Page 28

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 A canle de Agareso Radio 24h persegue converterse nunha referencia na visibilización, sensibilización e comunicación para o desenvolvemento de diversos ámbitos sociais. É unha canle recoñecida pola rede internacional de emisoras adheridas

a

Nacións

Unidas

(ONU)

desde

o

ano

2010

(www.unmultimedia.org/radio/spanish/radios-asociadas). A través deste medio amplificamos as voces que carecen das oportunidades necesarias para desenvolverse ou se atopan en situación desfavorecida. A programación está composta integramente por contidos de temáticas sociais: VIH, Discapacidade, Exclusión, Drogodependencia, Centros Penais, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros. Cabe lembrar os obxectivos fundacionais da organización de Reporteiros Solidarios, formada por profesionais da comunicación de Galicia (España), con plena disposición a cumprir co compromiso de profundar nas causas da pobreza, desigualdades e vulneración de DD.HH,

práctica moi ausente nos medios de comunicación

convencionais. Na grella de programación, a produción propia, a día de hoxe, ofrece espazos de faladoiro como En Otra Onda ou Sen Barreiras. En ambos os programas participan os beneficiarios dun proxecto de CpD. En varias franxas horarias emítense estes e outros aplicando un criterio horario universal (adaptar a programación a calquera uso horario). Neste sentido, atopamos outro dos programas dedicados á cooperación municipal: Voces Con Fondo é un repaso ás accións e esforzos que os concellos galegos realizan, canalizados polo Fondo Galego de Cooperación, ao campo da solidariedade. A programación da canle compleméntase con outras propostas vinculadas ao afondamento dos proxectos, de moi diversa tipoloxía, que as organizacións sociais realizan en liñas de cooperación ou acción social (Zona ONG). Por outra banda, a produción externa concertada con outras institucións e organizacións procede da redacción de Nacións Unidas, dando así cumprimento ao compromiso de programar pílulas informativas e reportaxes producidas pola ONU. 28

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement