Page 21

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 obradoiros de radio e televisión, fórmase ao alumnado en valores desde a perspectiva da educación e a comunicación para o desenvolvemento. Unha ducia de estudantes do IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, completaron a capacitación audiovisual para rematar coa gravación do programa ‘Fraguando a diversidade’, que o 20 de xuño se proxectou no instituto e o 8 de novembro se presentou no centro sociocultural de Fontiñas. Discapacidade intelectual e física, igualdade de xénero, discriminación pola orientación sexual, comunidade xitana e inmigración foron os temas abordados.

Outros tantos alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro, tamén na capital de Galicia, asistiron con regularidade ao obradoiro de radio, cuxo programa final se centrou na educación para a paz e os dereitos da infancia. ‘O faladoiro do Ferreiro’ foi o título escollido para o espazo, que incluíu entrevistas, enquisas na rúa e unha faladoiro multicultural con estudantes de distintas nacionalidades. As actividades das Escolas sen Racismo puxéronse de novo en marcha para o curso 2012/2013 co apoio de Cooperación Galega. Tras presentarlle en decembro o obradoiro de tv ao alumnado do IES Torrente Ballester, en Pontevedra, programouse a primeira sesión para o 9 de xaneiro. Está previsto impartir unha actividade semellante no IES Luís Seoane, na mesma cidade, e retomar o obradoiro de radio no CEIP López

21

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement