Page 29

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Nesta mesma informativa foi incorporado á programación o informativo Mais Voces que comparten numerosas radios comunitarias e sociais de fala hispana. No cultural, o acordo acadado coa plataforma de Radio Grovalización achega unha diversidade e pluralidade grazas a prográmalos Mosaico, Capitais da Grovalización e Pardisofolk.

6. Traballo en Rede Cada vez é máis notable a importancia do traballo en rede, o creación de sinerxías e o aproveitamento dos coñecementos duns e doutros para facer máis efectiva a cooperación e a sensibilización. Por iso Agareso segue colaborando con diferentes redes e procurando novas alianzas.

6.1. Integración na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code)

Agareso afianzou ao longo de 2012 a súa colaboración coa Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), integrada por grupos de investigación das universidades e colectivos da base social. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios incorporouse á formulación de diferentes proxectos, que polo de agora non deron froitos, e contribuíu á recompilación de documentación, amais de sumarse ás iniciativas formativas. Agareso participou por segundo ano consecutivo no encontro anual da rede, que se celebrou o 22 de outubro en Santiago de Compostela, dentro do equipo de traballo sobre ‘Cultura, comunidade, comunicación e participación’. Da xuntanza xurdiron interesantes avances, como a creación da 'Revista internacional de comunicación e desenvolvemento. A nivel organizativo, durante o próximo ano Agareso traballará na ‘Comisión de redes, colectivos e base social’.

29

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement