Page 16

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 xornadas pretendían sensibilizar á comunidade universitaria sobre a importancia das lóxicas de comercio xusto e o consumo responsable, non só dando a coñecer prácticas concretas senón reflexionando sobre o noso papel e a nosa responsabilidade como consumidores. Así mesmo, gran parte do programa centrouse na comunicación con enfoque social, incluíndo a experiencia de xornalistas, profesores e comunicadores doutros ámbitos, como Antonio Manfredi, Nacho Escolar ou Leila Nacahwati, entre outros, e sen esquecer enfoques tan importantes como o da economía crítica, as iniciativas de comunicación alternativa ou as iniciativas estudantís que comprenden a Universidade como un motor de cambio social e reflexión. Agareso participou neste espazo presentando a organización e un dos seus últimos traballos, o documental ‘Camiños de Paz: As outras voces de Israel e Palestina’.

Festa do Solidariedade de Vilagarcía de Arousa Un ano máis Agareso participou na Festa da Solidariedade que organiza o concello de Vilagarcía para que as organizacións non gobernamentais con presenza na comarca do Salnés poidan ter un espazo de presentación e de achegamento aos cidadáns.

16

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement