrente Ballester (Pontevedra). Un dos obradoiros radiofónicos deu comezo en decembro no IES A Lomba (Vilagarcía de Arousa) e o outro desenvolverase nun centro de Primaria aínda por determinar.

5.2.2. V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ O Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’, organizado canda ACPP e co apoio de Cooperación Galega, chegou en 2015 á súa quita edición. Vinte comunicadoras e comunicadores asistiron ao curso de 40 horas que se desenvolveu entre o 24 de febreiro e o 12 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Nas sesións iniciais déronse a coñecer os fundamentos teóricos e proxectos de comunicación para o cambio social e de cooperación para o desenvolvemento. Logo fíxose un percorrido polo terceiro sector en Galicia e debateuse sobre a situación do xornalismo social. Abordaríanse logo a comunicación comunitaria, o tratamento informativo das migracións, os roles de xénero nos medios, a representación mediática dos colectivos en risco de exclusión


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

(comunidade xitana, persoas con discapacidade, enfermidade mental, pobreza), o código de conduta das ONGD, as boas prácticas no tratamento gráfico e o documentalismo ambiental. Os relatorios mellor valorados polo alumnado foron a do xornalista e fotoxornalista melillés Jesús Blasco, especializado en migracións, e mais a xornada dedicada ás emisoras comunitarias, nas que se contou con representantes de El Salvador e Guinea Bissau. A formación teórica complementouse cun apartado práctico no que as e os asistentes traballaron por grupos realizando entrevistas e de xeito individual publicando un mínimo de tres pezas no blog xornalismosocial5.wordpress.com, que se estruturou nas seccións cambio social, diversidade cultural, inclusión, medio ambiente e xénero.

Tres das alumnas do V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ completaron a súa formación en Marrocos, coñecendo e visibilizando os proxectos impulsados sobre todo por parceiros de ACPP, así como a realidade social do país. Tamara Novoa, Antía Otero e Paula Vázquez percorreron entre o 23 e o 30 de xullo varias provincias do norte para visitar cooperativas de agricultores, centros de mulleres, lonxas de peixe, comunas rurais, espazos naturais, instalacións sanitarias e escolas apoiadas pola cooperación internacional.Tamén conversaron con migrantes, artistas locais, xornalistas e activistas defensores dos dereitos humanos, tal e como recolle a bitácora agaresoseminario.blogspot.com.es, que nesta ocasión contou co valor engadido dunha intensa produción audiovisual.

5.2.3 Plan Proxecta: Terceira fase de O Mundo que Queremos En outubro de 2015 asinábase a terceira fase de ‘Cooperación Galega: o mundo que queremos’, unha iniciativa desenvolvida no marco do Plan Proxecta. Ao acto asistiron o


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e representantes das ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso e EDUCO. ‘O mundo que queremos’ mantén como obxectivo o fomento da construción dunha cidadanía global con identidade transformadora entre a adolescencia galega e cubana a través da educación para o desenvolvemento, a solidariedade e a loita contra a pobreza. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver. Como novidade, nesta edición o proxecto compleméntase e apoia o traballo que a Oficina do Historiador da Cidade de La Habana desenvolve coa adolescencia, a través do intercambio de experiencias sobre metodoloxía de traballo coa xuventude. No tocante a Agareso, ademais de desenvolver un plan de comunicación específico para este proxecto, realizamos obradoiros de radio e televisión en 5 centros educativos co obxectivo de que a través das ferramentas de comunicación reflexionen sobre as problemáticas locais e globais, e aprendan a facer as súas propias mensaxes. As primeiras visitas fixéronse en decembro do 2015, quedando a segunda fase para o 2016. Nesta primeira visita ademais de coñecer as súas funcións, reflexionar sobre as distintas mensaxes que podemos transmitir con eles, os alumnos e alumnas puideron “aprender facendo”, converténdose por unhas horas en improvisados reporteiros e reporteiras.

Deste xeito, no taller de radio falamos dos elementos da linguaxe radiofónica,practicamos coa gravadora, o instrumento que utilizarán ao longo do curso para realizar as distintas pezas dos seus programas radiofónicos. Tamén aprendemos que podemos crear nós mesmos efectos de son ser ter que descárgalos de Internet e vemos, con exemplos que viraron en torno a temáticas sociais e solidarias, como realizar unha boa entrevista ou unha cuña publicitaria.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Así mesmo, adentrámonos na realidade das radios comunitarias, estacións radiofónicas nacidas como un servizo á comunidade, e coas que se favorece o dereito da cidadanía a acceder aos medios de comunicación e a lograr o desenvolvemento da comunidade. No obradoiro de fotografía, ademais de coñecer algúns consellos para mellorar a calidade das nosas imaxes, achegamos ás rapazas e rapaces outras posibilidades e visións, tanto de aquí como de fóra, co obxectivo de que reflexionen sobre esas desigualdades para despois expresarse e facer denuncia a través das imaxes que terán que realizar.

Aínda que en breve regresaremos aos centros cun novo obradoiro de radio e fotografía, o alumnado xa está a traballar nas súas propostas comunicativas, das que sairán os programas radiofónicos e montaxes fotográficas cos que denunciar e sensibilizar sobre os valores e a xustiza social. Este traballo realízano o fotógrafo Óscar Vázquez e a comunicadora Montse Fernández, ambos parte do voluntariado da organización.

5.2.4 Comunicación para o Desenvolvemento en O Salvador Agareso desenvolve por cuarto ano en El Salvador, xunto coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), un proxecto de Cooperación no que buscan contribuír ao desenvolvemento sostible de El Salvador a través do empoderamento das súas comunidades con medios de produción e de comunicación propios. Unha das ferramentas que empregan para promover este desenvolvemento sostible e este empoderamento son as radios comunitarias da zona, moi comúns durante o conflito armado interno que viviu o país e que agora están en mans de asociacións locais. Agareso encárgase da coordinación e xestión deste compoñente de comunicación para o desenvolvemento dentro


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

do proxecto, e dentro deste traballo envía a zona a un grupo de xornalistas para formar ao voluntariado da emisora en técnicas de radio, novas tecnoloxías e coberturas de temas sociais. No mes de setembro, Juan de Sola (presidente de Agareso, xornalista de Onda Cero Pontevedra e director do programa Contraparte), Luis Pardo (xornalista da cadea SER Santiago e parte da Xunta Directiva de Agareso), xunto con Xes Chapela (xornalista, documentalista e voluntario da organización) partían a El Salvador cunha completa axenda de traballo. Un dos momentos claves da viaxe foi o Encontro de Radios Comunitarias de Centroamérica, que tivo lugar en San Salvador os días 21 e 22 de setembro e o que acudiron 26 representantes de emisoras de Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá e El Salvador. Durante eses dous días recibiron formación en emisións on line e en xornalismo radiofónico, e intercambiarán experiencias e materiais entre elas. Este encontro organizouse xunto coa Fundación Comunicándonos e a Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC).

Ademais durante 15 días deron formacións a un grupo de 15 mozos e mozas da radio comunitaria do municipio de Tecoluca, Radio Tehuacán, emisora que Agareso e ACPP Galicia leva apoiando durante os últimos tres anos e na que xa se emiten programas especializados de xénero, turismo e medio ambiente. Ao mesmo tempo un grupo de estudantes do Instituto de Tecoluca recibiron formación audiovisual e elaboraron unha seria de “video-cartas” que compartirán con estudantes doutros catro institutos galegos este 2016, a través dun proxecto de Educación para o Desenvolvemento, chamado EpDLab. Mentres se impartían as capacitacións o presidente da organización, Juan de Sola, visitou catro emisoras comunitarias máis de El Salvador (Radio Mangle, Radio Fonseca, Radio Itzcanal e Radio Guazapa) para identificar futuros beneficiarios dos proxectos na zona e impartirlles un curso de formación intensiva ao seu voluntariado.

5.2.5 Epd_Lab EpDLab é un proxecto educativo que xorde a partir da reflexión colectiva de 5 grupos de mozas e mozos da ESO en Galicia, máis un grupo da mesma etapa educativa en El Salvador. O que facemos é traballar coas ferramentas TIC para publicar contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsable e da xustiza social. Queremos apropiarnos dos medios


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

que temos nas nosas mans para participar en accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, o desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade. Ao longo de nove meses, participaremos nun total de 8 obradoiros, cada un deles destinado a traballar unha temática concreta e unha ferramenta TIC para a publicación de contidos. Os resultados do noso traballo son publicados na web www.epdlab.gal organizados por escolas, contidos ou formato. O proxecto contempla tamén a realización de outros dous obradoiros de sensibilización en torno a cooperación internacional e o contexto de El Salvador". Comezamos a traballar no proxecto en outubro de 2015 e, xa rematado o primeiro trimestre, podemos dicir que a rapazada está amosando unha enorme capacidade creativa e unha inesperada actitude crítica. Non só están ao tanto da realidade que nos rodea, senón que constrúen as súas opinións dende a solidariedade e a xustiza social. As dinámicas traballadas nos obradoiros despertan o seu interese xa que queren coñecer e interpretar as mensaxes dos medios, sen perder a súa visión do mundo e comprendendo as técnicas de comunicación, así como as súas implicacións sociais. Canto ao uso das TIC, os rapaces e rapazas apropiánse dos medios con naturalidade e imaxinación, creando e publicando contidos a favor dunha comunicación inclusiva, igualitaria e xusta.

LIGAZÓNS DE INTERESE: Web: http://epdlab.gal: Liña de tempo en Storify: https://storify.com/epdlab Canal de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCb_vcF5YRsG6gUuOYLGSOWg Twitter e Facebook: #EpDLab, #EpDLabChío


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

5.2.6. Rec Think O proxecto RecThink é un proxecto desenvolto por Agareso, como líder, xunto a outras organizacións europeas, e que se encadra dentro do Programa Erasmus Plus. Este programa ten como obxecto a capacitación entre organizacións dentro do territorio europeo a través do intercambio de coñecemento. Xunto a Contextos (Galicia), YUPI- Youth Unios of Peole with Iniciative (Portugal), Solidarités Jeunesses (Francia) e Mine Vaganti (Italia), Agareso coordina este proxecto que usa como ferramenta o video participativo e como poboación beneficiaria os xoves de zonas rurais ailladas. Dentro do proxecto Agareso será o encargado de desenvolver tanto as accións formativas como as guías didácticas para facilitar a transferencia desta ferramenta no traballo con rapaces. O seu papel de coordinador supón asemade que é o encargado da celebración, xa no ano 2016 do evento multiplicador que servirá para difundir os resultados do proxecto e que será en Pontevedra por ser sede da organización. Durante o ano 2015 comezaron os traballos do proxecto, producíndose a primeira reunión transnacional de traballo, na que se repartiron as tarefas e se acordaron os modos de traballo. Esta reunión foi na zona de Moaña no mes de novembro e Agareso foi o encargado de recibir ao resto de socios.

6. Traballo en Rede O traballo en Rede é fundamental para a nosa organización polo que inténtase compartir o maior número de experiencias posibles con outras organizacións ou entidades para poder entre todos compartir coñecementos e facer unha labor de sensibilización e de cooperación máis útil e eficaz.

6.1 Actividades canda outras organizacións A Campaña Mundial pola Educación convidou a Agareso a impartir un obradoiro de radiodifusión e alfabetización mediática no Seminario internacional ‘A educación cambia o mundo’. A sesión desenvolveuse o 22 de abril na Facultade de Ciencias da Educación da USC e levou por título ‘O poder transformador da comunicación como ferramenta educativa’. Alén de recibir unha introdución teórica ao medio radiofónico con exemplos e recursos que lles resultaran útiles, as e os asistentes gravaron as súas propias cuñas en defensa do dereito á educación.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

6.2. Participación na Real Code A Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), integrada por grupos de investigación e colectivos da base social entre os que se atopa Agareso, seguiu activa en 2015 a través do proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria’ (CIDEC). Membros de Agareso asistiron a principios de ano aos seminarios ‘Comunicación, cidadanía e xustiza social’, impartido polo profesor Alejandro Barranquero, e ‘Educomunicación e Investigación-Acción Participativa’, que deu a investigadora Carme Mayugo, onde tivemos a oportunidade de presentar os proxectos da organización neste eido. Tamén participamos nos Encontros Cidadanía e Educomunicación, o primeiro celebrado os días 25 e 26 de maio baixo o epígrafe ‘Cara unha comunicación non excluínte’, e o segundo organizado entre o 7 e o 9 de outubro co título ‘Das representacións ás participacións’, ambos os dous na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Neste último, Agareso moderou a mesa de debate entre organizacións e comunicadoras/es. Do mesmo xeito, está a piques de saír do prelo o libro ‘Cidadanía e Educomunicación: experiencias’, que inclúe o artigo “Fraguando a diversidade e a cidadanía na escola: boas prácticas de educomunicación en Galicia”. O texto foi escrito a tres mans pola monitora dos obradoiros do proxecto Escolas sen Racismo, que se empregan como exemplo, e dúas investigadoras do grupo Gefil da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Raquel Mariño e Margot Valcarce.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

6.3 Curso para alumnado universitario con ACPP Agareso impartiu en 2015 unha sesión sobre comunicación social na formación promovida por ACPP para estudantado universitario, dentro do proxecto conxunto financiado pola Xunta de Galicia. O ‘Curso de introdución á cooperación e á educación para o desenvolvemento’ tivo lugar os días 12 e 13 de marzo de 2015 na Universidade da Coruña, concretamente no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus de Esteiro (Ferrol). Na segunda xornada, realizouse a introdución á comunicación para o cambio social, con exemplos de proxectos de educomunicación e comunicación para o desenvolvemento, tanto en Galicia como no Sur, así como de medios alternativos. Reflexionouse ademais sobre a función dos medios e a súa influencia na nosa visión da realidade -especialmente dos colectivos máis desfavorecidos-, o dereito á comunicación ou código de conduta das ONGD, enfrontándoo a distintos tipos de campañas.

6.4 Acompañamento á estratexia galega de ED No último trimestre de 2015, a Xunta puxo en marcha a elaboración da nova estratexia de educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia. A cooperativa Tempo de Loaira, responsable da elaboración do documento, convidou a Agareso a participar no grupo de acompañamento, a fin de ter presente o enfoque da comunicación para o cambio social. A primeira xuntanza levou por título ‘Pensando en paralelo’ e tivo lugar o 22 de outubro no marco do Foro de Investigación celebrado na Coruña. Dende entón, a interacción online foi constante, aínda que restarían outras tres citas presenciais: o obradoiro provincial celebrado en Vigo o 17 de decembro, a reunión coa Comisión de ED prevista para o 13 de xaneiro de 2016 e o encontro autonómico planificado para o tres días despois.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

6.5 Audiovisuais co Secretariado Xitano Agareso desenvolveu para a Fundación Secretariado Xitano (FSX) en Vigo unha formación e un vídeo que foron realizados por Tareixa Castro e Juan Carlos Pérez, membros da asociación. Un grupo de participantes do programa Aprender Traballando asistiron en xullo a un obradoiro de catro días no que profundaron no emprego dos seus smartphones como ferramentas útiles para a busca de emprego. A derradeira xornada estivo dedicada a coñecer a técnica da animación con plastilina ou stopmotion. A seguir, elaborouse un audiovisual sobre o programa Aprender Traballando, no que se narra o día a día destas mozas e mozos que buscan combater as barreiras sociais mediante o acceso a un emprego digno, a través da formación que lles proporciona a FSX en colaboración con diversas empresas hostaleiras de Vigo. O obxectivo é promover a inserción laboral das persoas xitanas, amosando as súas capacidades ante futuras/os empregadoras/es a través do vídeo, que se presentou o 2 de outubro no Bahía Vigo Hotel.

O 12 de xuño tamén colaboramos coa FSX, desta volta en Santiago de Compostela, concretamente na Xornada de Portas Abertas que celebraron no Centro Sociocultural de Pontepedriña. Agareso dinamizou un obradoiro audiovisual no que un grupo de mozas e mozos xitanos recolleron en vídeo as impresións das e dos asistentes.

6.6 Audiovisuais coa Rede de Fontiñas Agareso colaborou coa Rede Sociocomunitaria de Fontiñas (Santiago de Compostela) na elaboración de diferentes pezas audiovisuais sobre actividades promovidas no barrio. En abril realizáronse no Centro Sociocultural do barrio as xornadas 'A nosa vida... en positivo? II', sobre vulnerabilidade social en adolescentes. Un grupo de estudantes do IES Antonio Fraguas, que


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

participaran nun dos obradoiros de televisión levados a cabo no centro dentro do proxecto escolas sen racismo, encargáronse de entrevistar ás persoeiras e persoeiros convidados. O 8 de abril tocoulle a representantes de Arela, que impartiron unha charla sobre a lei do menor, mentres que o día 21 ao reputado psicólogo Javier Urra. Por outra banda, o 8 de maio colaborouse no III Mercadiño Solidario ‘Trócame-Roque’, onde quen se encargou de gravar a reportaxe foi mocidade de orixe estranxeira implicada no proxecto Barrios Abertos.

6.7 Documental Arquitectura sen Fronteiras-Galicia (ASF) Da man de Arquitectura sen Fronteiras-Galicia (ASF) tres voluntarios de AGARESO (os técnicos audiovisuais Antonio Grunfeld Rius e Álvaro Ayala Adestra, e a guionista Rocío Cadahía Fernández) desprazáronse no mes de novembro a Guatemala para rodar durante 20 días un documental sobre o traballo que a ONGD galega realiza no país. O acceso a unha vivenda digna, adecuada e saudable é unha das maiores necesidades que existen en Guatemala, onde case a metade da poboación, uns dous millóns de persoas, non contan cun espazo adecuado para vivir e desenvolverse integralmente. Esta situación afecta directamente á súa saúde, e tamén os fai vulnerables ante as inclemencias meteorolóxicas, os terremotos, os incendios ou a violencia. Así mesmo, non contar cun espazo adecuado minimiza a súa autoestima e a súa capacidade para romper o círculo da pobreza.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Neste escenario traballa ASF-Galicia a través de varios proxectos financiados maioritariamente pola Xunta de Galicia. Desde o ano 1999 ASF-Galicia construíu máis de 350 vivendas para persoas vulnerables nas comunidades máis pobres do país. Aos seus proxectos xa concluídos súmanse tamén institutos, escolas, centros de saúde, casas maternas e unha cooperativa de construción de bloque e tella. Todo amparado baixo a filosofía da produción social de vivenda, onde a participación da familia beneficiada e a comunidade á que pertencen sitúanse como unha pedra angular en todo o proceso. A premisa é que ao mellorar a vida dunha familia mellórase tamén a vida da comunidade. Con ASIAPRODI (Asociación Indíxena Agropecuaria prol Desenvolvo Integral) e FODHAP, (Federación de asociacións civís e Organizacións para o Desenvolvemento do Hábitat Popular) os seus contrapartes no país, ASF-Galicia apoia tamén a formación de profesionais en distintos ámbitos da construción ( albaneis e mestres de obra), desenvolve cursos sobre hábitos hixiénicos domiciliares, e capacita a promotores de vivenda co obxectivo de que as persoas que viven nas comunidades coñezan a nova Lei da vivenda ( que establece ao Goberno de Guatemala como o responsable de que todos cidadáns e cidadás teñan acceso a unha vivenda digna) e desta maneira eles mesmo poidan esixir os seus dereitos. O documental, que será presentado entre febreiro e marzo de 2016, tratará esta temática profundando non só no traballo de ASF e os seus socios no país, se non no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa e apoiado a idea da vivenda non como unha mercadoría, se non como un dereito.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

6.8 Novas alianzas estratéxicas: ONGD Agareso/AMARC (asociación mundial de radios comunitarias) A evolución da comunicación para o desenvolvemento levou á ONG Agareso a abrir novos campos de traballo. Entre eles, atópase a rexión centroamericana. O seu primeiro desembarco produciuse no ano 2011 cando comezaron a labores de diagnóstico da emisora comunitaria Radio Tehuacán. Este proceso derivou na conformación dun proxecto de cooperación no que o fortalecemento das capacidades técnicas, humanas e sociais da canle convertéronse no principal obxectivo. A partir de aí, comezou unha importante experiencia no sector da comunicación independente e con visión de desenvolvemento social que levou á continuidade e maior nivel de presenza da zona. Neste último ano (2015), a ONG iniciou novos contactos na procura de alianzas máis estables e adoitadas para operar con garantías nos países do Salvador, Honduras, Guatemala, Nicaragua ou Panamá; escenarios onde as radios comunitarias, a través da rede de AMARC (Asociación Mundial de Radios Comunitarias), efectúan un traballo en rede que lles permite manter unha mínima estrutura e viabilidade nos seus proxectos sociais. A elevada experiencia dos membros de AMARC en proxectos de apoio, fortalecemento e asistencia a canles comunitarias en Centroamérica levou á dirección de Agareso a formalizar un proceso de alianzas estratéxicas para contar un socio de notable relevancia na zona. Ambas organizacións selan a súa relación en setembro de 2015 na antesala do primeiro Encontro de Radios Comunitarias que permitiu celebrar un foro de formación, capacitación e intercambio de experiencias dirixido a responsables de xestión e programación das canles. Houbo, tamén, un relevante apartado para o voluntariado e as novas tecnoloxías. Esta alianza logra avanzar de maneira óptima co paso dos meses tras o bo resultado da primeira experiencia do I Atopo Radios Comunitarias. A situación levou a proxectar unha segunda edición para dar continuidade a unha iniciativa que fuxa de ser un mero feito illado e intranscendente. Ambas as partes consideran moi necesario manter no tempo as accións que se poñan en marcha para alcanzar en eficiencia nos obxectivos finais. Outra das partes desta relación institucional pasan pola creación de ferramentas que concedan as máximas posibilidades ás radios comunitarias para soster, sen interrupcións, a programación diaria. Ben sexa con producións propias ou externas. O persoal de voluntarios condiciona a situación e a capacidade programática de cada emisora. Detectada esta ameaza tanto Agareso como AMARC iniciaron tramítelos necesarios para habilitar unha canle de produción alternativo (Comunitaria Radio FM) que dea o apoio preciso ao sostemento da programación coa finalidade de dar garantías na grella de programación; sen unha directa dependencia da produción propia que xere o voluntariado que participa no día a día da canle.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

I Encontro de Radios Comunitarias en Centro América. Setembro 2015, San Salvador (O Salvador) As novas tecnoloxías chegaron para se quedar: todos os ámbitos da comunicación atópanse nun proceso de evidente revolución. Desde os medios escritos ata os audiovisuais, pasando pola radio, víronse obrigados a reinventarse e adaptar os seus proxectos aos tempos actuais. O dominio das ferramentas e a boa xestión dos procesos xornalísticos na rede abriron un apaixonante espectro de democratización para os espazos comunitarios; reducindo así os riscos de exclusión de acceso a unha información plural e contrastada. Con esta filosofía celebrouse o primeiro encontro centroamericano de radios comunitarias. En San Salvador, no Hotel Torogoz, durante dúas intensas xornadas tivo lugar un amplo programa de traballo dedicado á insuflar coñecemento aos principais actores de máis de 25 canles presentes na convocatoria. En formato teórico e práctico, a formulación das temáticas centrouse na actual revolución da comunicación coa disposición das novas tecnoloxías. As TICs e as súas potencialidades foron abordadas como un dos eixos centrais do foro. En especial, a posible adaptación ao mundo da comunicación comunitaria como método de loita coa fenda dixital; por conseguinte, como elemento de loita contra a pobreza e exclusión social. Nos diferentes módulos abordáronse as diferentes temáticas: No Módulo de Informativos: presentación e esquema dos espazos informativos, estrutura da redacción e voluntariado, correspondentes, diferentes formas de traballar en cadea (Exemplos Onda Cero Radio ou Cadea Ser). No Módulo de Programas: presentación e esquema dos contidos en programas, implicación da redacción e voluntariado, colaboradores, diferentes formas de traballar en cadea (Exemplos Onda Cero Radio ou Cadea Ser). No Módulo de Contidos: diferentes fórmulas de radio (Convencional, Mixta, Temática), xornalismo radiofónico, grellas de programación, figura do redactor/locutor, outras fórmulas e estilos de produción de programas e informativos, o entretemento na radio. Módulo Social Media: diferentes canles de comunicación na rede, xestión e estratexia da marca, contidos diferenciados para cada rede social, posicionamento Seo e WEB, o Universo do Blogue. Módulo Podcast: o Podcast: novo concepto de radio, plataformas de Podcast, producións propias, programas En liña/Off Line, o futuro do Podcasting Módulo Radio Streaming: emisións en directo pola rede, canles e plataformas de emisión, necesidades técnicas, virtudes do sistema auto DJ, novas aplicacións para dispositivos móbiles.

Proxecto – “Radio Comunitaria fm” - radios comunitarias Latino América A canle persegue dar respaldo e fortalecer ás radios comunitarias de Centro América e, en definitiva, de todo o eixo latinoamericano que así o consideren oportuno. En principio, ofrecerase unha programación na que se promocionen os valores sociais marcados na axenda internacional dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Ábrese a posibilidade para achegar programas para incorporar á grella de programación que teñan unha visión global e non excesivamente local. A transformación de Agareso Radio en “Radio Comunitaria FM” (AMARC-Fundación Comunicándonos-Agareso) realizarase a partir do mes de febreiro no que as emisoras que desexen unha coidada proposta á súa audiencia poden ter neste recurso un apoio incondicional e fundamental para o seu plan de viabilidade. Na grella de programación terase en conta o uso horario de Latino América. Non se farán distincións nos selos ou indicativos por países para ter unha liña o máis homoxénea e accesible posible. As emisoras comunitarias que desexen facer uso desta canle terán que cumprir dous requisitos básicos: ter operativo un PC e conexión a internet. Este equipo deberá estar conectado á mesa de control do central da radio para poder emitir a programación alternativa cando a produción propia haxa finalizado cada xornada. A maiores, deberán informar do seu interese e inscribirse a través do correo electrónico de coordinación en Centro América (Óscar Pérez) e España (Juan de Soa) para recibir os detalles necesarios. Os pasos son igual de sinxelos que navegar por unha buscador web como Google ou Yahoo. Datos de interese: Coordinador de Radio Comunitaria operez@comunicandonos.org.sv

FM

Centroamérica:

Óscar

Pérez:

Coordinador de Radio Comunitaria FM España: Juan de Sola: jcdsola@gmail.com

6.11 Participación na CGONGD Agareso integra la Coordinadora Galega de ONGD desde o ano 2011 e participa de forma activa tanto na difusión da información e das propostas que derivan da Coordinadora, como nos cursos e actividades que organiza para dar a coñecer situación actual do sector e para procurar novas fórmulas para melloras as accións de cooperación. Desde o 2013 integrantes de Agareso forman parte das diferentes comisións que forman a Coordinadora. Estas comisións teñen reunións periódicas para debater, propoñer e recopilar información para distribuír entre o resto das organizacións que forman parte da Coordinadora sobre temas tan diversos como as bases das convocatorias das subvencións, as novas políticas públicas, as campañas de sensibilización pública ou as necesidades de formación específicas do sector. Ademais Agareso ten unha presenza destacada na Coordinadora porque o a socia da organización e técnica de proxectos, Lorena Seijo, é parte da Xunta Directiva da mesma, aportando a súa experiencia e visión sobre a comunicación ao resto de integrantes do equipo. Agareso ten participado en diversas actividades que organiza a CGONGD tanto como relatores, como apoio á organización e como respaldo no traballo de difusión e creación de materiais de comunicación.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Agareso continuou participando activamente na Coordinadora Galega de ONGD ao longo de 2015, tanto desde a Xunta Directiva como no seo das comisións de Incidencia e de Educación para o Desenvolvemento (ED). A estes sumáronse outros espazos, coma os obradoiros ‘Travesía pola comunicación’, que culminaron cunha mentoría sobre planificación. Dentro do traballo na Xunta Directiva da Coordinadora, Agareso foi partícipe de importantes procesos de decisión, por exemplo co a discusión este ano do novo Plan Estratéxico de cooperación en Galicia ou no estudo sobre cooperación e empresas que está a levar a cabo unha entidade independente. Ademais participou dos diversos estudos de diagnóstico que se están levando a cabo para a mellora da xestión da cooperación en Galicia, tanto como Coordinadora como ONGD. Neste ano 2015 tivo unha grande importancia a declaración e accións respecto aos refuxiados, tema que tamén foi tratado pola comisión de incidencia. Nesta tanto ese tema como as eleccións estatais de 2015 foron os eixos do traballo diario. Tratáronse ademáis as campañas a desenvolver con motivo de diversos temas, como Pobreza Cero, ou violencia de Xénero. Agareso está presente tanto na decisión de que accións saen adiante como na súa concrección, ademáis de temas de importencia estratéxica. No traballo da Comisión de Incedencia Na comisión de incidencia as decisión más importantes a levar a cabo foron as correspondentes á estratexia de cara ás eleccións e as diferentes actividades conxuntas como probreza cero. De cara ao 2016 tanto esta comosión como a Xunta Directiva están orientadas cara ao novo plan estratéxico presentado pola Xunta de Galicia As accións formativas volveron destacar na actividade da Comisión de ED durante o último exercicio. O 26 de marzo levouse a cabo un obradoiro de formulación de proxectos de educación para o desenvolvemento nas instalacións da EGAP, en Santiago de Compostela. Na sesión ofreceuse información baseada no marco lóxico para mellorar a identificación e a definición dos obxectivos e resultados dos proxectos, analizáronse indicadores específicos de impacto, achegáronse exemplos de fontes de verificación, etc. Ademais, compartíronse experiencias propias e alleas para aprender dos erros e acertos. Desde a Comisión de ED coorganizouse tamén o ‘Foro de investigación para o desenvolvemento e cidadanía global’, celebrado o 22 e o 23 de outubro na Coruña. A primeira xornada desenvolveuse na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e abordou o contexto e impacto da ED en Galicia e a avaliación de programas de voluntariado, entre outros debates, alén de contar cunha mesa de experiencias. O segundo día presentáronse nas instalacións do Ceida (Oleiros) varios traballos de investigación realizados en España e Portugal, así como diferentes estratexias de ED no Estado, con especial atención á comunicación para o cambio social no caso andaluz, proposto por Agareso.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Da mesma forma, a organización integrouse no grupo de traballo Ciudadanía al Poder, promovido pola Coordinadora Estatal de ONGD. Deste xeito, colaboramos na organización do Encontro ‘Ciudadanía al poder 3.0, sumando para transformar’, que tivo lugar o 5 e o 6 de xuño en Sevilla. Integrantes da Comisión de ED, entre elas a representante de Agareso, participaron neste foro, que reuniu a máis de 70 persoas. O obxectivo era trazar unha estratexia común para o traballo conxunto nas áreas de educación para a cidadanía global e comunicación para a transformación social. Ao tempo, tratouse de consensuar propostas de traballo compartidas para, desde un enfoque multisectorial e multiactor, apostar por novas formas de facer complementarias.

6.12 Visibilización dos proxectos financiados por Cooperación Galega en Honduras e El Salvador No mes de novembro, Lorena Seijo, técnica de proxectos de Agareso, viaxou xunto con Jesús Gamallo, director de Relaciones Exteriores e coa UE e Pilar Romero, subdirectora xeral de Cooperación, a El Salvador e Honduras a visitar os proxectos que se financian a través do goberno galego. Este acompañamento forma parte dun acordo entre Cooperación Galega e Agareso que busca por en valor o traballo de Cooperación e das ONGD galegas achegando á cidadanía galega información sobre os proxectos que están a executar nos países do sur.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Os representantes da Cooperación Galega tiñan como obxectivo principais da viaxe a Centroamérica, ademais de supervisar os proxectos, reunirse coas organizacións que os lideran e coas autoridades locais que os apoian, e por suposto escoitar as apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos. No país hondureño, visitaron os proxectos que a ONGD galega Enxeñería sen Fronteiras (ESF) ten na zona do Golfo de Fonseca, ao sur de Honduras, onde leva traballando a favor do desenvolvemento con financiamento da Xunta desde 2009. Cun balance de 10 proxectos executados e preto de 1,5 millóns de euros investidos no últimos sete anos Na actualidade ESF executa en Honduras dous proxectos con financiamento galego, que buscan asegurar o dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria en poboacións vulnerables e fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da mancomunidade de Nasmar. Gamallo reuniuse co equipo técnico de ESF para coñecer os pormenores do proxecto de xestión da auga, no que destaca a participación comunitaria na xestión da auga e o saneamento, a formación de formadores para transferir coñecementos tanto técnicos e a sensibilización sobre boas prácticas de hixiene e coidado do medio ambiente. No proxecto de soberanía alimentaria, os responsables de ESF, explicáronlle ao director o traballo que se está facendo cos grupos organizados e coas mulleres para que poidan defender o seu territorio e ter os seus propios medios de produción. O equipo tivo a oportunidade de coñecer o traballo que ESF fai en comunidades do municipio de San Lorenzo para coñecer aos produtores e produtoras que participan deste proxecto, e mantivo unha reunión que presidenta da cooperativa de grans 3 de Maio, que lles explicou a importancia de poder ter un centro de abastecemento para fornecer aos agricultores da zona e as vantaxes de empregar grans autóctonos para facer dos seus cultivos algo rendible e sustentable.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Tras a visita de campo, reuníronse coa Mancomunidade de Nasmar, integrada por 7 municipios, que forman parte do proxecto de abastecemento e saneamento de augas. Os alcaldes explicáronlles á problemática que teñen os seus municipios co tema da auga, ao mesmo tempo que recoñeceron os avances que supuxo para eles poder contar con formación, asesoría técnica e estudos fiables para poder emprender melloras nos seus sistema de augas. Dentro do proxecto que xestiona a Mancomunidade tamén se está apoiando un Centro de Investigación Acuícola Pesqueira, que neste momento está a centrar os seus esforzos na produción de camarón e que tamén foi visitado pola delegación da Xunta. A visita finalizou compartindo impresións coa Asociación Hondureña de Xuntas Administradoras de Sistemas de Auga (AHJASA) que promove a xestión dos sistemas de auga por parte das comunidades como forma de responsabilizalas no uso do recurso e promover a sustentabilidade dos sistemas de abastecemento, e que é un dos socios locais deste proxecto. No Salvador, visitaron o proxecto que a ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a propia Agareso teñen na zona do Bajo Lempa, ao sur do país, onde leva traballando a favor do desenvolvemento con financiamento da Xunta desde 2007, co redor de 1,4 millóns de euros investidos no últimos oito anos.

O delegado de ACPP en Galicia, Alejandro Quiñoá, xunto con Ignacio Baeza, responsable da oficina de El Salvador, explicaron como o proxecto foi evolucionando desde o apoio ás cooperativas de pescadores, ata a creación e fortalecemento de iniciativas turísticas e artesanais, sempre tendo en conta as demandas da propia poboación do Bajo Lempa. Tamén estiveron con representantes das 25 cooperativas de pescadores que integran o proxecto no salón de actos de Federación de Cooperativas de Pescadores Artesanales (FECOOPAZ) .Nesta reunión os pescadores e pescadoras comentáronlle os avances que supuxo para eles as formacións en técnicas de pesca, en conservación do produto e en comercialización que recibiron nos últimos anos, ao mesmo tempo que agradeceron o esforzo


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

dos contribuíntes de Galicia por equipalos con mellores barcas e redes para poder seguir saíndo ao mar. Ao mesmo tempo destacouse a importancia do enfoque de xénero e da presenza de cada vez máis mulleres en postos relevantes. Neste encontro tamén houbo tempo para que José Martínez, vicepresidente de FECOOPAZ, explicase aos seus compañeiros e aos representantes da Xunta o valioso aprendizaxe que supuxo para el e os seus dous acompañantes poder coñecer Galicia e as múltiples posibilidades de seu sector pesqueiro gracias ao intercambio no que participaron no mes de outubro a través do proxecto. Tras o encontro, desprazáronse en lancha polo Río Lempa ata a Illa Tasajera, un enclave protexido, onde poideron comprobar a gran organización comunitaria que existe en torno á promoción do turismo e a protección das tartarugas mariñas, en perigo de extinción. O director xeral e a subdirectora pasearon pola illa e viaxaron en carreta, como o resto dos turistas que chegan a coñecer a zona, para poder visitar o corral de tartarugas onde os ovos son protexidos ata que as crías están listas para saír ao mar. Os representantes da Xunta de Galicia colaboraron na liberación de 210 exemplares que tiñan menos de 24 horas de nados. Tras a liberación, asistiron a unha reunión cos comités turísticos e artesáns onde lles explicaron os beneficios da organización comunitaria en torno ao turismo, a defensa do seu territorio e a produción de artesanías creadas con grans e conchas propias da illa. Todas estas iniciativas lideradas por mulleres.

Gamallo expresou a súa satisfacción polos avances alcanzados nas comunidades a través do proxecto, pola evolución do mesmo cara iniciativas máis alá da pesca artesanal, pola implicación das mulleres emprendedoras e pola seriedade e cariño que percibiu no traballo realizado tanto polas ONGD galegas ACPP e Agareso, como polos seus socios locais.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

Durante toda a visita unha reporteira e un reporteiro de Radio Tehuacán estiveron facendo a cobertura informativa para poder emitir varios reportaxes na emisora comunitaria que apoia o proxecto.

Outras redes Agareso Radio forma parte da rede de emisoras das Nacións Unidas e a asociación está integrada ademais na Rede de organizacións sociais que traballan na contorna penitenciaria (Rosep). Agareso tamén participa do Consello Municipalista da Cooperación impulsado polo Fondo Galego.

7. Área de Voluntariado 7.1 Xestión do voluntariado O voluntariado é o principal valor co que conta Agareso. De feito, a base do traballo da organización realízase con persoal voluntario e as persoas que participan activamente nos proxectos saen da base social, igual que as persoas que son contratadas como técnicas da organización e integran a Xunta Directiva. A rede de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do deseño, a economía, da psicoloxía ou o traballo social. Todos eles e elas traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Na organización do voluntariado puido avanzarse en gran medida gracias ao proxecto de Fortalecemento aprobado pola Xunta no 2011-2012, que permitiu ter unha persoa contratada a media xornada para organizar á base social. Durante o 2013 seguiuse facendo a xestión do voluntariado pero a persoa responsable era unha voluntaria, polo que a intensidade e regularidade das accións diminuíu por razóns evidentes. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de colaborador, voluntario e socio. A 30 de decembro do 2015 había na rede de Agareso 131 persoas, dos que 42 son colaboradores, 58 voluntarios e 31 socios e socias. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos que consideren


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2015

oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. As posibilidades de voluntariado que se lles ofrecen ás persoas que chegan por primeira vez á organización son as seguintes: • Proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento de A Lama: Obradoiro de radio, prensa e fotografía. • Seminario USC sobre Xornalismo Social e Cooperación • Organización de exposicións fotográficas e proxeccións de documentais vencellados aos proxectos (xestión e espazos) • Captación de recursos gráficos (audiovisual e fotografía) para apoiar o traballo doutras ONG galegas • Realización de documentais. Guión, gravación, edición e montaxe. • Alimentación da web con contidos de calidade (reportaxes, entrevistas e/ou artigos de opinión). • Proxecto AGARESO Radio. Elaboración de programas de radio sobre cuestións sociais e/ou locución de textos xa elaborados • Publicación no medio para o que traballen de temas sociais promovidos pola organización • Realización de cursos específicos para outros voluntarios da organización. Banco de formación • Elaboración de notas de prensa • Deseño de materiais • Visita a proxectos doutras ONGD no estranxeiro para a elaboración de documentais, reportaxes e fotografías que sirvan para as campañas de visibilización en Galicia. Cos novos e novas voluntario/as séguese un protocolo de recibimento para que saiban a quen teñen que dirixirse, en que poden axudar e envíanselles boletíns informativos periodicamente para mantelos ao tanto. En todos os proxectos levados acabo pola organización participan voluntarios e voluntarias, incluso nos que teñen un técnico contratado, pois a base de Agareso é a participación do voluntariado, base social que fai subsistir á organización a pesar dos recortes orzamentarios. Presentación on line sobre o voluntariado da organización: http://prezi.com/l8haex0azqim/present/?auth_key=5apc6si&follow=synoju6ftbt9&kw=presen t-l8haex0azqim&rc=ref-32069147

Memoria agareso 2015  

Memoria de actividades da ONG Agareso en 2015

Memoria agareso 2015  

Memoria de actividades da ONG Agareso en 2015

Advertisement