Page 1

ACTIVIDADES OLLO COS TEUS DATOS! Afonso Leal García


รNDICE

A pegada dixital (pรกx. 3) Comentario (pรกx. 4)


A PEGADA DIXITAL é o feito polo que o noso paso por cada unha das webs que visitamos queda rexistrada por un período de cinco anos.


COMENTARIO OLLO COS TEUS DATOS

Nome orixinal: Ojo con tus datos Programa: Documentos TV (TVE) Data: Decembro de 2013

Non existe a privacidade, cando menos non dun xeito absoluto parece que di esta reportaxe, e polo que parece tampouco é recomendábel. Abórdase aquí o por qué e para qué (real) das redes sociais e dos cambios no uso da tecnoloxía nos últimos anos: o por qué de que sexan gratuítas, o porqué de termos todo no móbil...e para todas as preguntas a resposta é vender(nos), ou como tamén se di aquí: “os datos son o novo petróleo”, xa sexan estes datos persoais, algo persoais ou persoais por un intre...o caso é sabermos o máximo dos nosos clientes, o caso é que todos podemos ser clientes potenciais de algo e o caso é, en todo caso, vender (nos). Pero tamén din, e con razón, que a meirande ameza para os nosos propios datos somos nós mesmos: dicimos de todo nas redes sociais, aceptamos toda as normas de uso sen lelas, entramos en ducias de páxinas cada día (sen decatármonos de que fica aí a pegada dixital) e poñemos as nosas opinións, gustos ou o que sexa de boa gana. O resultado é que despois de anos de conspiranoia sobre que determinados gobernos nos espían agora é google ou facebook os que saben máis de nós ca ninguén (e porque llo dicimos nós!) e iso son cartos, iso véndese e non hai quen o merque agora xa haberá, xurdindo


así un novo negocio (o chamado archiving). Como se di na propia reportaxe: “a ninguén lle sorprende que todo sexa de balde?” o data minning coma nova arma da economía. Pero que ocorre cando aparecemos na rede sen querermos? Que pasa cando aparecemos en novas

nas que non nos gusta aparecer ou cando soben

contido que nos compromete por algunha razón? Que pasa cando tecleamos o noso buscador e as opcións que autoengade non son precisamente amábeis? Realmente nada. Podemos pedir que eliminen a nova, pero é certo que o xornal ten dereito a informar e gardar o que nalgún tempo foi nova. Tamén podemos loitar contra aqueles que soben á rede o que non nos gusta, pero é moi difícil, xa que a lexislación está desfasada (é de 1995) e os xigantes da web sempre terán máis que dicir. Se cadra a solución poderá estar en en educar aos máis novos en como actuar na rede, en ler as normas, en saber que riscos se corren,...pero aínda así nunca volveremos ter o control total sobre os nosos datos, porque o problema, final, non é que teñamos datos na rede senón o uso que se pode facer deles.


Abril do 2014


Reportaxe  

Documentos TV. Ollo cos teus datos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you