Page 15

[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012

4.1.3. Charlas de presentación da organización e os seus proxectos Un dos obxectivos permanentes de Agareso é seguir dando a coñecer entre a cidadanía o traballo que leva a cabo a organización. Así, durante o pasado ano, realizamos presentacións da entidade no IES María Soliño de Cangas, nas I Jornadas de Comercio Justo da Universidade de Periodismo de Sevilla, nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas e na Festa da Solidariedade de Vilagarcía. VIII Xornadas Interculturais de Cangas Agareso participou no mes de xullo na VIII edición das Xornadas Interculturais de Cangas, coa que se comparte o obxectivo de promover o coñecemento doutras culturas, a convivencia e a integración multicultural. A proposta de actividades deste ano centrouse na cooperación e no comercio xusto a través das experiencias de sensibilización e acción social das diferentes ONG galegas. Agareso participou neste evento cun posto informativo e a proxección dos diferentes documentais realizados polo voluntariado da organización durante estes catro anos.

I Jornadas de Comercio Justo da Universidade de Periodismo de Sevilla No mes de marzo de 2012 tivemos a oportunidade de dar a coñecer o traballo da organización fora de Galicia nas I Jornadas de Comercio Justo, Comunicación e Solidariedade postas en marcha na Universidade de Periodismo de Sevilla. Estas 15

Profile for agareso

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Memoria agareso 2012  

Memoria de actividades da organización Agareso que resume as accións e proxectos levadas a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement