Memoria Agareso 2009
S umario 03.- EDITORIAL - Órganos de Goberno e xestión
04.- PRESENTACIÓN E PLANTEXAMENTO 05.- ÁREA DE PROGRAMAS 1)- Visibilización e sensibilización sobre situacións de pobrezaa, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países do Sur: ---Subprogramas de apoio a entidades en comunicar accións que promovan o desenrolo dos países do Sur: -
TÁNGER: Seguimento do voluntariado. GOLFO DE FONSECA: pesca artesanal. UCRANIA: Axuda humanitaria. CENTROAMÉRICA: Viaxe con Cooperación Galega. ECUADOR: Documental sobre comercio xusto
---Subprogramas de desenrolo de proxectos de sensibilización propios: -
Páxina web de AGARESO + Multimedia. Red Periodismo + ONG. Viaxe a Mongolia. Vacacións en paz.
2) Promoción dunha maior calidade na información dos medios de comunicación - Promover unha maior cobertura das temáticas sociais.
3) Comunicación: - Talleres de comunicación para o desenrolo no Centro Penitenciario.
20.- ÁREA DE ORGANIZACIÓN - II Convención Anual de AGARESO na Lanzada. - Xeneración de alianzas. - Finanzas Agareso 2009.
24.- ÁREA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
Editorial Recompilar un ano de proxectos, accións e iniciativas nun documento técnico comporta os riscos de arrefriar o carácter humano de cada unha das misións realizadas polos equipos da ONGD Agareso como profunda e decidida colaboración co Terceiro Sector galego e estatal. Pero, os obxectivos por acadar resultados en materia de sensibilización requiren dunha tecnificación e unha estratexia irrenunciable. No desenvolvemento destes dous últimos conceptos, reside a clave para lograr impactos e cambios de mentalidade en positivo nunha comunidade ou sociedade determinada. O histórico social do ano 2009, reflectido nesta memoria, non deixa espazo para as dúbidas: “as organizacións son o motor social con maior rodaxe de cantos coñecemos”. Esas entidades a que delegamos as complexas funcións de calcular con precisión os cambios necesarios para cumprir cos Dereitos Humanos, fomentar a igualdade de oportunidades ou garantir un futuro aos colectivos máis vulnerables, entre outras. Por iso, os voluntarios de Agareso, asumindo a responsabilidade de visibilizar todos aqueles contextos onde existe unha intervención directa ou indirecta, en que a solidariedade pretende facerse forte, recorreron á minuciosidade e profundidade informativa para desvelar: ¿Cal é o nivel de eficiencia da acción social local e a cooperación ao desenvolvemento, así como os nomes e apelidos dos seus axentes e beneficiarios?
ÓRGANOS DE GOBERNO E XESTIÓN Durante o ano 2009 a ONGD AGARESO estaba estruturada nos seguintes órganos de Goberno e Xestión: Presidente: Juan De Sola Vollbrecht Vicepresidenta: Teresa del Río / N atalia Puga. Secretario: Alejandro Espiño Tesoureiro: Roberto Baquero Vogais: Roi Palmás Cora, Estrella López, Rita Pérez, Susana Ares e Luis Manuel Pardo. Corresponsalías:Susana Ar es (Pontevedra);Luis Manuel Pardo / Laura López (Santiago de Compostela); Eva Alonso ( Vigo); Lara Varela (O Salnés), Ruth Sousa (Ourense); Óscar Vázq uez (Lugo). Delegado de Madrid: Alberto Quián
Presentación e plantexamento estratéxico
D
urante o ano 2009, AGARESO non tiña plasmada nun documento a súa estratexia de actuación, pero si a tiña definida e finalmente quedou plasmada no seu Plan Estratéxico 2010-2011, no que se marca como misión fundamental sensibilizar á
sociedade sobre a situación de pobreza e exclusión social nos países en vías de desenvolvemento e en España e parte da base de que a comunicación é o valor diferencial da organización. Este documento recolle a forma de traballar que xa se seguía sen plasmalo ao papel dende o nacemento da ONGD e, polo tanto, durante o ano 2009, e fixa o xeito de actuar nos dous vindeiro anos. Segundo o plan estipulado, o traballo da entidade estrutúrase en catro eixos fundamentais: 1-. Visibilizar e sensibilizar sobre situacións de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países do Sur. 2-. Promover unha maior calidade na información que os medios de comunicación xeran no exercicio do seu papel fundamental na esfera pública, fomentando unha comunicación con perspectiva de dereitos humanos (políticos, sociais, económicos e culturais). 3-. Promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento. 4-. Iniciar un proxecto piloto de educación para o desenvolvemento cun centro educativo na provincia de Pontevedra.
Área de Programas O traballo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) estruturouse en 2009 en tres eixos fundamentais: - Visibilizar e sensibilizar sobre situacións de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países de Sur. - Promover unha maior calidade na información que os medios de comunicación xeran no exercicio do seu papel fundamental na esfera pública, fomentando unha comunicación con perspectiva de dereitos humanos (políticos, sociais, económicos e culturais). - Promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento.
Programas Agareso 2009
Visibilización e sensibilización sobre situación de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países do sur Neste eido, en 2009, ofreceuse apoio a asociacións, ONG, institucións públicas e privadas para comunicar á sociedade española, desde unha perspectiva de dereitos, accións que promovan o desenvolvemento nos países do Sur e a xustiza e equidade social en Galicia e no resto do Estado. Ademais, acometéronse obradoiros de comunicación para o desenvolvemento no centro penitenciario de A Lama cun programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento e ofreceu as canles de comunicación de AGARESO como soportes para a difusión de iniciativas de sensibilización directa impulsadas por terceiros. Aproveitando a experiencia dos membros de AGARESO en comunicación social, intentouse aumentar a calidade das mensaxes e lograr unha maior especialización no proceso de elaboración do material dirixido á sociedade. Con isto perseguiuse que calquera estratexia de sensibilización e concienciación tivese un maior efecto no resultado final.
SUBPROGRAMA 1.1: Apoio a entidades para comunicar accións que promovan o desenvolvemento en países do Sur, Galicia e España Durante o ano 2009 AGARESO ofreceu apoio a asociacións, ONGs, institucións públicas e privadas en comunicar á sociedade española, dende unha perspectiva de dereitos, accións que promovan o desenvolvemento nos países do Sur e a xustiza e equidade social en Galicia e resto do Estado. Durante este ano, AGARESO apoiou a labor de dez institucións (Amigos da Terra, ACPP, Cooperación Galega - Xunta de Galicia, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Amarante, entre outros) na visibilización e sensibilización de situacións de pobreza e vulneración de dereitos humanos. O apoio realizouse a través do contacto proactivo a institucións fomentando proxectos puntuais e desenvolvendo convenios de colaboración. Como resultado deste traballo elaboráronse dez proxectos e sete convenios.
Programas Agareso 2009
PROGRAMA 1: Visibilización e sensibilización sobre situacións de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en Galicia, España e nos países do Sur AGARESO apoiou o labor de diversas institucións na visibilización e sensibilización de situacións de pobreza e vulneración dos dereitos humanos. Este respaldo realizouse a través do contacto proactivo fomentando proxectos puntuais e desenvolvendo convenios de colaboración. Respecto aos proxectos de sensibilización propios, un dos pilares fundamentais da organización, AGARESO desenvolveu os proxectos: “Viaxe al Cono Sur” e “Viaxe a Mongolia”. Asimismo, AGARESO cuenta con las plataformas de comunicación propias: AGARESO Radio, AGARESO web y la Red Periodismo+ONG.
Periodismo+ONG
www.agareso.org
TÁNGER: Seguimento dunha experiencia de voluntariado AGARESO puxo en marcha a principios do ano 2009 un traballo coa ONGD AMARANTE orientado á visibilización da labor dos voluntarios que invirten parte das súas vacacions en realizar tarefas de mellora das condicións de vida nos países do Sur. Dentro deste traballo, acordouse poñer en marcha un proxecto que consistiría en seguir durante dez días a acción do voluntariado galego en Tánxer (Marrocos) a través de seis integrantes do programa “Xanela Aberta ao Sur” da ONGD AMARANTE, que se desplazaron ata ao Magreb para coñecer a realidade da muller traballadora das grandes fábricas do textil e enriquecerse co intercambio de experiencias e o coñecemento da cultura marroquí. Montse Fernández e Natalia Puga (xornalistas) e Joel Martínez (fotógrafo) seguiron as experiencias dos voluntarios de AMARANTE e contaron a través do blog “Mirada aberta ao Sur” a evolución e os cambios que se foron producindo no grupo durante dúas semanas coñecendo a fondo e de primeira man o traballo da Asociación ATTAWASSOUL. A vida cotiá dos voluntarios e a súa integración na realidade marroquí centraron as crónicas, entrevistas e imaxes gráficas dos reporteiros. Como resultado do traballo dos tres reporteiros de AGARESO elaborouse un blog de traballo no que se insertaron 15 entradas e o proxecto foi difundido día a día a través da páxina web da ONGD e das redes sociais Facebook e Periodismo+ONG. Ademais, ao regreso do proxecto, elaborouse un diaporama que resume en imaxes a experiencia dun voluntario galego nun país do Sur.
Programas Agareso 2009
GOLFO DE FONSECA: Pesca artesanal AGARESO puxo en marcha en setembro do ano 2009 un traballo coa ONGD AMIGOS DA TERRA co obxectivo de desenrolar un proxecto de sensibilización no Golfo de Fonseca (Honduras, El Salvador e Nicaragua) en temas de pesca artesanal sostible. Estes tres países centroamericanos comparten un ecosistema moi rico e importante en canto á diversidade biolóxica mariña-costera, actualmente ameazado por diversas cuestións como a sobreexplotación, o cambio climático ou o abuso de pesticidas. Cinco reporteiros de AGARESO (Eva Alonso, Cristóbal Fernández, Estrella López, Carlos Puga e Laura López) entrevistáronse durante doce días coas cooperativas de pescadores artesanais, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de AMIGOS DA TERRA, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están conseguindo en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro. Os obxectivos alcanzados nas comunidades pesqueiras do Golfo non poderían ser posibles sen o incisivo traballo das contrapartes: CODEFFAGOLF, en Honduras; LIDER, en Nicaragua, e CODECA, no Salvador. Trátase dunha conxunción de esforzos que recibe o respaldo da COOPERACIÓN GALEGA, e con quen se reuniron, en diversas ocasións, os reporteiros de AGARESO. A vida cotiá dos cooperantes, pescadores e contrapartes de AMIGOS DA TERRA centraron as crónicas, entrevistas e imaxes gráficas dos reporteiros. Como resultado do traballo dos cinco reporteiros de AGARESO elaborouse un blog no que se insertaron 44 entradas e o proxecto foi difundido día a día a través da páxina web da ONGD e das redes sociais Facebook e Periodismo+ONG. Ademais, ao regreso do proxecto, elaborouse un documental e un diaporama que resumen en imaxes a situación dos pescadores do Golfo de Fonseca e a labor medioambiental e formativa da ONG AMIGOS DA TERRA en colaboración con COOPERACIÓN GALEGA. Os resultados foron presentados posteriormente a diferentes sectores sociais, entre eles, o pesqueiro co obxectivo de sensibilizar aos profesionais que o compoñen sobre a necesidade de garantir o futuro deste sector en Galicia coa práctica de actitudes responsables no medio. Fixéronse numerosas presentacións do documental ante alumnos da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra (en duas ocasións), na Escola de Imaxe e Son de Lugo e ante as ONG galegas no Centro Medioambiental das Corcerizas (Ourense). Tamén se deu unha rolda de prensa e se levaron a cabo numerosas exposicións en toda Galicia (en máis de 10 ubicacións diferentes).
Programas Agareso 2009
UCRANIA: Axuda humanitaria
A principios de novembro de 2009 facíase efectiva a carga dun tráiler que viaxaría por estrada dende Leirado (Salvaterra de Miño) ata Kiev, a capital da Ucraína. O obxectivo marcado, tanto pola Asociación SOLIDARIDAD SAN ROQUE, como por AGARESO, era o de levar un cargamento de axuda humanitaria para a poboación civil. A intención era chegar ao maior número de beneficiarios posible, tanto en centros hospitalarios, como en orfanatos, escolas, internados e mesmo en casas particulares. O 17 de novembro a expedición de AGARESO era recibida polas contrapartes e diferentes autoridades locais de Kiev. Foron dez intensos días nos que o fotógrafo Óscar Vázquez e o xornalista Roi Palmás percorreron os lugares clave da capital do país e os arredores, ata onde tamén chegou a axuda galega enviada. Os reporteiros entraron en contacto cos responsables dos distintos centros de acollida e asistencia, puideron comprobar in situ cal é o actual estado do país hoxe en día e mesmo se achegaron ata Chernóbil para dar testemuño, por medio das novas tecnoloxías, de como está agora o epicentro da catástrofe nuclear máis afamada do planeta. O blog do proxecto resume mediante textos, fotografías, entrevistas sonoras e montaxes audiovisuais cal é o momento que vive Ucraína. A pesares das dificultades engadidas que supuxo a Gripe A, o equipo de traballo puido completar a entrega material do tráiler transportado desde Galicia. Pechábase así un círculo, o do propio proxecto, que quedaba visibilizado como era a intención inicial, pero abríase outro, porque meses despois a Asociación SOLIDARIDAD SAN ROQUE voltaba a Kiev con máis axuda, desta volta con dous camións repletos de material. AGARESO visibilizou este traballo mediante a confección dun diaporama, foi entrevista tanto por canles de radio como de televisión e ofreceu diversas charlas e conferencias en distintos lugares de Galicia para espallar as vivencias colleitadas. O blog do traballo contou con 31 entradas diferentes nas que se incluiron novas, reportaxes, entrevistas escritas e radiofónicas e ata pezas audivisuais, que tamén foron compartidas polo portal de Youtube. O Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe en profundidade con textos e fotos dos reporteiros de AGARESO.
Programas Agareso 2009
CENTROAMÉRICA: Traballo de cooperación galega en República Dominicana , El Salvador e Guatemala AGARESO visibilizou durante once días os proxectos que COOPERACIÓN GALEGA ten en marcha en tres países de Centroamérica (República Dominicana, El Salvador e Guatemala) co obxectivo de dar cobertura ás necesidades sociais básicas da poboación, promover infraestruturas e unha promoción do tecido económico, apoiar a participación social, defender o medio ambiente, lograr unha maior sensibilización social e educación para o desenvolvemento e, dunha forma moi especial, favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Un equipo de dúas reporteiras de AGARESO acompañaron ao director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, e á subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, nunha visita por estes tres países para o seguemento e análise dos proxectos, a maioría dos cales levan xa varios anos acometéndose e teñen unha previsión de continuidade co fin de acadar o seu obxectivo último: A cooperación para o desenrolo “integral, humana e sostible” de tres países considerados prioritarios dentro do Plan Director de Cooperación Galega. As reporteiras de AGARESO, Chus Álvarez (fotógrafa), e Loreto Costa (redactora), recolleron os detalles destes proxectos e a súa aportación ao desenvolvemento dos tres países afectados. A visita á República Dominicana permitíu visibilizar un programa integral de mellora do barrio de Sta. Lucía/La Mosca en Santiago de los Caballeros posto en marcha por COOPERACIÓN GALEGA ante os graves problemas medio ambientais e de saúde na poboación que padece este barrio marxinal. Outra das zonas visitadas foi o barrio dos Mina onde se está a acometer un programa de mellora das condicións de vida e prevención de desastres naturais. En El Salvador deuse a coñecer a iniciativa de cooperación para o desenvolvemento do proXecto de cooperativismo pesqueiro na desembocadura do río Lempa, con especial atención ao establecemiento dun plan de extracción sostible e á protección do medioambiente. En Guatemala a expedición achegouse ao proxecto integral de mellora das condicións de vida da poboación indíxena, en 18 comunidades maias, con especial atención á igualdade de xénero. O desenvolvemento desta visita puido seguirse a través dun blog, con 35 entradas nas que se deron a coñecer os distintos proxectos, tanto dun xeito informativo como a nivel de sensacións que provocaban ou evocaban certas situacións alí vividas. Ademais parte do material publicado no blog foi difundido a través de notas de prensa e en dúas reportaxes en prensa escrita (Faro de Vigo e Diario de Pontevedra). Esta visita tamén foi difundida na TVG, a través dunha reportaxe audiovisual no programa “La Revista Fin de Semana” e unha entrevista a Loreto Costa e Roi Palmás no programa “Bos Días Magazine”.
Programas Agareso 2009
ECUADOR: O berce das redes de producción do comercio xusto
Unha expedición composta por seis reporteiros de AGARESO trasladouse a Ecuador, en xuño de 2009, co obxectivo de grabar un documental sobre o comercio xusto, ou como prefiren chamalo por esas terras, “comercio alternativo”. Alejandro Espiño, Carlos Fariña, Rita Pérez, Miguel Núñez, Juan de Sola e o corresponsal local en Ecuador, Wilson Morales desvelaron os secretos da relación entre a ONGD Amarante (Galicia) e a Fundación Maquita (Ecuador), unha organización social de elevada referencia do sector primario e social. Esta red social logrou conxugar, nos últimos anos, o cultivo sostible, a manufactura e a comercialización, sen olvidarse da peza clave do engranaxe: o campesiño e a súa cooperativa. Productos que nacen a un lado e se consumen ao outro, coa etiqueta e certificado de xustiza, igualdade e desenrolo para numerosas comunidades da serra e costa ecuatoriana. O proyecto do documental sobre o Comercio Xusto plantexado analiza o fenómeno que supón esta modalidade de comercio, visto dende a óptica das tres grandes áreas que forman o seu proceso productivo: a colleita, a manufacturación do producto e a distribución e venda tanto no comercio interior como no exterior do país.
Proxectos Agareso 2009
SUBPROGRAMA: Desenvolvemento de proxectos de sensibilización propios O desenvolvemento de proxectos de sensibilización propios é un dos alicerces fundamentais da organización. En total AGARESO realizou en 2009 cinco proxectos de visibilización e sensibilización propios. Máis aló dos proxectos específicos, AGARESO conta cunha plataforma de comunicación propia, www.agareso.org. Este sitio web deu espazo para a difusión de ao redor de medio cento de entrevistas e reportaxes, así como a publicación de máis dunha ducia de series de fotografía sobre temática social. Asimesmo, a través da páxina web deuse difusión a actividades e campañas realizadas por ONG e outras institucións sociais.
PROXECTO 1.1: Páxina web de Agareso + Multimedia A publicación de artigos, entrevistas, reportaxes, material gráfico e audiovisual que integra cada un dos proxectos que se abordan dende a asociación faise a través do sitio web www.agareso.org e das canles de radio dixital 24 horas, AGARESO Radio, e de televisión da organización. Durante o ano 2009 existían a páxina web, a canle de televisión e unha sección de radio con arquivos e podcasts colgados ordeadamente. A existencia destas tres canles de difusión, favorece a creación e publicación de materiais multimedia dentro da organización e durante o ano 2009 AGARESO apostou por consolidala tanto nos proxectos individuais acometidos polos voluntarios como dentro da páxina web e todos os seus contidos en xeral. Esta aposta polos contidos multimedia e a inclusión dun número cada vez maior de material dentro da web conlevou un crecemento exponencial do número de visitantes, de tal xeito que a páxina www.agareso.org pasou de 2.608 visitantes que revisaron un total de 6.188 páxinas dentro da web no mes de xaneiro de 2009 aos 3.730 visitantes e 8.724 páxinas consultadas en decembro do mesmo ano. O pico máximo de visitantes acadouse no mes de novembro, coincidindo coa presenza de dúas expedicións de AGARESO no exterior (en Ucraína e Centroamérica) ao alcanzar os 3.836 usuarios. En canto ao número total de páxinas consultadas, o pico rexistrouse en setembro, con 9.134. Neste crecemento tamén resultou crucial a promoción da páxina de AGARESO no portal YouTube e nas redes sociais Facebook e Twitter así como noutras plataformas de contido social como as das ONG coas que a asociación asinou convenios ao longo do ano 2009. Deste xeito, en Twitter, AGARESO entrou en 2009 en contacto cun número cada vez maior de ONG e profesionais do Terceiro Sector que interactúan nesta rede de microblogging e comparten ligazóns. No caso da maior rede social do mundo, Facebook, abrimos unha canle na que tamén
Proxectos Agareso 2009 fumos sumando entre os nosos seguidores a outras organizacións e profesionais do Terceiro Sector, a profesonais do xornalismo e a comunicación, e a cidadáns con contas nesta popular rede interesados na nosa actividade. E no caso de Youtube, por vez primeira os nosos blogs dos proxectos comezaron a incorporar material audiovisual, que se subiu a esta rede de vídeo, gañando en número de reproducións da nosa canle en Youtube. Todas estas accións permitiron que os contidos de AGARESO gañasen en viralidade en internet. A continuación, adxúntase gráfico coa evolución anual da actividade da páxina web.
Gráfico coa evolución do número de seguidores e seguidos en Twitter
Gráfico coa evolución do número de seguidores en Facebook.
Gráfico coa evolución do número de reproducións en Youtube.
Proxectos Agareso 2009
PROXECTO 1.2: Red Periodismo + ONG No marco da súa misión fundamental de sensibilizar á sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos (sociais, económicos, culturais e ambientais) nos países en vías de desenvolvemento e en España, AGARESO puxo en marcha no mes de outubro de 2009 a rede social propia promovida dende a ONGD: “Periodismo + ONG”, que ten como obxectivo complementar as accións de AGARESO a través da web e servir de punto de contacto con outra ONG.
Colaboración noutros proxectos de visibilización Durante o ano 2009, os voluntarios de AGARESO colaboraron en proxectos de sensibilización e visibilización realizados por outras entidades sociais ou persoas particulares. Resulta especialmente destacable a colaboración no Mongol Rally, do que AGARESO visibilizou boa parte do seu percorrido entre España e Mongolia co fin último de sensibilizar sobre a iniciativa e os seus beneficios
PROXECTO 1.3: Mongolia O Mongol Rally é unha iniciativa lúdica con fins solidarios que cada sae dende Londres, Milán e Barcelona, con destino final en Ulanbatar (capital de Mongolia). Cada equipo participante nesta aventura comprométese a destinar 1.000 libras esterlinas para proxectos humanitarios e de ONG. Ademais, os automóbiles empregados no traxecto repáranse á súa chegada a Ulanbatar e participan nunha poxa cuxa recadación se destina a distintas ONG que traballan facendo posible que pequenas comunidades sigan desenvolvendo proxectos na súa área local. Estes proxectos van desde a construción dun GER (casa tradicional mongola) a xardíns de infancia, zonas de recreo para os nenos e centros de desenvolvemento xuvenil. En cada rexión, os fondos recadados por medio do rally están a facilitar unha mellor calidade de vida para moitos dos nenos e familias destas comunidades. Dous integrantes dun dos equipos que partiu dende Barcelona foron facilitando información e imaxes da proba cunha periodicidade semanal a AGARESO, que a difundiu tanto a través da súa páxina web como entre outros medios de comunicación para dar a coñecer esta iniciativa solidaria.
Proxectos Agareso 2009
PROXECTO 1.4: Vacacións en paz No verán do ano 2008, un equipo de catro reporteiros de AGARESO seguiu a estancia de dous nenos saharauis en Sanxenxo e acompañounos no seu regreso á casa despois de participar no programa “Vacacións en Paz”, operativo dende hai 18 anos, e que permite dar unha tregua aos máis pequenos durante os meses estivais, cando as temperaturas roldan os 50 graos. España sitúase como destino preferente de miles de nenos que reciben así a aperta dun Occidente onde as vacinas, os medicamentos, a tecnoloxía, o lecer, os alimentos e a auga se suman ao sentimento das familias de acollida, seducidas polo carácter do pobo saharaui. Durante o ano 2009, AGARESO acometeu a visibilización deste proxecto e a sensibilización da sociedade galega coa realidade do pobo saharaui a través dunha xeira de charlas organizadas nas localidades de Sanxenxo, Ourense, Lugo, Bueu, Redondela, Marín e Pontevedra. Ademais levouse a cabo a exposición nestes mesmos lugares dunha selección de imaxes sobre a experiencia de dous nenos, Salama e Jadidja. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, os reporteiros trasmitiron á sociedade o día a día dos saharauis que atopan na familia o epicentro das súas vidas. Trasladaron a calidez das xentes do Sáhara e a súa paixón por conversar, que fan desta rexión desértica o país das palabras. As charlas e exposicións realizadas chegaron a varios centos de persoas e conseguiron unha trintena de impactos nos medios de comunicación convencionais, tanto en prensa escrita como en entrevistas radiofónicas e reportaxes audiovisuais.
Programas Agareso 2009
PROGRAMA 2: Promover unha maior calidade na información dos medios de comunicación
Un obxectivo prioritario de AGARESO é o de impulsar unha maior calidade na información que los medios de comunicación xeran, fomentando así unha comunicación con perspectiva de dereitos humanos (políticos, sociais, económicos, culturais e medioambientais) nos medios en Galicia e España.
PROXECTO 2.1: Promover unha maior cobertura das temáticas sociais AGARESO ten entre os seus obxectivos promover unha maior cobertura das temáticas sociais. Para a obtención deste fin, no ano 2009 traballou en dous eidos básicos: - A mellora da calidade das informacións xeradas polos traballadores dos medios de comunicación e a mellora da cobertura que lle dan a todas as temáticas que aborden as vulneracións dos dereitos humanos nos medios de comunicación galegos e españois.
Programas Agareso 2009 1.- Na primeira vertente do seu traballo, buscou promover unha maior calidade na información que os medios de comunicación xeran no exercicio do seu papel fundamental na esfera pública, fomentando unha comunicación con perspectiva de dereitos humanos (políticos, sociais, económicos, culturais e ambientais). 2.- Na segunda das vías, buscou promover unha maior cobertura das temáticas que abordan as vulneracións dos dereitos humanos nos medios de comunicación galegos e españois. Con este obxectivo, realizou o seu traballo nos seguientes campos: -- Sensibilizar aos medios de comunicación en diferentes niveis (toda a cadea de mandos) sobre a importancia de comunicar desde unha perspectiva de dereitos e de aumentar a cobertura de temáticas sociais. -- Difundir información e material divulgativo elaborado por AGARESO nos medios de comunicación a través de notas de prensa e presentacións públicas. -- Redactar pezas xornalísticas tanto audiovisuais como escritas para a súa difusión nos medios de comunicación convencionais. Neste campo de traballo da organización, AGARESO logrou durante o ano 2009 que os proxectos realizados polos seus reporteiros, tanto en Galicia como no exterior, fosen recollidos nos medios de comunicación convencionais con preto de 110 impactos.
PROGRAMA 3: Comunicación Durante o ano 2009 AGARESO decidiu apostar pola comunicación para o desenvolvemento outorgándolle un programa de actuación específico (Promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento) partindo da base de que a comunicación é unha das ferramentas fundamentais que permite dar cumprimento a un dos dereitos fundamentais como é o acceso á información. A utilización da comunicación como un servizo universal, a niveis similares da sanidade ou a educación, concede a oportunidade de desenvolver pobos, comunidades ou sociedades cara a unha evolución positiva. É coñecido que “un pobo educado e informado ten no seu poder un futuro cargado de esperanza”. Con esta máxima como bandeira, a ONGD intensificou e incrementou o traballo neste campo
PROXECTO 3.1: Obradoiros de comunicación para o desenvolvemento no Centro Penitenciario da Lama Dentro das accións de AGARESO destinadas a promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento, unha das vías de traballo definidas pola organización foi poñer en marcha obradoiros de capacitación en radio e fotografía entre os internos do centro penitenciario da Lama (Pontevedra, que se inclúen dentro dun Programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento ampliado durante 2010 e cunha visión de continuidade no futuro. Os programas de reinserción comezaron a incluír a comunicación como un elemento necesario no itinerario dos programas de reinserción social das persoas que se atopan en privación de liberdade, respondendo ante unha pena imposta polos instrumentos xudiciais por un dano provocado á sociedade. Neste proceso resulta imprescindible prestar especial atención ao medio no que se desenvolve este Programa de
Comunicación Integral para o Desenvol-vemento polos seus singulares características.
Antecedentes A actuación de membros da rede de reporteiros de Agareso remóntase ao ano 2008 coa iniciación dun faladoiro radiofónico conformada por catro internos, un xornalista externo (membro da ONG) e un técnico. Posterior-mente, a posta en marcha desta actividade deu pé á creación dun proxecto de posta en marcha dunha emisora propia reali-zada por e para presos, experiencia que viu a luz a comezos de 2010, unha vez que o proxecto foi aprobado por Institucións Penais e apoiado economicamente pola Fundación Pedro Barrié da Maza baixo o auspicio de Agareso. Para formar aos futuros responsables da emisora “A Radio”, a ONG de xornalistas solidarios creou en 2009 un obradoiro de radio no que se formou teoricamente a un grupo de
para o desenvolvemento en 2009 e ten previsto facelo de maneira exponencial durante os vindeiros anos. AGARESO parte da base de que resulta necesario implementar plans integrais de comunicación para o desenvolvemento, alí onde sexa preciso, onde se diagnostiquen deficiencias ou debilidades nesta materia. Outorgar este dereito non será catalogado, nunca, como un mérito da ONGD e si unha obrigación organizativa ao longo da súa historia. Neste obxectivo provocarase un cambio social real en diversos ámbitos tanto en contextos e realidades locais como internacionais nos que se rexistre unha intervención da rede de reporteiros. Coñecemento, Tecnoloxía e Experiencia (CTE) son os tres alicerces principais que soportan os proxectos vinculados á comunicación con criterios de desenvolvemento. Estas accións deben construírse cumprindo escrupulosamente cos principios básicos cos dereitos humanos, así como a participación e independencia dos beneficiarios.
internos para que coñecesen, non só as bases da radio, senón tamén da creación xornalística, formándose nos diversos xéneros radiofónicos. Ese mesmo ano, AGARESO deu un paso máis para a formación dos internos do cárcere da Lama pondo en marcha un obradoiro de fotografía. Un fotógrafo da ONGD comezou a traballar cos internos en novembro de 2009 cun curso de iniciación á fotografía a un grupo de internos no módulo terapeútico (módulo 8). A selección dos alumnos responde a que se trata de persoas que se atopan nun proceso de desintoxicación e, polo tanto, resulta moi necesario ofrecerlles alternativas que lles acheguen novos coñecementos e entusiasmo para seguir coa súa dinámica de curación. O obxectivo deste obradoiro é crear un espazo de reflexión e convivencia, coa fotografía como marco, achegándolles os medios técnicos e cognitivos necesarios para poder realizar, editar e tratar fotografías de todo tipo. Coñece-mentos que no futuro lles servirán para a súa reinserción na sociedade.
Coa función de que o alumno se fora familiarizando tanto coa linguaxe fotográfica como coa técnica, as primeiras clases foron teóricas sobre a historia da fotografía, tendencias fotográficas, visionado de imaxes, composición, manexo da cámara, tipos de cámaras (dixitais,analóxicas), obxectivos ou flash. Unha vez asentada esta base teórica, comezaron as clases prácticas e a realización de fotografías con cámaras dixitais, tanto réflex como compactas, facendo distintas clases de fotos, retratos, paisaxe, bodegón, fotografía artística, ... A pesar das limitacións asociadas á súa condición de internos, foi posible a programación de saídas concertadas para realizar fotografías exteriores, co cal os alumnos tiveron posibilidades de adquirir habilidade coas cámaras e asimilar os coñecementos teóricos con prácticas sobre o terreo. Tamén se fixeron prácticas de fotografía de estudio.
Área de Organización No eido organizacional, durante o ano 2009 AGARESO puxo en marcha un plan de mellora da entidade baseado en varios aspectos: - Mellora da coordinación dos voluntarios e proxectos mediante o incremento do control dos proxectos en marcha e a planificación de novos proxectos. - Mellora da capacidade da ONGD para o deseño e a realización de campañas e actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento, e incidencia social tanto propias como a petición doutras ONGD's. - Mellora da xestión dos recursos tanto humanos como materiais de cada proxecto para optimizalos e buscar vías de financiamento alternativas que melloren a situación financieira da organización. - Realización e coordinación de campañas de formación-sensibilización dos profesionais da comunicación de Galicia. Neste eido, AGARESO realizou achegamentos tanto cara outras ONGD como institucións coa intención de estender a súa acción aos diferentes ámbitos da sociedade, fomentando a coordinación entre os actores implicados dun xeito bidireccional. Exemplo deste achegamento son os recentes contactos realizados para entrar a formar parte da Coordinadora Galega de ONGD's, da fluida relación existente co Fondo Galego de Cooperación e dos diferentes convenios firmados por AGARESO con: - AMARANTE - AMIGOS DA TERRA - EQUUS ZEBRA - CONCELLO DE SANXENXO - ALAS SOLIDARIAS - COLEXIO DE XORNALISTAS DE GALICIA - ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ- ACPP (Pendente de firma ao remate de 2009) - SINDICATO DE XORNALISTAS DE GALICIA (Pendente de firma ao remate de 2009) - FACULTADE DE COMUNICACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Pendente de firma ao remate de 2009).
II CONVENCIÓN ANUAL DE AGARESO
Relevante resposta de voluntarios e ONG´s analizando a Comunicación na Cooperación e Solidaridade A segunda convención de Agareso permitiu abordar os valores da comunicación aplicada na acción social e cooperación para o desenvolvemento. Recen acontecido o conflicto político de Honduras e a ocupación de Nel Zelaya, presidente depuesto, na embaixada de Brasil no país centroaméricano, unha expedición de Agareso relatou a sua experiencia no proxecto de visibilización no Golfo de Fo n s e c a que se veu afectada por esta circunstancia externa o seu traballo como reporteros. Asimesmo, o delegado en Galicia de ACPP (Asamblea de Cooperación Pola Paz) analizou as causas e consencuecias da inestabilidade social e política do país hondureño. Por outra banda, os responsables de COGAMI e o centro Penitenciario de A Lama expuseron os pormenores das accions e proxectos de comunicación para o desenvolvemento que comparten con Agareso dende os inicios da ONGD. Non faltaron as conexions coa rede de correspondentes no exterior, así como un importante percorrido polas potencialidades das novas ferramentas do denominado na rede 2.0. Voluntarios, responsables de organizacions do tecido galego e persoas interesadas en xeral coñeceron as capacidades de promoción nas actuaís redes sociais e sistemas de diseño web. Na segunda xo r n a d a da cita anual, foron examinados todos os proxectos realizados tanto en Galicia como no exterior durante o ano en curso.
Xeneraci贸n de alianzas Durante o ano 2009 co obxecto de crear marcos de colaboraci贸n que permitan acadar dunha forma mais eficiente os obxectivos de sensibilizaci贸n da poboaci贸n civil firmaronse os convenios seguintes:
Finanzas Agareso 2009 Gastos e Ingresos totales
Fuentes de financiaciรณn
Área de Comunicación Durante o ano 2009, AGARESO presentouse como organización e fixo púlbicos os diferentes proxectos acometidos tanto en Galicia como nos paises do Sur nas localidades de Ourense, Allariz (Ourense), Lugo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. Nestas accións, logrou facer chegar o traballo da ONGD a unhas 700 persoas, entre elas un grande número de membros doutras asociacións do Terceiro Sector, traballadores dos diferentes medios de comunicación e profesionais do sector. Deste xeito, as presentacións serviron tanto como canalizadores do traballo de AGARESO como a modo de canles para a posta en contacto con futuros colaboradores no eido do Terceiro Sector e con novos voluntarios da ONGD.