Page 33

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 - Participación da organización en xornadas de cooperación. Así mesmo, Agareso tamén participou en diversas xornadas organizadas para conmemorar o Día do Voluntariado ou difundir o traballo das organización do Terceiro Sector, aporte que tamén tivo cabida nos medios con máis de 7 mencións.

7.2. Cambios na web Durante o 2012 leváronse a cabo unha serie de cambios na web de Agareso co obxectivo de facela máis clara e accesible para todo o mundo. Os cambios viñan motivados polo propio devir da organización, que nos últimos anos pasou de ser unha plataforma de visibilización e de difusión de temas relacionados co Terceiro Sector, a unha organización más madura e forte que busca desenvolver os seus propios proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento. Por elo, a web actual dálle máis importancia a información sobre os proxectos e as reportaxes en profundidade que fai o voluntariado da organización. Tamén se fai a distinción entre os aportes dos reporteiros gráficos, os reporteiros audiovisuais e os radiofónicos, como diferentes formas de expresión da comunicación, pero cun mesmo contido social. Mantense a información de actualidade, pero nun segundo plano, non como parte fundamental do primeiro impacto da páxina. Durante o 2012 fixéronse máis de 200 actualizacións de contidos, todos elaborados polo voluntariado e por organizacións coas que colaboramos.

8. Recoñecementos Premio Empodera 2012 O programa integral de comunicación para o desenvolvemento 'Sen Barreiras, desenvolvido Personas con

por

Agareso en

Discapacidade

colaboración (Cogami),

coa Confederación Galega resultou

gañador

de nos

premios Empodera 2012, na categoría de ‘Cidadán Empoderado’.

33

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement