Page 7

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012

3. Presentación e plan estratéxico Durante o ano 2012, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: -

Planificar

e

executar

programas

desenvolvemento coa finalidade

e

proxectos

de

comunicación

para

o

de achegar coñecemento e habilidades na

transmisión correcta de información en sociedades e comunidades desfavorecidas, tanto no Norte coma no Sur. - Difundir nos diferentes municipios de Galicia a través de documentais, exposicións fotográficas e charlas, a realidade de diferentes países en vías de desenvolvemento que Agareso tivo a oportunidade de captar a través das ferramentas que ofrece a comunicación. - Consolidar unha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico, da comunicación e a educación, apoiando a formación e reciclaxe dos profesionais no tratamento e elaboración de informacións de carácter social. - Servir de amplificador social ao traballo que en materia de cooperación e desenvolvemento levan realizado desde hai anos diversas entidades do ámbito social tanto en Galicia coma en países do Sur e xerar vínculos e alianzas con outras organizacións de similares características co obxectivo de crear reciprocidade á hora de deseñar novos proxectos, compartir experiencias e xuntar esforzos. Agareso

camiña

nestes

intres

da

man

de

dous

piares

fundamentais:

a

profesionalización da organización e o inxente e valioso traballo do voluntariado. Para facer posible que os proxectos de comunicación para o desenvolvemento e sensibilización acaden os obxectivos fixados no plan estratéxico da organización fai falla que ambos os dous se integren e coordinen. Dentro das liñas de traballo previstas para estes anos está incidir, en maior medida, na formación dos e das xornalistas no eido da comunicación para o desenvolvemento, para o que xa se teñen presentado proxectos específicos a diferentes institucións públicas e centros educativos. 7

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement