Page 35

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Concurso Nacional de Radio en Centros Penitenciarios 2012. Neste certame tamén resultaron galardoados os penais Castellón II (segundo posto) e Madrid VII (terceira posición). Así mesmo, o obradoiro de prensa que imparte a ONGD dende 2010 no centro penal pontevedrés foi galardoado co terceiro premio no Concurso Nacional de Prensa en Centros Penais. No certame resultou gañador o penal Puerto III e ocupou o segundo posto o de León.

9. Área de Organización A nivel organizativo, Agareso reforzou a súa estrutura organizativa a través da continuación da execución do primeiro proxecto de fortalecemento en solitario aprobado pola DXRE e UE e grazas a posibilidade de seguir contando cunha oficina de traballo propia dende a que xestionar os aspectos organizativos da organización e que está a servir de punto de referencia para a relación con outras entidades e cos/as socios/as, voluntarios/as e colaboradores/as. Con cargo a este proxecto posto en marcha a finais de 2011, logrouse ampliar o equipo técnico da entidade, formado por unha persoa, e tamén optimizar o traballo realizado nas áreas de voluntariado e organización e proxectos, grazas á contratación de dúas xornalistas. Unha das persoas contratadas asumiu as tarefas necesarias para acadar unha mellor coordinación da rede de voluntarios/as, facilitando que a resposta dada en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se levase a cabo coa maior rapidez e cunha atención máis personalizada. Ademais, encargouse de acadar unha maior visibilización e sensibilización na sociedade galega en canto aos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur. Por outra banda, a segunda das persoas contratadas asumiu as tarefas de busca, redacción e coordinación dos proxectos executados dentro da entidade, así como das accións de visibilización e sensibilización realizadas pola organización, velando para que todo saíse segundo o previsto na planificación previa.

35

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement