Page 9

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012

4. Área de proxectos Agareso continuou durante o 2012 coa execución de proxectos postos en marcha en anos anteriores, coma os programas de comunicación e educación para o desenvolvemento, os programas de acción social ou a segunda anualidade do proxecto de fortalecemento da entidade. Deste xeito, no centro penal de A Lama, durante o pasado ano, Agareso continuou encargándose da coordinación da emisora do centro e dos obradoiros de radio e prensa. Uns obradoiros que tamén seguiron en Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) a través do proxecto ‘Sen barreiras’. No ámbito académico, durante o 2012 proseguimos co proxecto Escolas Sen Racismo, no que empezamos a participar a finais de 2011 en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), e no que mediante obradoiros de radio e televisión, formouse ao alumnado en valores dende a perspectiva da educación e a comunicación para o desenvolvemento. Así mesmo, púxose en marcha a segunda edición do Seminario de Comunicación Social e Xornalismo Internacional, a través do cal, cinco participantes tiveron a oportunidade de desprazarse a Marrocos para traballar visibilizando os diferentes proxectos promovidos polos parceiros de ACPP e Agareso. No exterior, Agareso volveu á rexión salvadoreña do Bajo Lempa no verán, dentro da quinta fase do proxecto de pesca artesanal impulsado por ACPP e Cordes. Nesta ocasión, ademais de obradoiros de radio sobre temática ambiental, o proxecto viuse reforzado con obradoiros fotográficos. E a finais de ano púxose en marcha a sexta fase do proxecto Bajo Lempa, unha nova etapa que continuará ao longo do 2013. Neste caso, modificouse a achega de Agareso, dando un paso máis, xa que a parte importante do mesmo céntrase na capacitación, tanto tecnolóxica como humana, dunha radio comunitaria da zona (Radio Tehuacán).

9

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement